Publicado por: MontePituco | 22/10/2014

La Voz, 19 de outubro de 2014.

Donde el monte es negocio

“Otra vía de ingresos, esta ya no tan novedosa, es la que surge del arrendamiento de suelo a empresas privadas o administraciones. Tal vez, el caso más llamativo sea el relativo a la base de la Brilat, por cuyos terrenos Defensa está pagando una canon anual a Salcedo y San Xulián -Vilaboa y Figueirido están pendientes del Supremo-“.

La Voz, 19 de outubro de 2014.

Publicado por: MontePituco | 21/10/2014

PISTAS E CAMIÑOS NA PARROQUIA DE SAN XULIÁN

Diario, 19 de outubro de 2014.

La contratación de las obras en el rural se llevará a cabo en las próximas semanas

 

Diario, 19 de outubro de 2014.

Vecinos de San Xulián denuncian el mal estado de viales

 

Publicado por: MontePituco | 20/10/2014

‘MARGIT’ NO MONTE PITUCO

 

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

Chegou a primeira cicloxénese do outono e a pista forestal principal do Monte Pituco semella pouco menos que un ‘escenario de guerra’. Unha vez máis, o sendeiro que conduce ao espazo que antano ocupaba o merendeiro, presenta un nivel de deterioro máis que considerable.

En vez de circular pola canle lateral, que está permanentemente atascada -limparana moi de cando en vez, pero sen supervisión nin mantemento posteior-, o torrente de auga baixa polo medio e medio da pista e, coa tromba que tamén cae da zona do miradoiro natural do Pituco, busca saída seguindo a pendente natural do terreo.

O resultado é desastroso.

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

Quen suba estes días ao Monte Pituco volverá atoparse cun escenario moi parecido ao que aconteceu en xaneiro de 2011, cando outro temporal de auga abriu unha profunda fenda no terreo que obrigou a acordoar o acceso en vehículo ao merendeiro, ante o risco de que quedasen enterrados.

…Co agravante de que nestes días nos que se abriu a veda para cazar e esta área é frecuentada por vehículos con xaulas para cans.

……………………………………………………………..

Ver o artigo “Terremoto no Pornedo?“, publicado o 26 de xaneiro de 2011.

A "falla" do Monte Pornedo, como se un tremor de terra abrira o chan. En realidade, é a mostra do que provocan as riadas.

[Daquela, a Comunidade de Montes de San Xulián ordeou reparar os desperfectos enchendo as cavidades abertas pola auga con entullos e restos de obra, en vez de compactar axeitadamente o terreo con terra, xabre ou zahorra]

……………………………………………………………..

O resto da pista presenta este estado lamentable.

A consecuencia do efecto-arrastre realizado pola forza da auga, quedaron ao descuberto todos os verquidos de restos de obra: ladrillos, azulexos, anacos de formigón… Todo o que a “xente” bota de forma irresponsable e incívica coa idea desatinada de ‘facer firme’ e encher as fochancas, converteu esta pista nun lugar perigoso para transitar, tanto os peóns e deportistas polo risco de caídas e torceduras de nocello, como para os vehículos que poden deixar as rodas no intento, como para os cabalos ceibes que habitan no monte e os xinetes que se desprazan a lombos destes animais.

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

A intensidade das precipitacións foi tal, e o firme tiña tan pouca consistencia pola falta de consolidación que, como se aprecia na imaxe, quedaron ao descuberto as mangueiras que conducen a auga á fonte situada na arboreda a carón da estrada.

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

En vez de construír pistas innecesarias como a que abriron o mes pasado atravesando matos particulares, afectando a área de cautela dun xacemento arqueolóxico catalogado, e soterrando un antigo camiño de carro cun notable valor etnográfico, a Comunidade de Montes tería feito mellor en destinar eses cartos, ou unha mínima parte deles porque, canto custou esa pista? Calculen: un mes de traballo con maquinaria pesada máis mán de obra… Cantos miles de euros se fundiron nunha actuación que nin sequera conta con todos os permisos requeridos?

Con labores de consolidación co material oportuno -nada de terra procedente de desterres, con restos de obra e plásticos mesturados, como fixeron coa pista ‘supletoria’- evitaríase que a pista principal do Pituco quede completamente inservible e dificilmente transitable. E que aparezan restos ‘arqueolóxicos’ dos tempos modernos…

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

……………………………………

O que segue é un fragmento do escrito que se lle presentou á Comunidade de Montes de San Xulián en febreiro de 2011, destacando a necesidade de reparar urxentemente a pista forestal do Monte Pituco tralos danos sufridos no temporal do mes anterior.

Tres anos despois, seguimos agardando, malia ter reiterado a petición nas asembleas.

En próximas datas, ante a posibilidade de que se volva convocar unha nova asemblea xeral a finais de 2014, volverase reiterar esta mesma petición. Non será por cartos: os da Brilat… que o monte, segundo esta directiva, “non é rentable”…

Informe presentado en febreiro de 2011 á Comunidade de Montes de San Xulián, asinado polo presidente confirmando a recepción.

Informe presentado en febreiro de 2011 á Comunidade de Montes de San Xulián, asinado polo presidente confirmando a recepción.

Informe presentado en febreiro de 2011 á Comunidade de Montes de San Xulián, asinado polo presidente confirmando a recepción.

Informe presentado en febreiro de 2011 á Comunidade de Montes de San Xulián, asinado polo presidente confirmando a recepción.

 

 

Publicado por: MontePituco | 18/10/2014

TERRAS DE PONTEVEDRA PROMOVE A ARTE RUPESTRE

La Voz, 18 de outubro de 2014.

Terras de Pontevedra convoca un concurso para diseñar rutas de arte rupestre

 

Publicado por: MontePituco | 18/10/2014

PONTECALDELAS, ALTERNATIVA PARA O PORTO DE MARÍN?

La Voz, 18 de outubro de 2014.

A Reigosa tienta al Puerto de Marín

La Voz, 17 de outubro de 2014.

El PSOE plantea que la planta de compost se ubique en un polígono industrial

“¿En qué cabeza cabe que a mellor solución sexa destrozar seis hectáreas de monte para acoller en Pontevedra un vertedoiro co lixo de 22 concellos da provincia?”

…Pois na cabeza (de ‘chorlito’) de quen decide que o mellor para Marín é destrozar outro puñado de hectáreas no Monte Pituco, catalogado como Espazo Natural dos Montes do Morrazo, para proxectar un polígono industrial.

Se é que as máis das veces aos do Psoe máis lles valía estar calados para non exhibir ata extremos ridículos a súa falta de coherencia!

Publicado por: MontePituco | 17/10/2014

‘MARGIT’: ACCIDENTE MORTAL NA VARIANTE DE MARÍN

La Voz, 17 de outubro de 2014.

Secuelas de la ciclogénesis

Primer accidente mortal en la variante de Marín

Publicado por: MontePituco | 17/10/2014

ESIXEN A DEMISIÓN DA CONSELLEIRA DE MEDIO RURAL

La Voz, 17 de outubro 2014.

Los comuneros exigen la dimisión de la titular de Medio Rural por su “incapacidade”

Publicado por: MontePituco | 16/10/2014

SALCEDO: ÁRBORES vs. PÓLVORA

Diario, 16 de outubro de 2014.

Salcedo repoblará con 10.000 árboles el terreno forestal que dejó libre la Brilat

“Además, los comuneros destinarán una parte del importe del alquiler a la grabación de un documental con las actuaciones de carácter cultural y patrimonial que realizará el colectivo parroquial los próximos tres años, además de los trabajos para el derribo de la aldea afgana y la recuperación del terreno en el que está situado el campo de maniobras (que el Ejército trasladará a una parcela del recinto castrense situada en la parroquia de San Xulián).

 

Publicado por: MontePituco | 15/10/2014

PLENO DE OUTUBRO: EMPEZAMOS POLO FINAL

Para resumir o pleno deste mes de outubro hai que comezar polo final, pola moción sorpresa da Alcaldía “en defensa do porto para evitar as demolicións” que ameazan o recinto polos últimos autos do Tribunal Superior de Xustiza. María Ramallo xustificou esta moción polo posto que ocupa no Consello de Administración da Autoridade Portuaria en representación do Concello de Marín.

Esta medida colleu co pé cambiado ps concelleiros da oposición, que tan só uns minutos antes recibiran unha copia do documento.

– “És un tema demasiado sensible, no son formas, hay que tratarlo de otro modo”, protestou Francisco Veiga.

– “Ten pendente de convocar a xunta de voceiros; a nós xa nos ameazou con que non nos convocaría”, criticou Pilar Blanco.

– “Sorpréndeme que nos entreguen esta moción”, reiterou Isabel Martínez Epifanio, queixándose do xeito “sorpresivo” deta medida e propoñendo “que quede sobre a mesa e se vexa con calma”.

Ante as protestas da oposición, María Ramallo suspendeu o plen para que os concelleiros de cada partido se reuniran entre si primeiro e despois os voceiros dos grupos municipais conxuntamente.

A sesión reanudouse a falta de 5 minutos para as 12 da noite, cando chegaron os concelleiros do Bng e os do Psoe, estes últimos bocexando.

PP e Mar-In votaron a favor da urxencia da moción e Bng e Psoe votaron en contra.

Na exposición da moción, a alcaldesa explicou que a “intención” da moción respondía á “necesidade”do Pleno de pronunciarse “en defensa e apoio do porto para evitar o cumprimento dunha sentenza” que declarou ilegais boa parte dos recheos e decretou a súa demolición: a superficie afectada abrangue, segundo a rexedora municipal, todas as ampliacións realizadas ao abeiro do Plan especial do Porto do 2000, os pantaláns do paseo Alcalde Blanco e mesmo o terreo no que se construíu o edificio da Autoridade Portuaria. María Ramallo apuntou que “existe preocupación entre veciños, empresas e traballadores” do porto e xustificaba a decisión de “esgotar todas as canles xudiciais”.

María Ramallo sinalou que o PP estaba “aberto a outras iniciativas”, incluida a posibilidade de convocar un pleno extraordinario sobre este tema.

A moción incluía os seguintes puntos:

-apoio ao porto, que o Concello de Marín se persoe en todos os procesos xudiciais

-apoio do Pleno contra as demolicións

-secundar a defensa do porto na liña que seguen a Autoridade Portuaria, a Xunta e a Deputación

-transmitirlle o acordo á Autoridade Portuaria

Na súa réplica, Francisco Veiga volveu recalcar a cuestión das “formas” que, segundo dixo, “marcan el éxito o fracaso de muchas solicitudes”. Xa estaba anticipando o voceiro socialista que este documento acabará sendo papel mollado…

Veiga cuestionou o “grado de interés” por parte do Concello neste tema “tan importante” polo tratamento. Mesmo falou de “interés mínimo” da Alcaldía e vencellou a presentación desta moción polas críticas que o ex-correspondente do Faro e actual columnista dese xornal, Julio Santos Pena, verqueu na súa sección de opinión.

O voceiro do Psoe tamén lembrou que “hace dos meses” o seu partido solicitara unha xunta de voceiros “y aún estamos esperando”, engadiu. “Se dudaba de nuestro compromiso”, queixouse Veiga, reafirmando que “en el Psoe defendemos los intereses y la supervivencia de puerto y los puestos de trabajo”.

E comparou a xestión do PXOM con esta crise sobre a ameaza da piqueta sobre os recheos: “Con el PXOM el éxito ante todos los organismos fue que aparecimos como un ente único; ahora van por libre”. Veiga, para non variar, arrimando a ascua á súa sardiña, cando é súa a responsabilidade de encamiñar a aprobación dun planeamento inxusto, plagado de erros, e feito baixo a presión do Plan de Ordenación do Litoral e da reforma da Ley de Costas. Como para meter un zapato na boca e deixarse de presumir do que non é motivo de orgullo, precisamente.

Veiga rematou facendo populismo e sentimentalismo impostado: “Esto excede lo cotidiano, está por encima de personas e ideologías, está en la raíz de nuestro municipio, hay que sentarse y tener toda la información”. Como se non soubera de que vai a cousa…

Pilar Blanco tomou o relevo insistindo en pedir a convocatoria dunha xunta de voceiros e criticando que a alcaldesa “non tivo a deferencia de presentarnos a moción antes do Pleno”.

…Por algo sería, porque xa está afeita Ramallo a que certos concelleiros da oposición lle busquen as voltas. É o deporte local.

A voceira do Bng anunciou o voto a favor do seu grupo “fiándonos de vostede”. Santa Pilar Blanco, dixit. E pediulle ao PP “que actúen igual coas mocións do Bng que non se tratan”.

Blanco tamén se apuntou á defensa numantina do porto, que “importa a todos” e rexeitou que o PP “e os seus satélites poñen en tela de xuízo o apoio ao porto cando alguén cuestiona os trámites” que se realizaron dende a Autoridade Portuaria, en alusión ao periodo no que María Ramallo foi a súa presidenta.

Pilar Blanco pediu “responsabilidades políticas” pola “mala tramitación” dos Plans Especiais do Porto que foron anulados nos tribunais, dando por feito que hai “responsables claros”, aos que pediu “que paguen” pola súa xestión.

E para rematar, pediu que se engada ao texto da moción da Alcaldía “o apoio aos traballadores do porto”.

Isabel Martínez Epifanio sumouse ás críticas “polas formas” e anticipou o seu voto a favor.

Quixo rematar María Ramallo o turno de palabra destacando “o positivo” do apoio de todos os grupos e afirmando que “se calquera partido presentara unha moción urxente sobre este tema, trataríase”. Tururú, tururú…

A alcaldesa tamén aclarou que nas últimas xuntas de voceiros falárase das sentenzas e da situación do porto, intentando quitarlle ferro ás queixas da oposición.

Pero Muradas, que non dixera nada en todo o Pleno, tiña que poñer a súa nota discordante… “Hable del problema del nombre del puerto”, espetoulle o concelleiro socialista. Cousa que non viña a conto, pero con algún argumento tiña que facerse notar. O seguinte foi totalmente prescindible, por non dicir ridículo: “Si no presentamos una moción fue por no hacer oportunismo”. Estamos no pleno da Corporación ou non programa de humor barato?

“Que hay un run-run que dice que la Corporación está parada, a ver si me la van a colar…” Muradas volvía facer alusión a Santos Pena e falaba ‘por boca’ da alcaldesa, á que lle reprochou que a moción presentada era tan urxente que tiña faltas gramaticais. En fin, infantilismo.

Cargando máis as tintas e escenificando coa voz e cos seus xestos típicos, Muradas proclamou que no Psoe foran “leais” ao Goberno local e que desprezou a moción da Alcaldía: “Esto es patético, de principiante!”.

A cuña de Muradas aproveitouna Pilar Blanco para volver tomar a palabra improvisadamente. “Recoñeza que isto non son formas, tería a mesma trascendencia chamándonos e facéndoa ben”. A nariz da voceira do Bloque parecía crecer e crecer por momentos, ante semellante arranque de ‘sinceridade’. Pasamos do programa de humor á obra de teatro…

“Se sae o acordo”, engadiu Pilar Blanco, “teña en conta que é un acordo da Corporación”, continuou, para expresar a continuación a súa preocupación porque a Alcaldía se poña “medallas” con esta moción.

…Aí está a nai do año, o cerne do debate, a razón dun ha pelexa que xa ocupaba 20 longos minutos e que se reducía a iso: a gloria, o protagonismo, os titulares da prensa. O patético non é moción, nin as formas; o patético é a falta de categoría política destes representantes municipais. Poden irse preparando os empresarios e os traballadores, que van aviados con semellante ‘defensa’ dos seus intereses. Máis lles valía non contar co Pleno nin cos grupos municipais, incapaces de poñerse de acordo no contido de dous folios, mellor ou peor escritos.

Quedaba aínda por escoitar a resposta de María Ramallo a Muradas. As pelexas entre ambos son o sal destas tediosas sesións, por máis que a imaxe que ofrecen é impropia de dous políticos da súa experiencia. Ás parvadas de Muradas é mellor non contestar e a alcaldesa ponse ao seu nivel cada vez que se exhibe en explicacións e reaccións máis ou menos pintorescas para dar imaxe de solvencia ante os ataques dun veterano -ou momia- coma el.

“Lecciones de las suyas ya vivimos varias y usted está más guapo callado. Calificativos a mí! de líder”, exclamou María Ramallo contra os “chascarrillos” de Muradas. “Se han tratado temas de urgencia complicados y por una vez les pedimos un esfuerzo. No tiene detrás nada más”, concluíu a alcaldesa, intentando despexar dúbidas sobre os receos da oposición contra a moción presentada.

Finalmente, todos votaron a favor. Eran preto das 12 e media da noite. Para isto si que se sobrepasa a hora límite de duración dos plenos… Que crus!

Publicado por: MontePituco | 14/10/2014

“O MONTE HAI QUE COIDALO PARA QUE PRODUZA”

La Voz, 14 de outubro de 2014.

La Voz de Pontevedra

Foto, LaVoz de Galicia (Pontevedra).

De las listas del paro al monte

Un proyecto de los comuneros de Figueirido permite que 5 desempleados de la parroquia puedan trabajar en labores de desbroce y limpieza

López Penide. Vilaboa / La Voz  14 de octubre de 2014

Francisco, Fernando, Berto, Lucho y Saturno. Son algo más que cinco nombres de una estadística. Son cinco vecinos de la parroquia de Figueirido, en Vilaboa, que gracias a un proyecto de la comunidad de montes han podido encontrar un puesto de trabajo y abandonar las listas del paro. «Son xente que estaba sen traballo. Son moitos os que están nesta situación na parroquia, polo que acordamos que era mellor, en lugar de contratar unha empresa, darlles un traballo nós», explicó Constantino Lamoso.

Esta propuesta fue aprobada en asamblea y, posteriormente, se llevó a cabo una selección de entre todos los que se presentaron para ocupar uno de los puestos que se ofertaban. Los beneficiados ya han comenzado una ardua labor de limpieza y desbroce, unos trabajos complicados debido a la exuberancia de los tojos y arbustos provocada por las continuas lluvias registradas.

Al mismo tiempo, están actuando en las plantaciones de pinos de la comunidad existentes en Chan de Vilar. En este caso, además de cortar ramas y sanear los ejemplares, se está procediendo a una tala selectiva después de que se hubiera comprobado que, en algunos puntos, los árboles estaban creciendo demasiado juntos unos de otros: «Estaban afogados, polo que están talando os que están máis xuntos para que os demais poidan crecer e desenrolarse», añadió Lamoso, quien precisó que actuaciones similares se llevarán a cabo en la zona conocida como Pena Miranda.

El presidente de los comuneros de Figueirido estimó que en los terrenos de los que son titulares puede haber trabajo para cuatro o cinco meses más. El problema es el coste que suponen estos cinco salarios, toda vez que la comunidad dispone únicamente de recursos propios procedentes del alquiler de terrenos o la venta de madera.

La Brilat

A diferencia de San Xulián o de Salcedo, los de Figueirido aún no han logrado que los tribunales les reconozcan como propietarios de las parcelas que ocupa la Brilat. La causa está a la espera de una resolución del Supremo, si bien todos coinciden en que un dictamen favorable a sus pretensiones supondrá una importante inyección de dinero para sus arcas.

Mientras no llegue este momento, la comunidad sigue desarrollando nuevas iniciativas. Así, se van a acometer nuevas plantaciones y está en estudio un proyecto de índole turística en el entorno del recinto de fiestas, para lo cual se han realizado ya las primeras gestiones con la Diputación y el Concello de Vilaboa. Lamoso evita dar más detalles, si bien asegura que, de salir adelante, «vai a ser moi bo para esta zona».

Mientras su mirada se dirige hacia Francisco, Fernando, Berto, Lucho y Saturno: «O monte necesita este traballo. O monte non se pode deixar abandonado, senón que hai que coidalo para que produza».

 

 

Publicado por: MontePituco | 13/10/2014

MA-NI-PU-LA-CIÓN!

Faro, 12 de outubro de 2014.

“La preocupación de los vecinos de Marín por el futuro del puerto quedó de relieve en una reciente visita de un grupo de alumnos del IES Mestre Landín al Concello, en la que los chavales hicieron varias preguntas a la alcaldesa sobre la situación del recinto. Los alumnos manifestaron a la alcaldesa su preocupación por todo lo que se refiere a las sentencias que obligan a desmontar una parte importante del puerto”.

[Faro de Vigo, 12 de outubro de 2014]

A utilización mediática que -coa anuencia directa do Concello, por ceder as fotos e unha versión sesgada da visita- se está facendo do encontro entre a alcaldesa de Marín e un grupo de alumnos dun centro educativo, acadou o seu cénit este pasado domingo, coa nova publicada no Faro de Vigo. 

O enfoque que lle deu este xornal -claramente tendente aos intereses do porto e do propio Goberno municipal- é un exemplo evidente de manipulación informativa. Dáse a entender que os estudantes están preocupados polos prexuízos que se puideran derivar da hipotética execución da sentenza xudicial que ordea o derrubo dos recheos declarados ilegais polo Tribunal Supremo, cando o motivo da entrevista que lle solicitaron a María Ramallo era coñecer o impacto que tería a construcción no Monte Pituco do polígono industrial previsto no PXOM.

Cando nin o Concello nin a prensa afín teñen o máis mínimo reparo en utilizar un ‘simple’ traballo escolar e a imaxe duns menores para defenderse da Xustiza, reforzar deste xeito tan pouco profesional a actuación da Administración local ante esta crise, e a seguir insistindo na suposta legalidade da xestión realizada no recinto portuario, é porque xa calquera argumento lles vale, ou porque verdadeiramente están moi perdidos.

O pleno da Corporación celebrouse o venres. María Ramallo lanzou a moción ‘sorpresa’ da Alcaldía en defensa do porto e das empresas instaladas no recinto portuario. A moción colleu fóra de xogo os principais partidos da oposición, que non tiveron marxe de manobra e forzaron a suspensión do pleno durante uns minutos para poderen debatir, primeiro internamente e logo os portavoces municipais entre si. A moción aprobouse, co voto a regañadentes -non lles quedaba outra!- do PSOE e do BNG, que puxeron en evidencia o seu malestar pola ‘medalla’ que se colgaría a María Ramallo, insistíndolle moito en que a iniciativa tíñase que ‘vender’ como un logro colectivo da Corporación. Coa aprobación desta moción suspendeuse definitivamente o pleno, porque eran preto das 12 e media da madrugada, e xa non se trataron máis puntos nin había xornalistas na sala. A moción pro-porto foi noticia o sábado e recolleuse -que casualidade!- na edición dominical, a que tradicionalmente goza de maior difusión cidadá.

…E como o Lameira pasa por Marín, a edición local do Faro de Vigo non tivo mellor ocorrencia que ‘repescar’ a visita dos estudantes ao Concello -noticia que xa o Diario de Pontevedra dera dous días antes!- para (des)informar sobre súa “preocupación” pola delicada situación dos recheos portuarios.

Como se a moción da Corporación marinense en defensa do porto non tivese entidade abondo.

Fraco favor á política, fraco favor ao xornalismo de calidade.

Viva a terxiversación.

…Chim-pum!

Diario, 10 de outubro de 2012.

Parafraseando a Sra. Alcaldesa, nós tamén esperamos NON TER QUE VER NUNCA a construcción dun polígono industrial no Monte Pituco.

Publicado por: MontePituco | 10/10/2014

DOUS MESES E MEDIO DESPOIS, CUNETAS LIMPAS

Desbrozadas as cunetas entre a Bouza e a Pena.

Pasaron case dous meses e medio dende que a Asociación Monte Pituco presentara un escrito no Concello de Marín urxindo o desbroce das cunetas, que presentaban un aspecto bastante deficiente, coa maleza enriba da estrada, dificultando o tránsito dos peóns nunha zona con moitas curvas e pouca seguridade vial.

Por fin, entre onte e hoxe as máquinas pasaron a rozar a zona, entre os lugares de A Bouza e A Pena. Neste último núcleo de vivendas, os veciños xa optaran por retirar a vexetación polos seus propios medios; polo menos para que os viandantes non tiveran que camiñar ocupando o carril de circulación.

Noutras fincas que non son atendidas polos seus propietarios o operario tivo que empregarse a fondo coa desbrozadora.

Cunetas desbrozadas entre A Bouza e A Pena.

Preto da conexión coa Variante de Marín a herba da Pampa medra dun xeito progresivo e cada vez esta especie invasora presenta un aspecto máis mesto, ameazando con propagarse polo monte colindante. Neste caso urxe -máis que o desbroce- unha acción máis agresiva que erradique de raíz -dito sexa en sentido literal- esta planta foránea.

Cunetas desbrozadas entre A Bouza e A Pena.

Agardemos que, ante a próxima necesidade que se lle plantexe ao Concello de Marín non pase tanto tempo…

Escrito presentado no Concello de Marín, 30/07/14.

Publicado por: MontePituco | 09/10/2014

A ALCALDESA, COS ESTUDANTES QUE VISITARON O MONTE PITUCO

Foto difundida polo Concello de Marín.

[Imaxe difundida polo Concello de Marín]

Estudan no IES Mestre Landín e están realizando un estudo sobre o Monte Pituco para coñecer o grao de impacto que tería a construcción dun polígono industrial neste emprazamento. Hala! Xa está dito! Xa o Concello de Marín acaba de expoñer publicamente -a través das súas canles de comunicación coa prensa local e autonómica- a este grupo de alumnos e alumnas, fronte á discreción coa que dende este blogue se tratou a súa recente visita ao Monte Pituco para coñecer a súa realidade física: a problemática do desnivel do terreo no que respecta aos taludes e os desmontes necesarios para acondicionar a zona, a localización dos xacementos arqueolóxicos catalogados que resultarían afectados no seu ámbito de protección, a existencia de especies de fauna e flora interesantes e algúns incluídos mesmo na lista de especies ameazadas…

Solicitaran, efectivamente, unha entrevista co Concello para coñecer a versión oficial dun proxecto industrial que para a Asociación Monte Pituco é un auténtico despropósito. E afortunadamente -porque os gobernantes están para atender a cidadanía, non para deixala coa palabra na boca nun corredor ao pé dunhas escaleiras- a alcaldesa atendeu a petición.

Outra cousa é a pouca concreción e a falta de rigor das súas explicacións ante os estudantes.

Contoulles María Ramallo que está moi preocupada polas sentenzas xudiciais contra os recheos declarados ilegais polo Tribunal Supremo e xustificou as sucesivas obras coas que se lle gañou terreo ao mar para ter un porto con máis calado porque os barcos son cada vez máis grandes. Por suposto, tamén incidiu na ‘influencia primordial’ (non sabemos se foron palabras textuais pero así o explican dende a propia Alcaldía) do porto na economía de Marín, de aí que a Autoridade Portuaria presentara unha vez máis un recurso -que lle foi admitido a trámite- contra o enésimo ultimátum do Tribunal ordeando o derrubo inmediato dos recheos.

A alcaldesa contoulles aos estudantes que agardaba “non ter que ver nunca a execución da sentenza” (e isto si foi literal) contra os recheos portuarios porque, ao seu entender, podería darse a “perversa” situación de derrubar algo que se podería volver construír ao día seguinte.

E ao fío da problemática no porto, o discurso da alcaldesa ante as preguntas dos estudantes derivou no polígono proxectado no Monte Pituco, clasificado como solo industrial no PXOM. María Ramallo afirmou que ese hipotético  polígono industrial NON sería NUNCA un porto seco debido á ausencia de conexión ferroviaria no Pituco e porque as empresas con implantación no ámbito portuario “non o verían viable”. Por iso unha suposta execución das sentenzas do Supremo non implicaría o traslado das naves construídas sobre os recheos, que actualmente se atopan nunha situación de inseguridade xurídica.

Pero onde as explicacións de María Ramallo patinan máis é no seu intento por dulcificar o impacto real dun hipotético polígono no Monte Pituco. Porque segundo a alcaldesa, o PXOM propón unhas “liñas xerais” que marcarían o deseño dese polígono e que “en caso de facerse, habería que facer un estudo detallado que con toda seguridade preservaría as zonas de especial protección”.

…Tïpica cataplasma política para embobar as persoas con promesas que apestan a sucedáneos de confianza, compromiso, sensibilidade coa cultura e co medio ambiente, para quedar ben. A xente está farta de trolas, de palabras que leva o vento e de papel mollado que logo, na realidade resultan ser ficción, incompetencia e mentira. Cando o dano xa está feito e resulta irreversible. E aos recheos me remito.

Pero non poñamos a venda antes da ferida, tranquilizounos María Ramallo, porque “de todas formas agora mesmo non hai ningún plan para facer o polígono”, que a situación económica non está para botar foguetes e “antes de empregar diñeiro público habería que ter ofertas de empresas interesadas en ocupar a zona”.

En todo caso, sexa coas arcas municipais ou autonómicas cheas de euros, ou con esas mesmas arcas criando telarañas; sexa con empresas amigas dispostas a levar ao Pituco o seu tenderete de revestimentos, de carpintería de aluminio, ou de organización de eventos festivos, entre outras actividades susceptibles de ser premiadas con vantaxosas condicións a cambio de estragar o balcón da ría, de agredir o patrimonio histórico, de arruinar os mananciais e facer desaparecer fauna e flora sensible, terán que pasar por enriba do cadáver dun puñado de veciños que non nos arrugamos ante a especulación e o abuso do poder político.

O Concello de Marín non abunda en máis temas, pero nesa entrevista tamén se falou do lamentable estado de abandono no que se atopa o patrimonio arqueolóxico catalogado, de cuxa conservación son responsables a Administración local e a Comunidade de Montes de San Xulián, esta última en calidade de propietaria dos terreos.

Unha vez máis, a inconsistencia e a falta de concreción volveu caracterizar as palabras da alcaldesa, que recoñeceu que sería “aconsellable” sinalizar os xacementos, limpalos e adoptar medidas para o seu mantemento, pero sen adiantar ningunha posible acción por parte do Goberno local para cumprir. Como era de esperar, María Ramallo agóchase detrás da Comunidade de Montes, que lle ten auténtica alerxia ao patrimonio.

E uns por outros, as mámoas e os petroglifos seguen empeorando no seu deterioro.

Publicado por: MontePituco | 08/10/2014

REMONTAR O RÍO… LOIRA

"Remontar o río", de Helena Villar Janeiro.

[Imaxe do facebook de Remontar o río]

Esta tarde asistimos á presentación de “Remontar o río”, o poemario de dona Helena Villar Janeiro, ilustrado por Luz Darriba.

…Versos que falan de experiencias, paisaxes, lugares tan especiais coma un sinxelo souto. Versos nos que, por non faltar, non falta nin unha oda ao esterco.

Hai 10 días que tamén remontamos un río, no sentido máis literal e menos metafórico da expresión.

Río Loira, Marín.

A Agrupación Cultural Ronsel participou no Proxecto Ríos, que o pasado 28 de setembro ‘sincronizou’ a colectivos de toda Galicia nunha acción de voluntariado encamiñada a mellorar a saúde dun cauce fluvial. Así foi en Poio, co río Freiría; en Pontevedra, co Gafos, por iniciativa de Vaipolorío; en Marín, o Loira…

Remontamos pois o río dende preto da súa desembocadura en dirección ao seu nacemento. Foi como levantar a alfombra dun salón e atopar debaixo o lixo acumulado nun feixe de tempo.

Proxecto Ríos no Loira, organizado por Ronsel.

Proxecto Ríos no Loira, organizado por Ronsel.

Proxecto Ríos no Loira, organizado por Ronsel.

Plásticos de todas as cores e composicións posibles aniñaban entre as raíces das árbores, debaixo das pedras; degradado polo paso do tempo, tan fráxil que se esnaquizaba convertendo un anaco en ducias de fragmentos que facían imposible recollelos un por un.

Restos de electrodomésticos pequenos e mediados, dende un transistor á tapa metálica dunha cociña.

Enseres varios, dende unha botella de cervexa que merecería acabar exposta nun museo, ata un afialapis enferruxado.

Cristais. Cordas. Restos de material da horta procedente das plantacións nas fincas lindeiras. Roupa vella. Frascos de medicinas. Paraugas rotos…

…En definitiva, LIXO!

Proxecto Ríos no Loira, organizado por Ronsel.

Uns vinte pares de brazos -distribuidos en varios grupos- fixeron posible que o Loira luza agora un pouco máis limpo. O Concello de Marín colaborou na cesión de material de traballo e na recollida das bolsas cos residuos retirados.

Pero será necesario seguir remontando o río, estar pendentes do devir das enchentas invernais que sacarán á luz máis inmundicia e máis vergoña.

Por iso dende o Monte Pituco estaremos ‘orella avizor’ á chamada de Ronsel, para colaborarlle na tarea de acicalar esta nosa corrente de auga que tantos muíños moveu antano. E quizais, andando o tempo, volva ser ese río troiteiro que tanto estrañan os pescadores da contorna.

Muíño no río Loira, Marín.

[Artigo relacionado: ROTEIRO POLOS MUÍÑOS DE LOIRA, CON RONSEL, maio 2012]

Publicado por: MontePituco | 07/10/2014

O LIBRO DOS PETROGLIFOS MARINENSES, NO MUSEO TORRES

"Petroglifos e outras prehistorias", libro de Xulio D. Abal Silva e Álvaro R. Arizaga Castro

Un dos nosos libros de cabeceira é “Petroglifos e outras prehistorias“, dos marinenses Xulio Abal e Álvaro Arizaga, que compendia os gravados rupestres marinenses, a súa descrición con fotos, debuxos e mapas que marcan a súa situación xeográfica, ademais de analizar con visión crítica o fráxil estado de conservación do patrimonio arqueolóxico local.

Se houbese interese por parte dos responsables municipais, esta obra publicada en 2007 poderíase ampliar con novas informacións sobre os xacementos que recolle e incluír outros gravados descubertos nos últimos anos. Dos dous autores, Álvaro Arizaga enfocou a súa traxectoria profesional á Arqueoloxía e actualmente é profesor da Escola de Restauración de Pontevedra, ademais de dirixir proxectos como o da recuperación e posta en valor do complexo arqueolóxico o d’A Cabeciña, en Mougás.

É moi probable que aos autores de “Petroglifos e outras prehistorias” non lles faga graza ningunha saber que os restos da edición daquel libro que elaboraron a partir dun traballo de investigación co que gañaran un concurso convocado polo Concello de Marín, están criando po e telarañas nalgún recuncho apartado do Museo Torres. E que, segundo nos informaron nestes días, o seu destino sería o cubo do lixo.

Amosámoslles “Petroglifos e outras prehistorias” aos asistentes á ‘andaina polo Monte Pituco ao solpor’. Entre os participantes a ese roteiro houbo profesores e afeccionados á historia, ao sendeirismo e á arqueoloxía. Algúns non o coñecían, malia o tempo transcorrido dende a súa publicación.

Moitos interesáronse por conseguir esta publicación. Remitímolos ao Museo Torres porque nas últimas entrevistas que mantivemos con representantes do Goberno local de Marín déronnos a entender que os exemplares que puidera haber atoparíanse alí. Sobre o grao de coñecemento deste libro por parte dos nosos gobernantes actuais, non é nada descabellado afirmar que os que agora saben da súa existencia enteráronse pola Asociación Monte Pituco. Nótase á legua cando alguén afirma saber sobre algo pero en realidade non ten nin a máis remota idea do tema. Neste caso, o lamentable do ‘despiste’ radica en que este libro publicouse con fondos públicos do Concello de Marín, na época de Isabel Martínez Epifanio como concelleira de Cultura.

A cuestión é que hai persoas que, dende a andaina da semana pasada, preguntaron no Concello, na Biblioteca Municipal e no Museo Torres.

Na Biblioteca dispoñen dun exemplar do libro pero, curiosamente, por algunha razón que non lle revelaron ás persoas interesadas, non o prestan para consulta no domicilio; sen embargo, paradoxicamente, préstano para fotocopialo nalgunha copistería externa.

Foi no Museo Torres onde unha desas persoas o conseguiu e contounos que, segundo o encargado do Museo, o destino final dos libros era o lixo.

Dende esta Asociación solicitámoslle encarecidamente ao Concello de Marín que non cometa semellante barbaridade, que non tire a ningún contenedor uns libros que se fixeron con cartos públicos. Que teñan a ben entregarlle cando menos outro exemplar de reposto á Biblioteca Municipal, que lle entreguen cadanseu exemplar ás bibliotecas de todos os centros educativos da vila, a cada Casa da Cultura nas parroquias do rural, á caseta de Turismo, ao Arquivo da Deputación de Pontevedra… Como en calquera editorial que se precie, os autores teñen dereito a ser informados cando unha obra súa se descataloga; en consecuencia, antes de desfacerse dos libros, que llos entreguen a quen fixo o esforzo de poñer por escrito ese labor de investigación, que lle buscarán un mellor destino que a papeleira.

Infórmannos as persoas que nestes días se interesaron por “Petroglifos e outras prehistorias” que os traballadores da Biblioteca Municipal e do Museo Torres estaban desconcertados e abraiados da insólita demanda que estaba tendo este libro. E aínda se estrañan! En ausencia de ‘ciencia infusa’, a cidadanía non se pode interesar por aquilo que permanece oculto en caixas poirentas, polo que se silencia e non se promociona, malia ser un ben de tod@s.

É incrible que os responsables de xestionar a Educación, a Cultura e o Turismo neste Concello non saiban sacarlle partido á ‘materia prima’ que hai. Por descoñecemento, por falta de capacidade, por falta de ideas, por falta de sensibilidade, ou por todo ao mesmo tempo.

Publicado por: MontePituco | 06/10/2014

ESCRITO AO CONCELLO TRALO ÉXITO DAS ANDAINAS

Escrito presentado na Alcaldía sobre o patrimonio arqueolóxico e etnográfico do Pituco.

Hai xusto unha semana recibimos unha chamada da secretaria da Alcaldía para informarnos que a concelleira de Cultura quería reunirse con representantes da Asociación Monte Pituco. Pasaran dous días dende a “andaina polo Monte Pituco ao solpor” que congregou neste Espazo Natural a máis de 150 persoas para coñecer o patrimonio arqueolóxico e etnográfico desta zona, para admirar a biodiversidade e a paisaxe dende o “balcón da ría”. Non foi posible concretar ese encontro por razóns de traballo e porque a convocatoria fora espontánea, sen aviso previo. Unha semana despois, non volvemos ter noticias da concelleira de Cultura.

O caso é que con ou sen chamada da concelleira de Cultura, a Asociación Monte Pituco xa tiña previsto trasladarlle ao Concello de Marín e á súa alcaldesa o “éxito” dese roteiro, que viña precedido doutro extraordinario nivel de participación nunha ruta matinal polo ámbito dos Sete Camiños celebrada no mes de agosto, que tamén rematara no miradoiro natural do Pornedo.

Tanto a alcaldesa de Marín como a concelleira de Cultura estiveron no Monte Pituco ao pouco de acceder ao Goberno municipal. Representantes desta Asociación entrevistáronse nunha ocasión coa edil de Cultura para intentar convencela -sen éxito, á vista da súa nula implicación- no proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. O último encontro institucional a nivel local foi coa alcaldesa de Marín para trasladarlle diversas preocupacións relacionadas co patrimonio arqueolóxico catalogado: a súa deficiente sinalización e identificación no PXOM, o seu precario estado de conservación e a obriga do Concello de contribuír á súa protección fronte a hipotéticos polígonos e demais ameazas que planean sobre o Monte Pituco.

De modo que este pasado sábado, sete días despois desa memorable “andaina ao solpor”, presentamos un escrito no Rexistro Municipal destacando a multitudinaria acollida das rutas polo Monte Pituco organizadas por esta Asociación, que atraeu a Marín a persoas procedentes de diversas localidades, ademais da propia vila e da veciña Pontevedra: Baiona, Vigo, Redondela, Compostela, Noia…

Na introdución dese documento insistíase na vontade da Asociación Monte Pituco de seguir difundindo e defendendo o patrimonio local, con actividadse que estaban contribuíndo ademais a xerar un potencial turístico enfocado á parroquia de San Xulián, malia a ausencia de promoción por parte do Concello, da Comunidade de Montes, e da falta de limpeza e mantemento dos espazos que estaban sendo motivo de visita e interese social.

Con todo, o que se lle demanda ao Concello de Marín -a través da súa alcaldesa- son basicamente tres cuestións:

Lembrarlle o seu compromiso de mediación ante a Comunidade de Montes de San Xulián para que se ocupe da limpeza e da conservación do patrimonio arqueolóxico, ben por conta propia ou en colaboración co Concello. Púxoselle como exemplo de cooperación o caso do Concello de Pontevedra e da Comunidade de Montes de Salcedo a propósito da recuperación dos muíños do Batán, da posta en valor do Castro das Croas e dos conxuntos de Regato dos Buratos, no marco do proxecto do Espazo Etnográfico e Arqueolóxico do Val de Tomeza. Mesmo nos atrevemos a afirmar que ese proxecto do Espazo Etnográfico e Arqueolóxico do Val de Tomeza inspírase ou toma como referencia o proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, a cuxa comisión técnica pertence a Asociación Monte Pituco.

Poñer no seu coñecemento que as comunidades de montes de Salcedo e Lourizán van poñer en marcha o proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, coa sinalización dos elementos de interese existentes nos seus respectivos ámbitos territoriais, e que van “invitar” ou facer partícipe da súa decisión á Comunidade de Montes de San Xulián, coa intención de que se sume a esta iniciativa. Dende a Asociación Monte Pituco apelamos á alcaldesa de Marín para que apoie esta proposta e inste a directiva dos comuneiros de San Xulián a considerala positivamente para que a nosa parroquia non quede á marxe dese investimento tan beneficioso, á vez que asequible. Cómpre ter en conta que a Comunidade de Montes de San Xulián vai percibir anualmente unha cantidade económica importante en virtude do acordo co Ministerio de Defensa pola cesión de terreos á Brilat.

Emprazar o Concello de Marín para que se adopten as medidas de protección que estime oportunas, dentro do seu ámbito competencial, para que se catalogue e se protexa un antigo camiño de carro situado no monte veciñal de San Xulián, á altura do campo de fútbol na estrada da lagoa de Castiñeiras, que conecta cos gravados catalogados da Carrasca. Trala destrucción dun camiño de carro que foi aterrado nunhas obras para a construcción dunha nova pista -actuación que carecía do permiso preceptivo de Patrimonio ao estar afectado polo ámbito de protección dun xacemento arqueolóxico- estoutro camiño presenta tamén marcas de antigas “rodeiras” que destacan polo seu indubidable valor etnográfico, sendo dos poucos -se non o último- que queda nesta contorna nesas condicións.

Agardamos que haxa receptividade da alcaldesa de Marín, ou da persoa na que delegue, a estas peticións.

 

Publicado por: MontePituco | 03/10/2014

ESTUDANTES MARINENSES NO MONTE PITUCO

Estudantes marinenses no Monte Pituco.

A Asociación Monte Pituco leva dende finais de 2009 traballando pola defensa deste espazo fronte a intención do Concello de Marín e da Xunta de convertelo nun polígono industrial malia tratarse dunha zona incluída no Espazo Natural dos Montes do Morrazo; malia que a súa urbanización supoña un gasto económico incomensurable e unha labazada paisaxística en plena fachada da ría debido a que obrigará a construír enormes taludes para contrarrestar o seu forte desnivel; malia que arrase cos mananciais naturais que abastecen a veciñanza das aldeas próximas, coa fauna e coa flora endémica, entre os que hai especies protexidas; malia que o patrimonio arqueolóxico catalogado e os elementos de interese etnográfico resulten agredidos de forma irreversible.

Froito destes anos de estudo e de traballo sobre a realidade física, medioambiental e cultural da zona e da súa contorna, esta Asociación foi adquirindo unha bagaxe de coñecemento e uns contactos con expertos en materias diversas -historiadores, filólogos, arqueólogos, arquitectos, naturalistas, antropólogos, divulgadores ambientais- que comparten os nosos obxectivos: defender o Monte Pituco e poñer en valor a súa riqueza patrimonial, material e inmaterial.

Como veciños e veciñas do Monte Pituco, somos ‘licenciados’ neste Espazo Natural. Dende que vimos loitando cos instrumentos da lei e do sentido común pola súa conservación, vimos cursando un ‘master’ de duración indefinida pero con resultados e experiencias ben gratificantes.

E queremos compartir as nosas descubertas, o noso modesto coñecemento en materia arqueoloxía, etnografía, de fauna e flora, lendas.

Organizamos andainas abertas ao público que teñen obtido un notable éxito de público.

Participamos en xornadas e foros sobre medio ambiente e cultura.

E colaboramos con centros educativos da nosa vila para complementar a formación do alumnado.

Esta semana recibimos no Monte Pituco un grupo de estudantes que están elaborando un traballo académico. Rapazas e rapaces con curiosidade, xente nova cun futuro prometedor, que coñecen o significado de palabras como compañeirismo, respecto, educación; preocupados e comprometidos co entorno natural e co legado que recibimos dos nosos antergos. E canda eles, profesores que son un exemplo de dedicación, de innovación e de motivación.

Percorremos con este grupo tan encantador unha parte do Monte Pituco, con paradas nos xacementos arqueolóxicos, explicando a orixe destes gravados milenarios que se remontan á Idade do Bronce, ameazados actualmente pola especulación e a incultura.

Estudantes marinenses no Monte Pituco.

Ademais da lección de prehistoria, dos comentarios de actualidade, das nocións de orientación, non faltou unha clase de natureza a pé de campo: os cogomelos de temporada foron os nosos aliados para amosarlles que o Monte Pituco é moito máis que eucaliptos e acacias invasoras.

Que cunha boa xestión forestal e con propostas alternativas, o monte ten un enorme potencial que está completamente desaproveitado.

Estudantes marinenses no Monte Pituco.

[Cantarela, un cogomelo delicioso que medra espontáneamente no Monte Pituco]

Camiñamos xuntos, respiramos osíxeno, fatigámonos nas costaneiras, examinamos plantas que lles resultaban familiares pero das que descoñecían as súas aplicacións, admiramos petroglifos con misteriosas formas circulares, descubrimos os ‘gravados modernos’ de Pepito Meijón, seguimos o voo das bolboretas e das libeliñas preto dos regatos, seguimos as rodeiras nos antigos camiños de carro…

Estudantes marinenses no Monte Pituco.

[Coñecido como ‘bomba de tinguir’, xa o se utilizaba no tempo dos fenicios]

A Asociación Monte Pituco ponse á disposición dos centros educativos de Marín e da súa contorna para achegarlles aos rapaces e rapazas uns coñecementos que, ademais de atoparse nos libros, tamén se asimilan sobre o terreo, en contacto coa natureza, admirando as pegadas dos primeiros poboadores destas terras, situando a vila nun contexto físico e social que se aprecia de xeito extraordinario neste ‘balcón da ría’.

Publicado por: MontePituco | 02/10/2014

OS PETROGLIFOS DO PORNEDO, ESPECTACULARES DE NOITE!

Foto, Antón Lois.

[Foto, Antón Lois (Amigos da Terra)]

O pasado fin de semana, con motivo da “andaina polo Monte Pituco ao solpor”, experimentamos un xeito diferente de ver arte rupestre. Por primeira vez, os petroglifos do Pornedo luciron máis espectaculares que nunca coa luz artificial das lanternas que manexou Paulo Troitiño.

Entre os asistentes ao roteiro, e testemuñas desta práctica, estaban membros do Colectivo A Rula, de Compostela, cunha ampla experiencia na difusión e defensa do patrimonio arqueolóxico. Súas son as imaxes que acompañan este artigo, polas que lles damos encarecidamente as grazas, ademais pola visita a este ‘balcón da ría’.

Foto, Colectivo A Rula (Compostela).

Foto, Colectivo A Rula (Compostela).

Foto, Colectivo A Rula (Compostela).

[Fotos, Colectivo A Rula]

Como se apreza nesta imaxe e na seguinte, o conxunto rupestre do Pornedo ten a singularidade -pouco frecuente na arte rupestre galega- de que a carón dos seis grupos de círculos concéntricos atópanse dúas armas: unha espada de gran tamaño e un puñal.

Foto, Pablen Compostela (Colectivo A Rula).

[Detalle da laxe do Pornedo, no que se aprecia a presenza dun puñal e dunha espada. Foto, Pablen Compostela]

Grazas á colaboración de Paulo Troitiño, tamén dispoñemos de privilexiadas imaxes da morfoloxía nun dos grupos do conxunto rupestre da Carrasca, no que conviven combinacións circulares coa presenza de figuras zoomorfas, posiblemente cervos.

Foto, Paulo Troitiño.

Foto, Paulo Troitiño.

[Fotos, Paulo Troitiño]

Publicado por: MontePituco | 01/10/2014

SOBRE A ‘ANDAINA POLO PITUCO AO SOLPOR’, NA PRENSA LOCAL

Diario de Pontevedra.

La Voz de Galicia.

Faro de Vigo.

 

Publicado por: MontePituco | 30/09/2014

ÉXITO DA ANDAINA POLO MONTE PITUCO AO SOLPOR (II)

Moitas grazas a Rita Fontán, Álex Negreira, Ro Seque e José Álvarez pola súa participación nesta “andaina polo Monte Pituco ao solpor” e polas fantásticas imaxes que tomaron durante o traxecto.

Na arboreda do Pituco, antes da saída

Foto, José Álvarez.

Foto, Álex Negreira.

Foto, Rita Fontán.

Foto, Rita Fontán.

Foto, Rita Fontán.

Antigo camiño de carro

Foto, Rita Fontán.

Foto, Rita Fontán.

Foto, Álex Negreira.

Conxunto rupestre da Carrasca

Foto, Álex Negreira.

Foto, Álex Negreira.

Foto, Álex Negreira.

Foto, Rita Fontán.

Foto, Álex Negreira.

Foto, Rita Fontán.

Foto, Rita Fontán.

Foto, Rita Fontán.

Foto, Rita Fontán.

Foto, Álex Negreira.

Foto, Rita Fontán.

Gravados de José Meijón sobre un dos grupos rupestres da Carrasca

Foto, Álex Negreira.

Foto, José Álvarez.

Pedra figurativa na chan de Carballas

Foto, Rita Fontán.

Conxunto rupestre de Champás

Foto, Rita Fontán.

Foto, Rita Fontán.

Foto, Álex Negreira.

Foto, Rita Fontán.

Ro Seque, en Champás.

Foto, José Álvarez.

Foto, José Álvarez.

Nacemento de auga, con exemplares de fento real

Foto, Rita Fontán.

Conxunto rupestre de Champás

Foto, Rita Fontán.

Foto, Rita Fontán.

Foto, Álex Negreira.

Foto, Álex Negreira.

Silla de Champás

Foto, Rita Fontán.

Foto, Rita Fontán.

Foto, Rita Fontán.

 

Foto, Rita Fontán.

Solpor dende a pista forestal do Pituco

Foto, José Álvarez.

Foto, José Álvarez.

Foto, José Álvarez.

Foto, Rita Fontán.

Vista nocturna de Marín dende o miradoiro do Pornedo

Foto, José Álvarez.

Unha parte do grupo, tomando un petisco na arboreda do Pituco, trala andaina.

Moitas grazas por participar! Vémonos no ‘balcón da ría’!

Foto, José Álvarez.

Publicado por: MontePituco | 29/09/2014

ÉXITO DA ANDAINA POLO MONTE PITUCO AO SOLPOR

MÁIS DE 150 PERSOAS PARTICIPARON NA ANDAINA POLO MONTE PITUCO ADMIRANDO A PAISAXE E O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO DA CONTORNA

Foto, José Álvarez

[Foto, José Álvarez]

Entre 150 e 200 persoas participaron na “andaina polo Monte Pituco ao solpor” que organizou este fin de semana a Asociación Monte Pituco. Por primeira vez, o itinerario centrouse exclusivamente no patrimonio arqueolóxico e etnográfico do monte veciñal de San Xulián, visitando os conxuntos rupestres de Pinal de Caeiro, A Carrasca, Champás e Pornedo, catalogados como Bens de Interese Cultural, cun nivel de protección equivalente ao da catedral de Santiago.

Foto, Rita Fontán

[Foto, Rita Fontán]

Tamén por primeira vez levouse a cabo a experiencia de contemplar petróglifos con luz artificial, inmediatamente despois do crepúsculo. Así, no caso dos gravados de Pornedo, o público puido apreciar con total nitidez os círculos concéntricos, xunto coas figuras dunha  espada e dun puñal, que foron labrados nesta laxe na Idade do Bronce.

Foto, Antón Lois

[Foto, Antón Lois]

Non só asistiu veciñanza de Marín e Pontevedra, senón tamén público procedente de Moaña, Redondela, Vigo, Baiona, Santiago ou Noia, entre outras localidades, convocados maioritariamente a través das redes sociais. Entre os participantes atopábanse representantes de comunidades de montes dos arredores, colectivos ecoloxistas como Amigos da Terra e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, entidades culturais como Queremos Galego-Marín, o Colectivo A Rula de Compostela e a Asociación Cultural Alén Nós de Redondela impulsora do proxecto Monte Penide Prehistórico, así como grupos políticos como Anova-Marín e docentes de varios centros educativos marinenses.

Foto, Antón Lois

[Foto, Antón Lois]

Ademais de admirar a paisaxe da ría dende o Monte Pituco e de coñecer un valioso conxunto de xacementos prehistóricos, o roteiro tamén pasou por un antigo camiño de carro onde aínda se conservan as marcas das “rodeiras”; un elemento de indubidable interese etnográfico que cómpre preservar para o coñecemento da nosa cultura tradicional e da nosa historia, xa que estas corredoiras eran transitadas polos habitantes dun e doutro extremo da bisbarra do Morrazo para transportar as mercadorías que compraban e vendían no mercado, ou para desprazarse polo monte na procura de leña e estrume para o gando.

Foto, Rita Fontán

[Foto, Rita Fontán]

Con estas rutas de sendeirismo, a Asociación Monte Pituco continúa reivindicando a defensa deste Espazo Natural dos Montes do Morrazo, xa que o Monte Pituco foi clasificado como solo industrial no PXOM de Marín e incluído no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia. A Asociación Monte Pituco ten interposto senllos recursos contra a intención do goberno local marinense e da Xunta de urbanizar esta zona, causando un impacto visual irreversible en toda a ría e con graves afeccións no medio ambiente e no patrimonio histórico catalogado.

Foto, José Álvarez

[Foto, José Álvarez]

Por iso, dende a Asociación Monte Pituco emprázase ao Concello de Marín e á Comunidade de Montes de San Xulián, como propietaria dos terreos, a respectar este espazo e a sumarse á iniciativa das comunidades de montes veciñas de Lourizan e de Salcedo, que van apostar pola sinalización e posta en valor dos elementos incluidos no proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Foto, Antón Lois

[Foto, Antón Lois]

 

Publicado por: MontePituco | 27/09/2014

VÉMONOS ESTA TARDE NO MONTE PITUCO

Esta tarde, andaina polo Monte Pituco no solpor

Recomendacións para as persoas que teñan a ben acompañarnos mañá sábado na andaina polo Monte Pituco:

-calzado e roupa cómodos para camiñar polo monte.
-non está de máis levar un bastón (serve un pau consistente) para apoiarse nas pendentes do terreo.
-unha botelliña de auga para hidratarse (non haberá fontes no traxecto).
-unha chaqueta ou prenda de abrigo similar (despois do solpor ‘refresca’).
-cámara de fotos para inmortalizar as paisaxes e os elementos que gusten.
-curiosidade para coñecer lugares novos, bo ánimo para subir as costas (a volta será por terreo chan e descendente!)

Faremos a seguinte ruta, cos puntos de interese que se sinalizan:

Plano Pituco-Champás

Destaca a recuperación dun antigo camiño de carro, coas marcas das ‘rodeiras’ na pedra… Incidiremos no valor etnográfico destes elementos tan próximos á nosa cultura tradicional.

Antigo camiño de carro en dirección á Carrasca.

Antigo camiño de carro en dirección á Carrasca.

Antigo camiño de carro en dirección á Carrasca.

Antigo camiño de carro en dirección á Carrasca.

Antigo camiño de carro en dirección á Carrasca.

Antigo camiño de carro en dirección á Carrasca.

Antigo camiño de carro en dirección á Carrasca.

Antigo camiño de carro en dirección á Carrasca.

[Fotos: Paulo Troitiño]

 

Petroglifo de Pinal de Caeiro.

Petroglifos de Pinal de Caeiro, coñecidos como ‘O ciclista’.

Antigo camiño de carro. Con marcas de rodeiras.

Rodeiras nun antigo camiño de carro.

Rodeiras no antigo camiño de carro.

Fondura da rodeira no antigo camiño de carro.

Antigo camiño de carro.

O que NON se debe facer: destruír un antigo camiño de carro sen supervisión de Patrimonio.

O que NON se debe facer. Esta pista construiuse enriba dun antigo camiño de carro sen supervisión de Patrimonio a pesar de estar afectado por un xacemento arqueolóxico catalogado.

Petroglifos da Carrasca, en San Xulián (Marín).

Conxunto rupestre da Carrasca.

Gravados modernos de Pepito Meijón.

Gravados modernos feitos por José Meijón.

Detalle dun dos gravados de Pepito Meijón.

Petroglifo histórico "mutilado" por Pepito Meijón coa palabra "muerte".

Petroglifo de Champás, “mutilado” por José Meijón.

Gravados rupestres no camiño aos petroglifos de Champás.

Coviñas no camiño a Champás.

Un dos grupos do conxunto rupestre de Champás, con figuras de cérvidos.

Un dos grupos rupestres do conxunto arqueolóxico de Champás, con figuras de cérvidos.

Un dos grupos do conxunto rupestre de Champás.

Bolo granítico con círculos concéntricos cunha cazoleta no punto central, en Champás.

Silla e petroglifos de Champás.

A coñecida como “silla” de Champás.

Conxunto rupestre de Pornedo.

Conxunto rupestre do Pornedo.

 

 

 

 

Publicado por: MontePituco | 25/09/2014

O QUE VEREMOS NA ANDAINA DO SÁBADO: NATUREZA & PAISAXE

Vista da ría dende Pinal de Caeiro.

Vista da ría dende os petroglifos de Pinal de Caeiro (O ciclista)

Liques nos antigos camiños de carro.

Liques nos antigos camiños de carro, nas zonas sombrizas e húmidas.

Sendeiros floridos de 'calluna vulgaris'.

Sendeiros floridos de ‘calluna vulgaris’.

Paulo Troitiño falará de fungos durante o roteiro.

Durante o roteiro, Paulo Troitiño falará sobre os fungos que comezan a agromar no monte.

Orella do piñeiro.

Orella do piñeiro ou isca do piñeiro (Porodaedalea pini). É un parásito perigoso -non comestible- dos piñeiros vellos.

 

Publicado por: MontePituco | 24/09/2014

CARTAZ ARRINCADO EN SAN PEDRO (ACTUALIZADA)

Cartaz do BNG ocupando o sitio do anuncio da andaina, que foi arrincado.

Aínda era noite e a cámara non deu enfocado correctamente o panel informativo situado na barriada de San Pedro. Pódese apreciar, nembargantes, o feito que motiva esta queixa pública.

Certo partido político organiza unha asemblea co lema “Construíndo futuro” e anúnciaa cun cartaz de tamaño considerable que ocupa boa parte do taboleiro, no que estaba pegado un modesto folio A4 anunciando a “Andaina polo Monte Pituco no solpor” deste sábado.

A persoa ou persoas que colocaron o cartaz dese partido político decidiron ARRINCAR a convocatoria do roteiro e deixar o papel colgado para poñer o seu no sitio que ocupaba o outro.

Puideron movelo, porque había máis espazo libre no panel. Pero MOLÉSTALLES que se visibilice o Monte Pituco, que se organicen actividades para dar a coñecer a riqueza deste espazo natural e o seu patrimonio arqueolóxico e etnográfico; ou o que é o mesmo, están EN CONTRA da Cultura e en contra de quen lles DISCREPA.

Basta lembrar que na agrupación marinense deste partido político son INIMIGOS do Monte Pituco, son PRO-POLÍGONO, e que cando os seus responsables tiveron cargos no anterior goberno local chegaron a AMEAZAR con DESAFECTALO do Espazo Natural dos Montes do Morrazo para furtarlle un rango de protección que podía obstaculizar a súa catalogación como solo industrial.

Polo que á Asociación Monte Pituco respecta, poden seguir arrincando os nosos cartaces, que seguiremos repoñéndoos; utilizando o seu blogue para PROVOCAR a quen lles leva a contraria; espallando CONFUSIÓN nas redes sociais a través de páxinas creadas para manipular a cidadanía.

Señores/as do BNG de Marín, con esa actitude de ABUSO e de FALTA DE RESPECTO, de PREPOTENCIA e NOCTURNIDADE, non lograrán “construír futuro” ningún, senón seguir cavando no burato da decepción e do fracaso no que caeron nas pasadas eleccións municipais.

…………………………………..

Ao longo da xornada volveron arrincar o cartaz que se repuxera á primeira hora da mañá.

Pasadas as 22:00h comprobamos que o cartaz da andaina volvera desaparecer e que o cartelón do BNG fora movido de sitio.

Taboleiro informativo en San Pedro. Só quedaba o cartelón do BNG.

…E repuxemos unha vez máis o anuncio do roteiro polo Pituco.

Reposto o cartaz da andaina pasadas ás 22:00h do mércores.

Publicado por: MontePituco | 23/09/2014

SOBRE A ANDAINA POLO PITUCO, NO FARO

Faro, 23 de setembro de 2014.

Hai que estar moi amargado/a, ou ter moito vinagre no sangue, ou non ter nada útil que facer ao longo do día para dedicarse a arrincar os modestos cartaces que anuncian esta andaina.
…Ornean (como burros) os pro-polígono, logo cabalgamos!

Publicado por: MontePituco | 22/09/2014

SALCEDO E LOURIZÁN INVESTIRÁN NO PROXECTO 7CAMIÑOS

Faro de Vigo, 21 de setembro de 2014.

Salcedo aprueba su primer plan de inversiones para el monte comunal con el canon abonado por Defensa

Recuperan 173 hectáreas de terreno forestal y destinan 76.500 euros a restaurar 20 hectáreas de los montes de San Martiño

F.M. | Pontevedra, 21.09.2014

…Se destinan además 6.000 euros al proyecto del Espacio Natural y Arqueológico de Sete Camiños, en el que también participa la Comunidad de Lourizán…En una asamblea que ayer reunió a 120 comuneros, se aprobó la recuperación de un total de 173 hectáreas de monte comunal usurpado o perdido por abandono, además de algunas actuaciones en convenio con el Concello de Pontevedra, como el centro social de la parroquia, el parque infantil, la excavación del Castro das Croas y el proyecto “Salcedo no Tempo” para divulgar la historia de la parroquia.

Los vecinos dieron el visto bueno a la memoria técnica de deslinde de todas las parcelas comunales, en cumplimiento de la nueva ley, así como a la elaboración de un documental sobre la recuperación, restauración y mantenimiento del patrimonio forestal, arqueológico, etnográfico y cultural de la parroquia, que se denominará “Salcedo con bo rumbo”, y que pretende hacer un seguimiento de todas las actuaciones que se han emprendido en la recuperación del patrimonio parroquial.

Diario, 21 de setembro de 2014.

 

Ao longo desta semana as comunidades de montes de Salcedo e de Lourizán van definir sobre o terreo a localización dos postes sinalizadores que se instalarán en cadanseus montes para marcar os elementos de interese que conforman o proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Un proxecto que -na parte de Salcedo e Lourizán- vai deixar de ser unha idea, unha proposta, ou mesmo un soño, para converterse nunha REALIDADE. Noraboa pois aos comuneiros de Salcedo e de Lourizán por esta aposta decidida a prol da conservación do patrimonio, da súa divulgación e posta en valor, para orgullo de ámbalas parroquias e para disfrute de toda a cidadanía.

Pero o proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños ten unha terceira pata: os bens situados no ámbito territorial da Comunidade de Montes de San Xulián de Marín.

En datas próximas, os directivos das Comunidades de Montes de Salcedo e de Lourizán van contactar cos comuneiros de San Xulián para invitalos a ser partícipes do proxecto de sinalización dos petroglifos, mámoas e puntos de interese etnográfico (antigas canteiras, pías, pedras singulares) que forman parte deste Espazo. O que resposte a directiva de San Xulián é unha incógnita. Ou non, tendo en conta que con anterioridade en San Xulián nunca deron mostras de estar a favor da creación desta área natural e arqueolóxoca.

A Comunidade de Montes de San Xulián está ante unha oportunidade histórica. Ten ao seu alcance a posibilidade de demostrar o que algún dos seus responsables ten proclamado recentemente: “sorprender”.

Ogallá esa “sorpresa” non quede nun amargo amago. Que non se conformen con entender por “sorpresa” o mero feito de asinar un papel de constitución dunha Fundación con outras tres comunidades de montes comprometéndose a velar pola conservación da lagoa de Castiñeiras. Porque iso non é unha sorpresa; era a crónica dunha rúbrica anunciada en resposta á presión dun amplo sector da sociedade, preocupado polo deterioro galopante dun espazo natural que antano foi o parque de lecer de toda a bisbarra.

A auténtica sorpresa, a que merecería o recoñecemento e o aplauso desta Asociación, sería que a Comunidade de Montes de San Xulián decida subir ao tren das súas homólogas de Salcedo e Lourizán para non ser os únicos en quedar á marxe dunha iniciativa beneficiosa, socialmente ben considerada, positiva dende o punto de vista cultural, turístico e mesmo económico.

Sería inxustificable que, dunha banda, se asinaran alianzas coas comunidades de montes de San Tomé, Vilaboa e Santa Cristina de Cobres para recuperar o contorno de Castiñeiras; e por outro lado desprezaran a proposta das comunidades de Lourizán e Salcedo de recuperar o patrimonio da zona. Por que unhas si e outras non?

Se o argumento fose que supostamente lle corresponde á Xunta velar pola conservación e protección do patrimonio arqueolóxico, acaso non ten a mesma obriga o Goberno autonómico de ocuparse na mesma medida do mantemento da lagoa de Castiñeiras, habendo un convenio de cesión polo medio entre o Goberno galego e as comunidades de San Xulián, San Tomé, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa? Por tanto, ese argumento non vale.

Está ademais o compromiso adquirido pola alcaldesa de Marín de mediar coa Comunidade de Montes de San Xulián para que esta destine unha parte -irrisoria, tendo en conta os 33.000 euros que ingresarán anualmente grazas ao canon da Brilat- dos seus recursos á mellora do patrimonio arqueolóxico que, como recoñeceu a propia María Ramallo, “haino que conservar”, independentemente de que o Monte Pituco fose clasificado como solo industrial no PXOM. Con ou sen polígono, os gravados rupestres e as mámoas están protexidos e blindados pola Lei de Patrimonio de Galicia. Sobrevivirannos a todos, aos pro-polígono e aos pro-monte, aos anti-monte e aos anti-polígono.

Se a Comunidade de Montes de San Xulián rexeita a oferta dos comuneiros de Salcedo e Lourizán estará consumando unha vinganza contra quen defende o proxecto dos Sete Camiños como alternativa máis viable e recomentable á desfeita irreparable que se perpetraría coa construcción dun polígono neste Espazo Natural dos Montes do Morrazo. Estaría dándolle as costas á veciñanza, cada vez máis numerosa e máis concienciada -moito queda aínda por facer neste eido!- sobre o carácter puxante desta riqueza patrimonial: unhas 80 persoas demostrárono o pasado mes de agosto nunha andaina polo ámbito xeográfico do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

Unha desas persoas é veciña da parroquia de San Xulián, do lugar dos Bravos, e ronda tal vez os 80 anos. Despedíase nestes termos ao remate daquel roteiro: “Marcho contenta coma unha meniña, que ilusión me fixo coñecer todo isto. De Marín d’Arriba de toda a vida e indo ao monte desde rapaza, e non sabía todo o que aquí hai…”

Unha vez máis, coñecer para protexer.

Publicado por: MontePituco | 21/09/2014

NOVA RUTA POLOS MUÍÑOS DE SALCEDO

Andaina polos muíños de Salcedo.

Seguimos con moito interese a xestión da Comunidade de Montes de Salcedo, que nos parece un exemplo en moitos aspectos: na mellora do monte veciñal con criterios de sostibilidade, de aposta pola eliminación de especies invasoras e de repoboación con especies autóctonas; na recuperación do patrimonio etnográfico, coa rehabilitación de muíños e sendeiros antigos; no respecto polo patrimonio arqueolóxico son un colectivo modélico, de colaboración coa Administración local para levar a cabo medidas enfocadas á posta en valor da arte rupestre e máis recentemente do castro das Croas; de traballo serio e constante no trato acadado co Ministerio de Defensa para recuperar os terreos que viña ocupando a Brilat e para obter un canon xusto e vantaxoso polas parcelas cedidas malia os atrancos que puxeron outras comunidades ao romper a unidade das entidades implicadas na negociación…

Porque todo ou practicamente todo canto fan é digno de coñecer a fondo para aprender da súa experiencia, intentamos non perder ningunha das súas actividades. Nesta ocasión foi un roteiro polos muíños da parroquia, algúns deles -os de Outeiro e os do Batán- restaurados co traballo dos propios veciños coa axuda do Concello de Pontevedra tanto en material como en fondos económicos.

A Comunidade de Montes de Salcedo tamén actúa como mecenas da Cultura apoiando a elaboración de traballos audiovisuais e estudos de investigación que logo toman forma de documental ou publicación impresa. É un orgullo que unha parroquia non esqueza as súas raíces, que os seus habitantes participen activamente na re-construcción da súa propia historia, porque os seus fillos e netos medrarán coñecendo o lugar no que viven, coas súas lendas, coa súa toponimia, cunha identidade colectiva de base.

Na andaina participaron Ramón Laxe, da Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta, o presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, o antropólogo Rafa Quintía, Manuel Domíguez da empresa de estudos ambientais Ventos, e o edil de Patrimonio do Concello de Pontevedra, Luis Bará. Canda eles, moitos veciños e veciñas, maiores e cativos. Noraboa a tod@s!

Muíño de Pereira, de titularidade privada.

No muíño de Pereira, privado, aínda en funcionamento

Muíño de Pereira, en Salcedo.

Muíños do Outeiro, en Salcedo.

Nos muíños de Outeiro, rehabilitados pola veciñanza

Muíños do Outeiro, en Salcedo.

Bordeando o río do Batán, en Salcedo.

Bordeando o río do Batán, un espazo fresco e cheo de vexetación

Visita ao castro das Croas, en Salcedo.

Visita ao castro das Croas, onde se investiron 129.000 euros con apoio dos fondos europeos FEDER para excavar o poboado, cunha antigüidade arredor de 2.500 anos

Visita ao castro das Croas, en Salcedo.

Nestes días taláronse varios eucaliptos a carón do castro das Croas, que melloran a visibilidade do espazo

Visita ao castro das Croas, en Salcedo.

No castro das Croas resalta a monumentalidade da muralla, que en breve será protexida con sacos e cunha tea especial, ata o ano 2015, cando agardan retomar os traballos de prospección arqueolóxica

Visita ao castro das Croas, en Salcedo.

Na parte interior da muralla, onde apareceron restos cerámicos e vexetais que se enviaron a analizar

Muíños do Batán, en Salcedo.

Nos muíños do Batán, rehabilitados polos veciños coa axuda do Concello de Pontevedra. Está previsto converter un deles nun museo etnográfico

No interior dun dos muíños do Batán, en Salcedo.

Muíños do Batán, en Salcedo.

Para salvar o desnivel e facilitar a accesibilidade, construiuse unha escada de madeira que enlaza todos os muíños

Nos muíños do Batán, en Salcedo.

Son catro os muíños do Batán; tres deles de planta rectangular e teito a unha auga, e un máis grande no que houbo vivenda

Río do Batán, en Salcedo.

Publicado por: MontePituco | 18/09/2014

27 DE SETEMBRO ÁS 17:30H, NOVA ANDAINA POLO PITUCO

Andaina polo Monte Pituco, sábado 27 de setembro ás 17:30h.

A Asociación Monte Pituco de Marín organiza unha “andaina polo Monte Pituco no solpor”, que se realizará o vindeiro sábado 27 de setembro con saída ás 17:30 horas dende a arboreda do Pituco, na estrada de Figueirido EP-0019, a carón do cruce coa pista do Regueiriño. O obxectivo desta ruta -de tres horas de duración e cunha dificultade media/baixa- é dar a coñecer os gravados rupestres da contorna, coa posibilidade de observalos coa luz do atardecer, cando os gravados prehistóricos se aprecian en condicións óptimas.

No itinerario programado atópanse os conxuntos rupestres do Pornedo, da Carrasca e de Champás, e os petroglifos de Sete Camiños e Pinal de Caeiro, todos eles situados no monte veciñal da parroquia de San Xulián. Este roteiro tamén pretende poñer en valor o monte, sensibilizar a cidadanía sobre a necesidade de conservar e protexer este patrimonio arqueolóxico, catalogado como Ben de Interese Cultural.

Así como noutros montes comunais da contorna -Salcedo (Pontevedra), Combarro (Poio), Lantaño (Portas), Tourón (Ponte Caldelas), Ramallosa (Baiona)…- se aposta pola promoción da natureza e do medio ambiente, pola recuperación do patrimonio arqueolóxico e etnográfico, o monte veciñal de San Xulián posúe un enorme potencial que pasa completamente desapercibido por falta de mantemento e sinalización, que conleva o seu descoñecemento.

A veciñanza ignora que nos petroglifos do Pornedo conviven formas xeométricas circulares con figuras de armas, que acentúan a súa singularidade; que os gravados rupestres de Sete Camiños son das poucas representacións zoomorfas localizadas nesta zona; que o de Pinal de Caeiro é coñecido popularmente como ‘O ciclista’ pola súa atípica morfoloxía semellante a unha bicicleta. Como tamén se descoñece que o conxunto rupestre da Carrasca nada ten que envexar aos famosos petroglifos de Mogor; ou o carácter monumental do conxunto rupestre de Champás, cuns penedos dispostos en forma de asento que lle mereceron o nome de “silla de Champás”.

Boa parte deste patrimonio corre o risco de desaparecer porque está afectado por diversos proxectos de infraestruturas, como o polígono industrial contemplado no PXOM ou a nova rede de abastecemento de auga. A Asociación Monte Pituco ten interpostos senllos recursos contra os plans do Concello de Marín e da Xunta de destruír este monte, clasificado como Espazo Natural no ámbito dos Montes do Morrazo.

A organización desta “andaina polo Monte Pituco no solpor” responde á demanda do público que asistiu á ruta realizada en agosto pola zona incluida no proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, que abrangue os montes veciñais de San Xulián de Marín e de Salcedo e Lourizán, en Pontevedra. Daquela, unhas 80 persoas asistiron ao roteiro e amosaron o seu interese polos bens de carácter histórico que contén esta área, a súa beleza paisaxística e o patrimonio inmaterial que o complementa, en forma de lendas recollidas da tradición oral.

O itinerario será circular e discurrirá pola pista forestal do Pituco, por antigos camiños de monte e por un treito da pista de servizo da variante de Marín. A andaina rematará no punto de partida, con música e petiscos. En caso de chuvia, adiaríase ata novo aviso.

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías