Publicado por: MontePituco | 22/05/2011

DÍA DA BIODIVERSIDADE (II)

Biólogos, zoólogos e científicos de todo o país e de parte do estranxeiro estanse amoreando no Monte Pituco (Pornedo) para fotografar, clasificar e analizar unhas novas especies de fauna descubertas precisamente hoxe, no Día Mundial da Biodiversidade. Non todas son autóctonas, como o chotacabras (chotacabuxas, en galego, tal vez?), que cambiou a súa “happy hour” nocturna para deixarse ver nesta excepcional ocasión a plena luz do día.

Para bicho auténtico do país, a nosa robusta vacaloura que, coas súas poutas, tritura coma poucas as solicitudes de entrevista que denodadamente lle foi enviando DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) nos últimos doce meses. O sapo que mira para os veciños con ollos revirados e ameazando con botarlles o seu mal de aire dende o escano municipal, apareceu a carón das fontes que botan auga dos mananciais naturais que abundan neste lugar.

Non moi lonxe de alí estaba tamén un coello cultureta, moi afeccionado a visitar os petroglifos do Pornedo e dos Sete Camiños. E por suposto, dando voltas no aire, o miñato, que dende a súa privilexiada posición nas alturas nos quere convencer de que o Monte Pornedo é plano de todo. Tan plano como a liña que mide os impulsos da súa capacidade política.

Outras fontes sosteñen que estas enigmáticas especies, en realidade, son os candidatos a alcaldes e concelleiros das listas socialista e nacionalista que, despois de exercer o seu dereito ao voto, viñeron ao Monte Pituco (Pornedo) para facer a súa particular sentada a prol dunha “democracia real”. Pero este rumor non ten moitas trazas de ser verdade.

(Nota: este artigo non ten ánimo ofensivo para as persoas aludidas, senón que a súa intención é absolutamente humorística. Vaia con el a homenaxe agarimosa de DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) a BreaSeixo, na despedida da súa bitácora, polo estilo mordaz e desenfadado que lle imprimiu nestes tres anos á súa peculiar maneira de contar a súa visión da vida política e social marinense. Está inspirado no seu artigo titulado “Marín romano“).


Responses

  1. Estan guapisimos estes paxaros carroñeros e demais reptiles,O conexo tampouco desentona,

    • …Será por eco-bio-diversidade! Non nos dirás que non é unha mágoa que toda esta “riqueza” faunística teña que buscar acubillo noutro monte que non sexa o Pornedo ou noutro concello que non sexa o de Marín, se os políticos que nos deparen estas eleccións seguen empeñados en destrozarnos o monte cun polígono…

  2. […] 2011 celebrabamos o Día da Biodiversidade cun artigo humorístico no que faciamos chanza da descuberta dunhas abraiantes especies […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: