Publicado por: MontePituco | 21/09/2014

NOVA RUTA POLOS MUÍÑOS DE SALCEDO

Andaina polos muíños de Salcedo.

Seguimos con moito interese a xestión da Comunidade de Montes de Salcedo, que nos parece un exemplo en moitos aspectos: na mellora do monte veciñal con criterios de sostibilidade, de aposta pola eliminación de especies invasoras e de repoboación con especies autóctonas; na recuperación do patrimonio etnográfico, coa rehabilitación de muíños e sendeiros antigos; no respecto polo patrimonio arqueolóxico son un colectivo modélico, de colaboración coa Administración local para levar a cabo medidas enfocadas á posta en valor da arte rupestre e máis recentemente do castro das Croas; de traballo serio e constante no trato acadado co Ministerio de Defensa para recuperar os terreos que viña ocupando a Brilat e para obter un canon xusto e vantaxoso polas parcelas cedidas malia os atrancos que puxeron outras comunidades ao romper a unidade das entidades implicadas na negociación…

Porque todo ou practicamente todo canto fan é digno de coñecer a fondo para aprender da súa experiencia, intentamos non perder ningunha das súas actividades. Nesta ocasión foi un roteiro polos muíños da parroquia, algúns deles -os de Outeiro e os do Batán- restaurados co traballo dos propios veciños coa axuda do Concello de Pontevedra tanto en material como en fondos económicos.

A Comunidade de Montes de Salcedo tamén actúa como mecenas da Cultura apoiando a elaboración de traballos audiovisuais e estudos de investigación que logo toman forma de documental ou publicación impresa. É un orgullo que unha parroquia non esqueza as súas raíces, que os seus habitantes participen activamente na re-construcción da súa propia historia, porque os seus fillos e netos medrarán coñecendo o lugar no que viven, coas súas lendas, coa súa toponimia, cunha identidade colectiva de base.

Na andaina participaron Ramón Laxe, da Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta, o presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, Fernando Pintos, o antropólogo Rafa Quintía, Manuel Domíguez da empresa de estudos ambientais Ventos, e o edil de Patrimonio do Concello de Pontevedra, Luis Bará. Canda eles, moitos veciños e veciñas, maiores e cativos. Noraboa a tod@s!

Muíño de Pereira, de titularidade privada.

No muíño de Pereira, privado, aínda en funcionamento

Muíño de Pereira, en Salcedo.

Muíños do Outeiro, en Salcedo.

Nos muíños de Outeiro, rehabilitados pola veciñanza

Muíños do Outeiro, en Salcedo.

Bordeando o río do Batán, en Salcedo.

Bordeando o río do Batán, un espazo fresco e cheo de vexetación

Visita ao castro das Croas, en Salcedo.

Visita ao castro das Croas, onde se investiron 129.000 euros con apoio dos fondos europeos FEDER para excavar o poboado, cunha antigüidade arredor de 2.500 anos

Visita ao castro das Croas, en Salcedo.

Nestes días taláronse varios eucaliptos a carón do castro das Croas, que melloran a visibilidade do espazo

Visita ao castro das Croas, en Salcedo.

No castro das Croas resalta a monumentalidade da muralla, que en breve será protexida con sacos e cunha tea especial, ata o ano 2015, cando agardan retomar os traballos de prospección arqueolóxica

Visita ao castro das Croas, en Salcedo.

Na parte interior da muralla, onde apareceron restos cerámicos e vexetais que se enviaron a analizar

Muíños do Batán, en Salcedo.

Nos muíños do Batán, rehabilitados polos veciños coa axuda do Concello de Pontevedra. Está previsto converter un deles nun museo etnográfico

No interior dun dos muíños do Batán, en Salcedo.

Muíños do Batán, en Salcedo.

Para salvar o desnivel e facilitar a accesibilidade, construiuse unha escada de madeira que enlaza todos os muíños

Nos muíños do Batán, en Salcedo.

Son catro os muíños do Batán; tres deles de planta rectangular e teito a unha auga, e un máis grande no que houbo vivenda

Río do Batán, en Salcedo.


Responses

  1. […] de Salcedo, que implicou o Concello de Pontevedra, a veciñanza da parroquia e os propietarios na restauración dos muíños do Batán, creando un roteiro etnográfico que é unha auténtica […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: