Publicado por: MontePituco | 09/10/2011

POLA RIBEIRA DO ALMOFREI

Neste ano do centenario de Álvaro Cunqueiro, que tamén é o Ano Internacional dos Bosques, lémbrannos unhas palabras súas, sabiamente tecidas, sobre os camiños:

“Os camiños son semellantes aos sucos, e así como as eiras dan o pan, os camiños dan as xentes, as pousadas, as falas e os países. Séntase un a colleitar nas beiras dun camiño ou viaxa por el”.

Imos pois de andaina polos camiños, seguindo o curso do río Almofrei cara ao seu nacemento, que discorre polo lugar de Salgueiral na parroquia de Bora. Dende o lugar de As Fincas, coa súa antiga ponte, os primeiros pasos lévannos monte arriba para acabar atopándonos rodeados de carballos, ameneiros e outras árbores frondosas propias das ribeiras. O río baixa escaso de auga a causa da seca e os cantos rodados están ao aire, creando unha imaxe inquedante.

O itinerario está cheo de elementos de gran valor histórico, cultural, arquitectónico e etnográfico: pasos de pedra para cruzar o río, os muíños da Bouza e da Fervenza, fontes… A riqueza da biodiversidade é incuestionable: varias especies de fentos, carballos maxestuosos cubertos de musgo, insectos e batracios habitando na auga… O bosque de ribeira é un patrimonio natural que nos proporciona moitos beneficios caracterizando a paisaxe e creando barreiras contra o lume forestal, pero a súa pervivencia está en perigo pola “crise do clima” e maila acción contraproducente do home.

Milleiros de anos de historia foron marcando o devir deste río e das xentes que se instalaron nas súas proximidades: dende un posible “nobre” de orixe xermana ao que se lle atribúe a orixe do topónimo Almofrei, acaso procedente da latinización do nome Ermafredus, ata os lumes devastadores do 2006, que tamén devoraron parte desta paraxe privilexiada. O caso, é camiñar…

(Preme,  continuación, en “LER MÁIS” para ver o álbum de imaxes completo).

(Roteiro do programa Natureza nos Camiños, do Concello de Pontevedra).


Responses

  1. Eu pregúntome:
    De verdade somos merecedores desta marabilla de natureza?
    Estamos honrando o traballo patrimonial dos nosos devanceiros?
    Saúdos

    • Complexo debate, Antón. Por que as persoas que respectan o máis posible a natureza e gozan da paisaxe e das alfaias do patrimonio cultural, histórico, etnográfico, ou arquitectónico, que nos rodean, terían que verse privadas dese privilexio, “tan só” (nin máis nin menos!) que pola acción doutras (un número incuantificable) que actúan xusto ao contrario, destruíndo e perxudicando un ben común? Cómpre non renderse ante a barbarie, denunciar as malas prácticas e construirmos un mundo máis habitable, empezando polo que temos ao noso carón.
      Grazas pola visita ao blog e pola túa participación.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: