Publicado por: MontePituco | 13/10/2014

MA-NI-PU-LA-CIÓN!

Faro, 12 de outubro de 2014.

“La preocupación de los vecinos de Marín por el futuro del puerto quedó de relieve en una reciente visita de un grupo de alumnos del IES Mestre Landín al Concello, en la que los chavales hicieron varias preguntas a la alcaldesa sobre la situación del recinto. Los alumnos manifestaron a la alcaldesa su preocupación por todo lo que se refiere a las sentencias que obligan a desmontar una parte importante del puerto”.

[Faro de Vigo, 12 de outubro de 2014]

A utilización mediática que -coa anuencia directa do Concello, por ceder as fotos e unha versión sesgada da visita- se está facendo do encontro entre a alcaldesa de Marín e un grupo de alumnos dun centro educativo, acadou o seu cénit este pasado domingo, coa nova publicada no Faro de Vigo. 

O enfoque que lle deu este xornal -claramente tendente aos intereses do porto e do propio Goberno municipal- é un exemplo evidente de manipulación informativa. Dáse a entender que os estudantes están preocupados polos prexuízos que se puideran derivar da hipotética execución da sentenza xudicial que ordea o derrubo dos recheos declarados ilegais polo Tribunal Supremo, cando o motivo da entrevista que lle solicitaron a María Ramallo era coñecer o impacto que tería a construcción no Monte Pituco do polígono industrial previsto no PXOM.

Cando nin o Concello nin a prensa afín teñen o máis mínimo reparo en utilizar un ‘simple’ traballo escolar e a imaxe duns menores para defenderse da Xustiza, reforzar deste xeito tan pouco profesional a actuación da Administración local ante esta crise, e a seguir insistindo na suposta legalidade da xestión realizada no recinto portuario, é porque xa calquera argumento lles vale, ou porque verdadeiramente están moi perdidos.

O pleno da Corporación celebrouse o venres. María Ramallo lanzou a moción ‘sorpresa’ da Alcaldía en defensa do porto e das empresas instaladas no recinto portuario. A moción colleu fóra de xogo os principais partidos da oposición, que non tiveron marxe de manobra e forzaron a suspensión do pleno durante uns minutos para poderen debatir, primeiro internamente e logo os portavoces municipais entre si. A moción aprobouse, co voto a regañadentes -non lles quedaba outra!- do PSOE e do BNG, que puxeron en evidencia o seu malestar pola ‘medalla’ que se colgaría a María Ramallo, insistíndolle moito en que a iniciativa tíñase que ‘vender’ como un logro colectivo da Corporación. Coa aprobación desta moción suspendeuse definitivamente o pleno, porque eran preto das 12 e media da madrugada, e xa non se trataron máis puntos nin había xornalistas na sala. A moción pro-porto foi noticia o sábado e recolleuse -que casualidade!- na edición dominical, a que tradicionalmente goza de maior difusión cidadá.

…E como o Lameira pasa por Marín, a edición local do Faro de Vigo non tivo mellor ocorrencia que ‘repescar’ a visita dos estudantes ao Concello -noticia que xa o Diario de Pontevedra dera dous días antes!- para (des)informar sobre súa “preocupación” pola delicada situación dos recheos portuarios.

Como se a moción da Corporación marinense en defensa do porto non tivese entidade abondo.

Fraco favor á política, fraco favor ao xornalismo de calidade.

Viva a terxiversación.

…Chim-pum!

Diario, 10 de outubro de 2012.

Parafraseando a Sra. Alcaldesa, nós tamén esperamos NON TER QUE VER NUNCA a construcción dun polígono industrial no Monte Pituco.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: