Publicado por: MontePituco | 24/09/2014

CARTAZ ARRINCADO EN SAN PEDRO (ACTUALIZADA)

Cartaz do BNG ocupando o sitio do anuncio da andaina, que foi arrincado.

Aínda era noite e a cámara non deu enfocado correctamente o panel informativo situado na barriada de San Pedro. Pódese apreciar, nembargantes, o feito que motiva esta queixa pública.

Certo partido político organiza unha asemblea co lema “Construíndo futuro” e anúnciaa cun cartaz de tamaño considerable que ocupa boa parte do taboleiro, no que estaba pegado un modesto folio A4 anunciando a “Andaina polo Monte Pituco no solpor” deste sábado.

A persoa ou persoas que colocaron o cartaz dese partido político decidiron ARRINCAR a convocatoria do roteiro e deixar o papel colgado para poñer o seu no sitio que ocupaba o outro.

Puideron movelo, porque había máis espazo libre no panel. Pero MOLÉSTALLES que se visibilice o Monte Pituco, que se organicen actividades para dar a coñecer a riqueza deste espazo natural e o seu patrimonio arqueolóxico e etnográfico; ou o que é o mesmo, están EN CONTRA da Cultura e en contra de quen lles DISCREPA.

Basta lembrar que na agrupación marinense deste partido político son INIMIGOS do Monte Pituco, son PRO-POLÍGONO, e que cando os seus responsables tiveron cargos no anterior goberno local chegaron a AMEAZAR con DESAFECTALO do Espazo Natural dos Montes do Morrazo para furtarlle un rango de protección que podía obstaculizar a súa catalogación como solo industrial.

Polo que á Asociación Monte Pituco respecta, poden seguir arrincando os nosos cartaces, que seguiremos repoñéndoos; utilizando o seu blogue para PROVOCAR a quen lles leva a contraria; espallando CONFUSIÓN nas redes sociais a través de páxinas creadas para manipular a cidadanía.

Señores/as do BNG de Marín, con esa actitude de ABUSO e de FALTA DE RESPECTO, de PREPOTENCIA e NOCTURNIDADE, non lograrán “construír futuro” ningún, senón seguir cavando no burato da decepción e do fracaso no que caeron nas pasadas eleccións municipais.

…………………………………..

Ao longo da xornada volveron arrincar o cartaz que se repuxera á primeira hora da mañá.

Pasadas as 22:00h comprobamos que o cartaz da andaina volvera desaparecer e que o cartelón do BNG fora movido de sitio.

Taboleiro informativo en San Pedro. Só quedaba o cartelón do BNG.

…E repuxemos unha vez máis o anuncio do roteiro polo Pituco.

Reposto o cartaz da andaina pasadas ás 22:00h do mércores.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: