Publicado por: MontePituco | 11/07/2016

ASÍ FOI A RUTA POLA PROTECCIÓN DO MONTE DE SAN XULIÁN

No miradoiro do Pornedo, o 'balcón da ría'.

Unha andaina organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo -con apoio da Asociación Monte Pituco- reivindicou a protección dos montes da parroquia marinense de San Xulián, en especial contra a construcción dun polígono industrial no Monte Pornedo (ou Pituco) proxectado polo Concello de Marín e pola Xunta, e a prol da posta en valor dos conxuntos rupestres da Carrasca e de Champás para enlazar o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños co Lago de Castiñeiras.

Os participantes no roteiro, que partiu do adro da igrexa de San Xulián, percorreron un treito do rego de Castiñeiras e, logo de catro horas de ruta, puideron gozar do solpor dende o miradoiro do Pornedo, considerado un privilexiado ‘balcón da ría’ pola panorámica que ofrece, coa illa de Tambo en frente e o arquipélago de Ons no horizonte.

Tamén houbo paradas en diversos puntos de interese etnográfico, natural e patrimonial: a fonte e as proximidades do nacemento do rego da Grela, ademais de diversas estacións dos conxuntos rupestres da Carrasca, Champás, Sete Camiños e Pornedo datados na Idade do Bronce, que presentan numerosas representacións de arte rupestre, como cazoletas, figuras zoomorfas, círculos concéntricos, espirais e armas.

Tamén destacou a presenza, ao longo do camiño, de diversos gravados modernos realizados polo marinense José Meijón no pasado século XX.

As explicacións foron a cargo de Cándido Martínez, da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo e do colectivo Luita Verde, e de Paulo Troitiño, do Grupo Micolóxico-Naturalista Liboreiro e experto en fauna, flora e arte rupestre do Morrazo. Entre os asistentes tamén se atopaban representantes da Federación Ecoloxista Galega, que na súa última asemblea anual celebrada en Pontevedra o pasado mes de marzo, aprobou apoiar a causa da Asociación Monte Pituco pola protección e conservación deste Espazo Natural dos Montes do Morrazo, ameazado polo proxecto de construcción dunha área industrial.

Con esta andaina polos montes de San Xulián, a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo puxo fin a esta tempada de roteiros pola bisbarra, que se retomarán á volta do verán.

Igrexa de San Xulián de Marín

Igrexa de San Xulián de Marín, do século XVI

Igrexa de San Xulián de Marín

Participantes na ruta organizada pola Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Primeira parada na fonte da Grela

Primeira parada na fonte da Grela

Vista do Monte Pituco dende A Grela

Vista do Monte Pituco dende a fonte da Grela

Subida hacia o rego de Castiñeiras

Cardos no camiño ao rego de Castiñeiras

‘Dipsacus follonum’, cardencha

Percorrido polo rego de Castiñeiras

Rego de Castiñeiras

Percorrido polo rego de Castiñeiras

Percorrido polo rego de Castiñeiras

Percorrido polo rego de Castiñeiras

Percorrido polo rego de Castiñeiras

Fento real no rego de Castiñeiras

‘Osmunda regalis’, dentabrú, fento real

Percorrido polo rego de Castiñeiras

Conxunto rupestre de Champás nº3

Conxunto rupestre de Champás nº3

Conxunto rupestre de Champás nº3

Conxunto rupestre de Champás nº3

Conxunto rupestre de Champás nº3

Conxunto rupestre de Champás nº3. Foto, posiblemente, de Carlos Paratcha, anos 50.

Conxunto rupestre de Champás nº3 (Foto dos anos 50, posiblemente de Carlos Paratcha)

Conxunto rupestre de Champás

Conxunto rupestre de Champás nº2

Conxunto rupestre de Champás nº2

Conxunto rupestre de Champás nº2

Conxunto rupestre de Champás nº1, "Silla de Champás".

Conxunto rupestre de Champás nº1, coñecido como ‘silla de Champás’

Conxunto rupestre de Champás nº1, "Silla de Champás"

Conxunto rupestre de Champás nº1, coñecido como ‘silla de Champás’

Erica ciliaris, exemplar hipocromatico

‘Erica ciliaris’, exemplar hipocromático

Conxunto rupestre da Carrasca nº5

Conxunto rupestre da Carrasca nº5, alterado con gravados modernos de José Meijón

Conxunto rupestre da Carrasca nº4

Conxunto rupestre da Carrasca nº4

Conxunto rupestre da Carrasca nº3

Conxunto rupestre da Carrasca nº3

Conxunto rupestre da Carrasca nº3

Conxunto rupestre da Carrasca nº3

Conxunto rupestre da Carrasca nº3

Conxunto rupestre da Carrasca nº3

Complexo rupestre da Carrasca nº1.

Conxunto rupestre da Carrasca nº1, outro dos ‘santuarios’ da arte rupestre en San Xulián, a parroquia marinense con maior densidade de arte rupestre

Conxunto rupestre da Carrasca nº1

Conxunto rupestre da Carrasca nº1

Conxunto rupestre da Carrasca nº1

Conxunto rupestre da Carrasca nº1

Conxunto rupestre da Carrasca nº1

Conxunto rupestre da Carrasca nº1

Pausa no rego da Grela

Parada nas proximidades do nacemento do rego da Grela

Petroglifos de Sete Camiños

Petroglifos de Sete Camiños

Hacia o alto do Pornedo

Hacia o alto do Pornedo.

Hacia o miradoiro do Pornedo

Alto do Pornedo

Hacia o miradoiro do Pornedo.

Conxunto rupestre do Pornedo nº1

Conxunto rupestre do Pornedo nº1

Petroglifos de Pornedo, por Carlos Paratcha (anos 50).

Conxunto rupestre do Pornedo nº1 (Foto dos anos 50, probablemente tomada por Carlos Paratcha)

Miradoiro do Pornedo.

Miradoiro do Pornedo, o ‘balcón da ría’

No miradoiro do Pornedo, o 'balcón da ría'.

Miradoiro do Pornedo, o 'balcón da ría'.

Miradoiro do Pornedo, o 'balcón da ría'.

Ruta polos montes de San Xulián (plano, Paulo Troitiño)

(Plano elaborado por Paulo Troitiño)

…Participa na campaña ‘Amig@s do balcón da ría’…

Amig@s do 'Balcón da ría'.

 


Responses

  1. […] a Asociación DEFENDE O MONTE PITUCO e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo se esforzan na promoción dos conxuntos rupestres da Carrasca e de Champás para que o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños poida conectarse -a través desas […]

  2. […] Ao parecer, sen embargo, é na Comunidade de Montes de San Xulián onde se esgotou este material gráfico, de modo que a directiva tería iniciado conversas co Concello de Marín para que o Goberno local colabore na impresión dunha nova tirada de folletos. Que nos conste, o único colectivo -polo menos desta parroquia- que ten demandado en varias ocasións lotes de trípticos e cadernos é a Asociación MONTE PITUCO, con motivo das andainas organizadas en colaboración con colectivos, como a Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo, o colectivo xuvenil Jóvenes Pioneros e a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.  […]

  3. […] Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo retomou o seu programa de roteiros. Se a última andaina do pasado verán foi percorrendo o monte de San Xulián ata o Pornedo (Pituco), a primeira ruta deste outono discorreu tamén pola parroquia marinense de San Xulián, mais para […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: