Publicado por: MontePituco | 19/11/2018

ASÍ FORON AS XORNADAS DE PATRIMONIO DE SAN XIÁN (II): CERTAME FOTOGRÁFICO ‘O BALCÓN DA RÍA’

Nas ‘II Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián’ entregáronse agasallos aos participantes no Certame Fotográfico ‘O Balcón da Ría’, unha proposta non competitiva que pretendía incentivar as visitas ao Monte Pituco (Pornedo) e dar a coñecer a beleza natural, paisaxística e a importancia dos bens patrimoniais que atesoura esta contorna privilexiada. 

Un xurado formado por Amancio Castro, do colectivo ecoloxista VaipoloríoJosé Rodrigo Dapena, membro da Sociedade Galega de Historia Natural en Pontevedra; Helena Rodríguez, parasitóloga do CSIC e integrante do Grupo Naturalista Liboreiro, do Morrazo; e Xoan ‘Arco da Vella’ Torres, da Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres e promotor da web ‘Galicia, o paraíso existe‘, elixiu catro imaxes entre as 25 presentadas: as dúas primeiras con maior consenso, e dúas máis que resultaron de seleccionar entre propostas que acadaron menos votos na ronda inicial de valoracións.

 

Certame fotográfico 'O balcón da ría': Fran Currás
A imaxe máis valorada polo xurado foi esta paisaxe nocturna a carón dos petróglifos do Pornedo, coa Vía Láctea brillando no ceo.

Valoración do xurado:

Aparte da calidade en si da foto e da composición, fomenta a visita ó Pituco como un lugar con moita historia onde poder ademais fotografar a gusto na noite a beleza do ceo nocturno do que nos privan as luces da cidade”.

 

Certame fotográfico 'O balcón da ría': María López

Outra imaxe valorada foi este detalle dos liques da variedade ‘Cladonia’, que abundan no Monte Pornedo.

Valoración do xurado:

“Pola beleza da foto, por poñer o punto de mira nos valores naturais presentes no Pituco, onde ata o máis diminuto, como pode ser un lique, é digno de valorar e conservar”.

 

Certame fotográfico 'O balcón da ría': José Manuel Domínguez Barros

Outra fotografía destacada: o solpor dende o Monte Pornedo.

Valoración do xurado:

“Había mais solpores bonitos, pero o enfoque deste e o punto de integrar a natureza, gustoume moito”.

 

Certame fotográfico 'O balcón da ría': José Manuel Domínguez Barros

Do mesmo autor que o solpor anterior, esta foi outra das imaxes seleccionadas nunha segunda volta.

Valoración do xurado:

“Porque deixa claro cal é o lugar e unha das cousas fascinantes que podes facer alí: disfrutar dos minutos do solpor cun espectáculo visual inigualable”.

 

A continuación, outras fotografías presentadas ao Certame que ocuparon as redes sociais Facebook e Instagram plasmando elementos da flora, dos gravados rupestres, dos fenómenos atmosféricos e demais aspectos que fan do Pornedo un lugar digno de coñecer, admirar e inmortalizar coa cámara.

Certame Fotográfico 'O Balcón da Ría'

Pilar Pazos

 

As imaxes expuxéronse n Adega A Capeleira de Marín durante a charla cos avogados Juan e Rafael Areses, facendo balance dos oito anos de tramitación dos recursos xudiciais presentados contra o Concello de Marín e a Xunta na pretensión destas Administracións por instalar un polígono industrial no Monte Pituco, que finalmente foi anulado polo TSXG con senllas sentenzas firmes e irrevogables.

Dende a Asociación Monte Pituco queremos agradecer a receptividade de Fran Currás, María López, José Manuel Domínguez Barros, Montse Cabo, María Gloria Bouzón, Rosa Novo e Pilar Pazos, participando na proposta. Moitas grazas tamén a Amancio Castro, José Rodrigo Dapena, Helena Rodríguez e Xoán Arco da Vella polo tempo que dedicaron a valorar as imaxes colleitadas. E grazas dun xeito especial ao obradoiro de cerámica Alén das Olas, de Marín, que achegou os materiais, as ferramentas e as ensinanzas necesarias para que puideramos elaborar unhas pequenas pezas de arxila representando fragmentos dos petróglifos de Pornedo, Sete Camiños e Pinal de Caeiro. Artesanía e libros foron os obsequios cos que se recompensaron as achegas dos fotógrafos e fotógrafas.

Noraboa a tod@s, en particular a@s que resultaron seleccionados polo xurado. 

Vémonos no ‘balcón da ría’!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: