Publicado por: MontePituco | 19/09/2011

POLA POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO RUPESTRE

Estes son os documentos oficiais mediante os cales a Xunta se interesa pola situación dos petroglifos do Monte Pornedo: por unha banda, unha carta enviada ao Concello de Marín polo xefe do servizo de Patrimonio Cultural da Xunta, D. Ignacio Diz; e por outra, o informe do arqueólogo do propio servizo de Patrimonio Cultural no que se basea o requerimento.

O xefe de Patrimonio Cultura solicítalle ao Goberno municipal “a adopción de medidas cautelares, como a conveniencia da limpeza do contorno onde se atopan os petroglifos (desbroce) e, sobre todo, a súa balización de carácter permanente, co obxecto da súa salvagarda e protección, en virtude do establecido no artigo 4 da Lei 8/1995 do 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia nos seus puntos 1 e 2”.

Pasaron máis de dous meses dende esa comunicación e DEFENDE O MONTE PITUCO considera que cómpre ir dando pasos das palabras aos feitos, por iso se dirixe á Concellería de Cultura para que, á maior brevidade posible, proceda a darlle cumprimento ás indicacións marcadas por este departamento da Xunta de Galicia, toda vez que a Sra. Concelleira xa coñece de primeira man -trala súa visita ao Monte Pornedo o pasado 26 de xullo- a situación precaria destes xacementos arqueolóxicos e a necesidade da súa inaprazable posta en valor, ante a grave problemática que teñen asociada, ao atoparse nun espazo afectado polo tránsito irregular de vehículos motorizados, malia os esforzos deste colectivo veciñal por erradicar esa práctica, que aínda se segue realizando a pesar da sinalización instalada pola Comunidade de Montes.

DEFENDE O MONTE PITUCO ponse a disposición do Concello para colaborar nas tarefas que estimen oportunas, e trasládalle a mesma vontade de colaboración por parte da comisión técnica que promove a creación do ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS. Asimesmo, instamos o Concello de Marín a facer partícipe desta actuación á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de San Xulián, á que esta asociación se ten dirixido con anterioridade en varias ocasións para procurar que se leven a cabo actuacións como as que vén de recomendar o Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta nos petrogllifos catalogados de Pornedo, catalogados como Bens de Interese Cultural.

ARTIGOS RELACIONADOS:

-“Alcaldesa e concelleiros, no Monte Pituco (Pornedo)“.

-“Hipóteses dunha carta oficial“.

-“O informe (por fin) do Seprona“.

-“A carta de Patrimonio, na Voz“.

-“Patrimonio defende ante o Concello os petriglifos do Pituco“.

 

 


Responses

  1. Parece que por fin se empezan a dar os primeiros pasos por parte da Xunta de Galicia para recoñecer os tesouros que garda o monte Pituco.
    Estou segura de que o Concello vai tomar boa nota.
    O mais difícil vai ser concienciar a unha Comunidade de Montes que ignora onde está a verdadeira riqueza.

    • Os pasos que se poidan dar, en principio, responden ao cumprimento da lei. E para que así fose, estivemos moito tempo terqueando coa Administración. Comprendo que o territorio sexa moi extenso, que haxa moito traballo atascado, pero neste país parece que non temos dereitos se non os reivindicamos. Así tamén co patrimonio cultural. Parece que está aí, tanto ten a situación na que estea, a menos que alguén se preocupe de dar a tabarra cando o seu estado, como é o caso, é manifestamente mellorable. Por suposto, agora cómpre que o Concello recolla o guante e se aveña a adoptar as medidas que solicita a Xunta. Ese foi un dos motivos, precisamente, da visita que tanto insistiamos en facer cos responsables municipais. Os da anterior lexislatura, animaliños meus, pasaron de todo. Eles o perderon: o coñecemento e, de paso, o poder. Por soberbios. Na man dos actuais responsables municipais está pasar das palabras aos feitos. Con ou sen Comunidade de Montes porque, a todo isto, o Concello apuntaba maneiras no que respecta a pasarlles a pelota. E van dados, porque a panda de túzaros que hai na Comunidade de Montes é pura tergalina. Na nova directiva hai alguna persoa pola que temos en principio un bo concepto; a ver en que queda a cousa. En calquera caso, aí imos seguir, informando, pedindo e incordiando canto faga falta, a prol dunha causa tan xusta como a posta en valor desta riqueza patrimonial.
      Grazas, unha vez máis, polo apoio.

  2. […] Ver tamén o artigo: “POLA POSTA EN VALOR DO PATRIMONIO RUPESTRE“. […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: