Publicado por: MontePituco | 05/06/2013

5 DE XUÑO, DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Día do Medio Ambiente no Monte Pituco.

ÉRGUENSE as flores fortemente almiscradas,

adivíñanse labirintos,

dédalos luminosos e atraentes.

Procuras espigas de trigo; procuro

na sensación a lingua voluptuosa (uvas

nos outeiros, lumes sobre os lombos).

Os dedos intérnanse en xeografía salgada

e áchanse mirtos delourados, meles silvestres

en seos exquisitos.

Reméxense nos corpos as terras antigas e esquecidas,

a vizosidade incríbel,

os socalcos fresquísimos

das puzas e as palmeiras.

Ai os fentos que se axitan no teu torso cultivado!

Fragmento dun poema de Lucía Novas (Bueu, 1979).

Publicado por: MontePituco | 05/06/2013

LIBELIÑAS DA XUNQUEIRA DE ALBA

Diario, 5 de xuño de 2013.

Publicado por: MontePituco | 03/06/2013

A MARCHA CONTRA CELULOSAS, NA PRENSA

Un ano máis, a APDR volve mobilizar a cidadanía e os colectivos sociais  e políticos (con algúns máis interesados na foto que noutra cousa) para reclamar que Ence abandone a ría non máis tarde de 2018.

Diario, 1 de xuño de 2013.

Diario, 2 de xuño de 2013.

Faro, 2 de xuño de 2013.

La Voz, 2 de xuño de 2013.

 

 

 

Ence, pola súa parte, move ficha, sacando vantaxe da súa privilexiada posición económica.

La Voz, 2 de xuño de 2013.

Diario, 2 de xuño de 2013.

Diario, 8 de xuño de 2013.

Diario, 8 de xuño de 2013.

Diario, 8 de xuño de 2013.

…E a Xunta, ábrelle as súas portas e “mima” a Ence.

Diario, 5 de xuño de 2013.

Publicado por: MontePituco | 03/06/2013

DENUNCIAN UN VERTEDOIRO NA ESTRADA

Diario, 1 de xuño de 2013.

Publicado por: MontePituco | 02/06/2013

EN SOLIDARIEDADE: GALICIA NON É UNHA MINA

Manifestación contra a megaminería.

Campaña en Change.org contra a megaminaría. Asina e comparte.

 

Publicado por: MontePituco | 01/06/2013

POLA RECUPERACIÓN DA RÍA

Cartaz da APDR

Publicado por: MontePituco | 31/05/2013

COMUNIDADES QUE SE PREPARAN PARA EVITAR INCENDIOS

Faro de Vigo, 23 de maio de 2013.

Hai comunidades de montes nas que a loita contra o lume se toma ben en serio moito antes de que o calor comece a apretar e, co bo tempo, se incremente o risco de incendios, ben por algunha queima imprudente ou por algunha acción premeditada. En San Xulián durante os últimos anos, os principais aliados nesta materia tan sensible son os santos e santas dos altares: San Xudas Tadeo, patrón das causas perdidas; San Expedito, das urxentes…

O monte coma un polvorín, coas cunetas das pistas infestadas de broza e, particularmente, xestas, que quedan moi vistosas na primavera cheas de flores amarelas pero que, cando secan, convértense en dinamita incendiaria. As sucesivas borrascas dos pasados meses que fixeron medrar a vexetación, que descargaron no chan moita materia orgánica caída das árbores, principalmente eucaliptos, outra peste máis…

Nestas condicións tan precarias, o monte veciñal da parroquia non está preparado para afrontar o verán nunha situación de relativa seguridade. Volverán ser a climatoloxía adversa -mal que lles pese a hosteleiros e veraneantes- e as pregarias da veciñanza as que nos afasten do lume, a falta da posta en marcha dalgún plan eficaz de prevención que, en comunidades de montes máis avanzadas e responsables, xa se van aplicando con máis esforzo e vontade que medios económicos ou axudas institucionais.

…De cartos non se pode queixar a comunidade de San Xulián, á vista dos ingresos polas numerosas expropiacións coas que non se fai máis que descapitalizar o patrimonio territorial da parroquia. De apoio financeiro da Administración, tampouco, tendo en conta os “gobernos amigos”…

A única actuación visible dos últimos días é a limpeza -desbrozadora en ristre- que se vén realizando para despexar de vexetación as árbores novas coas que se repoboou o Monte Pituco hai uns anos. Árbores que, precisamente, pola falta de coidado, pola ausencia de labores de mantemento, non medraban nin medio palmo ao ano, “afogadas” baixo fentos e toxos; cando non eran vítimas de actos vandálicos aqueles exemplares máis próximos á mal chamada área recreativa.

Curiosamente, vanse preocupar por repoboacións localizadas nos terreos afectados directa ou indirectamente polo polígono industrial proxectado no PXOM. E tendo en conta o “apoio” da directiva da Comunidade de (des)montes a ese proxecto absolutamente alegal, antieconómico, agresivo co medio ambiente, coa paisaxe e co legado arqueolóxico, esta medida só se pode entender de dúas maneiras: como un lavado de cara (ai, canto nos preocupamos polos nosos recursos forestais) de cara á galería, e unha maneira de gastar combustible e tirar cos cartos. Todo para que non arda; non sexa que resulte un impedimento para URBANIZAR un ESPAZO NATURAL PROTEXIDO.

…A pesar do fondo, benvida sexa, de todos modos, pola forma, esta limpeza, se redunda en beneficio do monte veciñal. Cando menos, mentres siga sendo MONTE. Porque, abofé, en DEFENDE O PITUCO seguirase reivindicando atención, traballos de conservación e mellora deste espazo no que hai tanto por facer.

Traballos de desbroce arredor das árbores novas coas que se repoboou o Monte Pituco.

Traballos de desbroce arredor das árbores coas que se repoboou o Monte Pituco.

Publicado por: MontePituco | 30/05/2013

MONTE-PITUCO-TERAPIA

Diario de Pontevedra, 12 de maio de 2013.

…Cada persoa ten ese lugar predilecto ao que acode a cotío para desconectar, cargar as “pilas”, evadirse, entreterse. O Monte Pituco é ese espazo máxico que moitos veciños de San Xulián, do centro de Marín ou mesmo da veciña Pontevedra veñen visitar para atoparse consigo mesmos e estreitar os seus lazos particulares coa natureza. E non porque haxa unha mancha nun mapa que condena este enclave a converterse nun polígono industrial que cercenaría a fauna, a flora, e o valor paisaxístico, ecolóxico e cultural da zona, imos renunciar a el. Máxime cando en DEFENDE O MONTE PITUCO consideramos que esa decisión non está baseada en criterios urbanísticos atinados, que se vulneran os principios de protección ambiental e arqueolóxica que posúe este monte, que só o capricho político, o interese electoralista e a codicia económica están detrás de semellante aberración.

Por iso cómpre reivindicarmos o que Federico de la Peña expón nunha reportaxe publicada no Diario de Pontevedra o pasado 12 de maio de 2013: a natureza como terapia. Que é das poucas cousas de balde que nos van quedando nesta vida.

Fauna do Monte Pituco.

Flora do Monte Pituco.

Publicado por: MontePituco | 29/05/2013

SALCEDO NEGOCIA HOXE EN MADRID

Faro de Vigo, 26 de maio de 2013.

Faro de Vigo, 25 de maio de 2013.

Faro de Vigo, 24 de maio de 2'13.

Publicado por: MontePituco | 28/05/2013

PENAS DE PRISIÓN POR MALTRATO ANIMAL

Faro de VIgo, 23 de maio de 2013.

Faro de Vigo: Un juzgado pontevedrés impone por primera vez penas de prisión por el uso de ´trancas´

 

Este tipo de prácticas tan crueis e irracionais van deixar de pasar impunes. Pasou tempo dende que a Fiscalía comezou a interesarse polo caso do gando equino cuxos propietarios os ceiban no monte portando nas súas extremidades pexas, trancas, cordas ou cadeas coas que limitan a súa mobilidade. Pero semella que a xustiza, malia que lenta, está empezando a ser eficaz ante esta problemática do maltrato animal. Que esta condena non sexa a primeira porque, non só no Monte Xiabre, senón tamén nos montes do Morrazo, de Pontevedra, do Val Miñor, hai eguas e cabalos nesta penosa situación mentres os seus donos están tranquilamente nas súas casas, sen preocuparse o máis mínimo pola sorte que corren estes animais, correndo perigo ao non poder defenderse dos depredadores, transitando por estradas nas que circulan vehículos, ou arruinando a colleita de calquera labrego para buscar alimento.

Publicado por: MontePituco | 27/05/2013

ÁRBORES NOS MONTES

Publicado por: MontePituco | 26/05/2013

AVOGADOS DE PONTEVEDRA VISITAN O ESPAZO SETE CAMIÑOS

O grupo de sendeirismo do Colexio de Avogados de Pontevedra visitou o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. (Foto: Fran Currás).

O Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños recibiu este fin de semana a visita do grupo de sendeirismo do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra, que realizou unha andaina polos montes de Salcedo, Lourizán e San Xulián guiados polo presidente da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Rafael Quintía, e por integrantes da comisión técnica do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.

O grupo de sendeirismo do Colexio de Avogados de Pontevedra visitou o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. (Foto: Fran Currás).

O grupo de sendeirismo do Colexio de Avogados de Pontevedra visitou o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. (Foto: Fran Currás).

Nas últimas semanas vén medrando o interese por coñecer o territorio que abrangue este Espazo Natural e Arqueolóxico, ameazado en parte pola intención do Concello de Marín de instalar un polígono industrial malia que a zona está catalogada como Espazo Natural Protexido pola súa pertenza aos Montes do Morrazo.

O grupo de sendeirismo do Colexio de Avogados de Pontevedra visitou o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. (Foto: Fran Currás).

O grupo de sendeirismo do Colexio de Avogados de Pontevedra visitou o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. (Foto: Fran Currás).

Nembargantes, comunidades de montes como a de Salcedo veñen realizando xa un traballo de recuperación dos seus xacementos arqueolóxicos que ata hai pouco non se podían visitar debido a que estaban situados no ámbito da base militar da Brilat. Xunto coa posta en valor dos elementos históricos, tamén destaca o labor de reordenación forestal na que están actuando as comunidades de Salcedo e Lourizán.

O grupo de sendeirismo do Colexio de Avogados de Pontevedra visitou o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. (Foto: Fran Currás).

O grupo de sendeirismo do Colexio de Avogados de Pontevedra visitou o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. (Foto: Fran Currás).

O roteiro co grupo de sendeirismo do Ilustre Colexio de Avogados de Pontevedra partiu da área de lecer do Pornedo, continuou polos petróglifos e a mámoa de Sete Camiños, a fonte da Prata, os gravados rupestres de Regato dos Buratos, Outeiro dos Apañados, a Pedra do Fundamento, a mámoa e o miradoiro do Catadoiro, para rematar nos petróglifos e no miradoiro do Pornedo, admirando as vistas da ría de Pontevedra, coa illa de Tambo e o arquipélago de Ons ao lonxe. O itinerario destaca tamén polas lendas asociadas a determinados elementos, a presenza de antigas canteiras e mananciais.

O grupo de sendeirismo do Colexio de Avogados de Pontevedra visitou o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. (Foto: Fran Currás).

O grupo de sendeirismo do Colexio de Avogados de Pontevedra visitou o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. (Foto: Fran Currás).

O grupo de sendeirismo do Colexio de Avogados de Pontevedra visitou o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. (Foto: Fran Currás).

Esta andaina súmase a outras visitas guiadas realizadas recentemente por entidades como a Asociación Cultural Almuinha, Queremos Galego Marín e o Servizo de Deportes da Universidade de Vigo; proba de que o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico segue sumando apoios a unha iniciativa que xa conta coa adhesión dunha vintena de colectivos a prol da conservación deste territorio que abrangue os montes de San Xulián de Marín, e Salcedo e Lourizán en Pontevedra, valiosos pola elevada concentración de elementos arqueolóxicos, etnográficos e enclaves paisaxísticos singulares.

O grupo de sendeirismo do Colexio de Avogados de Pontevedra visitou o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. (Foto: Fran Currás).

[Reportaxe fotográfica: Fran Currás, comisión técnica do proxecto Espazo Sete Camiños]

Publicado por: MontePituco | 25/05/2013

POLO DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE DA RÍA

Representantes da nova Plataforma 2018 contra a prórroga a Ence.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, o Colectivo Nacionalista de Marín, Queremos Galego Marín, Vaipolorío, e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común son algunhas das case 30 organizacións ecoloxistas, veciñais, culturais e políticas de Pontevedra e das localidades veciñas que se agruparon para constituir a Plataforma 2018 contra a prórroga a Ence, impulsada dende a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra. Este conglomerado de entidades opóñense a que a fábrica pasteira poida continuar na súa actual ubicación a carón da ría durante outros 75 anos trala reforma da Lei de Costas.

Na APDR non se fían de que sexa a Xunta a que, mediante un informe, poida dispoñer se a factoría queda ou marcha e sospeitan que é o Goberno Central o que ten “a última palabra”. Por iso esta Plataforma créase coa intención de presionar o Executivo autonómico para que impida a prórroga. Entre as medidas que xa puxeron en marcha destaca unha campaña de recollida de sinaturas a través de Change.org que nestes primeiros días xa colleitou un milleiro de adhesións.

Outra acción programada é unha charla coloquio este mércores 19 de maio ás 20:30h na Casa das Campás de Pontevedra. Co título “Por un modelo de desenvolvemento sostible e socialmente xusto coas rías galegas” o biólogo e experto en recursos mariños Alberto de Coo vai argumentar a súa aposta pola explotación dos recursos pesqueiros e marisqueiros. Tamén participará o presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes, Xosé Alfredo Pereira, que falará sobre “Outra alternativa para o monte galego” á marxe das prácticas actuais de monocultivo de eucalipto e especies de alto rendemento.

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO, solidariedade coa APDR, que tamén apoia a conservación do Monte Pituco fronte á desfeita urbanística, a voracidade do sector empresarial e a avaricia especulativa. Ledos de que se visualice o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños no atuendo do voceiro do Colectivo Nacionalista. E mortos de risa ao ver que tamén se apunta a este “bombardeo” certo partido político de esquerdas que, no caso da agrupación marinense, caracterizouse por desprezar e ningunear a este colectivo veciñal ante os reiterados intentos de obter información argumentada e xustificada sobre a elección do Pituco para a construcción dun polígono industrial. O mesmo lles dá esixir que se urbanice un Espazo Natural Protexido en plena fachada marítima, que opoñerse á instalación dun parque eólico nese mesmo Espazo Natural Protexido. Coherencia e principios que brillan pola súa ausencia. Pero así son as circunstancias, que levan a reunir estraños compañeiros de viaxe.

 

Publicado por: MontePituco | 24/05/2013

ZULUETA DE HAZ E O SEU PASO POR MARÍN

Alfonso Zulueta de Haz, Premio Pontevedrés de honra de 2012.

Veñen de entregarse en Pontevedra os Premios Pontevedreses de 2012 e, entre os galardoados, un persoeiro da cultura galega que estivo vencellado a Marín, onde exerceu como notario. Alfonso Zulueta de Haz (Pontevedra, 1924) non deixou de visitar terras marinenses dende Vigo, a cidade na que reside dende hai anos. Na súa presentación antes de que recollera a distinción, o xornalista Xabier Fortes desvelou que o presidente da Fundación Penzol, da Fundación Sálvora e da Fundación Juan XXIII pasa longas tempadas en Aguete.

 

 

Publicado por: MontePituco | 22/05/2013

22 DE MAIO, DÍA DA BIODIVERSIDADE

Imaxes da matogueira no Monte Pituco.

No Día Internacional da Biodiversidade en DEFENDE O MONTE PITUCO apostamos novamente por reivindicar o valor da matogueira fronte a quen, antepoñendo os seus intereses económicos e/ou políticos por diante de criterios científicos e do respecto polo medio ambiente, insiste en restarlle valor a este ecosistema que abunda no Monte Pituco en aras de seguir impulsando o proxecto de instalación dun polígono industrial irracional e aberrante dende o punto de vista urbanístico, ecolóxico e mesmo financeiro.

En xullo de 2007 Luita Verde publicou en Vieiros un artigo titulado “SOS matogueiras do Morrazo” no que se detallaban os motivos polos que cómpre protexer este ecosistema tan abundante na nosa bisbarra en xeral e, por tanto, tamén no Pituco, como parte integrante dos Montes do Morrazo.

S.O.S. MATOGUEIRAS DO MORRAZO

Áreas recreativas, tendidos eléctricos de alta tensión, excavacións, recheos, construcción de pistas de tiro ao prato, de aeromodelismo e de motocross, construcción e ancheado de pistas forestais, masiva presenza de vehículos motorizados, monocultivo de árbores forestais e incendios forestais, son en xeral as principais causas por efecto humano polo que estes ecosistemas naturais están desaparecendo a pasos axigantados na comarca. Lugares de gran importancia na comarca con monte baixo coma o monte da Paralaia, o monte Gagán, Chan das Bolas, Chans de Cela ou Chans de Pastoriza, ó igual que outras áreas como Cabo Udra, Outeiro do Cruceiro ou o Alto da Esculca, están a ser agredidos nas últimas décadas ata a actualidade, en especial dende o último lustro, por moitas das causas mencionadas, a maioría dentro de monte comunal.

Luita Verde – 16/07/2007

Estas áreas naturais existentes dende a beiramar ata os 500 metros de altitude, nos montes, integradas na actualidade en áreas protexidas a nivel de solo rústico de espazos naturais (Carballal de Coiro, Montes do Morrazo e Cotorredondo), forestal, de costas e na Rede Natura (Cabo Udra e Costa da Vela), e que tradicionalmente se adicaron ás labores do pastoreo e á silvicultura agrogandeira (na actualidade en proceso de abandono por modificación dos usos e falla de incentivos), pasan por ser ecosistemas propios de gran valor ecolóxico debido a súa rica biodiversidade faunística e florística e pola súa función reguladora e rexeneradora dos seus solos pedregosos e ácedos. A interacción destes ecosistemas polas causas citadas, está a provocar erosión do terreo, perda de capa vexetal, soterros, ruídos, contaminación atmosférica, verquidos de lixo, introducción de vexetación alóctona, e nos monocultivos forestais (eucalipto e piñeiro), por engadido, degradación a medio-longo prazo, nun proceso de varios anos donde ás árbores crecen ata cubrir totalmente o terreo, eliminando e modificando a vexetación orixinaria por exceso de competitividade pola luz, auga e nutrientes, pola cantidade de biomasa caída dende os seus talos e ramas sobre o solo que inhiben que o mato poida crecer ao seu abeiro e cabe tamén a posibilidade por causa da utilización de agrotóxicos para acelerar a súa desaparición. Comunidades vexetais tan representativas como as uces , as toxeiras e as xesteiras, donde vive unha fauna asociada e outra que depende exclusivamente destes espazos abertos para alimentarse, estanse vendo fortemente agredidas e alteradas dende entón. Especies de avifauna no máis alto da rede trófica coma o miñato común, o miñato abelleiro, a gatafornela e o lagarteiro común e da escada media como o picanzo real, o picanzo vermello e a avenoiteira cincenta; pequenas aves como a chasca común, a papuxa montesa e a escribenta riscada; réptiles como a cobra lagarteira meridional, a lagartixa dos penedos e o esgonzo común; mamíferos coma o coello; prantas asociadas de ámbito mediterráneo coma o trovisco e a carpaza moura; de terreos pantanosos como a xanzá; invertebrados como a rara especie a nivel galego da bolboreta Maculinea alcon, entre outras moitas máis, parte delas ademáis endemismos ibéricos, poderán verse en maior ou menor medida no límite da súa extinción na comarca, de desaparecer o monte baixo de mato. Se está a afectar á agrogandería tradicional, ó fallar pastos naturais e a densa biomasa de mato que tradicionalmente se utilizou trala sua corta como un excelente abono orgánico en combinación con excremento animal; á apicultura por selas uces unhas das prantas preferidas polas abellas para a fabricación da súa mel; e á industria enerxética por ser o toxo un excelente biocombustible de futuro. Tamén se está a provocar a degradación da paisaxe, especialmente os monocultivos forestais, ocupando e tapando as excelentes panorámicas abertas e os lugares de interese xeolóxico, natural e socio-culturais nas proximidades donde en xeral están ubicadas as áreas de monte aberto e matogueira, moitas das veces verdadeiras atalaias e outeiros sobre os pobos e as rías.

Luita Verde rexeita polo tanto a xestión economicista e irracional que se está a levar a cabo nos montes do Morrazo, baseada na incontrolada “cultura do ocio” e o monopolizador “monocultivo de especies forestais de crecemento rápido” do sector madeireiro, a conta da ocupación e destrucción do monte baixo e de matogueira que están aquí dende hai séculos ou incluso milenios, e siguen tendo as súas funcións ecolóxicas naturais e as socio-económicas da agrogandería tradicional, xunto cun potencial en biomasa fertilizadora e enerxética de calidade no futuro. Denuncia que polo contrario a maioría dos montes da comarca, tanto mancomunados como privados, supoñen case o 60% do territorio comarcal e xa están de abondo reforestados con árbores dende hai décadas, pero mal xestionados, baseados no monocultivo de eucalipto e de piñeiro (máis 75% da superficie forestal), pasto de plagas de insectos e fungos que os merman, e que por engadido supoñen as principais causantes do espallamento dos incendios forestais, como os que asolaron a comarca en agosto do ano pasado, ó ser especies pirófitas. Tamén denuncia que tanto as administracións locais como a autonómica, e a pesar das distintas proteccións das áreas naturais donde están integrados os ecosistemas de mato e monte baixo, durante todo este tempo ata a actualidade non estiveron a facer nada, senón tódolo contrario, para que estes foran conservados e protexidos.

Luita Verde avoga pola posta en valor e a conservación do monte baixo e de matogueira, como asimesmo o fomento e incentivo das prácticas agrogandeiras e de roza nos mesmos (é necesaria ademáis como preventiva para que non haixa demasiada biomasa, polo perigo de combustibilidade da mesma e posible xeneración de incendios forestais), e por engadido un ordeamento máis racional e sostible dos montes, donde o arborado debe estar baseado nos cultivos mixtos e no fomento de especies nobles e autóctonas e donde as actividades humanas a realizar (forestais, agrogandeiras, culturais e de lecer) deben estar directamente relacionadas e respetuosas co medio, donde ademáis se reproba a práctica inexistencia de actividades afíns coma o ecoturismo e o sendeirismo. As actividades que incumpran esas condicións deben ser erradicadas dos montes e áreas naturais protexidas, buscando zonas alternativas e recintos fóra dos mesmos, máis acordes coa súa función, que deberían estar reflexadas e integradas nos respectivos plans de ordenación urbana dos concellos (PXOMs) e asumidas polas distintas Consellerías, dentro das súas competencias.

Fauna do Monte Pituco

Este ano o Día da Biodiversidade está adicado á auga, un recurso vital que no Monte Pituco está en serio perigo por culpa do polígono proxectado no PXOM, co aplauso cómplice de poderosas corporacións empresariais e financeiras, secundadas dende instancias políticas por colectivos veciñais e a propia comunidade de (des)montes que ‘deshonra’ co seu comportamento a defensa que debería abandeirar deste territorio peculiar que por definición é inalienable, indivisible, inembargable e imprescriptible.

O uso de explosivos para dar urbanizado o terreo e os movementos de terra afectarían os acuíferos subterráneos que abastecen a veciñanza da zona dende tempo inmemorial, privándoa do seu consumo; e a contaminación derivada da actividade industrial posterior perxudicaría moi negativamente os regatos próximos nos que habitan especies de fauna e flora vulnerables como a Chioglossa lusitanica, o fento Dryopteris guanchica e outros endemismos do noroeste ibérico que tamén están presentes no Pituco.

...E pouquiño de auga do manancial da Fontenla.

Este artigo conmemorativo non podía rematar sen o manifesto co gallo do Día Internacional da Biodiversidade 2013, publicado na web do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, unha entidade académica situada na cidade de Lugo e conformada pola Universidade de Santiago de Compostela, a Consellería de Medio Rural, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, e o Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social:

El día 22 de Mayo fue elegido por la Asamblea General de las Naciones Unidas el Día Internacional de la Diversidad Biológica. En el año 2013 el tema es Agua y Biodiversidad. El tema resalta la importancia del papel de la biodiversidad y los ecosistemas en garantizar la seguridad del agua y por consiguiente, el desarrollo sostenible.

Agua y Biodiversidad

1. El agua es vida. Nos garantizar la seguridad alimentaria, el agua potable y mantener unas condiciones sanitarias. Es la fuente de muchas actividades económicas. Y crea un ecosistema que lleva a la biodiversidad.

2. Vivimos en un mundo donde los recursos en agua se hacen cada vez más escasos. La demanda de agua supera la capacidad mundial, las sequías y las inundaciones son cada vez más frecuentes.

3. La seguridad del agua es una prioridad en la agenda política y económica: el informe de 2010 sobre riesgos globales pone el agua en segundo lugar después de una crisis sistémica de los mercados financieros y por delante de la crisis alimenticia, la volatilidad energética y los precios agrícolas.

4. Los ecosistemas regulan la disponibilidad del agua y su calidad: la degradación de los ecosistemas aumenta la inseguridad del agua y perjudica a la biodiversidad.

5. Los ecosistemas son infraestructuras naturales que tienen el mismo propósito que infraestructuras artificiales como presas o procesadoras de agua. La gestión del agua se puede hacer de forma sostenible, lo que permite reducir costes y preservar el medioambiente.

6. Los ecosistemas que más influyen en la preservación del agua son los bosques, los humedales, las praderas y las tierras.

7. Sin los ecosistemas, el ciclo del agua, y así como los del carbono y los nutrientes, se verían significativamente afectados, de forma negativa. Y sin embargo las políticas y decisiones no tienen suficientemente en cuenta estas interrelaciones para tomar medidas eficaces.

¿Qué es la Biodiversidad?

La diversidad biológica, o biodiversidad, es el término por el que se hace referencia a la amplia variedad de seres vivos sobre la Tierra y los patrones naturales que conforma. La diversidad biológica que observamos hoy es el fruto de miles de millones de años de evolución, moldeada por procesos naturales y, cada vez más, por la influencia del ser humano. Esta diversidad forma la red vital de la cual somos parte integrante y de la cual tanto dependemos.

Con frecuencia, se entiende por diversidad la amplia variedad de plantas, animales y microorganismos existentes. Hasta la fecha, se han identificado unos 1,75 millones de especies, en su mayor parte criaturas pequeñas, por ejemplo, insectos. Los científicos reconocen que en realidad hay cerca de 13 millones de especies, si bien las estimaciones varían entre 3 y 100 millones.

La diversidad biológica incluye también las diferencias genéticas dentro de cada especie, por ejemplo, entre las variedades de cultivos y las razas de ganado. Los cromosomas, los genes y el ADN, es decir, los componentes vitales, determinan la singularidad de cada individuo y de cada especie.

Otro aspecto adicional de la diversidad biológica es la variedad de ecosistemas, por ejemplo, los que se dan en los desiertos, los bosques, los humedales, las montañas, los lagos, los ríos y paisajes agrícolas. En cada ecosistema, los seres vivos, entre ellos, los seres humanos, forman una comunidad, interactúan entre sí, asi como con el aire, el agua y el suelo que les rodea.

Es esta combinación de formas de vida y sus interacciones mutuas y con el resto del entorno que ha hecho de la Tierra un lugar habitable y único para los seres humanos. La diversidad biológica ofrece un gran número de bienes y servicios que sustentan nuestra vida.

El valor de la diversidad biológica

La protección de la diversidad biológica es un tema de nuestro interés. Los recursos biológicos son los pilares que sustentan las civilizaciones. Los productos de la naturaleza sirven de base a industrias tan diversas como la agricultura, la cosmética, la farmaceútica, la industria de pulpa y papel, la horticultura, la construcción y el tratamiento de desechos. La pérdida de esta diversidad biológica amenaza nuestros suministros alimentarios, nuestras posibilidades de recreación y turismo y nuestras fuentes de madera, medicamentos y energía. También interfiere con las funciones ecológicas esenciales.

Nuestra necesidad de componentes de la naturaleza de los cuales una vez hicimos caso omiso con frecuencia es importante e imprevisible. De vez en cuando nos hemos precipitado de vuelta la despensa de la naturaleza para curar nuestras enfermedades, o a las infusiones de genes resistentes procedentes de plantas silvestres, para salvar nuestros cultivos de las incursiones de las plagas. Es más, la amplia gama de interacciones entre los diversos componentes de la diversidad biológica es lo que permite que el planeta pueda estar habitado por todas las especies, incluidos los seres humanos. Nuestra salud individual, y la salud de nuestra economía y de la sociedad humana, dependen del continuo suministo de los diversos servicios que nos brinda la naturaleza, y que serían sumamente costosos o imposibles de reemplazar. Estos servicios naturales son tan variados, y prácticamente infinitos. Por ejemplo, sería casi imposible sustituir, en gran medida, el control de plagas que cumplen diversas criaturas que integran la cadena alimentaria, o la polinización que llevan a cabo los insectos y las aves en su actividad cotidiana.

Protejamos la Biodiversidad

La crisis de la biodiversidad es en gran medida resultado de la actividad humana y representa una amenaza seria al desarrollo humano. Pese a los renovados esfuerzos de estos últimos veinte años, la pérdida de diversidad biológica, a consecuencia de la destrucción de los habitats naturales, la agricultura intensiva o la contaminación, ha seguido su curso inexorable. Es necesario actuar para salvar lo que queda.

22 de maio, Día da Biodiversidade.

Publicado por: MontePituco | 21/05/2013

TESOUROS QUE COMPARTIMOS CO GAFOS

Tesouros Gafos, por Vaipolorío.

O colectivo Vaipolorío vén de presentar “Tesouros do Gafos”, unha publicación na que expoñen as especies de fauna e flora máis destacadas dese contorno fluvial no que levan anos traballando a prol da súa recuperación e posta en valor. Algunhas delas, como a Chioglossa lusitanica ou saramaganta rabilonga, habitan tamén no Monte Pituco, nos regatos da auga que nace no subsolo. Un endemismo do noroeste peninsular clasificado como VULNERABLE no Catálogo Galego de Especies Ameazadas e do que demos conta da súa existencia nun artigo titulado “Si, no Monte Pornedo hai saramaganta rabilonga“.

…Bolboretas, insectos, réptiles, arbustos e cantas plantas caracterizan a matogueira están representados no Pornedo. Porque non cabe a ignorancia, só a mala fe pode xustificar o exercicio de denostación que o PXOM de Marín fai deste espazo natural, subestimando o seu valor biolóxico e dando a entender que, polo feito de carecer dunha masa arbórea densa, a súa posible urbanización non acarrearía danos medioambientais.

Nada máis lonxe da realidade: porque precisamente un dos potenciais do Pornedo reside na (case) ausencia de especies invasoras como os eucaliptos, o que converte esta zona nunha “illa” privilexiada pola que sobrevoan as aves rapaces, na que abundan os nacementos de auga e onde habita unha máis que respectable biodiversidade.  

Diario, 21 de maio de 2013.

Publicado por: MontePituco | 18/05/2013

PLENO DE MAIO (II): PASEO DAS PRAIAS

Trala moción de Mar-In que a propia Isabel Martínez Epifanio propuxo deixar sobre a mesa, o Bng presentou outra moción sobre a ampliación do paseo de Portocelo e a proposta de restauración da cabeceira da praia de Aguete “pola tala indiscriminada” realizada a instancias do Goberno local. Para Pilar Blanco é un “espazo privilexiado”; mágoa que non opine o mesmo do Monte Pituco que, malia pertencer a un Espazo Natural Protexido e ofrecer unhas vistas non menos privilexiadas da ría, foi condeado -co seu voto cómplice e a súa execrable idea de desafectalo- a quedar catalogado como solo industrial no planeamento marinense.

Por suposto, coa falta de humildade que os caracteriza, os nacionalistas comezaron a repasar cantas marabillas obraron durante a anterior lexislatura no vial de praias, sen esquecer o Certificado EMAS obtido non pola cuestionable xestión medioambiental deste espazo, senón polo desembolso económico que fixo o Concello para farolear. Pilar Blanco criticou que o PP criticara daquela a obtención do certificado. Pero non lle critica agora que, por coherencia, os populares sigan apuntados ao EMAS. O criticador que máis critique, bo criticador será…

“Que fixeron vostedes?”, reprochoulle a concelleira do Bloque ao PP, “á parte de restaurar o bar de Portocelo?”. Pilar Blanco calificou de “afición arboricida” a medida adoptada pola Concellería de Medio Ambiente ao talar “loureiros, carballos, sobreiras…”. Moi defensora das especies autóctonas, como non podía ser menos; ata o punto de que obviou que no arrase tamén caeron un bo feixe de eucaliptos. Como no Monte Pituco tamén hai bastantes eucaliptos, un monocultivo potenciado dende a Comunidade de des-montes e secundado polos propietarios privados que ignoran -ou consinten- os efectos negativos desa especie, o mesmo a Pilar Blanco lle puidera parecer que eliminar a principal fonte de ingresos do monte de San Xulián non se podería elevar á categoría de arboricidio. Peores cousas se teñen visto (e oído).

O que o Bng quería denunciar é que o Concello non fixera ningunha xestión ante Costas para efectuar esa tala. E que para chegar a esa vital conclusión os concelleiros do Bloque -agás Esther Crespo, seguro!- tiveron que “perder unha mañá en obter a documentación en Costas”. Titánico esforzo para os edís da oposición, que intentan converter cada xestión súa nunha heroicidade coa pretensión de volver camelar a veciñanza. “Vostedes negan o acceso á información a concelleiros electos”, espetoulle Pilar Blanco á alcaldesa e o seu equipo de goberno, aos que lles atribuiu a práctica dun “secretismo absurdo”.

…Máis absurda é a dinámica do Bloque á hora de expoñer mocións coma esta, ata o punto de converter a exposición dunha simple proposta de actuación nun rosario de acusacións e de ataques ao Goberno local que, por moi lexítimos que sexan, están fóra de lugar en según que momento. Pero a estratexia do Bloque é sempre a mesma: embestir, coma os touros, sempre e en todo lugar, coa expectativa de levar por diante a cuadrilla do PP.

…E o máis chistoso. Non hai moitos meses que María Ramallo acusaba a Pilar Blanco de incordiar os funcionarios municipais, que seica lle deran queixas de que a concelleira do Bloque ía meter o nariz en todo e non podían facer o seu traballo para atender as súas innumerables demandas. Semella que Pilar Blanco tomou boa nota dese toque: “Temos que molestar os funcionarios sen necesidade porque non poñen a disposición a información que teñen que poñer”, engadiu Pilar Blanco. Grazas a comentarios coma este, que dan risa, os plenos fanse un pouco máis levadeiros. Un non deixa de saír do seu asombro ao comprobar que o listón da falsidade e do cinismo de certos políticos non deixa de superarse.

O caso é que o Bng insinuou que podería tomar algunha medida neste caso, argumentando que “o Concello non cumpre cos requisitos que se lle esixen aos veciños” porque neste caso a autorización de Costas puido ter sido posterior á realización da tala.

María Ramallo replicou que “parte das xestións si se fixeron” e que uns meses atrás os responsables municipais entrevistáranse coa xefa provincial de Costas e percorreran a zona. “Moitas desas peticións xa ían no proxecto e estamos traballando nelas”, explicou a alcaldesa. “É lóxico que teñan dúbidas se están na oposición”, díxolles aos do Bloque. A alcaldesa reprochoulle a Pilar Blanco que, tras visitar Aguete e Loira, o Goberno local fixo “unha memoria valorada de 5 folios que vostede trata despectivamente”, e expuxo que se estaba agardando a que viñera o bo tempo para continuar as obras do paseo.

E restando importancia ás críticas do Bloque, optou por quedar “coa parte positiva”, concordando con que todos os gobernos -non só o da anterior lexislatura- invertiran na mellora do paseo das praias, ao que se referiu como un “escaparate para o noso turismo, nun medio ambiente privilexiado”.

Despois do empacho de “efectivamentes” de María Ramallo, chegou o empacho de letras arrastradas do ex-alcalde, que comezou cunha palabra que define ben o seu egoísmo: “Yoooooooo…”. A súa intervención foi outro alarde de principios; Francisco Veiga dixo que estaba “alarmado e afectado” pola tala “indiscriminada” de árbores. Foi falar alguén que malamente debe distinguir entre eucaliptos, pinos ou carballos, de tanto monte que coñece. É tan experto en asuntos medioambientais que ata nos advertiu moi serio e circunspecto que “cualquier temporal o bajada de aguas” podía causar problemas pola falta de suxeición da terra do talude, motivado pola ausencia de árbores. “Hace tiempo que el paseo de las playas se deteriora a pasos agigantados”, advertiu Veiga, referíndose a esta zona como “el escaparate del que disfrutamos los marinenses y los visitantes”.

Os argumentos deste ex-alcalde carecen da máis mínima solvencia e credibilidade porque el mesmo se ten desacreditado hai tempo en todo o que teña que ver coa xestión do medio ambiente. Un cargo público que non respecta un Espazo Natural Protexido como o Monte Pituco, que non recúa no seu empeño de convertelo nun polígono industrial, non ten lexitimidade ningunha para pronunciarse neses termos, disfrazándose de “verde” e insultando coa súa actitude a quen ten a sensibilidade ambiental que a el lle falta. Veiga debería ir ata o porto de Combarro e mirar de fronte cara a Marín para decatarse da barbaridade e do atentado ambiental e paisaxístico -palabras coas que non debería encher tanto a súa boca de hipócrita-  que se cometería coa súa teima.

Na súa primeira intervención, Veiga seguiu critincando a “falta de rigor” dos expedentes tramitados polo Goberno local e a “falta de ideas” do PP. E para rematar, fixo un excepcional alarde de xenerosidade dándolle un “consello” ao Goberno local: “Tras moitas reunións con Costas, en Costas non se move ningún papel se non se fala con Madrid ou co ministro”. Xa podía ter sido algo máis hábil o ex-alcalde e non evidenciar a súa incompetencia, tendo en conta que cando el gobernaba no Concello contaba coa vantaxe de ter a ZP na Moncloa. E nin con esas…

Pola súa banda, o único que pediu a concelleira de Mar-In foi “que as obras rematen antes do verán”.

Na contra-réplica, Pilar Blanco seguiu ao seu, intentando facer sangue do acceso á documentación: “Estráñalle que esixamos papeis, porque temos dereito, non lle entra na cabeza!”. Repetiu que a tala de árbores en Aguete realizada nunha zona de dominio público non tiña a autorización de Costas. E criticou que nunha zona de dominio na que os custes dunha tala deberían correr a cargos de Costas, non o Concello: “A vostede sóbranlle os cartos”, engadiu a concelleira do Bloque, que acusou o PP de ter deixado “barrancos perigosos e acantilados” nunha acción que calificou de “remendo tras remendo”. E rematou recalcaldo o seu discurso de ecoloxista indignada: “Isto é unha agresión en toda regra, e quen impulsou a tala foron vostedes en terreos privados”, concluiu.

“Como non vou saber a que documentación ten dereito a oposición se pasei 12 anos nela”, díxolle María Ramallo a Pilar Blanco, “e non se pode comparar, porque a información que nós lles damos é infinitamente superior, e quen lles escoite falar no Pleno sabe que ten toda a documentación e que a utilizan; o que non se pode confundir é que por presentar unha moción teñamos que encher de documentación”.

Francisco Veiga tiña máis que dicir: “Antes en este ayuntamiento cuando el PP pedía un papel se valoraba si tenía derecho a él o no, ahora no se facilita nada, por la orden dada a secretaría”, dixo o ex-alcalde. “Nada, nada, nada!”, repetiu ata o extremo de que o eco desa palabra case resoaba no pasillo. “Deje trabajar a la oposición, si conseguimos información es por mérito nuestro”, engadiu Veiga. Pois o Psoe non pode presumir de ter moito mérito, que sempre reacciona tarde, mal e arrastro ante a maioría dos temas importantes.

“A súa palabra ten cada vez menos valor”, chantoulle Pilar Blanco á alcaldesa, argumentando que “todos os grupos da oposición se queixan do mesmo” e advertiuna: “O Bng seguirá facendo oposición, así que poña todos os paus nas rodas que queira, que somos persistentes”, engadiu en ton desafiante. Pilar Blanco tampouco puido presumir nunca de ser prudente nas súas intervencións, rozando con bastante frecuencia os límites da chulería, como tamén adoita facer Vilaboa. E aínda por riba de ter agantado este cruce ridículo de intervencións, a concelleira do Bloque culpou a María Ramallo de ter propiciado o debate e advertiulle que o seu grupo municipal daríalle un prazo para o cumprimento da moción.

Moción que, por certo, foi aprobada por unanimidade.

Publicado por: MontePituco | 17/05/2013

LETRAS GALEGAS: VIDAL BOLAÑO

Roberto Vidal Bolaño: dramaturgo, actor e director teatral. Día das Letras Galegas 2013.

“…Anque carecemos de fontes precisas en canto ó coñecemento da nosa historia teatral anterior ó século XIX, esa carencia non necesariamente é interpretable como que non existise. Resulta difícil crer que unha escola trobadoresca como a nosa, non fora herdeira, ou mesmo tivese parella unha bufonesca ou xograresca de semellante importancia e altura, anque de imposible perpetuación escrita por canto a súa condición teatral facíaa esencialmente perecedoira.

Testemuñas quedan non obstante de que algo debeu haber, sen o que non sería posible explicar hoxe a pervivencia aínda de mostras dun teatro medieval ricaz e farturento, en formas como o teatro relixioso, a Semana Santa, os corpus, os maios, e sobre todo o entroido, un dos máis esplendorosos da península ibérica. Que non se queiran entender como formas teatrais puras non debera poñer en cuestión a súa existencia, senón a estreitura de miras dos nosos estudiosos, escravizados maiormente pola cativa consideración de que por teatro só é posible entender hoxe a súa forma culta, ou sexa a burguesa.

A outra historia, a que está datada e contrastada polos documentos, correu sempre parella á nos a necesidade de nos reafirmar como cultura, país, pobo ou nación, cun xeito peculiar de ser e estar no mundo. Xerou xa a súa propia tradición. Arrinca dos Precursores, está nos Rexionalistas e chega ata hoxe a través das Irmandades da Fala, a Xeración Nós, o teatro da emigración e do exilio e o teatro da posguerra. É da busca da satisfacción desa mesma necesidade e dunha e doutra tradición, xunto con aqueloutras do patrimonio universal susceptibles de enriquece-lo noso, de onde xurdiu e segue a xurdir cada día o mellor teatro do presente. Aquel que máis e máis decididamente aposta polo futuro, por un teatro galego capaz de traducir en termos de universalidade o particular e de lles restituír ós cidadáns o dereito a un lugar de encontro no que se espallar, co que sentirse identificado e ó que ter como propio…”

Roberto Vidal Bolaño: Fragmento de “Perspectivas do teatro galego actual” (Actas das I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa, 1998).

Publicado por: MontePituco | 16/05/2013

CHARLA SOBRE TORRES NO MUSEO DE PONTEVEDRA

Charlas no Museo de Pontevedra.

Unha charla sobre a obra do pintor marinense Manuel Torres pechará -o 17 de xuño- o ciclo de conferencias “Aprende a mirar”, que se celebrarán no Museo de Pontevedra, a cargo de Antón Sobral e Antón Castro.

Publicado por: MontePituco | 15/05/2013

O ENVEXABLE EXEMPLO DA ÁREA ARQUEOLÓXICA DE TOURÓN

Visita de estudantes de Dorrón (Sanxenxo) á área arqueolóxica de Tourón, organizada polo Concello de Ponte Caldelas.

Onde un fato de ignorantes, de especuladores, ou ambas as cousas á vez, só ven “unhas pedras do 2000” que lles estorban para acadar a súa perversa pretensión de lucrarse convertendo un monte protexido nun polígono industrial, noutras localidades estase poñendo en valor o patrimonio rupestre existente no monte veciñal: desbrozan para evitar o risco de incendios, sinalizan con paneis informativos, crean unha ruta para organizar visitas guiadas, deseñan folletos publicitarios para dar a coñecer os seus bens de interese cultural, e contribúen á dinamización da contorna co movemento económico que se xera e a creación de postos de traballo, sen obviar o incalculable beneficio cultural e educativo que se inocula na poboación.

É o exemplo de Ponte Caldelas, onde -dito sexa de paso- goberna dende tempo xa inmemorial o PP. Un grupo de estudantes de Dorrón acompañados por técnicos municipais, percorreron esta semana a área arqueolóxica de Tourón: unha superficie de 150.000 metros cadrados onde se localizan cinco conxuntos arqueolóxicos de grande interese. É o propio concello de Ponte Caldelas o que impulsa un programa de visitas dirixido a centros escolares de toda a provincia de Pontevedra: os visitantes son recibidos nun pequeno local acondicionado como centro de interpretación a base de paneis explicativos e obxectos expostos, proxéctase un video sobre a importancia e a simboloxía dos elementos conservados e sobre o contexto prehistórico no que se circunscribe a realización deses gravados, e a continuación diríxense a pé ata os xacementos para comprobar sobre o terreo o contido da sesión teórica.

Cazoletas e combinacións circulares no Outeiro da Forcadela, figuras zoomorfas en escenas de caza no Nabal de Martiño, trisqueis, esvásticas e o cervo con vaciado interior de Laxe das Cruces son algúns dos elementos máis destacados da área arqueolóxica de Tourón. Recentes estudos permitiron localizar neste espazo divesas probas da existencia dun posible poboado da Idade do Bronce, entre os milenios III e II antes da nosa era. Pode que houbera cabanas de forma circular feitas con materiais vexetais e protexidas por valados de madeira, segundo eses estudos.

En Ponte Caldelas están orgullosos de ter recuperado este patrimonio: na páxina web do concello a área arqueolóxica de Tourón ten un apartado propio, con información de contacto para que centros educativos e as persoas interesadas poidan chamar ou escribir para solicitar visitas guiadas. E dende hai varios anos organízase anualmente unha festa de exaltación da arte rupestre con moitas actividades lúdicas e culturais, entre as que destacan as visitas ao parque arqueolóxico en horario nocturno.

Fronte a este exemplo de xestión, en Marín hai unha espléndida materia prima. Á marxe dos archicoñecidos petroglifos de Mogor e o menos coñecido castro da Subidá, a área xeográfica que abarcan os montes de San Xulián, Salcedo e Lourizán concentran gravados en boa cantidade e calidade, aos que se suman varias mámoas. Ademais do apartado prehistórico, nestes montes atópanse diversos elementos de interese etnográfico e antropolóxico que dan conta da existencia de canteiras, rutas asociadas ao comercio e o transporte tradicional de leite, peixe ou madeira, e espazos adicados ao pastoreo do gando.

E por se fose pouco, trátase dunha área dunha enorme importancia medioambiental, na que polo menos o monte de San Xulián forma parte dos Montes do Morrazo, catalogados como Espazo Natural Protexido. Sen esquecer a súa localización privilexiada en plena fachada da ría de Pontevedra, con miradoiros dende os que se divisan espectaculares vistas.

Con todas estas vantaxes, calquera outro concello con representantes políticos medianamente intelixentes tomaría medidas para “explotar” de forma razoable e sostible todas estas bondades. En cambio, en Marín óptase por dinamitar todo este potencial desgraciando o monte cun proxecto de polígono industrial inviable dende o punto de vista técnico e económico. Malia todo, a comisión técnica do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico segue loitando para reivindicar a protección desta paraxe: as comunidades de montes de Lourizán e de Salcedo, co apoio do Concello de Pontevedra, levan tempo dando pasos a prol desta interesante iniciativa que conta coa adhesión dunha vintena de colectivos.

Pero en Marín, incomprensiblemente, non se fai nada e, pola contra, a tendencia a nivel institucional e social vai na liña de arrasar coas armas do asfalto e do formigón coa envelenada bandeira da crise, co aguillón demagóxico da creación de emprego. Abofé, non se fixeron as margaridas para os porcos…

Por sorte, e aínda que os responsables municipais e a Comunidade de (des)montes miren para outro lado, o Espazo Sete Camiños en xeral e o Pituco en particular veñen recibindo cada vez máis visitas, tanto en grupo como individualmente: asociacións culturais e veciñais, colectivos profesionais e académicos, sendeiristas, familias coas súas mascotas, deportistas… O monte volve estar habitado por xente concienciada da importante función social, económica e ecolóxica que cumpre. Negar esta evidencia é un capricho inxustificable e unha mostra de grave incompetencia.

Publicado por: MontePituco | 14/05/2013

EXPO DE CERÁMICA CASTREXA EN PONTEVEDRA (actualizada)

Exposición de cerámica castrexa, en Pontevedra.

Comunicado da Deputación de Pontevedra sobre esta mostra:

“CERÁMICA CASTREXA EN GALICIA: INVESTIGACIÓN E RECUPERACIÓN”, UN REFERENTE PARA ENTENDER AS ORIXES DA COMUNIDADE

• As cerámicas recreadas, ofrecen unha visión da realidade cotiá da Antigüidade galega e a cultura castrexa

A Deputación de Pontevedra xunto a Fundación Terra Termarum e o Concello de Cuntis, acolle ata o vindeiro 16 de xuño a exposición “Cerámica Castrexa en Galicia, investigación e recuperación”, no Sexto Edificio do Museo.

Trátase dun profundo traballo de investigación que ten por obxectivo mostrar os xacementos e os achados do castro de Castrolandín, a través da súa posta en valor, así como o estudo do material procedente das escavacións realizadas neste castro no marco dun obradoiro de réplicas arqueolóxicas cerámicas. A mostra conta con 68 pezas tanto de Castrolandín como doutros castros galegos como Meirás, Elviña, Baroña, Montealegre, A Lanzada, Illas Cíes, Vigo, Punta de Muíño do Vento, Toralla, Santa Tegra, Torroso, Fozara, Castromao, San Cibrán de Las, Tomeza, Coto de Mosteiro, Viladonga, Zoñán ou Illa de Xoances.

A exposición corresponde á Idade do Ferro en Galicia, e está estruturada en tres fases segundo cronoloxía (fase inicial do século VIII a.C ó V a.C; fase media do castrexo do IV ó II a.C; e fase de transición do I a.C ó I d. C). O proceso consistiu nunha documentación das pezas orixinais, debuxo arqueolóxico, documentación fotográfica, reconstrución virtual tendo en conta pezas coñecidas, e reconstrución da peza no taller da fundación por ceramistas e restauradores.

Na presentación estivo presente a deputada Ana Isabel Vázquez, quen puxo de manifesto a importancia do proxecto: “Trátase dunha mostra moi didáctica que amosa a evolución dos castros e que permite coñecer as nosas orixes aportando coñecementos das raíces galegas así como chegar a tódolos públicos que é fundamental, abrindo as portas ó turismo”; xunto co alcalde de Cuntis, Antonio Pena Abal, que describiu as cerámicas como “as mellores do mundo con gran deseño e calidade”.

A exposición compleméntase a través dun ciclo de conferencias que pretenden abrir novos horizontes de investigación:

22 de maio: “Volvendo ó pasado de Cuntis para cambiar o presente. Trece anos da Fundación Terra Termarum Castrolandín” a cargo de Carlos Otero Vilariño, (Arqueólogo do Instituto de Ciencias do Patrimonio (CISC)

29 de maio: “A cerámica castrexa en Galicia: un proxecto de investigación e recuperación” impartida pola comisaria da actividade, Mar Cortegoso Comesaña.

5 de xuño: “Patas, potes e castros: modelando unha imaxe renovada da Idade de ferro” por Xurxo Ayán Vila, arqueólogo do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, especialista na Idade de Ferro.

A través de iniciativas como esta, a Deputación de Pontevedra amosa o seu compromiso coa cultura e historia galega como ven facendo con proxectos de posta en valor doutros xacementos en toda a provincia, como a Ruta dos recursos galaico-romanos, Monte Castro, ou os Petroglifos de Campo Lameiro.

Publicado por: MontePituco | 13/05/2013

PLENO DE MAIO (I): ESCOLA INFANTIL DE SEIXO-PUNTO LIMPO

O pleno deste mes de maio comezou coa intervención dos afectados polas participacións preferentes e obrigas subordinadas, que penduraron do balcón da Casa do Concello unha pancarta de apoio á súa causa, na véspera da multitudinaria manifestación celebrada en Pontevedra.

Cando xa os integrantes da plataforma saíra do Salón de Plenos, o seguinte tema abordado pola Corporación foi o proxecto para a construcción dunha escola infantil en Seixo.

Luz Santiago anunciou que o Psoe absteríase, cuestionando se tería que ser o Concello o que asumira máis custes dos previstos inicialmente. A concelleira socialista asegurou que este proxecto era unha “idea nuestra” que xa incluíran no seu programa electoral e rematou queixándose de que non puidera ter acceso ao expedente da galescola de San Pedro.

O expór que o Bng votaría a favor, Xosé María Vilaboa preguntou con ironía “que garantías temos de que esta gardería se vaia facer”, argumentando que o plan Educa 3 no que se sustentaría o seu financiamento “foi eliminado polos recortes”. O edil do Bloque tamén protestou porque o grupo de Goberno deixou o convenio “a durmir” e pediu explicacións sobre por que, tendo un mes para someterse ao pleno, “entrou en febreiro e estamos en maio”. Seguindo na liña eu-me-min-comigo do Psoe, o Bng tamén se atribuiu que as casas do profesorado onde está previsto acometer a reforma “desafectáronse a iniciativa do goberno anterior”. E o terceiro dardo de Vilaboa foi para chamar a atención sobre a falta de orzamento que impediría consignar a cantidade para acometer o proxecto: “Antes dicían que o bipartito levábase mal, agora vostedes deben levarse mal tamén e pelean polas partizas orzamentarias”, dixo Vilaboa. Os comentarios infantís de sempre. “Que isto non quede nun acto publicitario”, engadiu.

Pola súa parte, Isabel Martínez Epifanio volveu reiterar unha queixa que vén planteando nos últimos meses: “Adolece de prazos, tempos e datas”, dixo a concelleira de Mar-In sobre este proxecto. Como este tema debía terse exposto no pleno de abril, no que non se chegaron a tratar todos os temas porque a sesión suspendeuse en solidariedade cos afectados polas preferentes, Isabel Martínez criticou que o feito de non telo priorizado canda o recoñecemento de crédito e o contrato de limpeza que si puideron debaterse o mes pasado, é “unha mostra do que lle importa ao Concello a educación”. Ademais, amosou a súa estrañeza porque “o informe de intervención tardou 60 días” e explicou que o seu voto sería de abstención porque non había datos sobre o número de nenos e nenas que utilizarían este servizo.

“Nós non vendemos fume”, afirmou a concelleira Marián Sanmartín, razoando que o Goberno local “quedaría peor” se anunciara algo que non se levara a cabo. Tras este recado a Vilaboa, dirixiuse a Isabel Martínez para reiterar que “non se pactou” cos afectados polas preferentes os temas que puideron someterse a debate no pleno de abril. Á concelleira independente tamén lle contestou que este ano haberia máis de 100 nenos e nenas os candidatos a optar ás 41 prazas desa escola infantil. “É certo que non temos orzamento, pero temos compromiso”, concluiu Marián Sanmartín.

No segundo turno de intervención, Luz Santiago volveu repetir todo o que dixera na primeira quenda. “Que nos abstengamos no quiere decir que no lo apoyemos”. Nin si nin non, senón todo o contrario.

Vilaboa, tamén, máis do anterior: “Venden fume”, espetoulle a Marián Sanmartín, sacando a colación un dos talóns de Aquiles do grupo de Goberno, o centro de saúde. E de propina, advertiu que na construcción desta escola infantil habería “copago”, de xeito que se sobrepasaban o orzamento, serían o Concello “e os pais” os que asumiran o incremento.

“Non vou retirar o que dixen do pleno de abril”, remachou Isabel Martínez Epifanio sobre a súa acusación ao Goberno local e o suposto pacto sobre os temas debatidos na sesión que se acabou suspendendo. “Porque se non pactaran, aquel pleno teríase suspendido dende o principio, así que algo se falou”. A edil independente tamén criticou que o PP “oculta datos”, ao coñecer naquel momento a información sobre os potenciais usuarios da escola, unha cifra que non se dera na comisión informativa: “Parece que teñen medo a que utilicemos os datos e vostedes non saiban defenderse”.

Cando Marián Sanmartín facía ademán de iniciar a contra-réplica oiuse entre o público a voz dun dos siareiros do PP: “Non digas máis nada, muller!”. Con razón, este debate xa empezaba a cheirar, total, con pouca discrepancia, habida conta de que ía saír aprobado, e máis reproches da oposición que outra cousa, cada quenda de intervención resultaba monótona e repetitiva. E só iamos no terceiro punto da orde do día!

A concelleira de Servizos Sociais tratou de convencer de que en febreiro non dera tempo a abordar este tema, que en marzo non dispoñían dos informes necesarios, que en abril non se debatera pola suspensión do pleno, e que por iso tocaba na sesión de maio. E con non demasiado acerto no ton pola escasa repercusión que tivo o seu comentario, Marián Sanmartín reprochoulle ao Bng que pegara “pancartas en paneis de obras que aínda están sen auditar”.

Este punto aprobouse cos votos a favor do PP e do Bng, e coa abstención do Psoe e Mar-In.

O seguinte tema foi a posta a disposición dos terreos para a dotación da rede de sumidoiros en Miñan-Esperela. Trala explicación inicial de Marián Sanmartín, Vilaboa fixo unha encendida defensa deste tipo de obras tan importantes para a “calidade de vida dos veciños”. Foi falar o experto en calidade de vida alguén que quere cargarse a traída de augas dos habitantes do Caeiro e os dereitos dun bo número de regantes que van quedar en terra de secano por culpa dun polígono industrial que estragará os mananciais subterráneos que nos fornecen dende moito antes que el nacera.

O seu discurso foi parecido ao anterior: que a concelleira, á que lle lembrou que ten adicación exclusiva, “durmírase” na tramitación deste proxecto. Ademais de queixarse do “retraso” da Xunta no cumprimento do convenio do saneamento, poñendo como exemplo a rede de sumidoiros de Caños de Moledo, Vilaboa pediulle explicacións á edil popular sobre por que non se traía a este mesmo pleno a disposición dos terreos para a zona de Pereiro-Pozo, que tamén foran requeridos pola Consellería. “E explique por que non se vai facer o tanque de tormenta”, engadiu Vilaboa, augurando que a Xunta podía paralizar o convenio polo feito de que o Concello tampouco dispoñía dos cartos, 271.000 euros, para esta obra. “Votaremos a favor porque é un traballo do mandato anterior”, afirmou Vilaboa. Outro que non ten avoa…

O tema aprobouse por unanimidade.

Tamén se aprobou por unanimidade a adhesión do Concello a un convenio de colaboración con Tráfico para a cesión dun vehículo para radar.

O 6º punto da orde do día era unha moción de Mar-In sobre a solicitude á Consellería de Medio Ambiente para a dotación dun punto limpo no noso Concello, unha medida que se complementaría coa instalación de composteiros domésticos no rural. Este tema tiña dictame favorable da comisión e ía aprobarse por unanimidade, pero Isabel Martínez Epifanio pediu que quedara sobre a mesa porque consideraba que a parcela municipal “non é a máis axeitada, tendo en conta as curvas de nivel”. Tampouco é en absoluto axeitado o Monte Pornedo para a instalación dun polígono industrial, nun terreo cun forte desnivel, e aí está aprobado no Pxom, coa beizón de todos os grupos municipais. “Grazas ao Bng”, que lle avisou á concelleira de Mar-In que o lugar elixido para o punto limpo era un barranco. Pilar Blanco&Cía non estivo tan espabilada á hora de fixarse nas curvas de nivel do Pornedo; sería porque non tivo a ben pisalo endexamais.

Isabel Martínez propuxo que o Concello fixera xestións coa Consellería para preguntar se esa ubicación era válida. Dende o Psoe, Pazos Lamoso pediu varias alternativas e que se consultara tamén coas comunidades de montes. A de San Xulián estaría encantada de ter un polígono industrial, un punto limpo, un macro-depósito de auga, unha subestación eléctrica, unha empacadora de lixo e unha planta de residuos nucleares se cómpre. Todo con tal de arañar un feixe de euros. Outra cousa é a guerra que dean uns cantos veciños agrupados baixo o lema DEFENDE O MONTE PITUCO, que teñen fama de non entrar polo aro.

Neste punto houbo un amago de debate, dos moitos debates absurdos que se abren no pleno, porque Vilaboa fixo ademán de meter baza sobre a parcela de Urbaser, pero a cousa quedou en nada. Fran Veiga tamén aguilloou para que Vilaboa saíra coa súa, pero María Ramallo apañouse para atallar o lance. Por unanimidade dos grupos, este tema quedou aprazado.

Publicado por: MontePituco | 09/05/2013

PARQUES EMPRESARIAIS MANCOMUNADOS

Diario de Pontevedra, 8 de maio de 2013.

Plano do polígono superposto co Espazo Natural Protexido dos Montes do Morrazo.

Plano no que se superpón o polígono industrial proxectado no PXOM de Marín sobre a área que abarca o Espazo Natural Protexido dos Montes do Morrazo (Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento).

En DEFENDE O MONTE PITUCO non saímos do noso asombro coa liña política do BNG, pola súa continua incoherencia e deriva, que se traduce nunha hipocresía máis que evidente e nunha imaxe que -especialmente en Marín- deixa este partido e os seus representantes á altura do mesmísimo betún.

Lemos na prensa da bisbarra que o concelleiro nacionalista de Moaña, Daniel Rodas, e a diputada autonómica Ana Belén Pontón, veñen de presentar unha pregunta parlamentaria sobre a pretensión da Xunta de incluir Cruz da Maceira no Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, que posiblemente se dea a coñecer no prazo dun par de meses. O grupo parlamentar do BNG diríxese á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para que aclare se é certo que Cruz da Maceira -como vén asegurando nos últimos días o alcalde de Moaña- se vai incluir nesa planificación, argumentando que esa posibilidade foi desestimada.

O caso é que non é certo que a delimitación dun posible polígono industrial en Cruz da Maceira fora excluído do Plan Sectorial. Como tampouco foi excluida a área loxística Pontevedra-Marín que tamén figura nese proxecto. Unha área loxística que lle afecta ao Monte Pituco no termo municipal marinense e ao monte comunal de Lourizán no concello veciño. No caso da área loxística Pontevedra-Marín, o Concello de Pontevedra presentou alegacións para rexeitar esa posible actuación, argumentando que o espazo afectado estaba incluido no seu PXOM como área de protección arqueolóxica, entre outros motivos non menos importantes.

Porque afecta a boa parte do Monte Pituco, tamén DEFENDE O MONTE PITUCO alegou en contra da área loxística Pontevedra-Marín con todas as razóns que xa se veñen expoñendo amplamente neste blog: a forte pendente natural do terreo, a afección aos gravados rupestres catalogados como Bens de Interese Cultural, aos mananciais naturais que fornecen os núcleos de poboación próximos, o impacto visual irreversible que provocaría en toda a ría de Pontevedra, a presenza de especies de flora e fauna vulnerables e, sobre todo, a agresión a un Espazo Natural Protexido -o Monte Pituco- que pertence aos Montes do Morrazo, así clasificados polas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento. A Xunta non tivo a ben contestar a esas alegacións.

Precisamente, a pregunta parlamentaria do BNG alude a senllos informes negativos da Dirección Xeral de Urbanismo e da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais pola pertenza de Cruz da Maceira ao espazo protexido dos Montes do Morrazo.

E aí é onde a postura do BNG resulta tan censurable e insultante para DEFENDE O MONTE PITUCO, polo dobre raseiro que este partido aplica ao Monte Pituco, chegando mesmo a ter suxerido nun Pleno Municipal a súa desafección dos Montes do Morrazo porque a súa lexítima protección ambiental era unha barreira para os intereses do grupo municipal marinense cando gobernaba e se afanaba -na súa incompetencia- por tratar de aprobar contra vento e marea o PXOM, antes de que rematase a lexislatura, coa tramitación do Plan de Ordenación do Litoral e da Lei de Costas pisándolle os talóns.

É intolerable que un partido político actúe dun xeito nun Concello e 20 quilómetros máis para aló o comportamento sexa totalmente oposto. A dirección nacional do BNG ten que saber que o BNG de Marín e o BNG de Moaña teñen cadansúa vara de medir, que en Marín non se rexen por principios senón por comenencias absurdas e arbitrarias que non caben na cabeza de ninguén que pense -se é que coñecen o significado do verbo pensar- dende unha óptica de esquerdas.

Dende logo, no BNG de Marín non están lexitimados para presumir de traballar en “defensa do territorio” e a prol da “sustentabilidade territorial, medioambiental e social”. Título, por certo, dunha xornada que o BNG organiza o 11 de maio en Santiago coa participación da eurodeputada Ana Miranda, do presidente da Fundación Galiza Sempre, Xesús Veiga, e do voceiro nacional do BNG, Xavier Vence. E para máis “inri”, coa propia Ana Pontón moderando unha mesa redonda sobre “Conservación, xestión e protección dos Espazos Naturais e da Biodiversidade”. Sen palabras!

Adega, CEMMA, a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (que por certo ten asinado por escrito o seu rexeitamento á instalación dun polígono industrial no Monte Pituco), a Federación Rural Galega, Amigos da Terra, Fragas do Eume, a Asociación Galega de Apicultura, a Plataforma en Defensa de Corcoesto, a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (que tamén presentou alegacións ao PXOM contra a destrucción do Pituco)… e outros colectivos participan nesta xornada na que o BNG quere rodearse do máis granado do ecoloxismo galaico. DEFENDE O MONTE PITUCO non está polo labor de facilitar que o BNG se revista desa auréola pseudo-verde que social e electoralmente lle resulta tan rentable cando, por estes lares marinenses as cousas pintan ben diferentes, cun partido que se comporta como un vulgar especulador e ataca o patrimonio arqueolóxico, a biodiversidade, a paisaxe, a riqueza hidrolóxica e o potencial forestal dun Espazo Natural Protexido como o Monte Pituco. Todos eses colectivos han saber en tempo e forma como as gasta o BNG en Marín.

É obvio que o BNG actúa en clave partidista, que é incapaz de ver a viga no seu propio ollo cando tanto critica a palla no ollo do PP, que tampouco se caracteriza precisamente por pola súa defensa do patrimonio natural e cultural: de ningunha maneira o BNG apoiaría un polígono industrial mancomunado entre Marín e Moaña. Que o terreo estivera protexido sería o de menos tendo en conta que a verdadeira razón é que en Moaña goberna o PP onde ata hai 2 anos gobernou o Bloque.

Mais, curiosamente, o Concello de Pontevedra -onde tamén goberna o Bloque- rexeita compartir chan industrial con Marín aducindo que a área escollida -lindante co Monte Pituco- é de interese arqueolóxico. Porque en realidade o Bloque só se casa consigo mesmo, cando lle convén: para demandar, neste caso, a ampliación do parque empresarial de Castiñeiras, en Bueu, outro dos actuais feudos nacionalistas.

Por riba, hai que aturar -coa pacencia, a educación e o respecto do que eles carecen, por certo- a presenza e as impertinencias de certos membros do BNG en actividades a prol da defensa do Monte Pituco, que van “cheirar” o que se conta ou deixa de contar para tapar as súas vergoñas con excusas sen pés nin cabeza.

O BNG de Marín puido terse posicionado a favor de rexeitar a instalación dun polígono no Monte Pituco tendo en conta a súa rigorosa pertenza aos Montes do Morrazo e outros argumentos irrefutables. Mesmo puido ter apoiado, como fixo o BNG de Pontevedra, o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños; cousa que tamén fixeron a Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común, a APDR e outros moitos colectivos sociais, culturais e ambientais da contorna. Non o fixo nin o fará, en tanto en canto seguen “erre que erre” coa teima de levar ao Pituco canta trapallada se poña por diante: depósito de auga, subestación eléctrica, asfalto e formigón a esgalla. E se para iso teñen que “fumarse” un Espazo Natural Protexido, “se lo fuman”, e tan anchos.

A continuación, o comunicado enviado ao BNG:

A Asociación Defende o Monte Pituco (Pornedo) diríxese a vostede para expresar o seu firme desacordo coa liña política que segue o BNG de Marín ante a dotación de solo industrial neste municipio. Co apoio do grupo municipal do BNG de Marín levouse a cabo a aprobación dun planeamento urbanístico que proxecta a construcción dun polígono industrial no Monte Pornedo, tamén coñecido como Pituco, e nos Sete Camiños; unha área catalogada como Espazo Natural Protexido polas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento pola súa pertenza aos Montes do Morrazo.

Unha área na que concorren, ademais, outros factores que farían inviable unha infraestrutura industrial: a existencia de petróglifos (Bens de Interese Cultural) e mámoas catalogados; de mananciais naturais no subsolo, que fornecen os habitantes dos núcleos próximos de auga para consumo doméstico e de regadío; de especies de flora e fauna vulnerables, entre as que destaca a chioglossa lusitanica; o impacto visual en todo o litoral da ría ante a obriga de corrixir o forte desnivel do terreo con taludes e recheos de grandes dimensións que redundarían nun encarecemento desproporcionado das obras.

Fronte ao posicionamento adoptado dende o BNG de Marín, partidario de provocar semellante atentado ao patrimonio cultural, natural e paisaxístico, contrasta a actuación do BNG de Moaña co apoio da parlamentaria Ana Belén Pontón, que vén de presentar unha pregunta parlamentar sobre o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia, onde se contemplaría a instalación dun polígono industrial en Cruz da Maceira; unha medida rexeitada dende o BNG pola súa afección a unha área incluida nos Montes do Morrazo e, por tanto, catalogada igualmente como Espazo Natural Protexido.

Ante a celebración o vindeiro 11 de maio dunha xornada organizada polo BNG co lema “Defensa do territorio: unha chamada urxente á sustentabilidade territorial, medio ambiental, social”, dende Defende o Monte Pituco consideramos que a dirección do BNG non pode xustificar a súa coherencia nun caso tan notorio de dobre vara de medir, no que o seu grupo municipal marinense chegou ao extremo radical de propoñer a desafección do Monte Pituco do Espazo Natural Protexido dos Montes do Morrazo, un xesto de desprezo intolerable e que denota un comportamento especulativo moi alonxado dos estándares de sustentabilidade polos que van avogar na devandita xornada sobre “Defensa do territorio”.

Quedando ao seu dispór para calquera aclaración que precise, enviámoslle un cordial saúdo e o agradecemento pola súa atención.

Publicado por: MontePituco | 07/05/2013

PANCARTAS EN PRACERES

Foto: Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres.

Foto: Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres.

Dende hai uns días pódense ver no valado metálico do colexio de Praceres unhas pancartas instaladas pola Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres nas que se rexeitan os plans do Ministerio de Fomento de construir un túnel para o tránsito dos veciños, nun clara manobra para incumprir a sentenza do Tribunal Supremo que ordenou suprimir o ramal ferroviario que atravesa a superficie da praza pública. É o exemplo dun colectivo social que, malia ter a xustiza do seu lado, segue enfrontándose ao poder político/económico e aos seus satélites para  defender unha causa na que cren con toda a firmeza, por moito que afecten aos intereses dunha serie de empresas privadas.

…As mesmas que tamén furaron onde tiñan que furar para chuzar un proxecto de polígono industrial no Monte Pituco, un Espazo Natural Protexido polas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento pola súa pertenza aos Montes do Morrazo.

Publicado por: MontePituco | 06/05/2013

BALANCE DA VARIANTE DE MARÍN: PRECAUCIÓN!

Faro, 5 de maio de 2013.

La variante de Marín supera los 6.500 coches al día y triplica su uso tras 10 meses de trazado completo“.

No se prevé su conexión con el corredor de O Morrazo“.

Con 10 meses en pleno rendemento, pode que a variante de Marín venza, pero non acaba de convencer. Certamente, reduce o tempo de conducción dende Marín a Pontevedra e viceversa. Pero non ofrece moita confianza un vial destas características que -con sinais triangulares de perigo-advirte aos usuarios da posibilidade de atopar animais ceibes na calzada. Non hai moito había un raposo atropelado enriba do asfalto. Onte había un equipo de operarios traballando na reparación do valado metálico lateral. Unhas horas despois, nese mesmo punto, había outro becho morto.

Publicado por: MontePituco | 05/05/2013

PROXECTO DE AMPLIACIÓN DO CORREDOR DO MORRAZO

Faro, 5 de maio de 2013.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo vén de expresar o seu rexeitamento ao proxecto de ampliación do Corredor do Morrazo.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo denuncia en primeiro lugar a falla de resposta oficial, tanto ás alegacións presentadas en setembro do 2012 ao Plan de Mobilidade Viaria do Morrazo como ós comentarios feitos á consulta sobre decisión de avaliación de impacto ambiental da ampliación do corredor presentados en agosto tamén do ano pasado, o que ven indicar unha vez máis a falla de rigor e desa suposta democracia e transparencia da que alardean por parte das administracións públicas, neste caso da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Rexeita a conversión do corredor en autovía polo enorme impacto ambiental e paisaxístico que provocará (por moito que o intenten ocultar) e considera un considerable gasto económico na situación en que estamos para unha infraestrutura que ademais non vai solucionar os problemas para os que na teoría nos din que está proxectada.

Consideramos pouco serio que se faga a trozos e é ilóxico que en 3,25 kilómetros desde Rande remate na rotonda de Domaio, aviada a unha máis que segura infrautilización como pasou na realidade durante anos coa variante de Marín cunha construcción parcial con saída en pleno monte que a poboación apenas utilizaba. Suporía tamén unha maior inseguridade por rematar en viais menores.

E non poden ocultar que van afectar outra vez á área de protección do castro de Montealegre, que o segundo viaduto vaise acercar máis á Poza da Moura e que en xeral o impacto vai ser grande con terreos en desnivel que tanto en fase de obra como despóis vai ser visible no só desde Domaio senón desde boa parte da ría.

A única beneficiada sería a empresa que se lle adxudique a súa construcción, feito do que é especialista o PP, como pasou estes últimos anos a nivel estatal coas comisións que recibiu por adxudicación de obra pública dentro do caso Bárcenas.

Por outra parte a resolución da Axencia Galega de Infraestruturas aprobando o trazado defintivo dos once kilómetros da primeira fase até o enlace de Cangas é ilegal por non levar a nova información pública un proxecto que contempla un 30% de modificación de trazado con respeto a como estaba proxectada e non se tivo dentro dunha xerarquía a inexistencia dun Plan Director de Estradas de Galicia e a Avaliación Ambiental Estratéxica do aí proxectado.

E outro tanto do mesmo pasa en relación á aprobación do Plan de Mobilidade Viaria do Morrazo cunha declaración de incidencia supramunicipal recurrible, que ademais non ten contido real pois as actuacións van centralizadas cara ó desdobramento do corredor en autovía, quedando o resto como ficticio, tanto por falla de orzamentos como de ordeamento, con estradas menores que non van poder soportar o incremento de tráfico que implicaría a construcción da autovía.

A PDMM aposta pola educación como solución á inseguridade viaria e o transporte colectivo e a accesibilidade de proximidades como alternativa de futuro ó colapso actual das estradas produto do modelo insustentable de transporte a longas distancias e do automóbil privado.

Diario, 29 de abril de 2013.

Diario, 29 de abril de 2013.

Publicado por: MontePituco | 05/05/2013

O CULEBRÓN ‘ACUANORTE’

Diario, 5 de maio de 2013.

Faro, 5 de maio de 2013.

Diario, 29 de abril de 2013.

Diario, 28 de abril de 2013.

Diario, 27 de abril de 2013.

Diario, 27 de abril de 2013.

Diario, 27 de abril de 2013.

Publicado por: MontePituco | 05/05/2013

VERTEDOIROS ILEGAIS, PRAGA GALAICA

La Voz, 5 de maio de 2013.

Publicado por: MontePituco | 03/05/2013

TALAS ILEGAIS NO MONTE DE CANGAS

Diario de Pontevedra, 26 de abril de 2013.

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías