En 2011 celebrabamos o Día da Biodiversidade cun artigo humorístico no que faciamos chanza da descuberta dunhas abraiantes especies faunísticas no Monte Pituco; entre elas, a que demos en bautizar como ‘lamoñato’, un híbrido de (Manuel Pazos) Lamoso e miñato que “dende a súa privilexiada posición nas alturas nos quere convencer de que o Monte Pornedo é plano de todo”, contabamos daquela.
Vén este recordo a conta dun coloquio no que acaba de participar o ex-concelleiro socialista Manuel Pazos Lamoso analizando “o estado do municipio” con outras figuras do panorama político local dos últimos anos.
Gardamos un pésimo recordo deste ex-edil; tan malo ou máis como o do resto dos seus compañeiros de bipartito. Porque ao ex-alcalde Francisco Veiga haille que achacar a súa incapacidade para rebater e argumentar unha decisión -a de clasificar o Monte Pituco como solo industrial- que se está demostrando que foi totalmente errónea. A ineptitude e a covardía de Veiga quedou plasmada no seu reiterado rexeitamento a recibir a Asociación Monte Pituco.
Pero o de Pazos Lamoso ten maldade. Deste ‘persoeiro’ hai que lamentar que actuase como un auténtico mentireiro e un grandísimo trampón por tratar de xustificar o inxustificable a base dunha burda trola; por riba, aproveitándose dunha suposta posición de vantaxe con respecto á veciñanza, ao utilizar a súa capacitación profesional como garantía de que as súas afirmacións eran certas.
Aseguraba Manuel Pazos Lamoso aló por 2010 que o Monte Pituco era “o sitio máis chan de todo Marín”; de aí a decisión do equipo de goberno ao que pertencía de proxectar no PXOM un polígono industrial nese emprazamento.
Daquela eramos novatos, algo inxenuos e aínda inexpertos na materia; optamos pola prudencia e o silencio porque careciamos de datos obxectivos cos que rebater unha frase tan rotunda. Así que optamos por contrastar, rañar o peto e contratar un estudo topográfico do Pornedo. O resultado foi demoledor: non só NON era o sitio máis plano de todo Marín, como xuraba e perxuraba Lamoso, senón que unha primeira análise das curvas de nivel na área afectada polo polígono -nunha versión anterior á definitiva- evidenciou que menos do 10% dese hipotético polígono reunía os requisitos básicos recomendados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo para a construcción de parques industriais.
Sete anos despois de que Pazos Lamoso, alias ‘lamoñato’, intentara enganarnos, vacilarnos, tomarnos o pelo, rir de nós na cara… unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia referida ao Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia constata que a forte pendente natural do Monte Pituco fai inviable unha obra como a que pretende o PXOM (e que fora incluída no Plan Sectorial) tal e como o bipartito BNG-PSOE o tramitou.
“…No es posible desconocer la no desvirtuada circunstancia resultante del informe pericial topográfico aportado por la parte actora, de que el 43’08% de la superficie afectada por dicho parque cuenta con una pendiente superior al 25%, y que el 28’64% de la superficie del parque presenta una pendiente entre el 15% y el 25%. Precisamente en el estudio de incidencia territorial y análisis de la capacidad de acogida del suelo, contenido en el documento V del PSOAEG, se establece, entre otros, el siguiente criterio:
“As áreas empresariais non se poden localizar razoablemente sobre zonas moi abruptas, entendendo por estas as que superan o 25% de pendente. A pendente é un factor que limita a urbanización xa que, en pendentes fortes, é necesario realizar importantes movementos de terra para poder edificar axeitadamente. Estes movementos de terra, se non se compensan e se minimizan, xera un sobrecusto de urbanización interna do parque e pode chegar a representar unha afección ao medio non só física, senón natural e de tipo paisaxístico. Ademáis os movementos de terras en fortes pendentes poden producir, en función dos materiais, problemas de estabilidade en noiros e encarecemento das obras de urbanización. A efectos de avaliación de afeccións estableceuse unha gradación de pendentes, sendo das inferiores a un 5% as máis favorables, e as superiores a 25% as máis desfavorables”.
Así, resulta que el área empresarial aquí examinada se ubica en un 43’08% de su superficie sobre terreno con pendiente superior al 25% y por tanto sobre zona muy abrupta en la que, según dicho estudio, “no se puede localizar razonablemente” y si a ello se añade que otro 28’64% del área empresarial presenta pendientes comprendidas entre el 15% y el 25%, ciertamente surgen relevantes dudas sobre el acierto de la ubicación aprobada, en cuanto a que la decisiva influencia de la orografía en el caso aquí examinado exigiría una muy detallada justificación de una hipotética posibilidad de superación de la referida dificultad, lo que en principio se presenta como verdaderamente complicado a tenor de las variadas consecuencias derivadas del aspecto orográfico mencionado, tanto en el aspecto relativo a la urbanización y sus costes, como en el referido a la afección del medio físico, natural y paisajístico, cuestión esa última que precisamente puede ser conectada con la advertida insuficiencia del informe de sostenibilidad ambiental del PSOAEG en cuanto que no contiene una real valoración de las potenciales afecciones directas o indirectas sobre el espacio natural de los montes do Morrazo…”
[Extracto da sentenza do TSXG de maio de 2017]
Así que desconfíen. Desconfíen, cuestionen e contrasten. Porque non é político todo o que reloce; hai moito ‘lamoñato’ solto e disposto a intoxicar para tapar as vergoñas propias e alleas.
Que por riba convoquen a Pazos Lamoso a un foro para comentar o “estado do municipio” é de risa.
A este que se cre pavo real pero que non pasa de buteo buteo, máis lle valía ter quedado no tobo do esquecemento a onde foi arrinconado pola propia militancia do Psoe marinense, que non o quixo de candidato á alcaldía. Entre patrañas como a da orografía do Pituco e a súa delirante cruzada contra as palmeiras, o seu voo ía ser en picado cara a un fracaso aínda máis estrepitoso do que lle acabaron deparando as urnas.
E non deixa de resultar curioso o ben atinados que estivemos asignándolle criatura coa que caracterizar a Pazos Lamoso: entre os apelativos cos que se identifica o miñato no libro “Os nomes galegos das aves” descubrimos que figura o de “lamote”.
Deixar unha resposta