Publicado por: MontePituco | 08/09/2018

BALIZAN CON CINTA OS PETRÓGLIFOS DO PORNEDO

Balizan con cinta os petróglifos do Pornedo

Achegarse dende o fondo do camiño ao conxunto rupestre do Pornedo vendo na distancia que unha cinta rodea o xacemento, fai pensar no peor: “xa o desgraciaron”, “pasáronlle por riba con algunha máquina”, “pintárono”… mil e unha cafradas amoréanse na cabeza mentres nos imos achegando onda os petróglifos. Algo semellante sucedera xa cando a Comunidade de Montes de San Xulián realizou o último desbroce nesta zona en outubro de 2016, e -por unha cuarta!- os gravados salváronse de ser triturados polas cadeas.

Por sorte, descubrimos que nesta ocasión nada malo pasou, de momento; mais balizados están, por algunha razón. E coñecendo o percal, cabería intuír que vai suceder tres cuartos do mesmo que no petróglifo d’O Ciclista…

Dentro da marca en vermello, a área do petróglifo de Pinal de Caeiro

…que pode ser que retiren vexetación fóra do perímetro, pero que deixen a herba, os fentos e o toxo a carón mesmo do xacemento, como nun paradóxico trasunto do mundo ao revés; en vez de limpar o Ben de Interese Cultural catalogado que cómpre coidar e protexer, que limpen por fóra del.

Balizan con cinta os petróglifos do Pornedo

Balizan con cinta os petróglifos do Pornedo

Pronto sairemos de dúbidas. E contarémolo aquí, na bitácora do Monte Pituco (Pornedo). Dende 2009 informando, reivindicando e defendendo o ‘balcón da ría’.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: