Publicado por: MontePituco | 20/10/2014

‘MARGIT’ NO MONTE PITUCO

 

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

Chegou a primeira cicloxénese do outono e a pista forestal principal do Monte Pituco semella pouco menos que un ‘escenario de guerra’. Unha vez máis, o sendeiro que conduce ao espazo que antano ocupaba o merendeiro, presenta un nivel de deterioro máis que considerable.

En vez de circular pola canle lateral, que está permanentemente atascada -limparana moi de cando en vez, pero sen supervisión nin mantemento posteior-, o torrente de auga baixa polo medio e medio da pista e, coa tromba que tamén cae da zona do miradoiro natural do Pituco, busca saída seguindo a pendente natural do terreo.

O resultado é desastroso.

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

Quen suba estes días ao Monte Pituco volverá atoparse cun escenario moi parecido ao que aconteceu en xaneiro de 2011, cando outro temporal de auga abriu unha profunda fenda no terreo que obrigou a acordoar o acceso en vehículo ao merendeiro, ante o risco de que quedasen enterrados.

…Co agravante de que nestes días nos que se abriu a veda para cazar e esta área é frecuentada por vehículos con xaulas para cans.

……………………………………………………………..

Ver o artigo “Terremoto no Pornedo?“, publicado o 26 de xaneiro de 2011.

A "falla" do Monte Pornedo, como se un tremor de terra abrira o chan. En realidade, é a mostra do que provocan as riadas.

[Daquela, a Comunidade de Montes de San Xulián ordeou reparar os desperfectos enchendo as cavidades abertas pola auga con entullos e restos de obra, en vez de compactar axeitadamente o terreo con terra, xabre ou zahorra]

……………………………………………………………..

O resto da pista presenta este estado lamentable.

A consecuencia do efecto-arrastre realizado pola forza da auga, quedaron ao descuberto todos os verquidos de restos de obra: ladrillos, azulexos, anacos de formigón… Todo o que a “xente” bota de forma irresponsable e incívica coa idea desatinada de ‘facer firme’ e encher as fochancas, converteu esta pista nun lugar perigoso para transitar, tanto os peóns e deportistas polo risco de caídas e torceduras de nocello, como para os vehículos que poden deixar as rodas no intento, como para os cabalos ceibes que habitan no monte e os xinetes que se desprazan a lombos destes animais.

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

A intensidade das precipitacións foi tal, e o firme tiña tan pouca consistencia pola falta de consolidación que, como se aprecia na imaxe, quedaron ao descuberto as mangueiras que conducen a auga á fonte situada na arboreda a carón da estrada.

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

En vez de construír pistas innecesarias como a que abriron o mes pasado atravesando matos particulares, afectando a área de cautela dun xacemento arqueolóxico catalogado, e soterrando un antigo camiño de carro cun notable valor etnográfico, a Comunidade de Montes tería feito mellor en destinar eses cartos, ou unha mínima parte deles porque, canto custou esa pista? Calculen: un mes de traballo con maquinaria pesada máis mán de obra… Cantos miles de euros se fundiron nunha actuación que nin sequera conta con todos os permisos requeridos?

Con labores de consolidación co material oportuno -nada de terra procedente de desterres, con restos de obra e plásticos mesturados, como fixeron coa pista ‘supletoria’- evitaríase que a pista principal do Pituco quede completamente inservible e dificilmente transitable. E que aparezan restos ‘arqueolóxicos’ dos tempos modernos…

Efectos da cicloxénese Margit no Monte Pituco.

……………………………………

O que segue é un fragmento do escrito que se lle presentou á Comunidade de Montes de San Xulián en febreiro de 2011, destacando a necesidade de reparar urxentemente a pista forestal do Monte Pituco tralos danos sufridos no temporal do mes anterior.

Tres anos despois, seguimos agardando, malia ter reiterado a petición nas asembleas.

En próximas datas, ante a posibilidade de que se volva convocar unha nova asemblea xeral a finais de 2014, volverase reiterar esta mesma petición. Non será por cartos: os da Brilat… que o monte, segundo esta directiva, “non é rentable”…

Informe presentado en febreiro de 2011 á Comunidade de Montes de San Xulián, asinado polo presidente confirmando a recepción.

Informe presentado en febreiro de 2011 á Comunidade de Montes de San Xulián, asinado polo presidente confirmando a recepción.

Informe presentado en febreiro de 2011 á Comunidade de Montes de San Xulián, asinado polo presidente confirmando a recepción.

Informe presentado en febreiro de 2011 á Comunidade de Montes de San Xulián, asinado polo presidente confirmando a recepción.

 

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: