Publicado por: MontePituco | 05/07/2016

PREPARANDO AS SENDAS DO ROTEIRO POLOS MONTES DE SAN XULIÁN

Acondicionamento das sendas para o roteiro do 9 de xullo polos montes de San Xulián.

De xeito voluntario e altruista. Pensando na comodidade das persoas que acudan este sábado 9 de xullo ao roteiro polo monte de San Xulián que organiza a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo. Recuperando antigos camiños que, ao quedar en desudo, foron ocupados pola vexetación. E sobre todo, actuando de forma indirecta na prevención dos temidos lumes forestais. 

Todo isto, coa ‘simple’ axuda duns fouciños e duns angazos, sen ningún tipo de soporte mecánico. Cero risco de incendio. Compromiso 100% co coidado do monte e coa súa promoción entre a veciñanza.

Esta semana estase traballando no acondicionamento de determinados treitos do roteiro que, partindo ás 18:00 horas dende o adro da igrexa parroquial de San Xulián, percorrerá o rego de Castiñeiras, os conxuntos rupestres de Champás, A Carrasca, Sete Camiños e Pornedo, con parada obrigada no miradoiro do Pornedo, o ‘balcón da ría’, para gozar un momento do solpor e, dende aí, retornar ao punto de partida a través dos sendeiros que cruzan O Caeiro, A Bouza e A Grela.

Retírase sobre todo, fentos, toxo e silvas que entorpecen o tránsito a pé. Confiamos en que resulte unha actuación duradeira e que despois desta andaina algúns dos seus participantes se animen a repetila.

[Agradecementos: Pichi Martínez, da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, e Paulo Troitiño, da Agrupación Micolóxico-Naturalista Liboreiro]

Acondicionamento das sendas para o roteiro do 9 de xullo polos montes de San Xulián.

Acondicionamento das sendas para o roteiro do 9 de xullo polos montes de San Xulián.

Petroglifos zoomorfos de Sete Camiños

Acondicionamento das sendas para o roteiro do 9 de xullo polos montes de San Xulián.

Conxunto rupestre do Pornedo, que consta de trazos abstractos con forma circular e de armas


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: