Publicado por: MontePituco | 15/06/2017

“O SITIO MÁIS CHAN DE TODO MARÍN”

"Conversamos con"

En 2011 celebrabamos o Día da Biodiversidade cun artigo humorístico no que faciamos chanza da descuberta dunhas abraiantes especies faunísticas no Monte Pituco; entre elas, a que demos en bautizar como ‘lamoñato’, un híbrido de (Manuel Pazos) Lamoso e miñato que “dende a súa privilexiada posición nas alturas nos quere convencer de que o Monte Pornedo é plano de todo”, contabamos daquela.

Vén este recordo a conta dun coloquio no que acaba de participar o ex-concelleiro socialista Manuel Pazos Lamoso analizando “o estado do municipio” con outras figuras do panorama político local dos últimos anos.

Gardamos un pésimo recordo deste ex-edil; tan malo ou máis como o do resto dos seus compañeiros de bipartito. Porque ao ex-alcalde Francisco Veiga haille que achacar a súa incapacidade para rebater e argumentar unha decisión -a de clasificar o Monte Pituco como solo industrial- que se está demostrando que foi totalmente errónea. A ineptitude e a covardía de Veiga quedou plasmada no seu reiterado rexeitamento a recibir a Asociación Monte Pituco.

Pero o de Pazos Lamoso ten maldade. Deste ‘persoeiro’ hai que lamentar que actuase como un auténtico mentireiro e un grandísimo trampón por tratar de xustificar o inxustificable a base dunha burda trola; por riba, aproveitándose dunha suposta posición de vantaxe con respecto á veciñanza, ao utilizar a súa capacitación profesional como garantía de que as súas afirmacións eran certas.

Aseguraba Manuel Pazos Lamoso aló por 2010 que o Monte Pituco era “o sitio máis chan de todo Marín”; de aí a decisión do equipo de goberno ao que pertencía de proxectar no PXOM un polígono industrial nese emprazamento. 

Daquela eramos novatos, algo inxenuos e aínda inexpertos na materia; optamos pola prudencia e o silencio porque careciamos de datos obxectivos cos que rebater unha frase tan rotunda. Así que optamos por contrastar, rañar o peto e contratar un estudo topográfico do Pornedo. O resultado foi demoledor: non só NON era o sitio máis plano de todo Marín, como xuraba e perxuraba Lamoso, senón que unha primeira análise das curvas de nivel na área afectada polo polígono -nunha versión anterior á definitiva- evidenciou que menos do 10% dese hipotético polígono reunía os requisitos básicos recomendados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo para a construcción de parques industriais.

Sete anos despois de que Pazos Lamoso, alias ‘lamoñato’, intentara enganarnos, vacilarnos, tomarnos o pelo, rir de nós na cara… unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia referida ao Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia constata que a forte pendente natural do Monte Pituco fai inviable unha obra como a que pretende o PXOM (e que fora incluída no Plan Sectorial) tal e como o bipartito BNG-PSOE o tramitou.

“…No es posible desconocer la no desvirtuada circunstancia resultante del informe pericial topográfico aportado por la parte actora, de que el 43’08% de la superficie afectada por dicho parque cuenta con una pendiente superior al 25%, y que el 28’64% de la superficie del parque presenta una pendiente entre el 15% y el 25%. Precisamente en el estudio de incidencia territorial y análisis de la capacidad de acogida del suelo, contenido en el documento V del PSOAEG, se establece, entre otros, el siguiente criterio:

“As áreas empresariais non se poden localizar razoablemente sobre zonas moi abruptas, entendendo por estas as que superan o 25% de pendente. A pendente é un factor que limita a urbanización xa que, en pendentes fortes, é necesario realizar importantes movementos de terra para poder edificar axeitadamente. Estes movementos de terra, se non se compensan e se minimizan, xera un sobrecusto de urbanización interna do parque e pode chegar a representar unha afección ao medio non só física, senón natural e de tipo paisaxístico. Ademáis os movementos de terras en fortes pendentes poden producir, en función dos materiais, problemas de estabilidade en noiros e encarecemento das obras de urbanización. A efectos de avaliación de afeccións estableceuse unha gradación de pendentes, sendo das inferiores a un 5% as máis favorables, e as superiores a 25% as máis desfavorables”.

Así, resulta que el área empresarial aquí examinada se ubica en un 43’08% de su superficie  sobre terreno con pendiente superior al 25% y por tanto sobre zona muy abrupta en la que, según dicho estudio, “no se puede localizar razonablemente” y si a ello se añade que otro 28’64% del área empresarial presenta pendientes comprendidas entre el 15% y el 25%,  ciertamente surgen relevantes dudas sobre el acierto de la ubicación aprobada, en cuanto a que la decisiva influencia de la orografía en el caso aquí examinado exigiría una muy detallada justificación de una hipotética posibilidad de superación de la referida dificultad, lo que en principio se presenta como verdaderamente complicado a tenor de las variadas consecuencias derivadas del aspecto orográfico mencionado, tanto en el aspecto relativo a la urbanización y sus costes, como en el referido a la afección del medio físico, natural y paisajístico, cuestión esa última que precisamente puede ser conectada con la advertida insuficiencia del informe de sostenibilidad ambiental del PSOAEG en cuanto que no contiene una real valoración de las potenciales afecciones directas o indirectas sobre el espacio natural de los montes do Morrazo…”

[Extracto da sentenza do TSXG de maio de 2017]

Así que desconfíen. Desconfíen, cuestionen e contrasten. Porque non é político todo o que reloce; hai moito ‘lamoñato’ solto e disposto a intoxicar para tapar as vergoñas propias e alleas. 

Que por riba convoquen a Pazos Lamoso a un foro para comentar o “estado do municipio” é de risa.

A este que se cre pavo real pero que non pasa de buteo buteo, máis lle valía ter quedado no tobo do esquecemento a onde foi arrinconado pola propia militancia do Psoe marinense, que non o quixo de candidato á alcaldía. Entre patrañas como a da orografía do Pituco e a súa delirante cruzada contra as palmeiras, o seu voo ía ser en picado cara a un fracaso aínda máis estrepitoso do que lle acabaron deparando as urnas.

E non deixa de resultar curioso o ben atinados que estivemos asignándolle criatura coa que caracterizar a Pazos Lamoso: entre os apelativos cos que se identifica o miñato no libro “Os nomes galegos das aves” descubrimos que figura o de “lamote”. 

O lamoñato, porque dende o aire todos os montes se ven máis planos.

Publicado por: MontePituco | 14/06/2017

ESTE SÁBADO, HOMENAXE A XAN MONTENEGRO

Homenaxe a Xan Montenegro: 6º cabodano (2017)

A homenaxe a Xan Montenegro que se celebrará este sábado ás 21:00h no Carballal, diante do monumento á súa memoria, vai ter un aquel moi especial. 

Xan foi a primeira persoa na que pensamos cando, a finais do mes pasado, se nos comunicou o fallo do TSXG contra o Plan Sectorial de Áreas Empresariais ordeando a retirada do parque empresarial Marín-Pornedo. 

Estabamos en Compostela, unha cidade pola que Xan tiña unha inclinación especial. Quizais foi unha virada do destino, ou unha chiscadela súa dende o Alén, ternos conducido aquel día ata Santiago. Pero por máis que marcamos e marcamos o número do seu fogar familiar para facer partícipes os seus máis directos achegados daquela feliz noticia, que nos encheu de entusiasmo, foi imposible conectar con ningún/ningunha Montenegro. Nin sequera coas súas omnipresentes ‘Lucindas’.

De modo que foron outras persoas as que recibiron os primeiros ecos da nosa voz exultante dando conta da pequena gran vitoria de David-Pituco contra Goliat-Xunta. Mais estamos seguros de que Xan ría para si desta anécdota; porque para el estaba máis claro que a auga que mana da Fonte das Pulgas, máis nidio que os sucos dos petróglifos do Pornedo, máis certo que as curvas de nivel que testemuñan o impacto irreversible que tería construír un mamotreto de naves industriais en pleno ‘balcón da ría’, como el ben denominaba este espazo.

…Sabedoría de Xan.

 

Publicado por: MontePituco | 13/06/2017

EUCALIPTOS, INIMIGOS DA BIODIVERSIDADE

Diario, 13 xuño 2017

Un estudio certifica que los eucaliptos destruyen la biodiversidad en los ríos

El equipo de la UVigo aboga para evitarlo por usar especies autóctonas y proteger los bosques

“Para probar esta hipótesis, los investigadores estudiaron dieciséis regatos, tomando muestras de macroinvertebrados, y calcularon el grado de alteración de la vegetación de la bacía según la superficie ocupada por bosque autóctono, eucaliptos, zonas agrícolas, matoral y zonas urbanas. Los resultados revelaron que la biodiversidad aumenta en proporción al bosque autóctono, incluida la presencia de peces, y que aquellos regatos con mayor presencia de eucaliptos en su ecosistema tienen mayor probabilidad de secarse “completamente en verano”.

*Fonte da información: Diario da Universidade de Vigo (DUVi

A presenza de eucaliptais a carón dos regatos diminúe a biodiversidade

Publicado por: MontePituco | 12/06/2017

A CONSERVACIÓN DO CASTRO DE MONTEALEGRE, POLO BO CAMIÑO

Diario, 10 xuño 2017

El Corredor se cortará ocho meses para preservar el castro de Montealegre

La conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, y los alcaldes de Bueu, Cangas y Moaña han acordado ampliar el túnel de Domaio para desviar el trazado de las obras

Diario, 10 xuño 2017

Un cambio en el trazado del Corredor salvará el castro de Montealegre

La Consellería de Infraestruturas y los alcaldes de Bueu, Cangas y Moaña acordaron ampliar el túnel de Domaio, lo que supondrá cortar el vial durante siete meses seguidos

Vázquez opina que la solución propuesta para mantener los restos arqueológicos es «moi singular» y no cuenta con «precedentes en toda España». Sobre las consecuencias que tendrá la ampliación del túnel en el tráfico, la conselleira ha solicitado «paciencia» y ha asegurado que la Xunta de Galicia «reforzará os medios» para evitar colapsos de tráfico.

Por otro lado, los alcaldes de Cangas y Bueu y la alcaldesa de Moaña se han comprometido a colaborar y han agradecido a la Consellería «os esforzos» realizados para buscar una solución para preservar el patrimonio.

Desde que se supo del riesgo que las obras de conversión del Corredor en autovía tenían de afectar al Castro de Montealegre, los distintos concellos de la comarca de O Morrazo se posicionaron a favor de su preservación y de intentar buscar una alternativa al trazado marcado en primera instancia. En los tres concellos presentes en la reunión, es decir, Bueu, Cangas y Moaña, hubo acuerdos entre la totalidad de la Corporación municipal a este respecto. Pero también en la villa marinense, donde Marea Veciñal Marín propuso una moción para apoyar que se protegiese el yacimiento, que fue aprobada por unanimidad.

Publicado por: MontePituco | 11/06/2017

DESFEITAS NA PAISAXE

La Voz, 11 xuño 2017

«As maiores desfeitas na paisaxe de Galicia non as fixeron os paisanos»

O investigador defende a beleza do territorio galego, pero alerta de que as postais non agochan «as burradas»

“O granito e a lousa son recursos importantes, pero ninguén pensou que era mellor facer un gran polígono nunha zona. Non, degradamos toda a paisaxe con ducias de canteiras. Non podemos facer en cada recuncho unha piscifactoría e un parque eólico en cada monte. Agora temos que planificar mellor, porque faltou moita sensibilidade e educación ambiental”.

[Pérez Alberti (Tortosa, 1947). O seu traballo de anos serviu para definir o Mapa das Grandes Áreas Paisaxísticas de Galicia]

Diario, 9 xuño 2017

El Centro de Fauna de Carballedo se contratará este mes

La Secretaria Xeral de Patrimonio Natural aclaró que la fase de licitación de la obra, que contará con 700.000 euros, está muy avanzada

“Na actualidade estase a ultimar a análise da documentación das ofertas presentadas para o contrato de licitación desta actuación, por un importe de 700.000 euros” (…) Esta instalación estará ubicada en Carballedo, donde ya está instalado el Centro Ictiogécnico de recuperación del salmón atlántico y de la trucha autóctona. De este modo se podrá completar el complejo ambiental de Cotobade. 

Publicado por: MontePituco | 10/06/2017

BRIGADAS FORESTAIS NOS CONCELLOS

La Voz, 9 xuño 2017

Los concellos buscan cincuenta operarios para brigadas forestales

Algunos municipios, como Pontevedra, no comulgan con el convenio de Medio Rural

¿Por qué solo algunos municipios cuentan con estas cuadrillas? Por distintas causas. En algunos casos los alcaldes señalan que las arcas públicas no pueden permitirse costear las brigadas. Pero hay un nutrido grupo de gobiernos locales, entre ellos el de Pontevedra, que apelan a que la extinción de incendios es una competencia exclusiva de la Xunta y que, por tanto, ni firmaron ni firmarán ningún convenio ni harán ninguna contratación que implique que los concellos tengan que asumir esas tareas. Los ocho que sí lo harán contratarán a medio centenar de operarios. Ahora mismo están en el proceso para seleccionar a ese personal.

Los concellos que se adhieren al convenio con Medio Rural son los siguientes: Cuntis, Portas, Cotobade, Campo Lameiro, A Lama, Moraña, Poio y Caldas. Cada uno contará con una brigada de cinco personas, menos el Ayuntamiento caldense, que contratará a diez.

(…)

Algunos concellos, como Marín y Sanxenxo, del PP, tampoco entraron en el acuerdo con Medio Rural. La alcaldesa marinense, María Ramallo, señaló que en su caso el componente urbano del municipio es mayor que el rural y no considera que haya que contratar brigada.

Publicado por: MontePituco | 10/06/2017

‘SEGREDOS AO DESCUBERTO’, NO MONTE PITUCO (PORNEDO)

"Segredos ao descuberto", no petróglifo de Pinal de Caeiro 'O ciclista'

“Se a crenza nos tesouros estaba amplamente difundida e se o seu descubrimento podía arranxarche a vida, a cuestión radicaba en donde buscar. Ademais de nos castros e mámoas -morada favorita dos mouros- críase que os tesouros estaban agochados naqueles lugares nos que habitaban os encantos: fontes, pozos, ríos, covas, rochas, buratos, etc. (M. Llinares García e J.M. Vázquez Varela, 1990: 102). Os seres imaxinarios posouidores das riquezas, demarcaban simbolicamente o territorio deixando pegadas da súa presenza”.

[Segredos ao descuberto: pegadas de canteiros e de buscadores de tesouros nos petróglifos galegos: Buenaventura Aparicio Casado e Antonio de la Peña Santos, Ed. Ab Origine, 2017]

"Segredos ao descuberto", no petróglifo de Sete Camiños

“É incuestionable que, en moitos casos, os canteiros -que traballaban debruzados materialmente sobre as rochas- si ollaron os gravados, afirmación que se reforza ao relativizar o efecto en contra la luz solar nas horas centrais do día, posto que a tarefa dos picapedreiros levaba o seu tempo e durante xornadas enteiras de duro traballo puideron contemplar as laxes iluminadas con intensidade e ángulo de incidencia variables. Por conseguinte, viron en non poucas ocasións as insculturas e, nalgúns casos, voaron ou fragmentaron a rocha -non tiñan ou non atoparon nese intre razóns de peso para proceder doutra maneira- e, noutras, decidiron deixar intacta a pedra ou a porción dela que servía de soporte aos gravados -sobre todo os máis sobranceiros- movidos, quizais, por determinadas crenzas”.

[Segredos ao descuberto: pegadas de canteiros e de buscadores de tesouros nos petróglifos galegos: Buenaventura Aparicio Casado e Antonio de la Peña Santos, Ed. Ab Origine, 2017]

"Segredos ao descuberto", no petróglifo do Pornedo

Temos entre mans a lectura do novo libro do antropólogo Buenaventura Aparicio e do arqueólogo Antonio de la Peña. Unha obra que cita numerosos exemplos de gravados no monte de Salcedo que antano foron ‘indultados’ polos canteiros que traballaban no aproveitamento das moles graníticas. Os autores citan tamén o caso dos petroglifos de Mogor, onde tamén se realizaron labores extractivas e picadas de punteiros.

Tampouco o Pornedo (Pituco) foi alleo ao paso dos picapedreiros; non en van coa abundancia de canteiras cuxos restos se atopan en distintos puntos deste monte, construíronse numerosas vivendas e muros nas aldeas próximas, entre outros usos. En xaneiro de 2016, dende a Asociación Monte Pituco mesmo formulamos un proxecto destinado aos fondos DUSI para que se crease no Pornedo un centro de interpretación das antigas canteiras, co seu correspondente roteiro.

Velaí o ‘corte’ na laxe onde se que sustenta o xacemento de Pinal de Caeiro, as marcas dos punteiros no gravado de Sete Camiños ou no propio conxunto rupestre do Pornedo. Dende a Asociación Monte Pituco defendemos o valor antropolóxico deste legado como ferramenta de desenvolvemento educativo, cultural e social. Agora, unha publicación froito dun traballo de investigación de Aparicio e De la Peña vén explicar a teoría de que moitos dos vestixios prehistóricos que hai labrados nas rochas dos montes galegos chegaron ata os nosos días grazas a unha “decisión intencionada” dos canteiros que “evitaron a destrucción dos gravados como consecuencia de profesar certas crenzas inseridas na cosmovisión popular”, como expoñen os editores.

Paga a pena adentrarse na lectura desta obra para comprender un pouco máis e mellor o mundo dos petróglifos que, pouco a pouco, vai callando máis na sociedade. Mais aínda queda moito camiño por percorrer para que este patrimonio acade o respecto que se lle debe.

Publicado por: MontePituco | 09/06/2017

AMPLIACIÓN DA EXCAVACIÓN NO CASTRO DA SUBIDÁ

Faro, 8 xuño 2017

El Concello amplía la zona arqueológica de A Subidá

La actuación mejora el conocimiento de este espacio. Divulgará los resultados del estudio

La excavación arqueológica en marcha comenzó la pasada semana y rematará a finales de esta. Está dejando a la vista una nueva estructura doméstica que se incorporará al conjunto expuesto.

También se están registrando hallazgos de diversos materiales utilizados por los habitantes de esta aldea en su vida cotidiana, tales como fragmentos cerámicos de las vajillas utilizadas en la cocina y mesa. Al final de la excavación comenzarán los trabajos de consolidación y acondicionamiento de este nuevo espacio y se organizarán actividades para darlos a conocer.

 

Publicado por: MontePituco | 08/06/2017

PLENO EXTRAORDINARIO SOBRE O PXOM

Faro, 8 xuño 2017

El gobierno rechaza la comisión del PXOM que piden todos los grupos de la oposición

El equipo de María Ramallo argumenta que no es necesario y niega que se vaya a revisar el plan – PSOE, BNG y Marea acusan al ejecutivo de romper el consenso en este asunto

El concejal de Urbanismo, Manuel Santos, indicó que si bien “hay cosas que no nos gusta de este plan” , dado que lleva pocos años en vigor y que la coyuntura económica de crisis “no permitió que se desarrollara con la velocidad que nos gustaría”, no es el momento de revisarlo, por lo que no ve motivos para crear la comisión de seguimiento que la oposición reclama.

Reiteró que los aspectos modificados obedecen únicamente a criterios técnicos, que no suponen la adopción de nuevos criterios respecto a la estructura general y orgánica del territorio o de la clasificación del suelo, que tampoco tiene por objeto la delimitación de suelo de núcleo rural, ni se está ante alteraciones de elementos de ordenación que supongan una modificación del modelo territorial

Publicado por: MontePituco | 07/06/2017

A SENTENZA DO TSXG CONTRA A XUNTA, EN MANS DA OPOSICIÓN

Sentenza do TSXG contra o Plan Sectorial de Áreas Empresariais

Hoxe celebrouse no Concello de Marín un Pleno Extraordinario forzado pola oposición para tratar sobre as modificacións puntuais do PXOM, que a Marea Veciñal, o Psoe e o Bng veñen criticando pola falta de transparencia na súa tramitación.

Hoxe é o día no que a oposición recibiu, por parte da Alcaldía, unha copia da sentenza do TSXG que ordea a retirada do Parque Empresarial Marín-Pornedo (Pituco) do Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia. 

Un fallo xudicial ben fundamentado que cuestiona a idoneidade da área industrial delimitada no Plan Sectorial, que asemade é a mesma que recolle o PXOM de Marín. Non en van, o primeiro recurso da Asociación Monte Pituco foi precisamente contra o Planeamento urbanístico municipal, do que se agarda a correspondente sentenza nos próximos meses.

 

Publicado por: MontePituco | 06/06/2017

SENTENZA DO TSXG CONTRA A XUNTA: 10 DÍAS DESPOIS

Dez días despois das reaccións políticas derivadas da sentenza do TSXG contra o Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia, seguimos dándolle voltas ás palabras da voceira municipal do BNG pola sarta de medias verdades -as peores mentiras- que airea na prensa local. 

Diario, 26 maio 2017

  • Afirma o BNG de Marín que foi do PP “a idea desde sempre de usar o Pornedo como chan empresarial”. 

A realidade é que o BNG de Marín xa prometía un polígono de 400.000 metros cadrados no Monte Pituco para uso exclusivamente INDUSTRIAL. Así o recolle o boletín informativo deste partido en febreiro de 2009.

Boletín BNG Marín, febreiro 2009: polígono indistrial no Monte Pituco

  • Advirte agora o Bng de Marín que o Concello “ten un problema” e que lle corresponde ao PP “atopar unha solución”.

O Bng non fai outra cousa que intentar sacudir a importante responsabilidade que lle corresponde na xestión do solo empresarial, en tanto ostentou a Concellaría de Urbanismo no tempo no que se xestou o PXOM: eles -co PSOE na Alcaldía aparentando liderar a tramitación do Planeamento- clasificaron o Monte Pituco como solo industrial (por máis que o documento fose aprobado posteriormente por maioría, cos votos a favor do PP) e agora, cunha sentenza do TSXG que ordena a retirada dese polígono delimitado no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia, o Bng de Marín trata de lavar as mans e endosarlle o paquete a outro.

  • O Bng de Marín acusa o PP de “chantaxe para que o PXOM se aprobase só co Monte Pituco así clasificado”.

Precisamente, foron o Bng e o Psoe de Marín os que se negaron a explorar outras posibilidades na procura de solo industrial cando a presión veciñal os obrigou a retirar o proxecto dos mini-polígonos na Brea e Vista Alegre. Cando a actual alcaldesa estaba na oposición e gobernaba a coalición Psoe-Bng, María Ramallo propuxo que a Sociedad Estatal de Promoción y Equipamiento de Suelo (SEPES) valorase a idoneidade doutra localización, pero a solicitude de intervención deste organismo tiña que partir da Alcaldía, un paso que o ex-rexedor, Francisco Veiga, non quixo dar, no seu afán de non entrar polo aro do PP. E ante as obxeccións de tipo medioambiental que presentaba o Monte Pituco, a resposta do ex-edil de Urbanismo nacionalista foi tan tallante como demoledora:

“Pois desaféctase, e punto!”

Diario de Pontevedra, 1 de xaneiro de 2009

“La Comisión de Réxime Interior dictaminó ayer desfavorablemente la moción del PP que plantea destinar 2.000.000 de euros del nuevo Plan E al inicio del parque industrial de Pastoriza (…) A nadie se le escapa la apuesta del PSOE y BNG por dar prioridad al parque empresarial del monte Pituco (…) El PP recuerda que “Marín necesita poner cuanto antes los cimientos básicos para el desarrollo futuro de su capacidad logística, empresarial e insutrial”, y matiza que “es necesario aprovechar estas importantes inversiones y planificar un parque-plataforma industrial en Pastoriza, entre los municipios de Marín y Moaña”  (Diario de Pontevedra, 1 decembro 2009)

Diario de Pontevedra, 4 de abril de 2010

“Se pregunta si con estas propuestas [A Brea y Vista Alegre] se podría dar respuesta a las necesidades de Marín y critica que ahora apuesten por O Pituco y se trate de evitar la alternativa de Pastoriza. Sobre el primer emplazamiento, matiza que “ya el Gobierno bipartito de la Xunta nos dijo que la zona podría estar afectada por el Espacio Montes do Morrazo“. (María Ramallo: Diario de Pontevedra, 4 de abril de 2010)

Faro de Vigo, 26 de xaneiro de 2011

“Na mente dos veciños aínda flota a memoria daquel pleno de decembro de 2009 no que María Ramallo presentou unha moción para que o SEPES fixera o estudo dun polígono empresarial compartido con Moaña na Cruz da Maceira. Viña avalado polo mesmísimo Congreso dos Deputados en Madrid e traía o beneplácito do presidente Zapatero. Solo facía falta un requisito: que fora o alcalde quen o solicitara. Esta moción tivo os votos en contra do BNG e mais do PSOE. O noso alcalde non quixo saber nada e desperdiciou así unha oportunidade única para dotar a Marín dun polígono que, ese si, sería a solución para Marín e para o futuro dos nosos fillos. O actual PXOM solo conta agora co polígono do Pituco: insuficiente, anti-económico e que incumpre todas as normativas ecolóxicas. Algo incomprensible para un concello con certificado EMAS”. (Faro, 26 de xaneiro de 2011: Mª Carmen Santos, veciña de A Brea).

Que mágoa de políticos aos que lles presupón a defensa do territorio, do medio ambiente e do patrimonio entre os seus principios. A consideración que teñen -e que compartimos- por Pastoriza diante da ausencia de infraestruturas e vías de acceso, da previsión dun elevado prezo dos terreos, e do dano ecolóxico para a zona, non a tiveron polo Pornedo: desprezaron o valor medioambiental que lle confire a súa pertenza ao Espazo Natural dos Montes do Morrazo, cuspiron sobre o impacto visual e paisaxístico que suporía instalar naves e construír taludes en pleno balcón da ría, ignoraron a imposibilidade de dotar a zona de conexión ferroviaria como requisito imprescindible para a Autoridade Portuaria ante a pretensión de convertelo en plataforma loxística.

Ante semellante agravio tivemos que ser un grupo de veciñas e veciños os que lideramos a loita pola defensa do Monte Pituco, reunindo as evidencias que proban a agresión indirecta ao patrimonio arqueolóxico catalogado, o risco de perda sobre os mananciais que abastecen a veciñanza con auga de regadío e para consumo doméstico e, sobre todo, os datos técnicos irrefutables sobre a elevada pendente do terreo que fan inviable a obra pretendida no PXOM e asimilada posteriormente polo Plan Sectorial de Áreas Empresariais. Foi este último o que tumba o TSXG, a expensas de coñecermos a sentenza sobre o recurso presentado contra o Planeamento do Concello de Marín.

Pero o propio Bng de Marín truca e retruca en si mesmo, inocula o seu propio veleno e cae na rede arácnida que tece e destece permanentemente, nunha sorte de esquizofrenia política que trae a súa credibilidade en caída libre. Así, ao tempo que mira para outro lado cando esta sentenza cuestiona duramente a xestión do chan industrial da que foi partícipe, resoa o eco recente das palabras deste concelleiro nun acto público:

“O polígono no Pituco é inviable e non se vai facer na vida”

 

Publicado por: MontePituco | 05/06/2017

NO DÍA DO MEDIO AMBIENTE, SOBRE A MARCHA DA APDR

5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente

“…Porque queremos ver os montes galegos cheos de carballos e castiñeiros; porque queremos acadar ese desexado futuro que nos dea o traballo e a espectacular riqueza que só a natureza sabe e pode darnos se somos quen de respectala…”

[Fragmento do manifesto lido pola voceira da APDR, Antía Cal, na Marcha contra Celulosa 2017]

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

DSC_1066

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Manifesto da APDR na Marcha contra Celulosa 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

Marcha da APDR contra Celulosas-Elnosa, 2017

“…É o noso deber seguir mobilizándonos contra este contaminante complexo que nos roubou un paraíso e que nos rouba o futuro día a dia; que temos que seguir denunciando por todas as vías das que dispomos para que as nosas voces sexan escoitadas…”

[Fragmento do manifesto lido pola voceira da APDR, Antía Cal, na Marcha contra Celulosa 2017]

Publicado por: MontePituco | 04/06/2017

ECOGUERREIRAS NO MUNDO

En vésperas do Día do Medio Ambiente, unha revista dominical publicaba este fin de semana unha reportaxe de Paka Díaz titulada “Ecoguerreras“, protagonizada por varias mulleres que, en diversos países do mundo, encabezan unha loita en defensa do medio ambiente, enfrontándose ás dificultades que conleva a condición feminina e arriscándose mesmo a perder a vida.

"Ecoguerreras", Mujer Hoy, 3 xuño 2017

2

"Ecoguerreras", Mujer Hoy, 3 xuño 2017

"Ecoguerreras", Mujer Hoy, 3 xuño 2017

"Ecoguerreras", Mujer Hoy, 3 xuño 2017

Publicado por: MontePituco | 03/06/2017

MARCHA CONTRA CELULOSAS E ELNOSA

Plantación simbólica de eucaliptos na Ferrería

STOP eucaliptización

STOP eucaliptización

STOP eucaliptización

STOP eucaliptización

Manifesto contra a eucaliptización

 

Marcha contra Celulosas-Elnosa

Publicado por: MontePituco | 03/06/2017

MARCHA POLA RECUPERACIÓN DA RÍA

Marcha contra Celulosas-Elnosa

Publicado por: MontePituco | 01/06/2017

PRESENTACIÓN EDITORIAL: ‘SEGREDOS AO DESCUBERTO’

"Segredos ao descuberto", presentación no Museo

Publicado por: MontePituco | 01/06/2017

‘SEGREDOS AO DESCUBERTO’, PRESENTACIÓN NO MUSEO

"Segredos ao descuberto", presentación no Museo

Publicado por: MontePituco | 31/05/2017

‘PARAÍSO ROUBADO’, PROXECCIÓN EN MARÍN

Proxección de "Paraíso roubado" en Marín

Publicado por: MontePituco | 30/05/2017

REPERCUSIÓN NA PRENSA DO FALLO DO TSXG (IV)

Faro, 30 maio 2017

La Plataforma dos Montes de O Morrazo pide revisar la planificación del suelo empresarial en la comarca

Publicado por: MontePituco | 29/05/2017

PROPOÑEN UNHA ÁREA ARQUEOLÓXICA EN COMBARRO

Diario, 28 maio 2017

Combarro y su tesoro oculto

‘Rega dos agros’ ha solicitado a la Deputación de Pontevedra que se involucre en la creación de un área arqueológica en el monte de Combarro, donde se han localizado numerosos grabados rupestres a lo largo de los últimos años

“…Poio ya cuenta en la actualidad con un área de visita de petroglifos en A Caeira. La directiva de ‘Rega dos agros’ calcula que el número de símbolos que hay en el monte de Combarro puede superar al del emplazamiento de San Salvador. “Sería un complemento estupendo”, reconoce Manuel Carramal. La Comunidad de Montes recuerda que en el muncipio poiense fueron realizados otros hallazgos de gran calibre, como es el caso del Castro da Cividá, situado en el lugar de Xuviño, en la parroquia de Combarro…”

Publicado por: MontePituco | 28/05/2017

REPERCUSIÓN NA PRENSA DO FALLO DO TSXG (III)

Diario, 28 maio 2017

Protección de Montes do Morrazo pide que se revise el suelo empresarial de la comarca

 

Plataforma Montes do Morrazo

O TSXG tumba o polígono industrial do monte Pornedo do PSOAEG

Publicado por: MontePituco | 27/05/2017

REPERCUSIÓN NA PRENSA DO FALLO DO TSXG (II)

Diario, 27 maio 2017

El Concello baraja crear suelo industrial en Pastoriza tras la sentencia del Pituco

La decisión del TSXG obliga a buscar una alternativa al polígono proyectado

Diario, 27 maio 2017

El Concello baraja la catalogación de Pastoriza como suelo empresarial

La sentencia del TSXG obliga a buscar una alternativa al polígono que estaba proyectado en el Monte Pituco

Publicado por: MontePituco | 26/05/2017

REPERCUSIÓN NA PRENSA DO FALLO DO TSXG

Diario, 26 maio 2017

Una sentencia anula la categoría de área empresarial del Monte Pituco de Marín

El TSXG obliga a la Xunta a eliminar el terreno de su Plan Sectorial por las dificultades urbanísticas en terreno y el impacto medioambiental y visual


 

Faro, 26 maio 2017

El TSXG falla en contra de la construcción del polígono industrial en Monte Pituco

El alto Tribunal insta a la Xunta a retirar el proyecto en base a la orografía del terreno y los daños ambientales que provocaría


 

La Voz, 26 maio 2017

La Justicia ordena a la Xunta retirar el monte Pituco del Plan de Áreas Empresariais de Galicia

La elevada pendiente y el impacto visual justifican la anulación


 

Pontevedraviva, 25 maio 2017

O TSXG dá a razón á asociación Monte Pituco e ordena á Xunta retirar o polígono Marín-Pornedo


 

Historia de Galicia, 25 maio 2017

Historia de Galicia, 25 maio 2017

O TSXG impide a construción dun polígono industrial que afectaría petróglifos e mámoas do Monte Pituco


 

Cousas de Carragal, 26 maio 2017

Publicado por: MontePituco | 25/05/2017

REVISIÓN DO PXOM

Diario, 25 agosto 2012

La Xunta agilizará la revisión del PXOM

Medio Ambiente acortará el plazo legal, por lo que debería estar en vigor en septiembre

Diario, 25 agosto 2012

La Xunta reducirá el plazo legal de un mes para ratificar el texto del PXOM

Publicado por: MontePituco | 25/05/2017

O TSXG DÁLLE A RAZÓN A ASOCIACIÓN MONTE PITUCO

Brindando con sidra galega dende o 'balcón da ría'

 

O TSXG ordea que a Xunta retire do Plan Sectorial de Ordenación das Áreas Empresariais de Galicia o polígono proxectado no Monte Pituco

 

A Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de estimar favorablemente o recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación Defende o Monte Pituco (Pornedo) contra a aprobación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, que delimitaba unha área para a construcción do Parque empresarial Marín-Pornedo. O fallo determina que a Xunta debe excluílo ao considerar que a viabilidade ambiental da infraestrutura proxectada non está xustificada, tendo en conta a “decisiva influencia” das características orográficas da zona e a súa afección dende o punto de vista físico, natural e paisaxístico.

Chama a atención que a sentenza do TSXG alude ao informe de sostibilidade ambiental do PXOM de Marín -que tamén clasificou o Monte Pituco como solo industrial- malia que ese documento “recoñeceu” a “alta ou moi alta intervisibilidade” desta zona, e que o propio Goberno local de Marín admitiu a “alta exposición visual e o impacto paisaxístico” que tería semellante infraestrutura na contorna, ao que se engade que a memoria ambiental do Plan Sectorial asume a “posibilidade de novas afeccións ambientais, paisaxísticas e ao patrimonio cultural”, no que figuran os conxuntos rupestres do Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro, xunto coa mámoa de Sete Camiños. 

O Tribunal sostén que “non é aceptable” que a “valoración real” das afeccións ao Espazo Natural dos Montes do Morrazo e a previsión das conseguintes medidas correctoras se pospoña a unha hipotética fase posterior. Nese senso, califica de “imprescindible” que unha memoria ambiental xustifique convintemente a elección dun determinado ámbito xeográfico para desenvolver nel un parque empresarial; algo que non acontece no caso do Parque empresarial Marín-Pornedo incluído neste Plan Sectorial, polo que se ordea a anulación desta iniciativa. 

O fallo xudicial dá conta da “insuficiencia” do informe de sostibilidade ambiental do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais en tanto “non contén unha valoración real das potenciais afeccións directas e indirectas sobre o Espazo Natural dos Montes do Morrazo”. Tampouco acepta que o Plan Sectorial remita a un futuro Plan Parcial de desenvolvemento do polígono proxectado no Pituco. A este respecto, o Tribunal resalta que as Directrices de Ordenación do Territorio determinan que na elección de localizacións para crear solo industrial “primará a prevención dos seus posibles efectos sobre o medio, fronte á corrección, mitigación ou compensación” dos posibles danos. 

Os datos do informe pericial topográfico tamén foron determinantes para que o Tribunal cuestionase esta ubicación, aprobada polo Consello da Xunta o 30 de abril de 2014 e contra a cal a Asociación Defende o Monte Pituco interpuxo o recurso correspondente en xullo dese mesmo ano. 

Así, un 43% dos terreos afectados teñen unha pendente “moi abrupta”, superior ao 25%, ao que se suma otro 29% cun desnivel que acada esa cota. Os maxistrados destacan que, nestas condicións, a área empresarial Marín-Pornedo “non se pode localizar razoablemente” -citando textualmente o estudo de incidencia territorial do propio Plan Sectorial- porque, segundo este documento, en pendentes “fortes” por riba do 25% cómpre realizar “importantes movementos de terra”, xeran

un “sobrecusto de urbanización”, causan “afección ao medio” nos aspectos físico, natural e paisaxístico, e ademais poden acarrear “problemas de estabilidade” en noiros e “encarecemento” das obras de urbanización. 

A Asociación Defende o Monte Pituco celebra esta primeira vitoria xudicial, que chega case tres anos despois de interpoñer o recurso, e agradece encarecidamente o labor do gabinete xurídico que a fixo posible, así como o apoio das organizacións e dos expertos que colaboraron no proceso. Asemade, o colectivo veciñal reitera o seu convencemento nos argumentos irrefutables a prol da protección deste espazo, un verdadeiro ‘balcón da ría’ que o Concello de Marín porfía en seguir ignorando e desprezando nas súas campañas de promoción cultural, natural, paisaxística e turística. 

Esta resolución do TSXG non só é contraria ás pretensións do Consello da Xunta, senón que tamén supón un revés para o Goberno local de Marín e para un puñado de empresas e asociacións afíns que, baixo criterios partidistas e intereses especulativos, alegaron a favor de incluír o Monte Pituco (Pornedo) no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais, obviando as consecuencias irreparables que suporía consumar semellante aberración contra o medio ambiente e o patrimonio histórico catalogado nesta contorna. 

Asimesmo, rebate a postura dos grupos municipais do PSOE e do BNG que, no periodo no que gobernaron en coalición, contribuíron á clasificación do Monte Pituco como solo industrial no Planeamento urbanístico, unha decisión contra a cal a Asociación Monte Pituco interpuxo outro recurso contencioso-administrativo en xaneiro de 2013, que tamén está pendente de sentenza. 

Curiosamente, xa na oposición, tanto o PSOE como o BNG marinenses acabaron retractándose publicamente do acordo que impulsaran antano. Os primeiros, afirmando en novembro de 2015 que que o polígono proxectado no Pituco “tamén se admitiría noutra ubicación” que non fose esa. Os segundos, que chegaron a ameazar con solicitar a desafectación do Monte Pituco do Espazo Natural dos Montes do Morrazo para sortear os evidentes obstáculos ambientais que presentaba, veñen de admitir o pasado mes de febreiro que esta obra é “inviable” e que “non se vai construír na vida”.

Publicado por: MontePituco | 22/05/2017

OUTRA ANDAINA POR VILABOA

Andaina polos montes de Vilaboa coa Plataforma Montes do Morrazo

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo volveu convocar ás xentes sensibles coa natureza e co patrimonio para dar a coñecer a importancia natural, paisaxística e cultural dos montes que van dende a parroquia de San Martiño de Vilaboa ata os da parroquia de Santo André de Figueirido, nun ámbito xeográfico clasificado como solo rústico de especial protección de espazos naturais, forestal, de augas e patrimonial.

DSC_0418

O roteiro discorreu por estradas, corredoiras, pistas forestais e camiños de pé, coincidindo nalgúns treitos co PR-G 106 do sendeiro municipal de Chan de Vilar e dos muíños de Vilaboa. Os lugares visitados foron O Toural, O Río, Cavada Chan, rego de Sidral, Veigas do Muíño, Chan da Cruz, Chan de Vilar, Aldea de Abaixo, Postemirón, As Cavadas, Veigas de Abaixo, A Costeira, Os Matos, A Carballeira, O Outeiro e Outeiro do Gato.

Andaina polos montes de Vilaboa coa Plataforma Montes do Morrazo

Entre os puntos de máis interese, Cándido Martínez, da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, destacou o rego Trasmil e o seu afluente principal, o rego de Sidral. Ao longo do seu curso sitúase a ruta de sendeirismo PR-G 106, dentro de solo rústico de especial protección de augas e hábitat natural prioritario de bosques aluviais da Europa atemperada.

Andaina polos montes de Vilaboa coa Plataforma Montes do Morrazo

DSC_0423

Andaina polos montes de Vilaboa coa Plataforma Montes do Morrazo

Andaina polos montes de Vilaboa coa Plataforma Montes do Morrazo

Nesta zona cómpre salientar a extraordinaria área de ribeira con bosques de ameneiro, salgueiro e carballo; un rico sotobosque de loureiros, estripeiros, pereiras bravas, sanguiños, xilbarbeiras e urces brancas, ademais dunha excelente representación de fentos -dentabrú ou fento real, falso fento macho, fento femia, fenta, fento das pedras, cabriña…-, liques e brións, que dan fe da elevada humidade ambiental desta contorna.

DSC_0430

DSC_0435

Aínda que ningún deles está restaurado nin aberto ao público, no itinerario atópanse os restos de 24 muíños hidráulicos de diferentes tipoloxías: de cubo cuadrangular e cilíndrico, e de canle. Canda estas construccións tamén resisten o paso do tempo as pontellas e as levadas realizadas na pedra en forma de canalizacións das augas, tanto para os muíños como para o regadío, de grande importancia hidrolóxica, etnográfica e paisaxística, combinada coa propia contorna natural e coa fonda conca do rego.

Andaina polos montes de Vilaboa coa Plataforma Montes do Morrazo

Andaina polos montes de Vilaboa coa Plataforma Montes do Morrazo

DSC_0448

DSC_0450

Andaina polos montes de Vilaboa coa Plataforma Montes do Morrazo

DSC_0454

DSC_0459

Percorremos a área de matogueira e monte baixo de Chan de Vilar, que se adentra nos montes da parroquia de Figueirido, no seu linde cos da parroquia de Vilaboa, de moita importancia ambiental, agroforestal e paisaxística pola súa pertenza a un tipo de hábitat de interese comunitario de breixeiras secas europeas, breixeiras oromediterráneas endémicas con xesta, e de vexetación pioneira na rocha silícea.  Entre unha gran variedade de xestas, toxos, breixos e carpazas, sobresae a grande presenza do piorno de tres espiñas -Genista triacanthos-, unha variedade de xesta espiñenta que adoita desenvolverse en solos higroturbosos e que, neste lugar, posúe unha das mellores representacións da península morracense.  A vexetación baixa aínda se segue desbrozando para utilizala como estrume nas cortes dos animais, do que posteriormente resulta o abono que se emprega para fertilizar os cultivos. Tamén se trata dunha área de pasto do gando cabalar extensivo. Nesta zona xeográfica, a 243 metros de altitude sobre o nivel do mar, pódese gozar dunhas amplas vistas panorámicas do val que conforma o rego dos Gafos ou de Tomeza desde os Montes do Morrazo cara ás Terras de Pontevedra, coa Serra da Fracha en fronte e coa cidade de Pontevedra ao fondo. Os núcleos rurais de Aldea de Abaixo e de Postemirón sobresaen polo seu valor agropecuario e cultural, pola presenza de estruturas de interese etnográfico -hórreos, fontes, lavadoiros- e o seu mosaico de veigas de cultivo e de gando extensivo. A parte máis alta tamén ten importancia paisaxística polas panorámicas do val que conforma o rego do Sidral. O sobreiral das Cavadas e un dos máis importantes da bisbarra do Morrazo, proba da influencia mediterránea e termófila con respecto ao clima oceánico a nivel bioxeográfico tanto en territorio morracense en particular como nas Rías Baixas en xeral. Xunto coa carballeira, na denominación fitosociolóxica Rusco aculeati-Quercetum roboris quercetosum suberis, forma parte do hábitat de interese comunitario de carballeiras galaico-portuguesas. Na área de nacemento dos regos da Cova e das Veigas, afluentes do rego de Sidral e a súa vez do Trasmil, destaca a presenza do bidueiro. O rego das Veigas dá servizo á fertil área de cultivos de Postemirón, mentres que o da Cova abastece as terras de Veigas de Abaixo. De aquí parte unha corredoira que baixa paralela ao curso fluvial entre bos exemplos de bosque de ribeira e carballeira, e torce cara ás zonas da Costeira e dos Matos, cos topónimos referentes á orografía e á vexetación baixa utilizada no seu momento como cultivo a nivel local, e onde se atopan numerosos mananciais de traída de auga a nivel veciñal e municipal. Nos lugares da Carballeira aínda se pode atopar unha pequena representación de bosques de carballo. Como igualmente indica o seu topónimo, Outeiro sitúase nun alto xeográfico, desde onde se pode outear a paisaxe rural cara ao Toural e ao final da ría de Vigo, coas Illas Alvedosas en fronte e o val de Ulló, xénese das antigas salinas do mesmo nome, formando parte na actualidade da Zona de Especial Conservación do Espazo Natural Protexido da Enseada de San Simón.  O rego Trasmil e a súa extensa conca hidrográfica con varios nacementos ao longo dos montes de Vilaboa fai a función de corredor ecolóxico ata a súa embocadura entre as brañas e a marisma, conformando a propia enseada. Un dos elementos máis chamativos, xa contra o final da ruta, é o hórreo monumental da Casa Rectoral do Toural, do século XVIII. Cos seus 32 pés e 33 vanos, é un dos máis grandes de Galicia. Preto del tamén se atopa o peto de ánimas de Vilaboa, do século XIX. Para a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo as principais afeccións para os montes da parroquia de Vilaboa nas últimas décadas foron os monocultivos forestais, a eucaliptización, os incendios forestais, a ausencia de labores de silvicultura, as verteduras incontroladas de lixo e o espallamento doutras especies de flora alóctona e invasora, en especial das acacias, ademais da construción da base militar da BRILAT. De cara ao futuro inmediato, a Plataforma advirte sobre a repercusión da Área de Desenvolvemento Eólico do Morrazo, xunto coa existencia de proxectos de investigación mineira nas proximidades. Por outra banda, cómpre salientar a situación de degradación que lle afecta á contorna ambiental e paisaxística como consecuencia da construción da autovía A-57 pola Serra da Fracha, xunto con varias canteiras na área pontevedresa. En marzo do 2012 a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicitoulle á Xunta de Galiza a ampliación da Rede Natura galega cara a un novo Lugar de Importancia Comunitaria que, coa denominación de Montes e Carballeiras do Morrazo, acollese os espazos naturais dos Montes do Morrazo, onde están integrados parte dos montes da parroquia de Vilaboa, e o Carballal de Coiro, mais outros ampliables. En abril do 2016 solicitoulle tamén á Xunta a catalogación de Área de Especial Importancia Paisaxística dentro do Catálogo das Paisaxes de Galiza para estes espazos comprendidos no Rexistro de Espazos Naturais de Galiza e clasificados na actualidade como Solo Rústico de Especial Protección de Espazos Naturais polas Normas Subsidarias e Complementarias de Planeamento da provincia de Pontevedra.

Sinaléctica das Comunidades de Montes de Vilaboa e de Figueirido

En Chan da Cruz quedan vestixios de ata seis mámoas megalíticas, excavadas entre a década dos setenta e dos oitenta do século pasado: á parte dos restos dos túmulos, nos seus enxovais acháronse múltiples pezas de cerámica e líticas, como pulidores, machados pulimentados, puntas de frecha, de alabarda, microlitos ou lascas. Ademais do gran valor cultural e arqueolóxico deste espazo, estes xacementos dan conta de que houbo unha ocupación humana desde hai máis de 5.000 anos.

Roteiro por Vilaboa coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Roteiro por Vilaboa coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Roteiro por Vilaboa coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Percorremos a área de matogueira e monte baixo de Chan de Vilar, que se adentra nos montes da parroquia de Figueirido, no seu linde cos da parroquia de Vilaboa, de moita importancia ambiental, agroforestal e paisaxística pola súa pertenza a un tipo de hábitat de interese comunitario de breixeiras secas europeas, breixeiras oromediterráneas endémicas con xesta, e de vexetación pioneira na rocha silícea.

Roteiro por Vilaboa coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Xesta de tres espiñas (Genista triacanthos)

Entre unha ampla variedade de xestas, toxos, breixos e carpazas, sobresae a abundante presenza do piorno de tres espiñas -Genista triacanthos-, unha variedade de xesta espiñenta que adoita desenvolverse en solos higroturbosos e que, neste lugar, posúe unha das mellores representacións da península morracense.

A vexetación baixa aínda se segue recollendo para utilizala como estrume nas cortes dos animais, do que posteriormente resulta o abono que se emprega para fertilizar os cultivos. Tamén se trata dunha área de pasto do gando cabalar extensivo. Nesta zona xeográfica, a 243 metros de altitude sobre o nivel do mar, pódese gozar dunhas amplas vistas panorámicas do val que conforma o rego dos Gafos ou de Tomeza desde os Montes do Morrazo cara ás Terras de Pontevedra, coa Serra da Fracha en fronte e coa cidade de Pontevedra ao fondo.

Ruta polos montes de Vilaboa coa Plataforma Montes do Morrazo

Roteiro por Vilaboa coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Vista da base militar da Brilat dende Chan de Vilar

Roteiro por Vilaboa coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Roteiro por Vilaboa coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Vista de Pontevedra

Roteiro por Vilaboa coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Ao lonxe, a afección das obras de construcción da A-57 na Serra da Fracha

DSC_0466

O impacto visual dunha canteira, vista dende Chan de Vilar

Os núcleos rurais de Aldea de Abaixo e de Postemirón sobresaen polo seu valor agropecuario e cultural, pola presenza de estruturas de interese etnográfico -hórreos, fontes, lavadoiros- e polo seu mosaico de veigas de cultivo e de gando extensivo. A parte máis alta tamén ten importancia paisaxística polas panorámicas do val que conforma o rego do Sidral.

O sobreiral das Cavadas e un dos máis importantes da bisbarra do Morrazo, proba da influencia mediterránea e termófila con respecto ao clima oceánico a nivel bioxeográfico, tanto en territorio morracense en particular como nas Rías Baixas en xeral. Xunto coa carballeira, baixo a denominación fitosociolóxica Rusco aculeati-Quercetum roboris quercetosum suberis, forma parte do hábitat de interese comunitario de carballeiras galaico-portuguesas.

Roteiro por Vilaboa coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Na área de nacemento dos regos da Cova e das Veigas, afluentes do rego de Sidral e a súa vez do Trasmil, destaca a presenza do bidueiro.

O rego das Veigas dá servizo á fertil área de cultivos de Postemirón, mentres que o da Cova abastece as terras de Veigas de Abaixo. De aquí parte unha corredoira que baixa paralela ao curso fluvial entre bos exemplos de bosque de ribeira e carballeira, e torce cara ás zonas da Costeira e dos Matos, cos topónimos referentes á orografía e á vexetación baixa utilizada no seu momento como cultivo a nivel local. Nesta contorna abundan os mananciais de traída de auga, aproveitados a nivel veciñal e municipal.

Pereira brava e pereira froiteira

Nos lugares da Carballeira aínda se pode atopar unha pequena representación de bosques de carballo.

Como igualmente indica o seu topónimo, Outeiro sitúase nun alto xeográfico, desde onde se pode outear a paisaxe rural cara ao Toural e ao final da ría de Vigo, coas Illas Alvedosas en fronte e o val de Ulló, xénese das antigas salinas do mesmo nome, formando parte na actualidade da Zona de Especial Conservación do Espazo Natural Protexido da Enseada de San Simón.

Roteiro por Vilaboa coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

O rego Trasmil e a súa extensa conca hidrográfica -con varios nacementos ao longo dos montes de Vilaboa- fai a función de corredor ecolóxico ata a súa embocadura entre as brañas e a marisma, conformando a propia enseada.

Caída dun regato e fonte con simboloxía franquista

DSC_0474

Roteiro por Vilaboa coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Un dos elementos máis chamativos, xa contra o final da ruta, é o hórreo monumental da Casa Reitoral do Toural, do século XVIII. Cos seus 32 pés e 33 vanos, é un dos máis grandes de Galicia. Preto del tamén se atopa o peto de ánimas de Vilaboa, do século XIX.

Roteiro por Vilaboa coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Casa reitoral e hórreo do Toural

DSC_0481

DSC_0483

Roteiro por Vilaboa coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

Peto de ánimas de Vilaboa

Columbario e igrexa de Vilaboa

Para a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo as principais afeccións para os montes da parroquia de Vilaboa nas últimas décadas foron os monocultivos forestais, a eucaliptización, os incendios forestais, a ausencia de labores de silvicultura, as verteduras incontroladas de lixo e o espallamento doutras especies de flora alóctona e invasora -en especial das acacias-, ademais da construción da base militar da BRILAT.

De cara ao futuro inmediato, a Plataforma vén advertindo sobre a repercusión da Área de Desenvolvemento Eólico do Morrazo, xunto coa existencia de proxectos de investigación mineira nas proximidades. Por outra banda, cómpre salientar a situación de degradación que lle afecta á contorna ambiental e paisaxística da Serra da Fracha como consecuencia da construción da autovía A-57, xunto con varias canteiras na área pontevedresa.

En marzo do 2012 a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo solicitoulle á Xunta de Galicia a ampliación da Rede Natura galega cara a un novo Lugar de Importancia Comunitaria que -coa denominación de Montes e Carballeiras do Morrazo- acollese os espazos naturais dos Montes do Morrazo, onde están integrados parte dos montes da parroquia de Vilaboa, e o Carballal de Coiro, máis outros ampliables. En abril do 2016 solicitoulle tamén á Xunta a catalogación de Área de Especial Importancia Paisaxística dentro do Catálogo das Paisaxes de Galicia para estes espazos comprendidos no Rexistro de Espazos Naturais de Galicia e clasificados na actualidade como Solo Rústico de Especial Protección de Espazos Naturais polas Normas Subsidarias e Complementarias de Planeamento da provincia de Pontevedra.

Roteiro por Vilaboa coa Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo

[Texto: Plataforma Montes do Morrazo / Fotos: Asociación Monte Pituco]

Publicado por: MontePituco | 18/05/2017

AS MÁMOAS, CASE TODAS NUN PÉSIMO ESTADO

Coma sempre, reivindicando o valor e a importancia do patrimonio da contorna marinense; lembrando que hai máis bens que os que acaparan fotos e titulares… Dende a Asociación Monte Pituco volvemos poñer o foco sobre os elementos esquecidos da nosa (pre)historia, agredidos por obras de infraestruturas diversas coa complicidade das administracións que tiñan a obriga de protexelos, ou ignorados polos responsables do seu mantemento…

Non saen tanto na prensa, pero están aí, estamos comprometidos coa súa conservación e turramos para que o patrimonio megalítico do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños sexa coñecido pola cidadanía.

Restos da mámoa de Sete Camiños

Mámoa de Sete Camiños, recentemente descuberta e incluida no catálogo de Patrimonio da Xunta.

Restos da mámoa de Catadoiro

Mámoa de Catadoiro, no Espazo Sete Camiños


 

 

La Voz, 17 maio 2017

Un cementerio varias veces milenario oculto en el bosque

Dispersas entre la maleza numerosas mámoas pasan inadvertidas al visitante, con la única excepción de Vilaboa

Publicado por: MontePituco | 17/05/2017

DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO COLEXIO VIÑAS BLANCAS

Así celebran o Día das Letras Galegas no CEIP Carballal, tamén denominado Colexio Viñas Blancas, na parroquia de San Xulián… Homenaxeando o escritor Carlos Casares a ritmo de reggaeton.

Publicado por: MontePituco | 15/05/2017

MONTE DE SALCEDO: SEMPRE ALGO NOVO POR DESCUBRIR

Non hai excusa que valla para non ir visitar o monte veciñal de Salcedo. Un pode pensar que xa o ten moi visto, que xa foi o ano pasado, o anterior e o anterior… que xa coñece os xacementos arqueolóxicos, as replantacións forestais e os muíños rehabilitados…

Pero sempre hai algo novo que ver, algo novo que admirar; nesta ocasión, os miradoiros, os valados de madeira que protexen os conxuntos rupestres… a Fonte da Prata, que volve botar auga!

Abonda con repasar a crónica da andaina organizada en 2016 para decatarse das diferenzas, dos progresos.

Hai que seguir parabenizando os comuneiros de Salcedo, xente unida en torno ao seu monte, cada día máis fermoso, verde e vizoso.

A próxima andaina tampouco a perderemos: para daquela seguramente vexamos xa as cabanas da aldea etno-castrexa que pretenden instalar preto dos petroglifos de Outeiro da Mina, o novo proxecto que teñen entre mans e que abofé vai acaparar o interese e a curiosidade da veciñanza, dos turistas, da comunidade escolar.

Velaquí un referente de xestión multifuncional do monte e de respecto pola cultura e pola natureza. Ogallá outras comunidades seguiran o seu exemplo.

Novo miradoiro no monte de Salcedo a carón da Brilat.

Novo miradoiro no monte de Salcedo a carón da Brilat.

Este roteiro -colofón das IV Xornadas de Montes Comunais celebradas na parroquia- partiu dende o novo miradoiro instalado na Armada, dende onde se divisan practicamente todas as parroquias de Pontevedra. O obxectivo da Comunidade de Montes de Salcedo era percorrer o monte de San Martiño visitando os últimos traballos de restauración da orografía dos terreos agredidos durante tantos anos de ocupación militar, durante os cales a Brilat alterou a fisonomía da zona abrindo gabias, construíndo edificacións, destruíndo xacementos arqueolóxicos como a desaparecida mámoa de Louredo…

Nos últimos anos a directiva da Comunidade de Montes xestionou o arranxo e a apertura de camiños e sendeiros, traballos silvícolas de limpeza, eliminación de especies invasoras -especialmente acacias que ocupaban enormes extensións-, corta e rareo de especies a conservar, e conseguiuse a repoboación de 14 hectáreas de terreo con especies de frondosas, coníferas e árbores de ribeira. O presidente da Comunidade de Montes, Fernando Pintos, calcula que neste tempo lévanse plantado unhas 40.000 árbores. E as que quedan por plantar, porque aínda hai un 20% de terreo pendente de novas actuacións.

Sinaléctica da Comunidade de Montes de Salcedo

Paneis de gran formato que xa levan tempo instalados, dan a ‘benvida’ aos camiñantes informando do que está prohibido facer no monte veciñal: prender lume, verter lixo, cortar madeira sen autorización, circular con vehículos sen permiso. Outros avisos de menor tamaño advirten sobre incidencias puntuais; neste caso, alertan da presenza de cabalos ceibes dos que os seus propietarios se desentenden malia que causan danos nas plantacións de arborado.

Sinaléctica da Comunidade de Montes de Salcedo

Vista dos traballos de recuperación do monte veciñal de Salcedo

Ao lonxe é visible o traballo de eliminación de especies invasoras. Ese terreo que aparentemente parece baleiro, antano estaba inzado de acacias; nos últimos meses foi repoboado con especies frondosas.

Novo miradoiro sobre unha plantación de castiñeiros

Un segundo miradoiro permite aos visitantes contemplar unha plantación de castiñeiros. Fernando Pintos foi o anfitrión deste paseo, explicando as actuacións que se foron realizando nestes últimos anos, detallando a evolución das repoboacións e anticipando os novos proxectos nos que está embarcada a Comunidade. Canda el tamén interviron os antropólogos Buenaventura Aparicio e Rafael Quintía.

O presidente da Comunidade de Salcedo, Fernando Pintos, guía da andaina

Vista do souto dende o novo miradoiro construído pola Comunidade de Salcedo

Plantación de castiñeiros.

A Comunidade de Montes de Salcedo dispuxo un abundante avituallamento para os participantes na andaina, a base de auga e froita. Tamén agasallou os asistentes con chapeus de tea e aos máis novos con camisetas estampadas co lema “Amigos do monte”.

Visita a un dos espazos rexenerados, antigamente cheo de acacias

Visita a un dos espazos rexenerados, antigamente cheo de acacias

Plantación de castiñeiros onde antano había un bosque de acacias. Esta é a vista a pé do terreo da panorámica que se amosaba na terceira imaxe desta reportaxe gráfica.

Como foi evolucionando esta zona?

En outubro de 2011 o panorama era este:

No monte comunal de Salcedo estase facendo unha importante intervención para eliminar a praga de acacias que ocupa unha ampla extensión de terreo.

A Fonte da Prata volve botar auga

Unha das grandes -e felices- novidades do roteiro deste ano: a Fonte da Prata volve botar auga! Secara hai uns anos e agora por fin volve surtir as cantimploras dos paseantes.

Zona de adestramento para a práctica do ciclismo

Nesta parte de monte -acoutado cun valado de madeira- habilitouse un espazo para que os rapaces que participan na escola deportiva do Club Cilista Farto poidan adestrarse.

No sendeiro que conduce ao conxunto rupestre de Outeiro da Mina

Durante a andaina fomos testemuñas dunha anécdota: un ciclista circulaba polo sendeiro a carón do regato e da plantación de castiñeiros realizada nesta zona do monte. Un comuneiro dirixiuse a el e indicoulle que estaba cruzando por un espazo non habilitado para a práctica deportiva. O ciclista preguntou “por que?”. O comuneiro indicoulle que estaba atravesando un espazo rehabilitado cunha plantación, a risco de poñer en perigo a integridade das árbores e instouno a que a próxima vez optase por utilizar as pistas para desprazarse polo monte. 

…Nunca está de máis lembrar que o monte comunal non é un espazo “público” no sentido literal da palabra, senón “privado”. Cómpre adaptarse ás normas que establece a Comunidade de Montes; no caso de Salcedo, os comuneiros están encantados de compartir con toda a cidadanía os múltiples beneficios -para a saúde, o coñecemento, a formación, o benestar- que supón gozar da natureza, do patrimonio e da paisaxe nesta contorna. Iso si, respectando os traballos forestais e de protección do patrimonio.

Plantación de castiñeiros que fora agredida o pasado ano.

O pasado ano unha parte da plantación de castiñeiros foi agredida. Afortunadamente, as árbores foron repostas e atópanse en bo estado.

Vista do novo campo de tiro habilitado pola Brilat

Vista do novo campo de tiro habilitado pola Brilat no terreo cedido pola Comunidade de Montes de Salcedo.

Estado actual do antigo terreo utilizado como campo de tiro

Estado actual do terreo onde antano a Brilat realizaba as súas prácticas de tiro.

Terreo recuperado con novas plantacións; antes, inzado de acacias.

Outra vista da zona antes ocupada por acacias e agora repoboada con especies frondosas. A Comunidade de Montes tamén encargou que se rehabilitase o terreo, degradado polas manobras militares de antano. Coas pedras que se amorearon creáronse dous biotopos.

No xacemento de Outeiro da Mina, que agora ten un novo valado de madeira

Unha parte da visita transcorreu no conxunto rupestre de Outeiro da Mina, tamén coñecido como Chan das Mouras. Aquí púidose ver unha das novidades máis salientables: a Comunidade de Montes instalou un valado protector dos xacementos arqueolóxicos. A medida é un enorme acerto; os xacementos, ademais, están nun impecable estado de limpeza, xa que se a vexetación retírase periodicamente con medios exclusivamente manuais.

Novo valado protexendo os petroglifos de Outeiro da Mina

Zona onde se vai instalar a futura aldea etno-neolítica

Zona habilitada pola Comunidade de Montes de Salcedo para instalar unhas cabanas coas que se pretende recrear unha aldea etno-castrexa. Rafael Quintía explicou que a presenza de varias mámoas nesta contorna -a desaparecida de Louredo, ou a de Sete Camiños no linde con Lourizán e San Xulián- fan pensar que esta zona estivo habitada en tempos prehistóricos.

Reforestación nunha zona antigamente invadida con acacia

A loita contra as especies invasoras

A loita contra as especies invasoras é lenta, pero Salcedo afronta este reto con paso firme e constante.

Monumento aos comuneiros comprometidos coa defensa do monte veciñal

Monumento dedicado ás veciñas e veciños que se manifestaron en defensa do monte veciñal. O monolito está instalado a carón da zona onde antano a Brilat construíu bloques de edificacións para facer adestramento militar; unha acción que supuxo a destrucción da mámoa de Louredo. Actualmente a zona está repoboada con especies autóctonas.

Novo piñeiral 'acosado' polas xestas

Un dos espazos onde cómpre seguir actuando: as xestas medran nunha plantación de piñeiro.

Arboreda da Carrasqueira

No arboredo da Carrasqueira, a Comunidade de Montes de Salcedo encomendoulle a unha empresa de control de pragas a instalación de trampas con feromonas para evitar que os castiñeiros resulten danados pola presenza dunha especie de avespa -Dryocosmus kuriphilius- que ataca as gaias das árbores. Un 80% dos soutos de toda Galicia están afectados por este insecto.

En Salcedo tampouco se libran dos verquidos ilegais...

En Salcedo tampouco son ‘inmunes’ a outra clase de ‘ataques’: o dos desaprensivos que ciscan verquidos ilegais e contaminantes.

Pozos Dulces

Pozos Doces.

Plantación realizada por escolares en febreiro deste ano

Plantación de frondosas realizada por escolares de Salcedo, en febreiro deste ano. A concienciación ambiental e o sentimento de apego á propia terra tamén se inculca dende a nenez, tanto nas familias como nas aulas.

Pozo das Fraires

Pozos dos Frairas.

Colmeas nunha finca preto do rego que conduce aos muíños do Batán

Colmeas instaladas nunha finca preto dos muíños de Pereira e de Outeiro.

Pozo nas proximidades dos muíños de Matías e de Outeiro.

Muíño de Pereira.

Muíño de Outeiro

Muíño rehabilitado do Outeiro, onde rematou a andaina e dous mozos muiñeiros agasallaron os participantes con fariña de millo recén moído.

DSC_0330.JPG

Obsequio da Comunidade de Montes de Salcedo aos nenos e nenas que participaban na andaina

 

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías