Publicado por: MontePituco | 11/07/2016

ASÍ FOI A RUTA POLA PROTECCIÓN DO MONTE DE SAN XULIÁN

No miradoiro do Pornedo, o 'balcón da ría'.

Unha andaina organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo -con apoio da Asociación Monte Pituco- reivindicou a protección dos montes da parroquia marinense de San Xulián, en especial contra a construcción dun polígono industrial no Monte Pornedo (ou Pituco) proxectado polo Concello de Marín e pola Xunta, e a prol da posta en valor dos conxuntos rupestres da Carrasca e de Champás para enlazar o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños co Lago de Castiñeiras.

Os participantes no roteiro, que partiu do adro da igrexa de San Xulián, percorreron un treito do rego de Castiñeiras e, logo de catro horas de ruta, puideron gozar do solpor dende o miradoiro do Pornedo, considerado un privilexiado ‘balcón da ría’ pola panorámica que ofrece, coa illa de Tambo en frente e o arquipélago de Ons no horizonte.

Tamén houbo paradas en diversos puntos de interese etnográfico, natural e patrimonial: a fonte e as proximidades do nacemento do rego da Grela, ademais de diversas estacións dos conxuntos rupestres da Carrasca, Champás, Sete Camiños e Pornedo datados na Idade do Bronce, que presentan numerosas representacións de arte rupestre, como cazoletas, figuras zoomorfas, círculos concéntricos, espirais e armas.

Tamén destacou a presenza, ao longo do camiño, de diversos gravados modernos realizados polo marinense José Meijón no pasado século XX.

As explicacións foron a cargo de Cándido Martínez, da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e do colectivo Luita Verde, e de Paulo Troitiño, do Grupo Micolóxico-Naturalista Liboreiro e experto en fauna, flora e arte rupestre do Morrazo. Entre os asistentes tamén se atopaban representantes da Federación Ecoloxista Galega, que na súa última asemblea anual celebrada en Pontevedra o pasado mes de marzo, aprobou apoiar a causa da Asociación Monte Pituco pola protección e conservación deste Espazo Natural dos Montes do Morrazo, ameazado polo proxecto de construcción dunha área industrial.

Con esta andaina polos montes de San Xulián, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo puxo fin a esta tempada de roteiros pola bisbarra, que se retomarán á volta do verán.

Igrexa de San Xulián de Marín

Igrexa de San Xulián de Marín, do século XVI

Igrexa de San Xulián de Marín

Participantes na ruta organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Primeira parada na fonte da Grela

Primeira parada na fonte da Grela

Vista do Monte Pituco dende A Grela

Vista do Monte Pituco dende a fonte da Grela

Subida hacia o rego de Castiñeiras

Cardos no camiño ao rego de Castiñeiras

‘Dipsacus follonum’, cardencha

Percorrido polo rego de Castiñeiras

Rego de Castiñeiras

Percorrido polo rego de Castiñeiras

Percorrido polo rego de Castiñeiras

Percorrido polo rego de Castiñeiras

Percorrido polo rego de Castiñeiras

Fento real no rego de Castiñeiras

‘Osmunda regalis’, dentabrú, fento real

Percorrido polo rego de Castiñeiras

Conxunto rupestre de Champás nº3

Conxunto rupestre de Champás nº3

Conxunto rupestre de Champás nº3

Conxunto rupestre de Champás nº3

Conxunto rupestre de Champás nº3

Conxunto rupestre de Champás nº3. Foto, posiblemente, de Carlos Paratcha, anos 50.

Conxunto rupestre de Champás nº3 (Foto dos anos 50, posiblemente de Carlos Paratcha)

Conxunto rupestre de Champás

Conxunto rupestre de Champás nº2

Conxunto rupestre de Champás nº2

Conxunto rupestre de Champás nº2

Conxunto rupestre de Champás nº1, "Silla de Champás".

Conxunto rupestre de Champás nº1, coñecido como ‘silla de Champás’

Conxunto rupestre de Champás nº1, "Silla de Champás"

Conxunto rupestre de Champás nº1, coñecido como ‘silla de Champás’

Erica ciliaris, exemplar hipocromatico

‘Erica ciliaris’, exemplar hipocromático

Conxunto rupestre da Carrasca nº5

Conxunto rupestre da Carrasca nº5, alterado con gravados modernos de José Meijón

Conxunto rupestre da Carrasca nº4

Conxunto rupestre da Carrasca nº4

Conxunto rupestre da Carrasca nº3

Conxunto rupestre da Carrasca nº3

Conxunto rupestre da Carrasca nº3

Conxunto rupestre da Carrasca nº3

Conxunto rupestre da Carrasca nº3

Conxunto rupestre da Carrasca nº3

Complexo rupestre da Carrasca nº1.

Conxunto rupestre da Carrasca nº1, outro dos ‘santuarios’ da arte rupestre en San Xulián, a parroquia marinense con maior densidade de arte rupestre

Conxunto rupestre da Carrasca nº1

Conxunto rupestre da Carrasca nº1

Conxunto rupestre da Carrasca nº1

Conxunto rupestre da Carrasca nº1

Conxunto rupestre da Carrasca nº1

Conxunto rupestre da Carrasca nº1

Pausa no rego da Grela

Parada nas proximidades do nacemento do rego da Grela

Petroglifos de Sete Camiños

Petroglifos de Sete Camiños

Hacia o alto do Pornedo

Hacia o alto do Pornedo.

Hacia o miradoiro do Pornedo

Alto do Pornedo

Hacia o miradoiro do Pornedo.

Conxunto rupestre do Pornedo nº1

Conxunto rupestre do Pornedo nº1

Petroglifos de Pornedo, por Carlos Paratcha (anos 50).

Conxunto rupestre do Pornedo nº1 (Foto dos anos 50, probablemente tomada por Carlos Paratcha)

Miradoiro do Pornedo.

Miradoiro do Pornedo, o ‘balcón da ría’

No miradoiro do Pornedo, o 'balcón da ría'.

Miradoiro do Pornedo, o 'balcón da ría'.

Miradoiro do Pornedo, o 'balcón da ría'.

Ruta polos montes de San Xulián (plano, Paulo Troitiño)

(Plano elaborado por Paulo Troitiño)

…Participa na campaña ‘Amig@s do balcón da ría’…

Amig@s do 'Balcón da ría'.

 

Publicado por: MontePituco | 05/07/2016

PREPARANDO AS SENDAS DO ROTEIRO POLOS MONTES DE SAN XULIÁN

Acondicionamento das sendas para o roteiro do 9 de xullo polos montes de San Xulián.

De xeito voluntario e altruista. Pensando na comodidade das persoas que acudan este sábado 9 de xullo ao roteiro polo monte de San Xulián que organiza a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo. Recuperando antigos camiños que, ao quedar en desudo, foron ocupados pola vexetación. E sobre todo, actuando de forma indirecta na prevención dos temidos lumes forestais. 

Todo isto, coa ‘simple’ axuda duns fouciños e duns angazos, sen ningún tipo de soporte mecánico. Cero risco de incendio. Compromiso 100% co coidado do monte e coa súa promoción entre a veciñanza.

Esta semana estase traballando no acondicionamento de determinados treitos do roteiro que, partindo ás 18:00 horas dende o adro da igrexa parroquial de San Xulián, percorrerá o rego de Castiñeiras, os conxuntos rupestres de Champás, A Carrasca, Sete Camiños e Pornedo, con parada obrigada no miradoiro do Pornedo, o ‘balcón da ría’, para gozar un momento do solpor e, dende aí, retornar ao punto de partida a través dos sendeiros que cruzan O Caeiro, A Bouza e A Grela.

Retírase sobre todo, fentos, toxo e silvas que entorpecen o tránsito a pé. Confiamos en que resulte unha actuación duradeira e que despois desta andaina algúns dos seus participantes se animen a repetila.

[Agradecementos: Pichi Martínez, da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, e Paulo Troitiño, da Agrupación Micolóxico-Naturalista Liboreiro]

Acondicionamento das sendas para o roteiro do 9 de xullo polos montes de San Xulián.

Acondicionamento das sendas para o roteiro do 9 de xullo polos montes de San Xulián.

Petroglifos zoomorfos de Sete Camiños

Acondicionamento das sendas para o roteiro do 9 de xullo polos montes de San Xulián.

Conxunto rupestre do Pornedo, que consta de trazos abstractos con forma circular e de armas

Publicado por: MontePituco | 04/07/2016

COMO ESTÁN AS CUNETAS!

Cuneta entre A Bouza e O Caeiro

É un asunto recorrente cada vez que chega o bo tempo, e reiteradamente ‘denunciado’ nesta bitácora.

A vexetación tapa xa a sinalización horizontal na cuneta da estrada de San Xulián (EP0019) entre A Bouza e O Caeiro, cun trazado cheo de curvas. A situación de inseguridade á que se expoñen os peóns é notoria nun vial cuxo mantemento depende da Deputación de Pontevedra, aínda que o Goberno local de Marín non debería mirar para outro lado e eximirse de responsabilidade nun asunto que afecta o benestar dos veciños e veciñas.

Especialmente nun momento no que o persoal do Parque de Maquinaria da Administración provincial está en pleno conflicto laboral, o Concello -cos medios municipais- debería chegar solidariamente aló onde as competencias administrativas queden ‘comprometidas’.

Certamente, a vexetación medrou con forza nas últimas semanas a consecuencia da humidade e das altas temperaturas. En efecto, son moitos os quilómetros de estrada que requiren de limpeza e de mantemento. Se cadra cómpre darlle unha marxe de tempo aos responsables políticos para que prioricen as moitas actuacións que cómpre acometer en tantos puntos da nosa localidade. 

Pero un concello como Marín con tantas parroquias rurais ten que prever este tipo de situacións, estar atento ás necesidades da cidadanía e, en consecuencia, mover máquinas e brigadas de operarios. Non pode ser que os habitantes destes núcleos de poboación -algúns de idade avanzada, cunha mobilidade e cunha capacidade de reacción mermada- teñan que xogarse o físico nos seus desprazamentos. Sobre todo nunha estrada na que hai moitísimo tempo que non se renova o asfalto, onde as raias que delimitan os carrís de circulación son inexistentes, e onde as velocidades que acadan algúns condutores superan con creces os límites establecidos.

Fronte a isto, un pouco máis arriba do lugar de A Pena e xusto no límite co concello de Pontevedra, no cruce co Regueiriño e onde comeza a pista forestal de acceso ao Monte Pituco, atopamos unha actuación surrealista da empresa encargada da reposición dos bens afectados polas obras de instalación da rede de abastecemento de auga de ACUAES. No medio e medio dunha estrada con asfalto vello, sen adherencia e sen pintura, atopamos un chamativo ‘parche’ de chapapote ‘decorado’ con media ducia de raias brancas. 

Cruce do Regueiriño, entre Marín e Pontevedra.

…Nuns sitios tanto, e noutros, tan pouco!

Publicado por: MontePituco | 02/07/2016

MÁIS RÍOS DE TINTA SOBRE O SOLO EMPRESARIAL

Sermos Galiza, 30 xuño 2016

“O Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia de 2014 indica que a superficie bruta de solo urbanizado en Galicia supera as 5.400 hectáreas, situándose a superficie neta en torno ás 3.450 hectáreas”.

“Cabe preguntarse se o modelo de desenvolvemento de solo empresarial é o adecuado e se a oferta de solo resposta ás necesidades REAIS das empresas en termos de localización, tamaño, dispoñibilidade de infraestruturas de calidade, especialización, prezo…”

[Sermos Galiza, 30 de xuño de 2016]

 

Publicado por: MontePituco | 01/07/2016

ABANDONO DE ANIMAIS: SIMPLEMENTE, IMPERDOABLE!

Faro, 30 xuño 2016

“Abandonan un asno en un monte de Figueirido con una pata fracturada”

 

Lemos arrepiados que o propietario/a dun burro ‘tirouno’ -como quen se desfai duns zapatos vellos- no monte de Figueirido porque o animal rompera unha pata; xa non lle resultaba útil e por riba custáballe cartos curalo.

Lemos con incredulidade que os axentes do Seprona que acudiron ata alí, alertados polo veciño que o atopou casualmente mentres paseaba cos cans, o “único” que puideron facer polo asno foi cubrilo cunhas pólas e darlle de beber, sen preocuparse de mobilizar outros medios que procederan á retirada do animal ata un centro veterinario ou ata un lugar provisional onde recibira atención sanitaria previa ao seu traslado ao lugar que marquen os protocolos oportunos.

A propia Asociación Andrea, con instalacións en Allariz, que se dedica ás terapias asistidas con animais e que fai o encomiable labor de recoller asnos en situación de desprotección para rehabilitalos e darlles unha vida digna, interesouse por este caso.

Lamentablemente, esta historia non ten final feliz. As lesións que presentaba o burriño motivaron finalmente o seu sacrificio. Entidades de protección e defensa dos animais como Os Palleiros apelan agora á colaboración veciñal para que se acheguen datos que permitan identificar a persoa ou persoas que, coa súa insensibilidade, irresponsabilidade, incivismo e inhumanidade, permitiron que este animal tivera unha morte tan cruel e desasistida, seguramente despois de ter estado traballando arreo durante anos nas tarefas agrícolas da casa onde non tiveron a decencia de coidalo ata o fin dos seus días, en premio e agradecemento polos seus ‘servizos’.

Sermos, 30 de xuño 2016

“As persoas que traballan nos refuxios coinciden en situar a raíz do problema na falta de concienciación sobre o coidados dos animais e na ausencia dunha lexislación axeitada, mesmo na non aplicación da existente. “O abandono existe porque hai xente que non ten conciencia ningunha de que un animal é un ser vivo; para eles é un simple animal, sen máis”, asegura Estefanía Rodríguez, unha das fundadoras de Asociación Peludos Sen Fogar”.

“Con 600 cans nas súas instalacións, o CAAN está a día de hoxe ao límite da súa capacidade”.

[Sermos Galiza, 30 de xuño de 2016]

O abandono de animais é unha lacra absolutamente vergoñenta da nosa pseudo-avanzada sociedade. As protectoras de animais están saturadas e superadas pola constante e galopante aparición de cans vagando sós por rúas, estradas, camiños; cans de caza ceibados á súa sorte cada vez que remata a tempada de pegar tiros polo monte; camadas enteiras de cachorros abandonados en caixas ou en sacos depositados mesmo nos contenedores; mascotas encerradas e atadas en condicións extremadamente precarias ata a extenuación; cando non situacións tan surrealistas como as rexistradas nas cámaras de seguridade dalgún refuxio cercano ao que dan en chegar os propietarios para desfacerse dos animais guindándoos por riba do valado ou atándoos ao portal e marchando apresuradamente.

Cómpre moita educación nas familias e nas escolas, control rigoroso da tenza de animais vía centros veterinarios ou servizos da Administración; a través da posta en marcha de censos ou rexistros de animais e propietarios; e por que non, medidas para incentivar as persoas que adoptan ou acollen temporalmente mascotas para aliviar a presión sobre as asociacións protectoras, que pasan moitos apuros pola falta de medios económicos, materiais e de incapacidade das instalacións que ocupan; obstáculos que van solventando a base de doazóns, colaboracións desinteresadas de particulares ou profesionais, e de imaxinación para iren captando os recursos e a financiación necesarios para seguir prestando o seu labor altruista.

O caso de Roque é tan só un dos centos que hai na nosa contorna, de milleiros de vítimas no conxunto da nosa comunidade: só na rúa, famento, sucio e cheo de parásitos. Agora, nunha casa de acollida, goza dunha vida mellor pero buscan para el un fogar definitivo onde lle dean a oportunidade de ser feliz e de facer felices aos que o rodeen. Moita sorte, Roquiño!

Roque busca fogar

 

Publicado por: MontePituco | 30/06/2016

FLORA DO LITORAL, POR GASPAR BERNÁRDEZ

Charla de Gaspar Bernárdez

No Museo Torres de Marín, esta tarde de xoves ás 20:30 horas.

Gaspar Bernárdez é enxeñeiro forestal e do medio natural, ademais de promotor do proxecto de creación dun parque botánico no Lago de Castiñeiras, unha iniciativa na que asesora e colabora coas comunidades de montes veciñais de San Xulián e de San Tomé en Marín, e de Vilaboa e Santa Cristina, no concello veciño. Traballa en diversos eidos da flora vencellada ao Parque Nacional das Illas Atlánticas, ás árbores monumentais de Galicia, as plantas exóticas e invasoras, así como da educación ambiental. Ten publicado artigos científicos e obras divulgativas desta temática.

Publicado por: MontePituco | 29/06/2016

RECINTO BIOSAUDABLE (E CON VISTAS) NO CASAL

20160625_175123

Se hai uns días dabamos conta e aplaudiamos o adecentamento da arboreda a carón do Monte Pituco, tralos traballos de desbroce e control da vexetación encargados pola Comunidade de Montes de San Xulián, que lle devolven a este espazo a súa utilidade como merendeiro e área de descanso, có mpre destacar que nos arredores do Pituco hai outro enclave de interese para a veciñanza da contorna.

Trátase do recinto -dos denominados comunmente como ‘biosaudables’- situado a carón da pista de acceso ao Casal, A Laxe e Arealonga, onde se instalaron aparellos para o exercicio físico. Delimitado por un valado de madeira, no seu interior hai bancos e varios elementos de ximnasia: entre eles o coñecido como ‘timón’, para fortalecer a musculatura e as articulacións dos ombros; outro do estilo dunha bici estática para pedalear e exercitar os xeonllos; unha máquina que imita os movementos da práctica do esquí que favorece a axilidade da cadeira, da columna e a musculatura lumbar e abdominal…

Un pequeno ximnasio ao aire libre, coa vantaxe de practicar deporte gozando ao mesmo tempo das vistas da ría, mais coa desvantaxe da falta de sombra e do risco de insolación e queimaduras solares nas horas centrais do día.

En cambio, nas primeiras horas da mañá e nas últimas da tarde é un sitio moi recomendable para dedicar un momento a tonificar o corpo, estimular a flexibilidade e mellorar a mobilidade.

Este equipamento foi financiado -a través da Xunta e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente- con fondos europeos Feader, co curioso epígrafe “Mellora dos espazos adicados á infancia no rural”, malia que o público destinatario destes trebellos non son tanto nenos e nenas -máis afeccionados nesas idades aos tobogáns e os columpios- senón as persoas adultas e mesmo maiores de 60 anos. 

Espazo biosaudable no Casal

Publicado por: MontePituco | 28/06/2016

RECOLLIDA DE SINATURAS: RÚA XAN MONTENEGRO

Recollida de sinaturas: Xan Montenegro

“…O noso veciño Xan foi, en vida, unha persoa que sempre se entregou na defensa das causas colectivas en xeral, e en particular nas da nosa parroquia. Sempre estivo traballando ao noso carón para buscar solucións aos diversos problemas que nos afectaban, e nunca dubidou en dedicarlle todo o tempo que fose preciso para tratar de resolver a diversa problemática que ía xurdindo no día a día: dende a defensa dos petróglifos ata a petición dun saneamento ou dun punto de luz, alí estaba el buscando remedio. Pero se nalgo se singularizou a súa actuación veciñal foi, sen dúbida, no traballo de conquerir que as beirarrúas da rúa para a que solicitamos o seu nome fosen unha realidade; traballo que ao final tivo os seus froitos…”

Con estes argumentos, a Asociación de Veciños de San Xulián diríxese ao Pleno da Corporación Local de Marín para solicitar que a estrada PO-313 -dende Coirados ata a Casa de Cultura de San Xulián- leve o nome de Xan Montenegro.

…E por que non, cabería engadir, toda a estrada ata o enlace da Variante de Marín, para que tamén a veciñanza da Grela, da Bouza, da Pena e do Caeiro poidamos levar a mesma denominación nos seus enderezos postais. Sería un orgullo e un xeito de recoñecer o labor altruista e incansable de Xan a prol da parroquia.

As persoas que desexen asinar poden atopar exemplares deste escrito no Ateneo Santa Cecilia de Marín e na Casa da Cultura de Seixo. Tamén se poden dirixir á propia Asociación de Veciños de San Xulián, como promotora da iniciativa.

 

Publicado por: MontePituco | 27/06/2016

A XÁM MONTENEGRO, POR AUGUSTO FONTÁM

* Reproducimos o [anti]poema creado polo artista multidisciplinar Augusto Fontam para Xan Montenegro, do que se vén de celebrar o seu quinto cabodano. Moitas grazas.

 

A  XÁM  MONTENEGRO

Foi livre,

rebelde . . . .

e  é  MENTIRA que fique  morto

A Xám Montenegro, por Augusto Fontam

LEMBRO O DÍA …

 

QUE AO CRUZAR-NOS

PARA INVENTAR-NOS

COMO IRMÁNS

DUMA  MESMA CAUSA. . . . .

 

SAÚDAMO-NOS

PARA  COMPARTER 

OS BERROS E REIVINDICAÇONS

D@S HOMILDAD@S…..

 

CONTRA DOS PODERES,

que expremem

a  classe de nós….

@s operari@s

 

E

MILITANTEMENTE

ENTENDER-MOS

CAMARADA DO SILÊNCIO ….

 

POR AQUELA ALTURA……

 

… A  CULTURA GALEGA…..

 

COMO  UMA     ARMA………..

E PODEROSA FERRAMENTA

 

NESTA

NOSSA

LENTA

 

PATRIA   …. DE MULHERS

E HOMENS

ERGUEIT@S. . . . . .

polo loito

traspasad@S

 

TERRA

ONDEM O MEU CORAÇOM

HOJE . . . . .

NÂO CALA

 

P E N E T R A D @  S  !!!

 

TUDOS TIVEMOS

UM  MORTO….

AMIGO

 

QUE  JÁ NÂO VIAXA

AO  MEU  CAROM,

HOJE  NO TROLE

 

MÁS

PROCURO POR EL. . . . .

 

MENTRES TUDO MUDA

NESTA PATRIA

ANGOSTA

 

DE   FRATERNIDADE

CONSTANTE

NOS ABRAÇOS VERDADEIROS

AZUL  CELESTE

DAS SARDINHAS

PEQUENHAS…

 

AO ALBOR

DO PAM  ,  AS  BANDEIRAS . . . . .

E DE CINCO PONTAS

AS ESTRELAS

 

A G O R A …

 

QUE COM OS  NOSSOS

IDEAIS

VERMELHOS….

IRMÁM . . . . .

 

ANDIVEM

DENDE    PONTE VEDRA  A  MARÍM,

E PASEI POLO SARTÁM

EM LOURIÇÁM

 

CAMINHO

DISSE  RECÓNDITO

RINCÓM

EM SAM XULIÁM

 

PARA DEIXAR

CIMA DA TÚA LÁPIDA…..

AS  PALAVRAS

DISTE ANTIPOEMA :

 

                            PARA UM FUTURO….DE ESPERANZA

 

“JÁ NÂO PODERÁM….  OS MONOPOLIOS,

OS XIAGHOS, NEM OS BURÓCRATAS

MERCAR. . . .

O TEU CORPO !!!  “

 

TUDOS TIVEMOS

BEIJOS, LUITAS JUSTAS,

ABRAÇOS VERDADEIROS

E BÁGOAS

 

MÁIS

SÓ … ALGÚNS

COMPARTEMOS , TEMOS E TEREMOS

UMA MESMA…

CAUSA

 

E UMA MESMA 

REPÚBLICANA

BANDEIRA GALEGA

 

INDEPENDÊNCIA

TEIMA

QUE NUNCA

MORRE

 

QUANDO

TUD@S

NA TUA COMPANHA

POR  ELA….

E POLOS TEUS….

QUE SÓM …OS NOSSOS

SONHOS !!!

 

L U I T A M O S  !!!!

 

VIVA GALIZA CEIVE !!!

 

O  SARTÁM – LOURIÇÁM

PONTE  VEDRA

27  DE  JUNHO 2016

85ª ANIVERSARIO DA PROCLAMAÇOM  DA 1ª  REPÚBLICA  GALEGA

Publicado por: MontePituco | 23/06/2016

DOCUMENTAL DE VAIPOLORÍO POLO SAN XOÁN

Actividades de Vaipolorío por San Xoán

 

Publicado por: MontePituco | 22/06/2016

9 DE XULLO, ROTEIRO POLOS MONTES DE SAN XULIÁN ATA O PORNEDO

Roteiro pola protección dos montes de San Xián (Plataforma Montes do Morrazo).

Dende a Asociación MONTE PITUCO sumámonos á difusión da próxima andaina organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo que, na súa última actividade desta tempada, achégase ata os montes da nosa parroquia de San Xulián para demandar a súa protección, reivindicar a conexión do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños co Lago de Castiñeiras a través dos conxuntos rupestres catalogados da Carrasca e Champás, e alertar contra a irreversible desfeita que causaría a construcción dun polígono industrial no Monte Pituco, tal e como aprobaron o Concello de Marín e a Xunta.

No artigo titulado “O que veremos na ruta do 9 de xullo por San Xulián” hai unha ampla galería de imaxes dalgúns espazos que se visitarán, así como dos principais elementos que se poderán coñecer, da fauna e da flora da contorna.

 

ROTEIRO POLA PROTECCIÓN DOS MONTES DE SAN XIÁN

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza o sábado 9 de xullo un roteiro para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural dos montes da parroquia de San Xián (Marín), tamén coñecida como “Marín de arriba”, situados en solo rústico de especial protección de espazos naturais dentro do espazo natural dos Montes do Morrazo, recollido nas Normas Subsidiarias e Complementarias de Planeamento da provincia de Pontevedra.

O roteiro será circular e sairá ás 18 h. do Igrexario de San Xián para chegar ás 22 h. ao mesmo lugar.

O percorrido, duns 8 kilómetros, transcorrerá por viais rurais, camiños de pé, corredoiras, pista forestal e o GR-59 da Ecorrota do Morrazo polos lugares de Igrexario, rego de Castiñeiras, Champás, A Carrasca, rego da Agrela, monte e alto do Pornedo, Pena e Caeiro, A Agrela e Igrexario.

Para se achegar ao punto de saída hai que acceder pola estrada EP-0019 Marín-Figueirido, estando o acceso final no desvío da estrada en fronte da Casa da Cultura de San Xián.

Recomendamos que, de se achegar en vehículo privado, por ética e polas limitacións do aparcamento, as persoas que asistiren utilicen a capacidade máxima do seu vehículo compartíndoo con outras persoas. Recomendamos tamén traer roupa e calzado apropiados para practicar sendeirismo.

O roteiro celebrarase, desta volta, un sábado pola tarde para aproveitar a posición do sol, antes do solpor, e ver con maior facilidade os gravados rupestres dos complexos prehistóricos de petróglifos de Champás, A Carrasca e Pornedo, aproveitando a franxa horaria diurna en que comeza a decrecer o efecto térmico solar, atenuado á súa vez pola presenza de arborado en grande parte do percorrido e a humidade ambiental resultante da área de ribeira da conca dos regos de Castiñeiras e da Agrela. Ao saír ás 18h garántese tamén o poder gozar -perto do final do percorrido- do solpor desde o alto do Pornedo, cunhas amplas e espectaculares vistas sobre a ría.

Os puntos de maior interese que se visitarán neste roteiro son:

-A igrexa de San Xián dos Encoirados, da Idade Moderna, cunha mestura arquitectónica de estilo renacentista e barroco dos séculos XVI e XVIII.

-A área de ribeira dos regos de Castiñeiras, da Agrela e do Pornedo, pertencentes á conca do rego Lameira. Con senllos nacementos na contorna natural das brañas da Lagoa de Castiñeiras e en Chan da Lagoa, dentro tamén dos montes da parroquia, e con embocadura cara á ría, no centro urbano da vila, conforman uns ecosistemas ribeiráns con superficie arborada e brañas de grande importancia ambiental pola súa humidificación e biodiversidade florística e faunística, parte dela endémica, vulnerábel e de interese prioritario a nivel europeo.

Tamén porque estes leitos fluviais fornecen da auga necesaria para o regadío e a fertilidade das áreas de cultivo nos vales que conforman o núcleo rural da parroquia de San Xián, e están relacionados así mesmo coa existencia -a nivel etnográfico- de muíños hidráulicos, fontes e lavadoiros, dos que se visitarán algúns exemplos en partes do percorrido.

-Destacan os complexos rupestres de Champás, A Carrasca e Pornedo, xunto co petróglifo dos Sete Camiños, que suman unha ducia de estacións con gravados na rocha ao aire libre e de distinta tipoloxía -espirais, circos concéntricos, cazoletas, coviñas, zoomorfos, armas-, adscritos culturalmente á Idade do Bronce e datados cronoloxicamente arredor de 4.000 anos de antigüidade.

Malia estaren todos integrados dentro do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, os complexos rupestres de Champás e A Carrasca adoecen na realidade da sinalización e posta en valor ambiental e cultural correspondente e necesaria, non só pola súa importancia patrimonial, senón porque, pola súa situación xeográfica, fan de corredor e nexo de unión co conxunto patrimonial e arqueolóxico de Chan de Castiñeiras e, á súa vez, enlazan coa ruta das mámoas do Morrazo por Chan de Armada ata Chan de Arquiña, no que entedemos e reivindicamos como unha única unidade ambiental e arqueolóxica. Por iso, a Plataforma dos Montes do Morrazo anima a Comunidade de Montes Veciñais de San Xián a manter e cumprir o seu compromiso de ampliar o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños por esta senda.

-Alén disto, ao carón ou na contorna destes gravados prehistóricos, pódense atopar outros petróglifos máis modernos e singulares que o veciño de Marín José Meijón realizou ao longo do século pasado.

O Monte Pornedo, tamén coñecido como Pituco, é unha área de monte baixo de relevante importancia paisaxística, natural e cultural. Entre plantación mixta de piñeiros e frondosas atopamos tamén breixeiras secas e vexetación pioneira de interese comunitario a nivel europeo, xunto con especies de fauna vertebrada e invertebrada de interese, e mesmo prioritario.

Desde as partes máis altas deste espazo pódese gozar dunhas extraordinarias vistas panorámicas, desde Cabo Udra ata Punta Faxilda coas Illas Ons ao fondo, da entrada da ría de Pontevedra, sendo considerado -cos seus 245 metros de máxima altitude sobre o nivel do mar- un auténtico balcón sobre a vila de Marín e fronte á Illa de Tambo.

Cómpre salientar tamén a importancia social e económica -a nivel agroforestal- deste espazo para a veciñanza, pois neste desenvólvense actividades tradicionais relacionadas coa roza e coa silvicultura.

As principais afeccións ata a actualidade dos montes da parroquia de San Xián foron a eucaliptización, a invasión da acacia de madeira negra, a instalación das torretas e cableado áereo de alta tensión da liña Subestación Lourizán-Cangas, a construción da estrada VG4.4 ou variante de Marín, e a canalización da auga potábel desde o río Lérez.

As principais ameazas de cara ao futuro son o proxecto de construcción dun polígono industrial no monte Pornedo que, cunha superficie de 332.000 m2, aprobou definitivamente o concello de Marín no seu PXOM e que foi integrado pola Xunta de Galicia no seu Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais a nivel autonómico.

Outras ameazas futuras son o posible desdobramento da variante de Marín en autovía, e a proposta alternativa de aeroxeradores nos altos da Encavada, Graña e Castiñeiras, dentro da Área de Desenvolvemento Eólica do Morrazo, ordenada pola propia Xunta.

Ao entender da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e doutros colectivos, a protección de solo rústico coa que conta este espazo e outros de interese na península morracense é insuficiente e, por esa razón, esta Plataforma solicitoulle á Xunta -en marzo de 2012- a ampliación da Rede Natura cara a un novo LIC a nome de “Montes e Carballeiras do Morrazo” que, pola súa importancia natural e como corredor ecolóxico, recollera os espazos naturais dos Montes do Morrazo e do Carballal de Coiro, máis outros ampliables. Esta ampliación abranguería tamén os montes da parroquia marinense de San Xián, ao formar parte estes do espazo natural dos Montes do Morrazo.

Outras figuras de protección ambiental a ter en conta a nivel local serían a declaración de Espazo Natural de Interese Local por parte do Concello de Marín ou Espazo Privado de Interese Natural por parte da Comunidade de Montes Veciñais de San Xián.

Asemblea Propietarios de Monte Privado do Morrazo

O 28 de xuño de 2015 celebrouse a asemblea constituínte da Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo, coa asistencia de 76 persoas. Case un ano despois, esta entidade reuniu os seus socios e socias na Casa da Cultura de Ardán para facer balance da xestión realizada nese tempo, na que sobresae  a noticia da legalización da asociación, o pasado 14 de marzo. 

O presidente, Luciano Guimeráns, volveu referirse aos lastres que arrastran os nosos montes: abandono e desinterese dos propietarios, baixos prezos da madeira, descofianza da veciñanza para colaborar en iniciativas de mellora, falta de compromiso por parte da Administración… Sen embargo, “un monte ben ordenado e coidado pode xerar emprego e dende o punto de vista medioambiental redunda la diminución dos incendios”, destacou.

Trala aprobación das contas e a ratificación da actual xunta directiva, á que se incorporaron dous novos vogais, detallouse o plan de actuación ata xullo de 2017:

Un dos principais retos que se propón a Asociación é pescudar nas vías necesarias para que se vaia superando a situación do minifundio, tan arraigada na cultura galega polas circunstancias socioeconómicas dun recente pasado histórico cheo de dificultades para que as familias do rural puideran saír adiante; unha situación superada que xa non é operativa no presente e que cómpre revertir para adecuar as dimensións das parcelas ás novas necesidades da produción e do mercado. Non é doado: “Para solicitar a concentración parcelaria no monte hai que reunir a moitos propietarios que estean de acordo”, advertiu a directiva.

Para ir dando pasos nesa dirección, a Asociación ten previsto organizar unhas xornadas informativas cara ao mes de novembro, coa participación de expertos das Universidades e doutros profesionais competentes que acheguen propostas sobre vías de explotación do monte ou experiencias exitosas que se estean desenvolvendo neste momento noutros lugares.

Unha das iniciativas máis interesantes ten que ver coa realización de visitas ao monte para coñecer, ao pé do terreo, cal é a situación das parcelas, tratar de aclarar dúbidas sobre os lindes e facer unha toma de contacto máis práctica que teórica nas futuras accións da Asociación. Estas visitas iranse programando por zonas e daráselles publicidade para que acuda o maior número de propietarios e veciños, especialmente aqueles máis familiarizados co medio, para que axuden a identificar marcos, toponimia e todo canto sexa útil para afondar no coñecemento colectivo do monte.

No próximo mes de marzo, arredor do Día dos Bosques, tamén se vai convocar unha xornada de confraternización dos asociados, que se celebrará no monte. Ademais, a entidade aspira a dotarse dun local onde poidan estar expostos os planos dos polígonos nos que se atopan as ‘tomadas’ ou ‘cachadas’, nos concellos de Marín e Bueu, especialmente. 

“Este ten que ser o ano da consolidación e da expansión da Asociación”, apuntaron dende a directiva, que pretende acadar 100 novas altas de socios, sumándoas aos 87 actuais.

Contan co compromiso por parte dos concellos de Marín e de Bueu para optar a algunha axuda na posta en marcha das actividades previstas. A única das entrevistas solicitadas que fallou foi a solicitada ao xerente do Catastro, a quen lle van reiterar a petición. Para a Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo é importante conseguir o respaldo das Administracións e ter acceso ao asesoramento dos servizos xurídicos dos entes públicos para esclarecer as numerosas dúbidas que xorden en relación aos complexos procesos de concentración e de permuta de parcelas, que en moi poucos casos se resolveron con éxito. O camiño está salpicado de procesos fallidos e fracasados, polo que cómpre avanzar coa maior firmeza e seguridade.

Hai máis de 20.000 propietarios de monte privado no Morrazo e máis de 50.000 parcelas; números que marean e dan unha idea da enorme complexidade do reto que ten por diante a Asociación. Mais paga a pena apoiar e colaborar coa causa, sempre no beneficio dos nosos montes, da súa explotación racional e sustentable, que é tanto como dicir en beneficio da nosa sociedade, do medio ambiente e do futuro da nosa terra. 

Diario, 17 xuño 2016

Publicado por: MontePituco | 20/06/2016

5º CABODANO DE XAN MONTENEGRO

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Chega a homenaxe a Xan Montenegro en vésperas do comezo do verán, no tempo das cereixas. O monumento erixido na súa memoria rodéase de agarimo, arroupámolo con palabras e acordes sonoros. E testemuña deste acto de recoñecemento e de memoria, a silueta do Monte Pornedo debúxase no horizonte. O balcón da ría engalánase tamén con sombreiro para honrar o seu veciño e defensor máis querido.

Máis de 70 persoas reuníronse neste encontro afectuoso, que tamén serviu para escenificar a campaña de recollida de sinaturas a prol de que se lle poña o nome de Xan Montenegro á estrada de San Xulián, que el contribuiu -de xeito intenso e decisivo, diante das Administracións- a humanizar, coa construcción dunhas beirarrúas polas que a veciñanza poida camiñar máis segura. No domicilio familiar de Xan Montenegro, na Casa da Cultura de Seixo e no Ateneo Santa Cecilia de Marín atópanse tamén copias destes impresos para que quen o desexe poida sumarse a esta iniciativa. Unha iniciativa que tamén tomará forma de moción ao Pleno do Concello, para que se debata nunha próxima sesión da Corporación Municipal de Marín.

Julio Santos Pena comezou este acto de 5º cabodano trazando unha semblanza vital e profesional de Xan, do seu compromiso político, social e cultural. Coherencia e xenerosidade marcaron a súa existencia, lembrou despois Mari Carmen Santos na súa intervención. E canda eles, outras persoas tamén achegaron o seu gran de area; algunhas tan achegadas a Xan como Xosé Vilas ou a súa curmá Esther.

Versos de Manuel María, de Celso Emilio Ferreiro… a música vibrante de Tati & Lía, a gaita solemne de Felipe Rea interpretando o himno galego… Literatura, música e cultura no recordo, na admiración e no recoñecemento para unha figura fundamental na historia recente da nosa parroquia, do noso concello, da nosa bisbarra; único e irrepetible en Galicia e no mundo enteiro.

…Unha vida de novela que ogallá poidamos ver escrita algún día, non moi lonxano.

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Homenaxe a Xan Montenegro: 5º cabodano (2016).

Diario, 15 xuño 2016

Publicado por: MontePituco | 19/06/2016

FRUSTRADO O INTENTO DE CREAR UN COMEDEIRO DE VOITRES

La Voz, 17 xuño 2016

La división vecinal tumba el plan del único comedero para buitres en Galicia

El proyecto preveía aprovechar las aves carroñeras para librarse de reses muertas

Publicado por: MontePituco | 18/06/2016

REXEITAN A MESA (DE ENCE) POLO SANEAMENTO DA RÍA

Diario, 15 junio 2016

La APDR y Vaipolorío rechazan participar en la mesa para la recuperación de la ría

Contestan negativamente a la invitación cursada por la pastera para sanear el entorno de Lourizán

 

Publicado por: MontePituco | 17/06/2016

PARA ISTO TEN CARTOS ENCE

Diario, 15 xuño 2016

Ence destina un millón de euros a la lucha contra el gorgojo del eucalipto

Distribuye huevos de una ‘mosquita’ que impide la reproducción del coleóptero

 

La Voz, 15 xuño 2016

Guerra abierta contra el gorgojo

Figueirido lidera la lucha biológica frente a la plaga que asola el eucalipto en Galicia

Publicado por: MontePituco | 16/06/2016

ACUAES: SEGUEN AS OBRAS

Diario, 15 xuño 2016

Acuaes ultima los trabajos del depósito de Pardavila, que finalizarán en breve

Las obras, prácticamente terminadas, están pendientes del tramo que discurre hacia Vilaboa para la puesta en funcionamiento

Publicado por: MontePituco | 15/06/2016

HOMENAXE A XAN MONTENEGRO NO SEU 5º CABODANO

Homenaxe a Xan Montenegro, 5º cabodano

A mirada amable e pícara de Xan Montenegro fítame dende a Quebrada de Humahuaca. Tiven que buscar en que punto do planeta se atopaba esa paraxe entre montañas secas e peladas. Porque se algo distinguía a Xan era a súa experiencia do mundo, esa amplitude de miras que se adquire cruzando fronteiras, coñecendo outras culturas para entender mellor a nosa; os valores da tolerancia, da educación e do respecto dos que outras persoas carecen porque non foron quen de saír das ‘catro paredes’ físicas e/ou mentais nas que están instaladas e ailladas, cheas da súa propia (e única) razón, impermeables a outras perspectivas, opinións e puntos de vista que non sexan exclusivamente os seus.

-Podo falar contigo?

-Si, claro!

O que seguiu a ese breve intercambio de palabras foi unha sucesión frenética de insultos e  ameazas acompañados de acenos brutos, desafiantes e despreciativos: “impresentable” e “mentirán” foron os improperios máis repetidos; o primeiro deles, ata a saciedade, encadeando un “impresentable” tras outro. Todo isto despois de verter graves acusacións de formular críticas na súa contra “sacadas de contexto”.

E lonxe de agardar a réplica correspondente a semellante ataque persoal, as mostras de mala educación e grosaría por parte de quen iniciara ese envelenado amago de conversa, continuaron escaleiras abaixo mentres lle daba as costas e deixaba coa palabra na boca á vítima de tanto vómito verbal, de tanta frustración e tanta carraxe mal xestionada.

Malia esixirlle respecto e advertir que, de continuar proferindo aldraxes e coercións acabariamos nos tribunais, as palabras grosas continuaron ás portas do Concello, en presenza de varios concelleiros da Corporación: “impresentable”, “mentirán”, “impresentable”, “impresentable”, “impresentable”…

“Onde estabas cando…?” e “adalid do Monte Pituco…” foron outros berros pronunciados mentres facía espaventos cos brazos e achegaba a súa cabeza nun ton provocador máis propio dun matón que dun (ex, mal que lle pese) servidor público.

Testemuña muda, consentidora e cómplice desta desagradable, inadmisible e reprobable escena foi quen ostenta o cargo de voceira municipal da formación política que representan.

Sentir vergoña? Ningunha. Se esa era a pretensión inicial -asoballar, intimidar, escandalizar…- que perseguía con unha actitude tan prepotente e verbalmente agresiva, pincharon en óso. Prometendo “non calar máis” nun anuncio velado de emprender algún tipo de campaña de desprestixio e descrédito directo, tampouco vai conseguir amedrentar nin coartar o dereito á liberdade de expresión.

Do Monte Pituco. A moita honra. Sucedeu hai unha semana, á saída do pleno da Corporación deste mes de xuño. Ladran, logo cabalgamos.

Xan segue fitándome dende a Quebrada de Humahuaca, con esa mirada súa cargada de retranca. El tamén foi duramente represaliado por defender as súas ideas, as súas conviccións;  por argumentar con documentos mentres outros empregaban a artillería da inxuria.

Estamos curados de espanto e temos o mellor antídoto contra a intransixencia: a firmeza, o compromiso e a memoria de Xan, co seu exemplo vital e un legado social admirado, recoñecido e respectado. E iso segue molestando. Bendita molestia.

Publicado por: MontePituco | 14/06/2016

DESBROZADA A ARBOREDA DO PITUCO

O pasado mes de maio fixemos unha ruta polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños cun grupo de rapaces que, ao finalizar a andaina, pararon a xantar e a xogar na arboreda situada a carón da estrada de Figueirido, preto do cruce do Regueiriño; punto de encontro de numerosos paseos polo Monte Pituco e polos montes de San Xulián, ademais de lugar no que algúns veciños se reúnen para botar a partida polas tardes, e onde outra xente ten parado para merendar ou a botar unha parrafada nun espazo fresco e con boas vistas.

Xa daquela advertimos na Comunidade de Montes de San Xulián da necesidade de encargar a corta da herba, do fento e demais vexetación que empezaba a medrar de xeito considerable nunha época de alternancia de sol, calor e chuvia; unha climatoloxía máis que idónea para que a flora medrase con pulo. Daquela contestaran que habería que agardar aínda para desbrozar ese terreo, coa pretensión de que durase o maior tempo posible en condicións óptimas para evitar unha segunda actuación de adecentamento.

Houbo que reiterar a petición por segunda vez pero, afortunadamente, comprobamos que xa non cómpre unha terceira reclamación, porque hai uns días comprobamos que a arboreda do Monte Pituco xa loce cun aspecto máis ‘aseado’; non tanto pola herba do centro da campiña, senón máis ben polos fentos, as silvas, as estrugas e as plantas con pinchos que se acumulaban en ambos extremos, dando unha imaxe de abandono e entrañando certo perigo para os usuarios deste pequeno parque.

Unha mellora máis que dende a Asociación Monte Pituco se lle ten proposto á Comunidade de Montes é completar o balizado do perímetro desta arboreda que, se ben está delimitado con postes de pedra na parte colindante coa estrada, carece de ningún tipo de valado de contención na parte posterior, que fai de miradoiro á ría. Esta parte, en realidade, remata nun terraplén de certa altura con respecto ao seguinte nivel do terreo e, o feito de non contar con ningún tipo de parapeto ou protección, conleva o risco de que calquera persoa poida esvarar, caer ou precipitarse accidentalmente.

Unha cerca con estacas de madeira ou a ampliación homoxénea do contorno con postes de pedra, sería o ideal para dignificar esta área recreativa tan frecuentada. E se por riba se substituíran os surtidores de auga actuais por unhas fontes en condicións, cun deseño acorde ao contexto natural da zona e nunhas condicións de saneamento que ofreceran máis garantías para o consumo, xa sería para bordalo.

Habería máis suxestións, como a reposición duns bancos de pedra estragados ou a poda dalgunhas árbores afectadas polos últimos temporais… Mais, en calquera caso, benvida sexa esta necesaria limpeza. Grazas á Comunidade de Montes por tela en conta. Dende aquí, animar a veciñanza e os visitantes a que fagan unha parada nesta arboreda e, de paso, se acheguen ata o miradoiro do Pornedo para gozar da paisaxe, da natureza e do patrimonio cultural que atesoura o ‘balcón da ría’ .

Arboreda do Pituco

Arboreda do Pituco

Arboreda do Pituco

Arboreda do Pituco

Arboreda do Pituco

Arboreda do Pituco

Arboreda do Pituco

Arboreda do Pituco

Arboreda do Pituco

Publicado por: MontePituco | 13/06/2016

O QUE VEREMOS NA RUTA DO 9 DE XULLO POR SAN XULIÁN

Ruta polos montes de San Xulián

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo pecha a súa tempada de andainas cun roteiro polos montes da parroquia marinense de San Xulián. Sairá o vindeiro sábado 9 de xullo dende o adro da igrexa de San Xulián ás 18:00 horas. Está pensada para podermos gozar do solpor dende o alto do Pornedo, o ‘balcón da ría’, e para poder dar a coñecer unha parte do amplo catálogo de gravados rupestres catalogados que existen nestas paraxes. Así, visitaremos algunhas estacións dos complexos rupestres de Champás, A Carrasca, Sete Camiños e Pornedo.

Tamén atenderá a biodiversidade da zona, con espazos ben diferenciados: dende a ribeira do rego de Castiñeiras ou o curso do rego da Grela, ata a matogueira no val do Pornedo, pasando por pequenas brañas que dan conta da riqueza hidrolóxica dos montes de San Xulián.

Ruta polos montes de San Xulián

Ruta polos montes de San Xulián

“Digitalis purpurea” ou estalote

Ruta polos montes de San Xulián

Rego de Castiñeiras

Ruta polos montes de San Xulián

Ruta polos montes de San Xulián

Ruta polos montes de San Xulián

Ruta polos montes de San Xulián

Ruta polos montes de San Xulián

Ruta polos montes de San Xulián

“Osmunda regalis”, ou fento real, dentabrú

Ruta polos montes de San Xulián

‘Silla’ de Champás

Ruta polos montes de San Xulián

Ruta polos montes de San Xulián

Ruta polos montes de San Xulián

Plebejus argus

Ruta polos montes de San Xulián

Ruta polos montes de San Xulián

Ruta polos montes de San Xulián

Gravado ‘moderno’ de José Meijón afectando parcialmente o conxunto rupestre da Carrasca nº5

Ruta polos montes de San Xulián

Filamentos de semente de eucalipto no conxunto rupestre da Carrasca nº4

Ruta polos montes de San Xulián

Consérvanse numerosos topónimos tradicionais alusivos a nomes de plantas -fitotopónimos-.  A “erica umbelata” ou carrasco, medra -precisamente- a carón das estacións do conxunto rupestre da Carrasca

Ruta polos montes de San Xulián

[…Agora xa non está]

Ruta polos montes de San Xulián

Pequena braña formada nunha corrente de auga

Ruta polos montes de San Xulián

Ruta polos montes de San Xulián

Ruta polos montes de San Xulián

Conxunto rupestre da Carrasca nº1

Ruta polos montes de San Xulián

Ruta polos montes de San Xulián

“Rhinocoris iracundus”, ou chinche asasina

Ruta polos montes de San Xulián

“Trifolium arvense” ou pé de lebre

Ruta polos montes de San Xulián

“Silene nutans”

Ruta polos montes de San Xulián

Petroglifos de Sete Camiños.

Petroglifos de Sete Camiños

Ruta polos montes de San Xulián

Conxunto rupestre do Pornedo nº1

Ruta polos montes de San Xulián

Solpor dende o miradoiro do Pornedo

 

Compatibilidade dos usos social e forestal do monte veciñal

Publicado por: MontePituco | 08/06/2016

PLENO DO CONCELLO: VARIANTE DE MARÍN

Obras da variante de Marín: as pás excavadoras furan no Monte Pornedo, á altura da Pena e do Caeiro. Corría o ano 2003 e as casas abaneaban a causa das detonacións.

[Obras da Variante de Marín, á altura do Caeiro e preto dos petroglifos catalogados de Pinal de Caeiro, cuxa área de cautela foi agredida. As vivendas da zona estragáronse con fendas a causa da intensidade das denotacións polas cargas explosivas para vencer a resistencia do solo, de composición granítica]

Este venres pola mañá a Casa Consistorial do Concello de Marín acollerá unha xuntanza presidida pola alcaldesa, coa asistencia de representantes da oposición, e á que están convocados técnicos e responsables políticos da Xunta para tratar sobre a posibilidade de incrementar as medidas de seguridade na Variante de Marín. Este encontro é unha consecuencia da moción aprobada por unanimidade no Pleno ordinario deste mércores, a instancias da Marea Veciñal de Marín, e a raíz da elevada sinistralidade que se vén producindo neste vial dende os últimos meses.

A voceira da Marea, Sandra Pesqueira, calificou de “trampa mortal” a Variante na que, segundo os datos que presentou, entre 2012 e 2014 rexistráronse 34 accidentes, con 34 feridos; e só no que levamos de 2016 xa suma 16 sinistros con 11 feridos e unha persoa falecida, o marinense Manuel Soage.

“Esta situación non é casual”, advertiu Sandra Pesqueira, quen equiparou a perigosidade da Variante de Marín cos mal chamados ‘corredores’ do Salnés e do Morrazo. Mal trazado, con puntos negros, pendentes polo forte desnivel do terreo e un mantemento deficiente foron algúns aspectos que destacou na súa negativa diagnose da situación do vial marinense. 

Tamén criticou que os responsables a todos os niveis -autonómico e local- non atenderan as alertas dos colectivos que xa avisaran das eivas coas que ‘nacía’ esta infraestrutura. Diante das últimas queixas de colectivos como as organizacións veciñais, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo ou a propia Asociación Monte Pituco, e coas eleccións xerais á volta da esquina, a voceira da Marea sinalou que a Xunta apurara a realizar unhas actuacións de urxencias no firme do treito onde se rexistra a maior accidentalidade.

Velaí o avance de medidas por parte da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, como a instalación de bandas termoplásticas para separar os carrís de circulación na parte central da calzada; se ben, dende o tal anuncio, e a pesar do bo tempo dos últimos días, nada se soubo da posta en marcha desas accións de incremento da seguridade vial: “Impórtannos pouco os intereses que os movan a actuar, pero fágano”, urxiu Sandra Pesqueira, quen rexeitou as “promesas fugaces” e esixiu realidades constatables.

Tamén incidiu na necesidade de esixirlle á empresa concesionaria do mantemento da Variante que actúe como corresponda en caso de accidentes, garantindo o bo estado do asfalto, en vez de baldealo “cun caldeiro de auga”.

En representación do Goberno municipal, o concelleiro de tráfico, Estévez Salazar, adiantou que se lle pedira a “máxima urxencia” á Xunta na celebración da xuntanza.

O socialista Juan Muradas sinalou que tivo que haber un falecido para que se lle dera “impulso” ao tratamento da situación da Variante: “A estrada está mal trazada”, admitiu Muradas, quen lle reprochou á Xunta que non tivera intervido antes nela. “Esperamos que en el futuro se acabará por desdoblarla porque es mejor desdoblarla que hacer una nueva”, argumentou o concelleiro do PSOE. 

“Un dos logros dos que presumiron vostedes ao chegar ao goberno foi a Variante”, espetoulle Pilar Blanco ao Goberno local do PP. “Pero eu non quero ese modelo para Marín”, expuxo a voceira do Bloque, botándolles en cara aos populares que ese tipo de viais “non son seguros” e preguntándolles “en que se basan para seguir facéndoos”. 

Pilar Blanco tamén criticou que o concelleiro de Tráfico non dispuxera de datos de sinistralidade dunha Variante “que pasa polo Concello” e lembrou que o seu partido volveu pedir no Parlamento galego información sobre todos os accidentes que houbo neste vial.

“Se non a queren desdobrar, o que poden é poñerlle un candado mentres non se lles ocorra outra cousa”, afirmou Pilar Blanco, advertindo que os usuarios estanlle collendo “medo” á Variante, o que conlevará que a circulación se volva intensificar pola estrada comarcal e a Variante quede “sen uso” e careza de sentido a súa construcción. “Este tema é un fracaso da política da que presumen”, engadiu Pilar Blanco.

Na segunda quenda de intervencións, Sandra Pesqueira puxo uns cantos puntos sobre os íes: “O fracaso foi das Corporacións que pasaron polo Concello” no tempo no que este vial se proxectou e executou. Non en van, como lembrou, en maio de 2010 a prensa local recollía declaracións dos voceiros do PSOE e do Bloque xustificando que dende o Goberno bipartito non se lle tivera reclamado á Xunta a modificación do trazado no segundo treito Marín-Pontevedra para evitar o macro-nó que se construíu a carón de Celulosas:

Diario, maio 2010

“Marín lleva mucho tiempo esperando esta Variante como para retrasarla de nuevo”                   Juan Muradas, concelleiro do PSOE de Marín en 2010.

“O importante é contar co novo vial canto antes”                                                                                              Xosé María Vilaboa, concelleiro do BNG de Marín en 2010.

Na súa réplica, o concelleiro de Tráfico agradeceu que non se centrasen as responsabilidades “en un solo color político” e tomou nota da afirmación da voceira da Marea sobre os métodos supostamente pouco ortodoxos por parte da empresa que atende o mantemento da Variante -un cubo de auga, segundo Protección Civil- para a limpeza da calzada en caso de accidente.

…Pero o recordatorio de Sandra Pesqueira causou fondo malestar no resto da oposición.

Muradas recriminoulle que a Marea viña “virxe”, en alusión á falta de bagaxe política e de memoria por parte destes edís, nun intento por desmerecer a lexitimidade das súas críticas; así, intentou tirar de retranca para atacar a xestión dos Gobernos da onda da Marea, como na Coruña ou Ferrol. 

“Marín reclamaba la Variante desde el año 91”, quixo destacar Muradas. Se na súa primeira intervención reprendera o PP local porque eles practicamente atoparan a obra feita e só tiveran que cortar a cinta inaugural cando accederon ao Goberno municipal, nesta outra volta incidiu en que a Variante fora “mal trazada por los técnicos”. E insistiu en que se no seu partido apuntaban ao desdobramento, era porque se baseaban no acontecido cos corredores do Salnés e do Morrazo, non porque fosen especialistas na materia. 

Pilar Blanco amosouse sorprendida por ter que “facer oposición a quen presenta a moción” e queixouse de que as declaracións atribuídas a quen fora edil de Urbanismo do Bloque estaban “sacadas de contexto” e se utilizaban de maneira “sesgada”, ademais de tildar de “covarde” que se falase de quen non se podía defender por non formar parte da actual Corporación. 

A concelleira do Bloque quixo meter nun apuro a voceira da Marea: “Se para darlle máis seguridade á Variante os técnicos din que hai que desdoblala, que vai facer a Marea?”. Pero Sandra Pesqueira fixo ben non entrando no seu xogo e limitouse ao peso contundente da hemeroteca para reiterar a postura do Psoe e do Bloque sobre o trazado e a execución da Variante na etapa na que estes partidos ostentaban o Goberno local, malia que a obra fose de titularidade autonómica. 

…Oubean (e insultan), logo cabalgamos…

 

Publicado por: MontePituco | 07/06/2016

RUTA POR OUTEIRO DA CARBALLOSA E AGUDELO

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organizou unha andaina para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural da contorna de Outeiro da Carballosa e Agudelo, lindante entre as parroquias de Ardán (Marín), Moaña (Moaña) e Cela (Bueu), e pertencente ao espazo natural dos Montes do Morrazo, dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais, forestal, de augas e patrimonial.

Os puntos de maior interese que se visitaron no roteiro foron:

A área forestal e de monte baixo de Pedra da Pousa e Monte Furcos, con carballeiras, bosque de repoboación e matogueira, onde aínda persisten as actividades silvícolas e a gandeiría extensiva.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Vexetación autóctona, con carballos

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Pereira brava

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

A penedía rochosa e amplas panorámicas do espazo natural dos Montes do Morrazo, da ría de Vigo e da de Pontevedra, dende os altos de Outeiro da Carballosa e Agudelo, separados ambos por un paso e delimitando os concellos de Marín e Moaña.

Cunha altura máxima de 495 metros sobre o nivel do mar do primeiro, e de 473 metros, o segundo, sobresaen polo interese xeomorfolóxico da zona, coa abundancia de rocha granítica con fracturas ou diaclasas, formación de pías e cabalgamentos produto da erosión natural; e pola incipiente carballeira que existe nos altos ao seu redor, facendo honor ao topónimo do Outeiro da Carballosa, e destacando o de Agudelo, pola súa forma en punta.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Fungos que favorecen a descomposición da materia orgánica

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Vista de Coto do Home

As panorámicas son espectaculares con respecto á área máis alta do espazo natural dos Montes do Morrazo (Formigoso-Faro de Domaio-Coto do Home) e sobre o profundo val do rego da Fraga; sobre a contorna da ría de Vigo, asomando polo sur da provincia ata o norte de Portugal; e sobre a contorna da ría de Pontevedra que -no caso do Agudelo, pola súa orientación- amplía sobre a ría de Arousa, cos altos da serra da Barbanza ao seu fondo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ons e Onza

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Outeiro da Carballosa

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Agudelo

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Arquipélago de Ons

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Marca de delimitación parroquial

A Chan das Bólas, que fai de límite das tres parroquias e os correspondentes concellos de Marín, Moaña e Bueu, destaca por ser a penechaira que se forma ao final dos altos, e que, ao mesmo tempo, fai de nexo do espazo natural dos Montes do Morrazo cara ao do Carballal de Coiro. Cuberta na actualidade por carballeiras, plantacións de frondosas e piñeiral e monte baixo, atopáronse na súa contorna os restos de dúas mámoas do neolítico, que vén amosar que hai máis de 5.000 anos xa existía presenza e actividade humana no lugar.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Capela de San Lourenzo

As ruínas da capela de San Lourenzo, do século XVII, están ubicadas no monte do mesmo nome, no límite entre as parroquias de Ardán e Cela.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

pretendemos  dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural da contorna de Outeiro da Carballosa e Agudelo, lindante entre as parroquias de Ardán (Marín), Moaña (Moaña) e Cela (Bueu), e pertencente ao espazo natural dos Montes do Morrazo, dentro de solo rústico de especial protección de espazos naturais, forestal, de augas e patrimonial

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Mámoa de Furna de Arcas

A mámoa de Forno ou Furna das Arcas, no límite tamén das dúas parroquias anteriores, é outro vestixio do neolítico que, como valor, aínda conserva moitos dos esteos da construción do seu dolmen megalítico e, ademais, está ubicada na actualidade no interior dunha carballeira.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Brañas do rego das Gorgadas

As brañas do rego das Gorgadas, afluente do rego Loira, forman parte do seu nacemento e representan un hábitat natural prioritario a nivel europeo de breixeiras húmidas atlánticas. A súa contorna próxima está cuberta por bosque de ribeira e carballeira.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

A parte final do roteiro, por Pedra da Pousa, baixou por unha corredoira cara a Pastoriza; o seu núcleo rural e agropecuario é un dos mellor conservados da península do Morrazo.

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

Nacemento dun regato

Ruta por Outeiro da Carballosa e Agudelo.

As principais afeccións á contorna de Outeiro da Carballosa e Agudelo son as torretas e cableado áereo de alta tensión da liña Subestación Lourizán-Cangas, os monocultivos forestais e a eucaliptización. Tamén o foron varias vagas de lumes forestais.

Como principais ameazas, están o proxecto nas inmediacións dun parque industrial na Cruz da Maceira, no concello de Moaña, e a “ubicación alternativa” de catro aeroxeradores dentro da Área de Desenvolvemento Eólica do Morrazo. Na década pasada estivo ameazado por outro parque empresarial nos montes de Pastoriza, no concello de Marín.

Para a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, a protección de solo rústico é insuficiente, polo que esta organización solicitoulle á Xunta en marzo de 2012 a ampliación da Rede Natura cara a un novo LIC a nome de Montes e Carballeiras do Morrazo que, pola súa importancia natural e como corredor ecolóxico, recollera os espazos naturais dos Montes do Morrazo e do Carballal de Coiro e outros ampliables, onde se ubicarían tamén a contorna de Outeiro da Carballosa e Agudelo.

 

…PRÓXIMA ANDAINA DA PLATAFORMA MONTES DO MORRAZO, POLOS MONTES VECIÑAIS DE SAN XULIÁN E O MONTE PORNEDO (PITUCO)…

Publicado por: MontePituco | 06/06/2016

MARCHA POLA RECUPERACIÓN DA RÍA

“…Facede resoar dende a cimeira do Castrove, dende os outeiros da Fracha, dende o cume das Croas e do Pornedo… facede resoar a boa nova dende os catro puntos cardinais da Galiza, proclamando o acordar deste pesadelo. Nin un paso atrás!”

[Derradeiras frases do manifesto redactado e lido polo escritor, investigador e profesor Carlos Solla na Marcha contra Celulosas-Elnosa]

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Na véspera do Día do Medio Ambiente, a Marcha contra Celulosas-Elnosa -organizada por primeira vez pola Plataforma Ence Fóra- partía simultaneamente das alamedas de Pontevedra e de Marín. Pancartas, bandeiras, figuras simbólicas e lemas a prol do saneamento e recuperación integral da ría de Pontevedra e contra a eucaliptización de Galicia déronlle ambiente e colorido a esta xornada reivindicativa, que mellorou notablemente a súa afluencia de público con respecto á marcha do pasado ano.

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Empregando materiais reciclados, a Marea de Pontevedra representou con siluetas de peixes os beneficios que suporía para a ría a marcha de Ence, e con raspas os danos que a fábrica pasteira lle provoca aos bancos marisqueiros e ao medio ambiente en xeral.

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Entre as protestas máis chamativas, a dun artista holandés que marcou a sangue no seu peito a palabra “FÓRA” e queimou carepas de eucalipto en protesta contra a presenza de Ence na ría de Pontevedra.

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Na cabeceira da manifestación que partiu dende Pontevedra, representantes de colectivos e entidades como En Marea, BNG e Psoe, a Federación de Asociacións de Veciños Castelao de Pontevedra, a APDR, o sindicato CGT e a Federación Ecoloxista Galega.

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Tras percorrer a autovía entoando cánticos, a marcha que partira dende Pontevedra enfilou os últimos metros ata a entrada de Celulosas, onde xa se atopaban os asistentes á manifestación que saíra dende Marín.

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Cabeceira da manifestación procedente dende Pontevedra.

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

…Os participantes na marcha dende Marín.

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Como cada ano, varios traballadores de Ence ‘observaban’ dende as alturas a concentración dos participantes na Marcha contra Ence-Elnosa.

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

A fábrica ‘recibía’ os detractores do complexo industrial con pancartas cheas de loanzas aos parámetros medioambientais de Ence e ao anunciado ‘lavado de cara’ que lle van dar á fachada do complexo industrial no próximo ano.

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Antes de que o profesor e escritor Carlos Solla lese o manifesto final, voceiras da APDR e da FEG interviron para reiterar a vontade dos colectivos que conforman a Plataforma Ence Fóra de seguir reivindicando por todas as vías posibles a revogación da prórroga que o Goberno Central en funcións lle deu á fábrica pasteira para continuar desenvolvendo a súa actividade en Lourizán durante outros 60 anos.

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

“…Eu teñó un soño. Eu soñei que un día todos nós gozaremos en plenitude deste couto liberado, usurpado xacando pola cobiza dos traficantes de mercurio. A pleno pulmón, libres do cheiro que nos abafa e avergoña, celebraremos a fin desta inmundicia. Cantarán as baleas, rebulirán os mazaricos e nas ourelas inzará a camariña. Esta é a nosa esperanza. Con esta fe habemos porfiar xuntos, habemos berrar xuntos, voz de trono, que a ría é nosa e non da Celulosa!”

[Fragmento do manifesto redactado e lido por Carlos Solla]

 

 

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

…Fin da marcha: os peixes e as raspas de cartón quedaron varados na ‘rede’ da fábrica; como as pólas de eucalipto, ensartadas polos seus portadores en sinal de reprobación contra un monocultivo que ataca a biodiversidade do monte galego.

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

E no acceso ao recinto industrial, unha moreíña de pedras con mensaxes a prol da recuperación da ría, contra a contaminación e polo peche de Celulosas-Elnosa.

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

Marcha contra Celulosas-Elnosa 2016

 

 

Publicado por: MontePituco | 30/05/2016

NON AO DESDOBRAMENTO DA VARIANTE DE MARÍN

O pasado sábado 14 de maio acontecía unha desgraza irreparable na Variante de Marín. O ex-xefe territorial de Novagalicia Banco en Pontevedra, o coñecido marinense Manuel Soage, perdía a vida nun tráxico accidente nun punto onde, quince días despois dese sinistro mortal, séguense producindo novas incidencias, afortunadamente sen feridos de gravidade.

Dende a Asociación Monte Pituco sumámonos ás homenaxes a este veciño e ás mostras de respecto e de solidariedade coa súa familia e cos seus achegados por esta triste perda.

Faro, 15 maio 2016

Diario,17 maio 2016

Entre a relevancia social de Manuel Soage e a lóxica preocupación entre os usuarios da Variante e a veciñanza no seu conxunto, este accidente adquiriu un eco enorme e as distintas formacións políticas foron posicionándose.

O PSOE de Marín, que non atina por onde sopra o vento, reaccionou con certa ambigüidade e supeditou a súa postura a unha reunión interna da que non trascendeu ningunha conclusión:

“Está claro que habrá que hacer algo y habrá que invertir dinero para mejorar esa vía”. 

O BNG local tampouco se ‘mollou’ claramente nunha hipotética solución, pero lembrou que en xaneiro de 2014 o seu partido presentou unha pregunta perante a Comisión do Parlamento galego sobre o tráfico diario que circula pola Variante, cantas incidencias se produciran neste vial e con que grao de gravidade, ademais de reclamarlle ao Goberno galego respostas sobre a súa perigosidade:

“O traxecto desta VG 4.4 discorre maioritariamente por terreo forestal, presenta conexións con outras vías pouco accesibles, pendentes moi pronunciadas, cortes brutais das ladeiras, rotura da capa freática, modificación das escorrentías naturais e, sobre todo, está a ocasionar un elevado número de sinistros”.

Pola súa parte, a alcaldesa María Ramallo eludiu facer un pronunciamento concluínte mentres os técnicos non remataran a investigación sobre as causas do accidente que lle custou a vida a Manuel Soage:  

“Si hay mejoras que se puedan realizar habrá que hacerlas, pero con sentido, con razones técnicas y siempre que sean viables; no solo desde el punto de vista técnico sino también económico, porque no podemos pretender tener una autopista en cada lugar, porque eso es inviable”.

Marea Veciñal de Marín, en cambio, rexeitou taxantemente o desdobramento e reclamou medidas para mellorar a seguridade vial da Variante.

“O mal trazado da vía, con puntos negros, desniveis bruscos, pouca visibilidade entre outros defectos, fan que desde a Marea Veciñal de Marín lle reclamemos ás autoridades competentes que doten a esta vía das medidas necesarias de seguridade (…) Desde a Marea Veciñal de Marín imos presentar unha moción neste sentido na que instaremos o goberno local a que se poña á fronte do problema, solicite unha entrevista cos responsables de Estradas da Xunta de Galicia e que doten a VG. 4.4 das medidas necesarias para a redución da sinistralidade, como poderían ser entre outras a instalación de medianas para separar os carrís de circulación ou limitar a velocidade (decisións que deberán ser adoptadas por técnicos na materia).”

Faro, 19 de maio 2016.

Faro, 17 maio 2016

Paralelamente, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo fixo público un comunicado no que rexeitaba rotundamente o desdobramento da Variante: 

Este desdobramento incrementaría o impacto paisaxístico, cultural e ambiental -cortes profundos en relieve no solo e subsolo, desterros, recheos, viadutos, perda de capa vexetal e de solo fértil, alteración das capas freáticas e afección de mananciais de auga potábel, efecto barreira para a fauna, a flora e a propia accesiblidade humana, afección directa e indirecta ao patrimonio cultural e arqueolóxico- producido no territorio nas anteriores fases de construción da propia variante, afectando a solo rústico de especial protección forestal, agropecuaria, de augas, patrimonial e de espazos naturais das concas dos regos de Louredo, Lameira e Loira xunto cos seus fértiles vales, nas parroquias de Lourizán, Salcedo, San Xulián, O Campo, Seixo e Ardán. O posíbel desdobramento, para alén de provocar un efecto chamada, non resolvería os problemas de sinistralidade.

(…)

O desdobramento en autovía da variante de Marín sería unha obra moi custosa e inútil, que non resolvería os problemas de seguridade vial, produciría un meirande impacto ambiental e paisaxístico, máis problemas de capacidade e atascos na rede viaria comarcal, máis contaminación acústica e atmosférica e ademais restaría investimentos noutras alternativas viarias máis sustentábeis.

Esas alternativas máis sustentábeis, á parte da mellora sen necesidade de desdobrar do trazado actual da variante coa colocación de medianeiras, sinalizar correctamente os puntos máis conflitivos e mellorar o peralte da estrada – medidas que xa reduciron, cando menos en parte, a alta siniestralidade do corredor do Morrazo- e a educación vial”.

Sen embargo, nos últimos días, un medio de comunicación local repite moito a palabra “desdobramento” , malia que os partidos políticos non se decantaron explicitamente por apoiar esa hipotética medida.

A teimosía desta publicación por inocular na cidadanía a idea do desdobramento levouna a afirmar que Marea Marín defendía esa fórmula, o que levou ao grupo municipal da Marea a reiterar a súa postura a prol da implantación de medidas de seguridade vial e en contra do desdobramento, o que motivou que este medio tivera que publicar posteriormente unha rectificación.

Faro de Vigo

Faro, 22 maio 2016

Faro 22 maio 2016

“Colectivos como Marea Veciñal de Marín plantea que se adopten medidas como el desdoblamiento de esta variante”

[22 de maio 2016]

 

Faro, 24 maio 2016

En ningún caso, apuntan, piden el desdoblamiento

[24 de maio de 2016]

Pero a historia da Variante de Marín é moi longa e, a falta de memoria, boas son as hemerotecas para refrescar os recordos de que tivo responsabilidades directas ou indirectas na construcción e posta en marcha desta perigosa trampa.

Se agora nos lamentamos das consecuencias dos accidentes que se producen neste pedazo de asfalto e da súa elevada incidencia, foi porque no seu día as ‘autoridades’ -sexa cal sexa a competencia de cada unha- fixeron caso omiso das advertencias dos veciños e veciñas que se opoñían ao trazado deseñado: parte deses responsables directamente ignoraron ou desprezaron as críticas; outros, aínda tendo a posibilidade de canalizalas ou interesarse pola problemática da que alertaban, fixeron oídos xordos ou lavaron as mans.

“O R.A.C.C. PIDE A MODIFICACIÓN DA VARIANTE DE MARÍN”

Foto, Diario de Pontevedra

O políticos marinenses deron en pensar que máis vale “Variante en man que cento voando” e así quedaron retratados nas declaracións que fixeron cando se cuestionaba o deseño do segundo treito que conectaba Marín con Pontevedra ata o aberrante nó a carón de Celulosas:

Diario, maio 2014

[Diario, maio 2010]

“El Pleno de la Corporación DESCARTÓ en su sesión del viernes, CON LOS VOTOS DE PSOE Y BNG, reclamar al Ministerio de Fomento el alejamiento del nudo de Lourizán en el que finalizará la Variante de Marín”.

“Marín lleva mucho tiempo esperando esta Variante como para retrasarla de nuevo”, Juan Muradas, concelleiro do PSOE de Marín en 2010.

“O importante é contar co novo vial canto antes”, Xosé María Vilaboa, concelleiro do BNG de Marín en 2010.

…E daqueles poeiras, estas lameiras.

Porque ao anterior goberno bipartito todo o que cheiraba a obras -viñeran de onde viñeran, especialmente da Xunta amiga/bipartita- urxíalle moito, como se tiveran unha ansia desatada por pendurar medallas na solapa do seu currículum político que lle servisen como méritos e logros da súa xestión de goberno: así como lle urxía rematar o segundo treito da Variante, tanta présa ou máis terían para o treito anterior entre Marín e Ardán, no que se está producindo a alarmante acumulación de sinistros dos últimos tempos. 

Porque sexa na parte de Marín a Ardán como na continuación de Marín a Pontevedra, en ambas fases hai zonas de dubidosa idoneidade no seu resultado: se ata Ardán causa arrepío meterse na baixada entre os pilares de reforzo do treito anterior á saída da Brea; ata Pontevedra causa certo respecto emprender a baixada ata o viaduto de Almuiña por medo a que algunha pedra veña arrebolando dende as alturas nese enorme talude; a causa das chuvias do último inverno xa se produciron dous desprendementos que obrigaron a Xunta a encargar que se reforzase cun muro de pedra un dos terrapléns.

A complexa orografía do terreo nos montes de Marín, en especial no monte de San Xulián e máis concretamente no ámbito do Monte Pituco, evidencia o que está a ollos de todo o mundo: gran desnivel, taludes de dimensións considerables e complicacións no deseño que derivaron en defectos como peraltes do revés e outras deficiencias que xa teñen denunciado os propios usuarios.

A isto cómpre engadirlle, por riba, a falta de civismo e a irresponsabilidade dalgúns particulares que se dedicaron a roubar a malla metálica que circunda o perímetro da Variante, co perigo que supón para a seguridade cando algún animal invade a calzada buscando a saída. Exemplos ten habido e Protección Civil de Marín interviu por este motivo nalgunas ocasións.

Se houbo un colectivo que, mentres permaneceu activo, tivo preocupación polos problemas que a Variante lle deparaba á veciñanza da parroquia, foi a Asociación de Veciños de San Xulián. O seu promotor, Xan Montenegro, non só denunciou os retrasos nas expropiacións do terreos, senón que moveu ceo e terra para tratar de impedir -por desgraza, sen éxito- que a empresa adxudicataria das obras soterrase un gravado rupestre pendente de catalogación, no lugar d’A Pena. Lamentablemente, a construcción da Variante de Marín veulle moi grande a este modesto colectivo veciñal, que practicamente nada puido facer para exercer medidas de presión a prol da mellora do trazado.

Faro, xaneiro 2009

“Aprendendo de erros pasados, tíñase que facer con miras de futuro e de respecto polo estricto cumprimento das normas de seguridade vial e ao medio ambiente e impacto paisaxístico”

Xan Montenegro trala colocación da primeira pedra do treito entre Marín (dende o Monte Pituco) ata Pontevedra.

“A nós gustaríanos máis estar no Pituco cos veciños afectados para dicirlle á cara e con todo o respecto o que publicamente denunciamos neste comunicado e, ademais, pensamos que en época de crise os actos propagandísticos, electorais e demais papadas, deberían ser suprimidos por decreto”.

Xan Montenegro, xenio e figura, xustificando a ausencia de representantes da Asociación de Veciños de San Xulián no acto de colocación da primeira pedra.

La Voz, febreiro 2009

Diario, xaneiro 2009

Diario, xaneiro 2009

Exercicios de destreza memorística coma este son necesarios de cando en vez para resituarnos diante do complexo taboleiro que é a realidade; para comprendermos a orixe dalgúns problemas aos que nos enfrontamos na actualidade polas decisións mal tomadas no pasado; para que non poidan saír ‘de rositas’ os que querían ‘máis madeira’ para a tola locomotora do mal chamado progreso no que nos instalaron a marchas forzadas durante a época das vacas gordas.

Mais toca volver ao presente, enfrontarse á perda dunha vida humana con pragmatismo pero sen perder a sensibilidade; toca reflexionar ante a sucesión de persoas que resultaron feridas de diversa consideración nos percances posteriores que se rexistraron nesta Variante. E toca elixir: circular por unha estrada na que tardamos uns minutos máis en chegar ao noso destino a cambio de máis fiabilidade -dentro das incertezas que conleva coller o volante dun vehículo e asumindo que o risco cero non existe- ou asumir un perigo maior circulando por un vial cunha alta taxa de sinistralidade coa hipotética vantaxe de aforrar un tempo que, en caso de circunstancias desfavorables, poden truncar o porvir.

Na Asociación Monte Pituco avogamos polo BOICOT á Variante de Marín, por rachar a ‘dependencia’ que teña xerado nos usuarios que sucumbiron á rapidez e ás supostas prestacións que, dende o Concello de Marín e a Xunta, se venderon como cantos de serea para xustificar un investimento económico considerable na súa construcción. 

A Asociación Monte Pituco REXEITA O DESDOBRAMENTO da Variante de Marín porque suporía afondar no dano ambiental causado, acrecentar a fenda no corredor ecolóxico da bisbarra, empeorar as precarias condicións nas que se resolveu a canalización das augas de escorrentía no seu curso natural pola pendente do terreo, agredir novamente a calidade de vida da veciñanza das parroquias polas que discorre o trazado actual, comprometer o cumprimento da lexislación en materia de conservación do patrimonio histórico pola presenza de restos arqueolóxicos catalogados que xa foron violentados na súa área de protección con motivo das obras realizadas, xerar un gasto anti-sustentable dende o punto de vista económico pola complexidade técnica que xa quedou de manifesto coa apertura de enormes taludes e un inxente movemento de terras con maquinaria pesada e uso de material explosivo para vencer a composición granítica do terreo…

Obras da variante de Marín: as pás excavadoras furan no Monte Pornedo, á altura da Pena e do Caeiro. Corría o ano 2003 e as casas abaneaban a causa das detonacións.

[Excavacións no Monte Pituco, á altura do Caeiro]

O lugar onde as obras da Variante de Marín quedaron interrompidas, no Monte Pituco

[Taludes no Monte Pituco, na parte alta de Arealonga]

Obras da Variante de Marín no seu tramo final, no lugar de Gandarela, preto de Ence

[Excavacións no lugar de Gandarela, onde se construíu o viaduto anterior ao nó de Celulosas]

Todo isto para non acabar resolvendo os problemas de seguridade viaria, senón para acabar multiplicando de xeito exponencial a circulación de vehículos particulares e agravando a perigosidade pola maior densidade de tráfico. 

A Asociación Monte Pituco súmase ás peticións xurdidas para que se adopten medidas puntuais de seguridade viaria en función dos consellos técnicos: medianeiras que separen os dous sentidos de circulación, bandas rugosas que alerten os usuarios ante o risco de desviárense do rumbo marcado en cada carril, iluminación, sinais de limitación de velocidade e radares sinalizados… Todo isto incrementando tamén as medidas de mantemento do vial, de limpeza do firme para eliminar restos de aceites, de reparación dos desperfectos e de dotación de gardarraís seguros para os motoristas. De nada serve poñer en servizo un vial se logo os promotores da súa construcción -a Xunta- eluden as súas responsabilidades no que atinxe á súa correcta conservación.

Diario, 30 maio 2016

…E rigor informativo. Non pode ser que un medio de comunicación incorra deliberadamente na “colonización mental” dos lectores, inoculando o “virus do desdobramento” ata o extremo de atribuírlle a súa defensa a entidades que reclaman todo o contrario, e que noutra publicación distinta se anuncie discretamente, a dúas simples columnas, a reducción a 60 km/h no límite de velocidade nun treito que lle custou a vida a un veciño e que enviou ao hospital a outras persoas.

 

[Hemeroteca ‘histórica’: blog de Breaseixo. Grazas!]

 

 

Publicado por: MontePituco | 23/05/2016

ENTREVISTA AO DIRECTOR DO PARQUE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO

Diario, 17 maio 2016

“Queremos que os petroglifos do Val do Lérez sexan Patrimonio da Humanidade”

Manuel Rey, director do Parque Rupestre de Campo Lameiro

Diario, 17 maio 2016

Publicado por: MontePituco | 22/05/2016

22 DE MAIO, DÍA DA BIODIVERSIDADE

Neste 22 de maio, Día Internacional da Diversidade Biolóxica, volvemos reivindicar o valor natural do Monte Pituco (Pornedo), a riqueza deste ‘balcón da ría’ dende o punto de vista da flora e da fauna que habitan nos espazos abertos da matogueira, nas zonas húmidas que propician os nacementos de auga, nos piñeirais…

Aproveitamos tamén este Día da Biodiversidade para anunciar que no vindeiro mes de xuño celebrarase unha nova andaina, en colaboración coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, polos montes de San Xulián ata o alto do Pornedo. 

O obxectivo deste roteiro, ademais do interese divulgativo, é defender a protección dos montes da parroquia, reclamar a conexión do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños co Lago de Castiñeiras a través da posta en valor real dos complexos rupestres da Carrasca e de Champás, e rexeitar unha vez máis o proxecto de construcción dun polígono industrial no Monte Pornedo.

O voceiro da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e promotor de Luita Verde, Cándido Martínez, bríndanos este fermoso álbum de fotos que tomou nunha andaina dende a contorna do complexo rupestre da Carrasca, seguindo polo rego da Grela, a Fonte das Pulgas e Sete Camiños, ata O Pornedo. 

Animámosvos a visitar o ‘balcón da ría’ e os seus arredores, nestas datas de plena explosión bioclimática primaveral, para gozardes do colorido das flores, do verdor das árbores, do bulir dos insectos que habitan neste espazo e, con algo de sorte e paciencia, dar tamén con algunha especie faunística de maior envergadura, como aves rapaces que sobrevoan estes lares, ou cabalos ceibes que frecuentan estes pastos. 

…Moitas grazas, Pichi!

carrasqueira de Erica umbellata no alto do Pornedo

Carrasqueira de Erica umbellata no alto do Pornedo

Erica umbellata-Carrasco

Erica umbellata, carrasco

Anagallis arvensis-herba do garrotillo, herba da rabia

Anagallis arvensis, herba do garrotillo, herba da rabia

Anthemis arvensis- Macela brava

Anthemis arvensis, macela brava

Caleosthopus myconis- Pampillos

Caleosthopus myconis, pampillos

Carduus asturicus

Carduus asturicus

Frangula alnus-Sanguiño

Frangula alnus, sanguiño

Galium aparine-Chapizo, herba do rodicio

Galium aparine, chapizo, herba do rodicio

Gnaphalium luteo-album- Borrosa

Gnaphalium luteo-album, borrosa

Illecebrum verticilatum-Fálago

Illecebrum verticilatum, fálago

Lotus corniculatus

Lotus corniculatus

Lotus parviflorus

Lotus parviflorus

Ornithopus compressus-Serradela

Ornithopus compressus, serradela

Ranunculus bulbosus

Ranunculus bulbosus

Ranunculus ololeucos-Ouca, herba da prata

Ranunculus ololeucos, ouca, herba da prata

Ranunculus repens-Herba do ouro, bugallón, patelo

Ranunculus repens, herba do ouro, bugallón, patelo

Rumex bucephalophorus-Acedas

Rumex bucephalophorus, acedas

Salix atrocinerea-Salgueiro

Salix atrocinerea, salgueiro

Sphagnum fimbriatum-Esfagno

Sphagnum fimbriatum, esfagno

Trifolium arvense-Pe de lebre

Trifolium arvense, pé de lebre

Trifolium dubium

Trifolium dubium

Vicia parviflora-Veza, herba da fame

Vicia parviflora, veza, herba da fame

Zygaena trifolii-Zigena de cinco puntos

Zygaena trifolii, zigena de cinco puntos

Calopterix virgo-Cabaliño do demo, gaiteiro azul

Calopterix virgo, cabaliño do demo, gaiteiro azul

Euphydryas aurinia- Ondas vermellas

Euphydryas aurinia, ondas vermellas

 

Publicado por: MontePituco | 20/05/2016

POLÍGONO DE O VAO: ADAPTACIÓN Á LEI DO SOLO

Diario, 20 maio 2016

El polígono de O Vao busca el ‘sí’ definitivo del Gobierno gallego

Los promotores del parque comercial esperan apurar la tramitación “todo lo que se pueda” para llegar a la fase de obras

Publicado por: MontePituco | 20/05/2016

II XORNADAS FORESTAIS DO BAIXO MIÑO

II Xornadas Forestais do Baixo Miño

Publicado por: MontePituco | 19/05/2016

SISTEMA PARA EVITAR A IRRUPCIÓN DE ANIMAIS NAS ESTRADAS

La Voz, 16 maio 2016

Así funcionan las señales antifauna que prueba la Xunta

Los dispositivos reflejan la luz de los coches hacia la zona por la que los animales se acercan a la carretera

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías