Publicado por: MontePituco | 05/07/2013

ALERTA POLA CONSERVACIÓN DOS PETROGLIFOS DO PORNEDO

O nulo mantemento dos petroglifos do Pornedo.

A loita de DEFENDE O MONTE PITUCO contra o polígono industrial é paralela á reivindicación pola conservación e posta en valor do patrimonio arqueolóxico que abunda nesta parte da parroquia de San Xulián. Vimos arrastrando dende o “principio dos tempos” unha enorme preocupación ante a posibilidade de que calquera delincuente -o calificativo de vándalo quedaría curto- decida provocar, por iniciativa propia ou por encarga, calquera agresión irreversible no conxunto rupestre catalogado do Pornedo. Ademais de afectar a unha zona clasificada como Espazo Natural Protexido, o parque empresarial proxectado no PXOM invade a área de protección destes Bens de Interese Cultural.

Mentres que un terreo que resulte arrasado por un incendio forestal queda restrinxido durante unha serie de anos de posibles urbanizacións, nun suposto intento por frear os intereses dos especuladores, os danos ao patrimonio arqueolóxico quedan impunes, tanto no que respecta aos agresores como ao propósito que perseguen. E no caso do conxunto rupestre do Pornedo, ese perigo existe dende o momento en que hai persoas e colectivos empeñados en que se leven a cabo unhas obras que contan cun atranco: a existencia duns petroglifos e dun grupo de cidadáns que reclaman a súa protección.

Boa parte do “mérito” de que o conxunto rupestre do Pornedo consiga “sobrevivir” neste complexo cruce de intereses, débese precisamente a que DEFENDE O MONTE PITUCO e a comisión técnica do proxecto de creación do ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS traballan arreo a prol da difusión deste xacemento, dándoo a coñecer en numerosos roteiros, charlas informativas e proxeccións do documental “Sete Camiños: encrucillada do tempo”.

Pero tan perxudicial como a agresión física pode ser tamén a desidia no mantemento destes elementos; a “estratexia” de brazos caídos para que sexan “outros” factores os culpables do seu deterioro irreversible ou da súa desaparición.

Esta semana presentouse unha solicitude ante a Comunidade de Montes de San Xulián para que, como propietaria dos terrenos nos que se atopan estes gravados rupestres, se autorice unha intervención arqueolóxica consistente na limpeza e no acondicionamento da zona. Esta petición ampárase na propia Lei de Patrimonio que, no artigo 25, refírese ao deber de conservar o Patrimonio Cultural:

“Os propietarios, posuidores e demais titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia, están obrigados a conservalos, coidalos e protexelos debidamente para aseguraren a súa integridade e evitaren a súa perda, destrucción ou deterioración”.

Foi moi satisfactorio saír do edificio da Casa de Montes de San Xulián cun compromiso verbal -que nos próximos días se tornará nun documento oficial- de conformidade con esas tarefas de acondicionamento. Ao redor do conxunto rupestre do Pornedo hai vexetación que xa acada unha altura considerable, que coas elevadas temperaturas do verán é previsible que vaia murchando progresivamente. Coa eliminación desta maleza minimizarase mesmo o risco de incendios.

Tamén se detectou a acción de alguén que cortou herbas e toxos que medraban pegados á laxe, posiblemente con algunha ferramenta. Aínda que a intención fose boa, este tipo de traballos cómpre que se realicen con supervisión de técnicos na materia para evitar calquera método con repercusións negativas e garantir a seguridade dos gravados.

O nulo mantemento dos petroglifos do Pornedo.

O crecemento de varias árbores arredor dos petroglifos tampouco semella positivo na medida en que as raíces penetran na terra e presionan o bolo granítico, que pode fragmentarse. Terán que ser os arqueólogos os que determinen que medidas cómpre tomar para preservar este xacemento arqueolóxico.

Coa autorización da Comunidade de Montes de San Xulián e co control pertinente dos responsables da Dirección Xeral de Patrimonio, moi pronto será posible que o conxunto rupestre do Pornedo presente un aspecto digno, acorde á importancia deste ben cultural, para que os visitantes poidan aprecialo en plenas condicións. Noraboa a todos.

Publicado por: MontePituco | 01/07/2013

1 DE XULLO, COMEZA A CAMPAÑA CONTRA-INCENDIOS

085, teléfono de emerxencia contra-incendios.

O lume é infranqueable e non se rexe polo almanaque de ninguén, e moito menos pola axenda administrativa de turno. Na fin de semana previa a que a Xunta decretara o inicio “oficial” da campaña contra-incendios, as lapas xa arrasaran 30 hectáreas -seguro que foron unhas cantas máis- de monte en Saiar (Caldas de Reis).

Lonxe de culpar e criticar o Goberno autonómico, que indubidablemente ten unha cuota de responsabilidade ineludible, a cidadanía ten moito que ofrecer na loita pola conservación dos nosos espazos verdes, pola importancia natural-económica-social que teñen. Mais se dende as comunidades de montes non existe unha resposta unánime, se os propietarios particulares non se comprometen, se os usuarios non asumen a súa parte de responsabilidade na boa conservación dos montes, non hai moito que facer. Seguiremos sendo reos da rede mercantilista que rodea o “negocio” da (suposta) prevención e da extinción (o último recurso, cando todo está perdido) dos incendios.

Se os montes estiveran limpos de broza, se os cortalumes cumpriran a súa función porque se actúa no seu mantemento, se os recursos hídricos estiveran ben dimensionados… coa participación firme e coordinada de todas as partes implicadas para acabar con esta lacra… probablemente non se erradicarían ao cen por cen, porque as ‘mans negras’ son moitas -ou non tantas-, sen contar certos factores fortuitos que tamén provocan lumes. Pero reduciríase notablemente a cantidade de casos e a extensión das zonas arrasadas.

Ogallá a sociedade galega experimentase unha madurez real e estivera á altura dos tempos, por riba dos intereses, das burocracias e dos caciquismos.

Talan as árbores, levan a madeira e deixan a broza.

Talan as árbores, levan a madeira e deixan a broza.

Publicado por: MontePituco | 28/06/2013

UN MONTE DE PELÍCULA

Gravación da curta "Mapache Blues". [Foto, Diego Muñoz].

Gravación da curta "Mapache Blues" no Monte Pituco. [Foto, Diego Muñoz].

O Monte Pituco é o escenario onde se gravaron, a mediados deste mes de xuño, algunhas escenas da curtametraxe titulada “Mapache Blues“. A idea deste traballo audiovisual parte de Pablo Crespo, que tamén é guionista, actor e produtor. As fotos son de Diego Muñoz, que tamén é o responsable da dirección, edición e montaxe da curta. O resto do equipo está formado por Borja Vasco e Billy Villot (guionistas e actores), Pablo Santos (guionista), Rave (son) e Jara González (maquillaxe).

A gravación de “Mapache Blues” xurdiu dun traballo académico para a asignatura de tecnoloxía multimedia na titulación de Enxeñería Informática que está cursando Pablo Crespo na Universidade de Santiago (USC). Así foi como se reuniu un grupo de amigos de Marín e arredores para crear unha historia e darlle forma nun video que debería ter unha duración de 10-15 minutos.

Gravación da curta "Mapache Blues" no Monte Pituco. [Foto, Diego Muñoz].

Gravación da curta "Mapache Blues". [Foto do equipo de produción].

Diego Muñoz refírese a “Mapache Blues” como “unha pequena curtametraxe amateur, con apenas equipo e sen ningún medio nin orzamento”. O Monte Pituco é o escenario natural onde comeza e remata esta curta. O seu director tivo “moi claro dende o principio” que esta era a localización ideal “polas súas vistas e cercanía ao pobo”.

Sobre o argumento de Mapache Blues, Diego Muñoz prefire non desvelar nada, á espera da estrea. Máis alá do que comezou sendo un compromiso universitario, para os seus artífices o máis importante son os momentos e a diversión que compartiron durante o tempo que lle adicaron a este traballo.

Gravación da curta "Mapache Blues" no Monte Pituco. [Foto, Diego Muñoz].

“Agardamos que o monte siga tal e como é, que nos sirva para poder seguir gravando durante moito máis tempo e poder utilizalo en moitos máis proxectos”, afirma Diego Muñoz ao explicar esta iniciativa.

De feito, descubrimos que o Monte Pituco xa fora o escenario no que Diego Muñoz xa gravara un videoclip do grupo de rap marinense Rave&Deigo.

Temos un monte “de película”: fabulosas panorámicas da ría, fauna e flora de singular riqueza, valiosos elementos patrimoniais… Grazas a este grupo de rapaces por apreciar as cualidades do Monte Pituco e por contribuir á súa difusión a través de traballos audiovisuais coma este. Ogallá acade unha nota excelente e sexa un éxito na súa proxección ao público.

Blog de Mapache Blues: http://mapacheblues.wordpress.com

Traballos de Diego Muñoz: http://motxinm.tumblr.com

Publicado por: MontePituco | 27/06/2013

CHARLA SOBRE O MONTE GALEGO

 

Charla sobre o Monte Galego, organizado por Anova Marín.

As consideracións da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, á que pertencen Xosé Alfredo Pereira e Claudio Quintillán, é coñecida de sobra. Que podemos decir en DEFENDE O MONTE PITUCO sobre as críticas ao Pladiga por parte desta Organización que, por outra parte, tense posicionado claramente en contra da instalación do polígono industrial que tanto tempo levamos rexeitando.

Na charla que se celebrou na Biblioteca de Marín, organizada por Anova, participou tamén o secretario de APROPIGA, a Asociación Profesional de traballadores do Servizo Público de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais da Xunta, Sebastián Borragueros. Na súa intervención advertiu que os lumes estanse “desestacionalizando”: no 2011 un dos peores meses foi outubro, e no 2012 as vagas de incendios afectaron principalmente ao periodo marzo-maio.

Sebastián Borragueros tamén criticou os convenios co Exército en materia de prevención-vixiancia (patrullas militares polos montes) e de extinción (a través da Unidade Militar de Emerxencias). Sobre estes últimos chamou a atención sobre os extraordinarios medios materiais e mecánicos que empregan, que fan que os traballadores do Servizo Público de Prevención e Defensa contra Incendios da Xunta parezan -dixo textualmente- “o exército de Pancho Villa”. Fronte ao efecto “propagandístico” destas medidas e os custes que supoñen, que “non compensan”, engadiu, o presidente de APROPIGA foi partidario de optimizar o labor que poden desenvolver nos montes os 2.000 traballadores deste servizo público.

En representación de Anova tamén participou David Fernández, que criticou o “abandono” do medio rural, que se acrecenta con medidas como o peche de escolas. Na súa defensa dun medio rural “vivo” e habitado, David Fernández advertiu que os incendios forestais dos últimos anos superan con creces as dimensións dos lumes de antano, ata o extremo de denunciar a existencia dun negocio en torno a esta grave problemática, que lle reporta un “lucro” ás empresas que se adican precisamente á súa extinción. Se a Xunta asumise directamente a xestión da prevención e extinción dos incendios, pecharíaselles a billa.

Tamén foi moi crítico coas brigadas municipais que se van crear nalgúns concellos ao abeiro dos convenios que favorece a Xunta: están formadas por persoas sen preparación, “designadas dixitalmente”, e sen experiencia para enfrontarse a un traballo tan perigoso. Pola tramitación administrativa que conleva, David Fernández calcula que esas brigadas non se darán posto en marcha ata setembro-outubro, cando xa sexa demasiado tarde para comezar a facer os traballos de desbroce e prevención que lles correspondería.

E por riba de contribuir a “manter estruturas caciquís” pola dinámica de contratación que conlevan esas brigadas, o voceiro de Anova tamén se amosou disconforme co tratamento da Xunta cara ás comunidades de montes veciñais, das que salientou a súa “xenerosidade coa sociedade”.

Sen embargo, como todo o mundo sabe, e en DEFENDE O MONTE PITUCO estamos curados de espanto, hai “comunidades e comunidades”. Porque mentres algunhas son xenerosas coa sociedade e cómpre recoñecerlles o uso multifuncional dos seus recursos para que os beneficios destes espazos redunden en toda a poboación, outras son xenerosas unicamente consigo mesmas e con certos intereses de índole política e económica.

As parcelas privadas que rodean o Monte Pituco están nun estado lamentable de conservación e limpeza. Hainas que están cheas de materia vexetal seca, amontoada ou ciscada. Un perigo de primeira magnitude ao que a Comunidade de Montes non debería ser allea, posto que o lume non coñece fronteiras: o mesmo comeza ardendo nun mato particular e as lapas acaban arrasando o monte veciñal. Onde por certo as pistas están moi deterioradas, rodeadas de xestas e demais maleza. As áreas de cautela dos xacementos arqueolóxicos tamén están cheas de fento e toxo.

Por desgraza, un ano máis, a Comunidade de Montes non mirou polo Pituco, que volve chegar ao verán nunhas condicións preocupantes para librarse dos incendios.

Charla sobre o Monte Galego que se celebra hoxe en Marín.

Publicado por: MontePituco | 26/06/2013

FOTODENUNCIAS

 

A vexetación xa reborda os quitamedos na curva da Pena.

O pasado mes de marzo unhas máquinas desbrozaron as marxes da estrada. A chuvia abundante das últimas semanas fixo medrar tanto a vexetación que -a estas alturas de xuño, tres meses despois- na curva da Pena xa invade a calzada e mesmo reborda o quitamedos.

Foron a por fento ao monte e deixaron tirados os botellíns de cervexa.

Hai uns días alguén foi ao Pornedo para apañar fento e estrume. Unha tarefa agrícola que se puido recuperar nesa zona grazas a que o circuito ilegal de motorismo quedou practicamente erradicado; unha actividade que impedía que medrara a vexetación natural da contorna e, por tanto, era incompatible co aproveitamento agrogandeiro do monte.

O criticable desta acción foi a neglixencia desas persoas, que deixaron tiradas unhas botellas de cristal rotas a carón de onde estiveron traballando. Terían sido máis educados e menos irresponsables cun ben comunal da parroquia se, unha vez bebido (ou comido, posto que teñen aparecido tamén latas de conserva baleiras) levaran de volta os residuos e os depositaran no contenedor correspondente.

A Comunidade de Montes debería tomar nota dun feito tan lamentable e facer as indicacións oportunas nalgunha asemblea; indicacións que son de puro sentido común pero que, á vista da pouca sensibilidade, cómpre lembrar e remarcar.

Estas bolsas cheas de restos de obra levan dende maio tirados a caron do túnel.

Dende o pasado mes de marzo levan tirados estes restos de obra a carón do túnel baixo a Variante, entre A Pena e o Caeiro. Primeiro apareceron os cascallos ciscados. Máis adiante, este verquido incontrolado medrou coa incorporación dunhas bolsas de plástico que no seu interior conteñen máis refugallos procedentes dalgunha obra.

100_2514

Os restos de obra son un mal endémico no Pituco. Principalmente na pista forestal de acceso ao monte no treito entre o cruce do Regueiriño e a mal chamada área recreativa. Cando o que cómpre aquí é unha actuación urxente para reforzar o firme con xabre ou o material que proceda para cubrir de xeito eficaz as fochancas e fendas que se forman coa erosión.

En realidade, por onde cómpre comezar é pola limpeza dos regos laterais que canalizan a baixada das augas pluviais. Mentres non se resolva o cerne do problema, todo o demais sería en balde. Estamos na época ideal para acometer esa obra tan necesaria antes de que retorne o mal tempo.

Dende febreiro levan tirados na pista estes sacos de escombros.

Que a pista do Pituco é vítima de constantes agresións é un feito constatado. Estas enormes bolsas de residuos levan tiradas dende o mes de febreiro e a vexetación xa está cubríndoas. O peor dun verquido ilegal é que se chegue a “consolidar”, que o lixo non sexa retirado, que ese feito impune non sexa reparado.

Petróglifos de Pornedo, rodeados de fento.

E cómpre volver reivindicar ante a Xunta, o Concello e a Comunidade de Montes a necesidade imperiosa de poñer en valor os xacementos arqueolóxicos catalogados e declarados Bens de Interese Cultural. En DEFENDE O MONTE PITUCO levamos anos demandando unha actuación para limpar e sinalizar os petroglifos do Pornedo e dos Sete Camiños, rodeados de fento e toxeiras, indefensos ante o risco do lume. Non vale a excusa da crise; o desembolso económico é ridículo e a repercusión social xustifica con creces este investimento.

A área de descanso a carón do Monte Pituco carece de papeleira ou bidón para depositar o lixo.

A ristra de fotodenuncias non podía rematar sen reiterar, por enésima vez, a necesidade de instalar novas papeleiras na arboreda a carón da estrada de Figueirido. Tralas queixas da veciñanza pola suciedade da zona, en DEFENDE O MONTE PITUCO volvemos facer un chamamento para que se faga un correcto mantemento desta área de esparcemento. Longamente desaproveitada, podendo converterse nun miradoiro polas súas vistas da zona portuaria e da Illa de Tambo. Pasou moito tempo “a monte”, chea de broza, ata que hai un ano por fin se procedeu á súa limpeza. Dende entón non se ten feito máis nada: a vexetación volveu medrar, o escaso mobiliario do que dispón segue deteriorado, e as papeleiras brillan pola súa ausencia.

Destas queixas darase traslado inmediato ás Administracións e entidades competentes, para que lles poñan remedio á maior brevidade posible.

Publicado por: MontePituco | 25/06/2013

PREMIO Á DILIXENCIA

Carta da Xunta en resposta ao escrito de afectación dos petroglifos do Pornedo.

A principios do mes de novembro de 2010 os colectivos comprometidos coa defensa e conservación do Monte Pornedo denunciamos ante o Concello e a Xunta a presenza dun vehículo abandonado que previamente fora roubado e ao que lle prenderan lume nas inmediacións dos petroglifos. Non era a única agresión da que se daba conta: a circulación de pilotos de motos e quads que converteran a zona nun circuito ilegal tamén poñía en serio perigo a integridade deste patrimonio arqueolóxico. Así se expuxo nos escritos rexistrados ante o Concello de Marín e a Xunta, dos cales se deu conta neste blogue; unhas denuncias que tamén recolleron algúns xornais a nivel local:

Roubado en Vigo, artigo do 4 de novembro de 2011.

O eco mediático da denuncia, artigo do 7 de novembro de 2011.

Foi necesario enviarlle un segundo escrito á Xunta porque a Administración autonómica non parecía reaccionar ante a gravidade dos feitos. Por fin, a finais de decembro de 2010, os restos do vehículo calcinado desapareceron do monte.

Retiraron o amasillo de ferros, artigo do 28 de decembro de 2010.

A “solución” ao circuito ilegal de motorismo foi algo máis complexa pola persistencia dos pilotos, algúns dos cales actuaron mesmo con certa agresividade, e a presión do colectivo. Sorprendentemente, a Comunidade de Montes de San Xulián deu en instalar un panel nun dos accesos ao Alto do Pornedo prohibindo expresamente a circulación de vehículos motorizados agás para uso agrícola. A solución non foi inmediata, pero pouco a pouco esa práctica deportiva indiscriminada que agravaba a erosión do terreo e perxudicaba os gravados rupestres foise reducindo ata quedar reducida a casos moi puntuais de pilotos que fan caso omiso da mensaxe do panel e cruzan o Alto do Pornedo en dirección a cotas máis altas do monte.

Excircuito: antes e despois, artigo do 25 de abril de 2011.

Os paneis informativos, por fin, artigo do 20 de xuño de 2011.

…A Xunta, nin estaba nin se lle agardaba. Ata que hai uns días apareceu no buzón unha comunicación do Servizo de Vixiancia e Inspección na que, DOUS ANOS E MEDIO DESPOIS da presentación das primeiras denuncias por eses casos, se informa do arquivo do expedente porque “xa foi retirado o vehículo”. E a respecto da presenza de motos e quads, comunícaselle ao Concello de Marín , ademais de trasladarllo ao Seprona para que investigue a identidade e procedencia dos infractores.

Por suposto, nestes dous anos e medio os veciños non agardamos sentados a que “papá Estado e mamá Xunta” fixeran o que se supón que as Administracións deben facer: velar polos intereses da cidadanía. Se non fose pola preocupación constante e a modesta iniciativa de DEFENDE O MONTE PITUCO e dos colectivos que apoiaron estas queixas, a estas alturas pode que non houbera un vehículo abandonado, senón media ducia deles. E en canto ao circuito ilegal, o mesmo non quedaría monte porque, coma Atila, que non deixaba medrar a herba alí por onde pasaba co seu cabalo, as rodas dos vehículos terían reducido o terreo a unha lameira inerte que tería escorregado ladeira abaixo coas primeiras riadas dos dous invernos que transcorreron neste longo tempo.

Á vista da présa que se dan e da eficacia coa que actúan na Xunta, queda demostrado que “as cousas de palacio van moi, pero que moi despacio”. E que máis nos vale ir por diante, actuar por conta propia na procura de solucións a problemas que se poden eternizar ou que poden agravarse ata extremos irreversibles.

Publicado por: MontePituco | 23/06/2013

HERBAS DE SAN XOAN, NO MONTE PITUCO

Herbas de San Xoán no Monte Pituco.

…Meig@s FÓRA! Polígono NON!

Publicado por: MontePituco | 22/06/2013

HOMENAXE A XAN MONTENEGRO

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

Lois González presentou este sinxelo acto de homenaxe a Xan.

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

Na reportaxe gráfica falta a outra parte do público -moi numerosa- que estaba na outra beirarrúa.

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

A súa irmá Lucinda e a súa compañeira de Mar-In, Isabel Martínez Epifanio, descubriron o monolito en memoria de Xan.

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

A bandeira galega cubría o monumento.

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

O canteiro Pablo González é o autor desta fermosa peza que agora está ao carón das beirarrúas polas que Xan tanto loitou dende a Asociación de Veciños de San Xulián.

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

Julio Santos Pena fixo unha sentida intervención lembrando a faceta social e política de Xan.

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

Xosé Vilas, que compartiu con Xan amizade, causas e pensamentos durante moitos anos.

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

Antón Pousada, dende Marinenses Independentes, animando -como faría Xan- a seguir loitando polos ideais.

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

Lía, interpretando unha composición musical co seu violín.

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

O Ghaiteiro de Estribela, outra nota de emotividade musical.

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

…Soaba o Himno galego.

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

“Verde primavera do lugar dos soños

Encanto azul e verde dunha paisaxe deslumbrante

Terra que se move ó son do cantor do paxariño

Mar azul como os beizos da serea

que sobre as ondas vai e vén creando soños

que a dozura e a dureza do mar

levaraos a terra firme”.

Versos de Xan Montenegro

100_4030

O Monte Pornedo, que Xan chamaba “o balcón da ría”, xusto detrás do monumento na súa memoria.

Homenaxe a Xan Montenegro, xuño de 2013.

Dous anos despois do seu pasamento, Xan segue mobilizando a veciñanza, como dixo Lois González na presentación deste acto na súa memoria. Había moitas persoas, todas as que tiñan que estar, de todas as cores políticas, como comentaría ao final a súa compañeira de Mar-In, Isabel Martínez Epifanio. E cabería engadir que os que non estiveron, sinxelamente non foron botados en falta.

O monolito de homenaxe a Xan Montenegro foi depositado nun pedaciño de terra do que unha veciña dixo que lle chamaban o recuncho “do luxo”. Un lugar ben atinado, ao pé das beirarrúas polas que Xan -dende a Asociación de Veciños de San Xulián- tanto loitou para que se construíran. E aínda que non as chegou a ver feitas, deixounos sabendo que as obras estaban en camiño.

E detrás deste monumento simbólico, o Monte Pornedo, ese “balcón da ría” -como dicía Xan- dende o que se divisa esa “paisaxe deslumbrante” dos seus versos. Porque o carácter pioneiro de Xan en tantas facetas -persoal, cultural, política- tamén se plasmou na preocupación que sempre tivo pola defensa do territorio: tanto denunciou agresións ao patrimonio arqueolóxico que desapareceu baixo toneladas de terra, como protestou polas infraestruturas que xeraron impacto na contorna, e impulsou as primeiras alegacións contra o proxecto do polígono industrial que arrasaría con ese espazo tan valioso.

Nesa loita contamos dende o principio coa axuda desinteresada de Xan, dándolle continuidade dun xeito moi modesto ás súas iniciativas a prol da conservación do NOSO monte, do monte da parroquia. E non imos defraudalo. Dende onde sexa que estea, estaranos axudando.

Grazas aos seus achegados por organizar este acto de lembranza e de recoñecemento ao seu compromiso firme coas causas xustas.

“…E eu perdinme antre os trigos ben perdido,

coas espigas por riba da cabeza,

no carreiro longuísimo dos adeuses…”

Xosé María Díaz Castro, Día das Letras Galegas 2014

Faro, 20 de xuño de 2013.

Publicado por: MontePituco | 21/06/2013

MONTES DO MORRAZO SOBRE AGUDELO (MOAÑA)

Monte Agudelo, Moaña.

A proposta da Comunidade de Montes de Moaña sobre Agudelo non convence á Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo.

Os 170.500 m2 de terreo que quere ceder a directiva da Xunta de Montes en Man Común de Moaña á Asociación Empresarial do municipio para o parque industrial desde a Cruz da Maceira en dirección a Agudelo por enriba da estrada PO-313 e fronte a donde están os propostos inicialmente están así mesmo plenamente integrados no espazo natural dos Montes do Morrazo, integrado no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia creado polo Decreto 82/1989 e así mesmo catalogado de solo rústico de especial protección de espazos naturais polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra polos seus valores medioambientais, ecolóxicos, biolóxicos, botánicos paisaxísticos, científicos, educativos e recreativos e con entrada en vigor pola Orde do 3 de abril de 1991, que di “no ámbito de aplicación desta norma non se autorizará a construcción de ningunha clase de edificación, permitíndose a explotación racional dos recursos vinculados ao medio que non atente contra os valores esenciais” e “ só se autorizarán edificacións directamente vinculadas aos usos agrícolas, forestais e gandeiros” e polo tanto non están autorizados os usos industriais.

Por outra parte os terreos en monte comunal son só unha parte do total previsto, xa que o polígono industrial é máis superficie e que estes terreos están máis perto do límite co concello de Marín sospeitamos que a outra parte, impacto a maiores, podería ir para terreos próximos da localidade marinense de Pastoriza, igualmente en solo rústico de especial protección de espazos naturais ou anexo a el, xa que logo a intención sería de facelo supramunicipal a traveso do plan sectorial de áreas empresariais da Xunta e pasar por enriba do planeamento existente.O impacto ambiental e paisaxístico nestes novos terreos sería moito máis grande con meirandes desniveis e na rocha e por estar a unha maior cota en altura, por enriba dos 400 metros sobre o nivel do mar dentro da cabeceira da ampla conca formada polo rego da Fraga en dirección á ría de Vigo.

Tampouco se salvaría o propio rego xa que quedarían afectados pequenos regos que no inverno fan aporte por escorrentía aos regos principais.

Eliminaría capa vexetal e plantacións forestais (non só eucaliptos senón tamén piñeiros e carballos) e tamén monte baixo e matogueira con aproveitamentos selvícolas e agrogandeiros, e afectaría grave e irreversiblemente á fauna e flora salvaxe existente.

Afectaría tamén a solo rústico de especial protección de infraestruturas, tanto á beira da propia estrada PO-313 Marín-Moaña como especialmente co tendido eléctrico de alta tensión Subestación Lourizán-Cangas ao seu paso pola zona, cos que sumaría impactos.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo apoia o soterramento da liña eléctrica como propón a directiva da comunidade de montes pero sin a construcción dun parque industrial ao lado.

Estaría en zona afectada por incendios forestais despois do 2003 polo que segundo a lei 43/2003 de 21 de novembro de Montes queda proibido o cambio de uso forestal durante durante alomenos 30 anos e toda a actividade incompatible coa rexeneración vexetal, durante o período que determine a lexislación autonómica.

E sería unha ameaza engadida á de 4 aeroxeradores plantexados como ubicacións alternativas desde alto de Outeiro da Carballosa ata Agudelo e Monte do Grilo, dentro da área de reserva eólica do Morrazo.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo lamenta que a comunidade de montes de Moaña ceda unha vez máis ante as presións políticas e empresariais 10 anos despois de asinar un convenio ilegal de “expropiación amistosa” coa asociación empresarial nos terreos inicialmente previstos e sinala que ao mesmo tempo sigue sendo copartícipe dun proxecto insustentable a nivel ambiental que ademais suporía a desaparición de monte como recurso, entrando dentro dunha operación de especulación urbanística con chan rústico a baixo prezo e unha cesión de monte comunal de dubidosa legalidade.

Salienta que se contradice cando sae en defensa dos valores naturais, xa que no fondo está priorizando os intereses produtivos e económicos por enriba dos ambientais.

A urbanización dos terreos agora propostos, dos previstos inicialmente ou de calquera que se especule dentro desta zona con destino a un parque industrial remataría incidindo no déficit de solo fértil e permeable máis na perda de absorción de CO2 na atmósfera pola tala de bosque e roturación do terreo para convertilo nunha masa inerte de edificacións de cemento e formigón ao que habería que engadir o perigo posterior de verquidos contaminantes ou de incendios forestais na súa fase de actividade, que ameazaría os montes dos arredores e a conca do río da Fraga dende o seu nacemento ata a súa desembocadura na ría.

Tamén incidiría na perda de calidade atmosférica máis no incremento do contaminación acústica e gasto enerxético co aumento do tráfico motorizado e pesado cara a unha ubicación lonxe dos núcleos urbanos e en pendiente, afectando non só ao solo rústico especialmente protexido senón a varios núcleos rurais ao longo da PO-313, que tería ademáis que ser acondicionada ex-profeso afectándoos con ampliacións da calzada e expropiacións.

A construcción dun parque empresarial non significa que vaia existir ou mesmo crecer os postos de emprego e voltamos a informar que na actualidade hai arredor de 1.500.000 m2 de solo industrial baleiro a nivel provincial en parcelas sin ocupar dentro de polígonos industriais existentes.

Tamén que desde hai anos xa existe un proxecto de parque supramunicipal a nivel comarcal que formaría parte da ampliación do parque industrial de Castiñeiras, entre Bueu e Cangas, reducido a unha terceira parte nos últimos anos por falla de demanda.

Polo tanto non ten ningunha racionalidade ningún parque industrial nin donde está inicialmente proposto nin tampouco donde propón agora a comunidade de montes.

 

Publicado por: MontePituco | 20/06/2013

VEHÍCULO ROUBADO E ABANDONADO CERCA DO PITUCO

Faro, 20 de xuño de 2013.

Material abandonado nunha pista en Currás (Foto: S.A., Faro de Vigo).

Lixo abandonado nunha pista en Currás (foto, Faro de Vigo).

Localizan en Marín dos coches robados en Barro y en Santiago

Los abandonaron en O Pituco y A Cañota – La Policía denuncia a un taller de la localidad por un vertido de residuos en Currás

F.M. | 20.06.2013

La Policía Local de Marín localizó en viales de O Pituco y A Cañota dos vehículos que habían sido robados en Barro y Santiago de Compostela, respectivamente. El automóvil sustraído en Barro es un Skoda Octavia y fue robado en una vivienda a la que los ladrones accedieron el pasado día 17. El vehículo abandonado en O Pituco levantó sospechas entre los vecinos porque estaba abierto y llevaba varios días parado en el mismo sitio, con aspecto de haber sido abandonado.

También en el caso del coche sustraído en Santiago de Compostela llevaba varios días abandonado en un vial de A Cañota. En este caso se trata de un Rover, cuya desaparición fue denunciada por sus propietarios en la capital gallega.

Vertidos

Por otra parte, la Policía Local presentó denuncia contra los propietarios de un taller de vehículos de la localidad, después de localizar en una pista forestal de San Xulián un vertido de ruedas usadas, además de otros materiales de automoción. Se localizaron unos 15 neumáticos viejos -señalaron fuentes de la Policía-, así como tres grandes sacos de basura, en cuyo interior había diverso material de desecho de un taller.

Realizadas las correspondientes indagaciones, se llegó a determinar la procedencia de los residuos, por lo que se presentó la correspondiente denuncia ante el Servicio de Protección de la Naturaleza, Seprona.

Se ha abierto un expediente por infracción medioambiental contra el supuesto responsable del vertido, que tendrá que asumir además el coste de contratar a una empresa especializada para la retirada y tratamiento del material abandonado.

El concejal delegado de Servicios Sociais e Igualdade, Benito Touriño, acompañó a los agentes a localizar el vertido denunciado y pudo comprobar cómo en el interior de los sacos de basura había diversos sobres y documentos con la identificación borrada o recortada, con la clara intención de ocultar la identidad del autor de la infracción, si bien se descuidaron algunos detalles que propiciaron dar con la supuesta procedencia del vertido. El depósito de material de desecho se localizó en la pista forestal que discurre entre A Porteliña y el campo de tiro de Currás. El vertido fue realizado durante los últimos días.

Publicado por: MontePituco | 19/06/2013

NEGOCIACIÓN EMPRESARIOS-COMUNEIROS DE MOAÑA (II)

FARODEVIGO

Comuneros de Moaña apuestan por reubicar el polígono en un área rocosa e improductiva

La alternativa de la Comunidade de Montes recoge una zona de eucaliptos y un área repoblada – Los industriales estudian el plan

Elena Mondelo | Moaña 19.06.2013

La nueva alternativa propuesta por la Comunidade de Montes de Moaña para la reubicación del polígono industrial cuenta con una superficie que podría denominarse como “improductiva” debido al elevado número de eucaliptos y rocas de gran tamaño. Los comuneros defendieron durante la reunión con la Asociación de Interés Económico Polígono Industrial de Moaña este nuevo territorio, ubicado en terrenos de Agudelo, ya que se trata de una zona limpia y con mucho menor interés desde el punto de vista medioambiental en comparación con la primera propuesta.

La presencia de una línea eléctrica no sería un problema desde su perspectiva, ya que podría servir para “vertebrar” el proyecto del futuro polígono industrial, que se ubicaría en el margen contrario de la PO-313 con respecto al primer plan. Además, podría contemplarse la posibilidad de soterrar la línea para evitar que interfiera en el planteamiento de los empresarios. En total, la nueva propuesta cuenta con un área de aproximadamente 170.500 metros cuadrados que, a juicio de los comuneros, son menos interesantes para su conservación y que podrían responder a las demandas de los industriales del municipio.

El nuevo área abarca la superficie ubicada entre Cruz da Maceira, en la frontera con el término municipal de Marín, y remataría aproximadamente a la altura del antiguo vertedero de Moaña.

Además de la escasez de especies vegetales de importancia, el área se encuentra en pendiente y forestalmente no tiene tanto valor, a pesar de que parte de la zona fue repoblada hace escasos meses. No obstante, desde el colectivo reconocen que se trata de un gasto asumible, ya que la ubicación de un polígono en la anterior ubicación tendría consecuencias mucho más severas por la presencia de vaguadas y especies vegetales de gran valor natural.

Estudio

Después de que los comuneros expusieran esta nueva alternativa, los miembros de la Asociación de Interés Económico Polígono Industrial de Moaña estudiarán con detalle el plan, aunque ven con recelo el paso de la línea eléctrica por el área. No obstante, aseguran que estudiarán con detenimiento el plan para posicionarse al respecto en la próxima reunión con los comuneros de Moaña, que será convocada en julio.

Por su parte, desde la Comunidade de Montes reiteran su postura de que quieren que el municipio cuente con un polígono industrial, aunque en un área correcta que no perjudique la naturaleza para evitar que su instalación perjudique al entorno y, como consecuencia, a los vecinos.

Publicado por: MontePituco | 18/06/2013

AFECCIÓN DO PLAN MINEIRO EN MARÍN

FARODEVIGO

Defensa dos Montes do Morrazo alerta de los efectos del plan minero

Advierte que los lugares de Miñán y Os Pedrouzos podrían verse afectados de salir adelante el documento que prepara la Xunta

Foto, Plataforma Montes do Morrazo.

[Foto, Plataforma Montes do Morrazo]

Redacción 18.06.2013

La Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo advirtió ayer que, en caso de salir adelante el documento de inicio de Avaliación Ambiental Estratéxica del Plan Sectorial de Actividades Extractivas de Galicia, algunos terrenos dentro de este espacio natural se podrían ver afectados, concretamente en los lugares de Miñán y Os Pedrouzos, donde se extraería “granito ornamental”.

Ante esto, el colectivo, además de presentar varios comentarios durante la fase de consulta del documento, ha solicitado su retirada y ha propuesto la elaboración de “otra planificación basada en los principios de proximidad, reutilización y reciclaje de a materia prima, así como en el uso racional de los recursos naturales existentes”. Además, la plataforma exige que, “mientras no exista esta nueva planificación, se paralice la tramitación de las nuevas concesiones mineras y se dejen sin efectos concursos públicos de permisos de investigación convocados este año”.

“Modelo insostenible”

El colectivo, que califica el nuevo Plan Sectorial como un modelo de desarrollo “totalmente insostenible”, alerta que, tras las explotaciones mineras, “habrá canteras a cielo abierto, con utilización de explosivos”, algo que supondrá “la destrucción física del territorio, una mayor contaminación atmosférica”, así como “la utilización de sustancias tóxicas para el medio y las aguas que podrían permanecer cientos de años”. Todo ello se sumará, apunta la plataforma, al “impacto irreversible que sufriría el paisaje, irrecuperable por muchos proyectos de restauración que se lleven a cabo”.

Publicado por: MontePituco | 18/06/2013

NEGOCIACIÓN EMPRESARIOS-COMUNEIROS DE MOAÑA

FARODEVIGO

Comuneros de Moaña plantean otro monte en Agudelo para ubicar el polígono de Moaña

Consideran que no tiene impacto sobre los regatos como el de Cruz da Maceira – Volvieron a reunirse con los empresarios que quedaron en valorar la propuesta aunque creen que el paso de la línea eléctrica la hace inviable

Foto: Santos Álvarez, Faro de Vigo.

Luis Alves, de pie, con los otros directivos de los empresarios, se dirige a los tres representantes de los comuneros y su abogado.

Cristina G. | Moaña 18.06.2013

La Comunidad de Montes de Moaña y la Agrupación de empresarios que promueve desde 2003 el polígono industrial de Cruz da Maceira volvieron a reunirse ayer para intentar, por la vía del diálogo, llegar a un acuerdo de nueva ubicación de este suelo después de que los comuneros, con una nueva directiva, anulara en marzo de 2012 el convenio de hace diez años por el cual se “cedían” 241.808 metros cuadrados para desarrollar este proyecto. Los comuneros insisten en que ellos no se oponen a que Moaña disponga de un polígono industrial pero creen que debe de ubicarse en otra zona con menos impacto ambiental que la de Cruz da Maceira. Así, en la reunión de ayer, que se desarrolló de forma cordial, tal y como señala la presidenta de los comuneros, Belén Couso, la Comunidad propuso como alternativa unos terrenos en Agudelo, en la misma zona, pero al otro lado de la carretera, en el tramo frente al antiguo vertedero y Cruz da Maceira. Couso asegura que se trata de unos terrenos que no causan tanto daño a los regatos como el inicialmente propuesto en la cuenca del nacimiento del río da Fraga.

A la reunión, que se celebró en el local de los comuneros en A Tioura, acudieron tres directivos de cada parte acompañados por sus respectivos asesores jurídicos, Alberto Currás, por los comuneros; y Feliciano Nogueira, por los empresarios.

El presidente de la agrupación de empresarios, denominada Asociación de Interés Económico Polígono Industrial de Moaña, Luis Alves, asegura que quedaron en estudiar con los técnicos los terrenos propuestos, aunque ya de antemano cree que “tendrán pocas probabilidades” ya que están atravesados por la línea de alta tensión y no puede ubicarse nada debajo de ella, porque ya les había pasado antes con el proyecto inicial y su inclusión en el Plan Sectorial de Áreas Industriales de Galicia.

En cuanto a la superficie que ofrecen los comuneros sería de unos 170. 000 metros cuadrados, pero para los empresarios el problema no está ahí ya que el convenio que se firmó en su día era para un polígono de unos 600.000 metros cuadrados, que después se redujo a 400.000 en el plan de la Xunta. De ahí que Alves asegura que la cesión que necesitarían sería de 150.000 metros cuadrados. Alves sigue sin comprender bien los argumentos de los comuneros para rechazar la primera ubicación ya que aluden a los efectos sobre el yacimiento de los ríos, pero reconoce que el proyecto no afecta al río da Fraga, sí a unos regatos pero ya estaba contemplada su reconducción al río. Recuerda que con la cesión de los comuneros se había comprado después mucha más superficie en la que se invirtió un millón de euros.

Comuneros y empresarios quedaron en volver a reunirse en julio. Durante este tiempo, los promotores estudiarán las posibilidades del terreno.

Sobre la mesa no se debatió más que de la nueva ubicación, sin alusiones a las contrapartidas, de parcelas o económicas, asegura Belén Couso. El anterior convenio, firmado el 17 de octubre de 2003, establecía que la Comunidad recibía de “mutuo acuerdo de expropiación” de 2421.808 metros cuadrados, el pago en permuta de 25.000 metros cuadrados de terrenos totalmente urbanizados dentro del ámbito del polígono, en el lugar que en su día se indicara y libre de cargas.

Publicado por: MontePituco | 18/06/2013

XA PODÍA MARÍN APRENDER DE… PONTEVEDRA

Diario, 14 de xuño de 2013.

Publicado por: MontePituco | 17/06/2013

XA PODÍA APRENDER MARÍN DE PONTE CALDELAS

Petróglifos de Pornedo, rodeados de fento.

Neste blogue non é a primeira, nin a segunda vez, nin será a última, que se dean mostras de respecto pola política de protección e revalorización do patrimonio arqueolóxico que practica o Concello de Ponte Caldelas. Cos seus defectos, que os terá. Pero que un goberno local conservador aposte pola posta en valor dos xacementos arqueolóxicos, que os potencie como factor de atracción turística, que organice unha romaría adicada á arte rupestre para dinamizar o desenvolvemento da zona… cando menos merece que se lle preste atención, que se siga a evolución das súas actuacións, que se aplauda publicamente.

No polo oposto, outro goberno local conservador: o marinense. Dous anos manexando o timón municipal e o único que se pode anotar no seu “haber” é o desbroce tardío do castro da Subidá, onde a vexetación campaba ás súas anchas ata que empezaron a xurdir protestas dende a oposición. Mais, no “debe” clama ao ceo a incompetencia dos “responsables” de que o centro de interpretación dos petroglifos de Mogor siga pechado dous anos despois de remataren as obras, malia o seu elevadísimo custe.

Recén chegados ao Goberno local e cos seus flamantes cargos recén estreados, tiveron a ben desprazarse ata o Pornedo, ver POR PRIMEIRA VEZ os conxuntos rupestres que se atopan alí e dos que descoñecían a súa existencia, e comprobar a situación de abandono na que están. A visita serviu para que se laiaran moi sentidamente do mal que estaban as arcas públicas, que nin para alimentar as arañas lles daban os fondos cos que contaban; que a ver se a Comunidade de Montes arrimaba o ombro, que aí si que había cartos, veu dicir a alcaldesa.

Dous anos despois, a Comunidade de Montes presume de ter aínda máis diñeiro. E malia que o PP continúa aducindo nos Plenos que segue habendo facturas atrasadas da anterior lexislatura, tamén fan alarde dunha boa saúde financeira. E nin con esas son capaces de destinar un só céntimo á limpeza do perímetro destes gravados milenarios catalogados como Bens de Interese Cultural e á súa sinalización.

Traballos de limpeza nos accesos á Área Arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas. 

Mentres, en Ponte Caldelas, o Goberno local acaba de encargarlle a unha brigada municipal o desbroce dos accesos e a reparación do mobiliario urbano da Área Arqueolóxica de Tourón, para que estea en condicións óptimas de cara ao verán, para que os turistas poidan acceder á zona. Tamén aproveitaron para restablecer o suministro de auga e a revisar as canalizacións.

Dende o Concello preocúpanse por promocionar este recurso no que investiron para telo perfectamente conservado, sinalizado e comunicado: unha técnica municipal atende permanentemente a aula de interpretación que hai preto dos petroglifos, que reciben a visita de numerosos grupos de escolares que van admirar as figuras representadas nestas laxes: cazoletas e círculos concéntricos como os do Outeiro da Forcadela, escenas de caza como os de Nabal de Martiño, trisqueles, esvásticas e un gran cervo con vaciado interior na Laxe das Cruces son algúns elementos representativos.

Precisamente, o propio Concello desenvolve un programa de actividades didácticas para centros educativos de toda a provincia. Nos últimos días, ás visitas de estudantes de Noalla e de Moaña uniuse un grupo de Educación Primaria do Colexio Piragüilla, de Gran Canaria, que percorreron Galicia na súa viaxe de fin de curso.

 Escolares de Gran Canaria visitaron a Área Arqueolóxica de Tourón, en Ponte Caldelas.

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO seguiremos facendo xestións ante a Comunidade de Montes, o Concello e a Xunta para que se acondicionen os xacementos arqueolóxicos da parroquia de San Xulián.

Publicado por: MontePituco | 17/06/2013

XAN MONTENEGRO, DOUS ANOS DO SEU PASAMENTO

Xan Montenegro, in memoriam.

Hoxe cúmprense dous anos do pasamento de Xan Montenegro. Os seus amigos preparan un acto de homenaxe na súa memoria. Celebrarase o 22 de xuño ás 21:00 horas no cruce do Carballal.

“…Ningún adeus houbo que xustifique que non estea agora, mesmo máis presente que antano,

porque se algo cambiou foi a intensidade -aínda maior- que esperta a súa figura.

Malia que se peche unha porta, din os versos de Henrique Rabuñal,

“unha vez fechado o ferrollo

sei doutras que se abren,

na cunca dunha man sincera,

no agromar silente dun sorriso”.

Exercede pois a vitalidade que o caracterizou, o compromiso e a rebeldía,

creando con liberdade e imaxinación un mundo cheo de ideas e soños…”

[Palabras de homenaxe a Xan Montenegro no acto cívico de xullo de 2011]

Publicado por: MontePituco | 17/06/2013

112 ANIVERSARIO DE MANUEL TORRES

O Ateneo Santa Cecilia celebrou cunha charla o 112º aniversario do pintor marinense Manuel Torres. O Ateneo baralla a posibilidade de organizar o vindeiro ano unhas xornadas de arte “Memorial Manuel Torres”, pensadas para difundir a vida e a obra deste artista local entre a cidadanía, especialmente a xente nova.

Diario, 16 de xuño de 2013.

[Fe de erros: hai un erro na información do Diario; Manuel Torres Viqueira non é fillo do pintor, senón sobriño. Quen, por certo, na charla que deu no Ateneo criticou que boa parte do legado artístico do seu tío non se exhibía no museo que leva o seu nome, senón que estaba gardado].

Publicado por: MontePituco | 16/06/2013

PROTECCIÓN DOS MONTES DO MORRAZO

Panel na ruta do Río da Fraga.

O sendeiro do río da Fraga está sinalizado con paneis e marcas para orientar os pasos dos camiñantes e informar sobre as características do espazo.

Antigas corredoiras bordeando o río da Fraga.

Unha parte do itinerario transcorre sobre un camiño empedrado, moi antigo. Coas pedras cubertas polo musgo, algunhas das cales teñen marcas do que parecen ter sido rodas que carro.

No camiño tamén atopamos mostras da "burricie" humana.

Nalgúns puntos do traxecto atopamos verquidos de lixo, cascallos e restos de limpeza de fincas. A “burricie” humana non ten fronteiras.

No roteiro predominan os carballos novos.

Malia que os eucaliptos tamén invaden a zona que comprende o límite entre os concellos de Marín e Moaña, entre Pastoriza e Cruz da Maceira hai carballeiras autóctocas de árbores novas. Espazos sombrizos que conforman un fermoso ecosistema.

Sendeiros entre os carballos.

Sinalización da mámoa de Forno de Arcas.

Os integrantes da comisión técnica para o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico levamos tempo reivindicando a sinalización dos elementos arqueolóxicos e etnográficos. Nesta andaina por Cruz da Maceira e Pastoriza hai varios indicadores que sitúan a localización de enclaves como a capela de San Lourenzo ou a mámoa de Forno de Arcas.

Valado tradicional na carballeira que rodea a mámoa de Forno de Arcas.

Mámoa de Forno de Arcas, en Pastoriza.

Unha das laxes da mámoa, con marcas de cantería.

A mámoa de Forno de Arcas, como tantas, foi expoliada. Neste caso, unha das laxes presenta marcas de cantería, e outras están fragmentadas; posibles aproveitamentos para obras da zona. Este monumento megalítico catalogado está rodeado dunha frondosa carballeira e valados de pedra tradicionais.

Valado tradicional na carballeira de Forno de Arcas.

Carballeira que rodea a mámoa de Forno de Arcas.

Baixo este carballo abrolla un pequeno regato.

O río da Fraga non é o único curso fluvial da contorna. Nesta zona tamén está o nacemento do río das Gorgadas, afluente do Loira. Na vexetación da zona detaca a erica tetralix, nunha zona húmida.

As carballeiras, illas de vida no medio dos eucaliptais.

Nas zonas sombrías xa medran os cogomelos.

O musgo forma grandes mantas de musgo.

Erica tetralix nunha zona húmida do nacemento do río das Gorgadas.

Ao longo do itinerario abundan os castiñeiros.

Aos carballos súmase tamén a presenza de castiñeiros de porte medio. Ao longo do traxecto a Comunidade de Montes de Moaña diríxese aos usuarios para que respecten a arboreda e manteñan limpo o espazo. Cómpren comunidades de montes preocupadas pola conservación do seu patrimonio.

Panel da Comunidade de Montes de Moaña.

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organizou este percorrido para concienciar a cidadanía sobre a inconveniencia dos proxectos de urbanización que promove a Xunta no Plan de Ordenación de Áreas Industriais de Galicia, que contempla a construcción dun polígono nesta área.

Tamén no Monte Pornedo pesa esa ameaza, por partida dobre. Dunha banda, porque foi catalogado como chan industrial no Pxom marinense e, ademais, tamén lle afecta o proxecto autonómico de instalación da plataforma loxística Marín-Pontevedra. O Monte Pornedo forma parte dos Montes do Morrazo, catalogado como Espazo Natural Protexido polas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento.

Pola protección integral dos Montes do Morrazo.

Publicado por: MontePituco | 16/06/2013

BRILAT: CAPÍTULO IV

Diario, 6 de xuño de 2013.

Diario, 13 de xuño de 2013.

La Voz, 14 de xuñoñ de 2013.

Diario, 14 de xuño de 2013.

Diario, 15 de xuño de 2013.

Diario, 15 de xuño de 2013.

Diario de Pontevedra, 16 de xuño de 2013.

La Voz, 16 de xuño de 2013.

La Voz, 16 de xuño de 2013.

Publicado por: MontePituco | 16/06/2013

VALEDORES DO GAFOS, O PREMIO DA CONSTANCIA

Diario, 16 de xuño de 2013.

Diario, 14 de xuño de 2013.

Publicado por: MontePituco | 15/06/2013

PLENO DE XUÑO (I) -actualización-

Diario, 15 de xuño de 2013

Diario, 13 de xuño de 2013.

Faro, 16 de xuño de 2013.

La Voz, 13 de xuño de 2013.

La Voz, 13 de xuño de 2013.

Publicado por: MontePituco | 14/06/2013

PLENO DE XUÑO

Catro e horas e media durou o pleno de xuño, coa mesma tónica de sempre: repetición, reiteración e desgaste dos mesmos argumentos contados do dereito e do revés, do revés e do dereito, por parte dos mesmos concelleiros da oposición de sempre; pouca consistencia nas intervencións dos delegados do grupo de goberno, cunha alcaldesa que abarca todas as frontes: o mesmo frena a Muradas cando lle dá por embarullar coas súas cansinas cuestións de orde, que terquea con Veiga e Pazos Lamoso sobre o proceso de contratación duns operarios, ou a misteriosa ubicación de farolas ou bolardos.

No apartado de rogos e preguntas, Pazos Lamoso interesouse por un asunto que se tratou neste blogue e que causou unha forte polémica no rural marinense: o proxecto de Acuanorte, do que non se volveu saber nada despois de que, en teoría, a empresa retirara o trazado inicial.

María Ramallo contestou que, pola información da que dispoñía, tardaríase tres meses na redacción dun novo proxecto. Haberá que agardar entón contra o final do verán para coñecer ese traballo.

[Continuará]

 

Publicado por: MontePituco | 12/06/2013

22 DE XUÑO, HOMENAXE A XAN MONTENEGRO

22 de xuño, 21h, no cruce do Carballal, homenaxe a Xan Montenegro.

Este vindeiro 17 de xuño cúmprense dous anos do pasamento do noso amigo e veciño Xan Montenegro. Os seus compañeiros de Ronsel, de Marinenses Independentes, os seus familiares, organizan unha homenaxe, sempre merecida. Será o sábado 22 ás 21:00 horas no cruce do Carballal. Haberá palabras de afecto na súa memoria e descubrirase un monumento adicado á súa figura.

…Na súa memoria, non sucumbiremos endexamais á resignación nin ao desalento.

Eran outros tempos cando Díaz Castro escribiu a súa Penélope:

“Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

e a tea dos teus soños non se move…”.

Pero Xan si soñou… e transformou!

Fixo da xenerosidade, da confianza en si mesmo e nos demais,

unha bandeira que lle reportou o respecto e a admiración dos bos e xenerosos.

Tanto lle tiñan os murmurios estériles e baleiros dos imbéciles e escuros.

Por iso, no astrolabio do Monte Pornedo, o seu balcón da ría,

xa se divisa unha constelación brilante co seu nome:

o nome da estirpe doce e guerreira dos Montenegro-Villanueva…

[Palabras de homenaxe a Xan Montenegro no acto cívico de xullo de 2011]

Publicado por: MontePituco | 11/06/2013

O CENTRO RUPESTRE DE MOGOR, CRIANDO ARAÑAS

La Voz, 9 de xuño de 2013.

…E os petroglifos do Alto do Pornedo e dos Sete Camiños, abandonados, rodeados de vexetación, indefensos ante un lume forestal cando aprete a calor, ou coa súa integridade comprometida se calquera usuario do monte acode a cortar fento para esquilme e os leva por diante cunha máquina.

Malia que vai en notable aumento o número de visitas que recibe esta zona a través das actividades que se promoven dende a comisión técnica para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, ningunha autoridade competente a nivel local, provincial e autonómico -incluida a Comunidade de Montes- dá un paso adiante para poñer en valor estes xacementos dunha vez por todas; algo perfectamente posible cun mínimo investimento, se tan sequera a algún colectivo de voluntarios profesionais e voluntarios da arqueoloxía fora autorizado para facer unha simple intervención de limpeza, conservación e sinalización no seu perímetro.

A despreocupación do Concello polo do seu patrimonio natural e rupestre, deixa moito que desexar. E para mostra, o “botón” do centro de interpretación dos petroglifos de Mogor. As declaracións pomposas e cargadas de falso compromiso a prol da protección deste legado cultural é fume barato. A realidade é que na práctica nada diso se fai e, coma o can do “hortelano”, os políticos e os seus aliados nin comen nin deixan comer. O que mellor se lles dá é deixar correr o tempo, a distancia, e o esquecemento colectivo.

Petróglifos de Pornedo, rodeados de fento.

Publicado por: MontePituco | 10/06/2013

BRILAT: CAPÍTULO III

Diario, 9 de xuño de 2013.

La Voz, 9 de xuño de 2013.

Faro, 9 de xuño de 2013.

No último fin de semana, cando máis páxinas teñen que cubrir os medios de comunicación impresos, as informacións sobre concellos que lle ofrecen terreos de balde á Brilat mestúranse con editoriais xornalísticos e artigos de opinión.

Diario, 9 de xuño de 2013.

…E o presidente da Comunidade de Montes de Salcedo, expón tamén o seu punto de vista sobre a situación.

Faro, 9 de xuño de 2013.

Seguirán correndo ríos de tinta sobre este espiñento asunto, abofé.

Publicado por: MontePituco | 09/06/2013

MARÍN, SEN INTERVENTOR/A

Este venres, pleno da Corporación Municipal de Marín. Habemus orzamento? Con ou sen protesta dos afectados polas participacións preferentes e obrigas subordinadas?

La Voz, 4 de xuño de 2013.

Publicado por: MontePituco | 08/06/2013

BRILAT: CAPÍTULO II

Diario, 1 de xuño de 2013.

“Salcedo ten hectáreas e hectáreas de monte abandonado, a produción cero, e sen embargo, non son capaces de xerar beneficio para a comunidade. Nin sequera ten unha casa de cultura digna”, dixo o presidente da Deputación.

Louzán, non se pode ser tan arrogante, nin falar dende o descoñecemento. Nos últimos meses a comunidade de montes de Salcedo fixo plantacións forestais, sinalizou os xacementos arqueolóxicos, organizou andainas para darlle a coñecer á cidadanía o patrimonio comunal, colaborou na rehabilitación de muíños… e terá unha casa de cultura digna coa axuda do Concello, que non da Administración provincial.

Diario, 2 de xuño de 2013.

Diario, 2 de xuño de 2013.

“Hai que ser prudentes e xogar limpo”, dixo o presidente da Comunidade de Salcedo, Fernando Pintos.

Faro, 2 de xuño de 2013.

Fernando Pintos explicou que a xunta da comunidade realizou unha valoración por debaixo do valor real dos terreos, asentada en informes técnicos e oficiais, e “sendo sensibles” ás particulares circunstancias que afectan a esta negociación.

Faro de Vigo, 2 de xuño de 2013.

O voceiro dos comuneiros destacou a labor realizada pola parroquia nestes catro anos nos que se tumbou unha liña de afección imposta polo ministerio aos veciños e se recuperaron os montes comunais para a parroquia. Pintos afirmou que Salcedo converteuse nunha comunidade “de referencia” polo que invitou os veciños a manter o espírito que lles levou a obter eses logros.

Diario, 5 de xuño de 2013.

Hai unha sentenza xudicial que decide sobre a titularidade dun terreo. Recoñécese o dereito dun colectivo a ser recompensado polo uso da súa propiedade. Que menos que respectar o seu “espazo”, as decisións da comunidade. Por máis que se trata dun colectivo “minoritario” con respecto á poboación total de Pontevedra, está lexitimado para actuar na defensa dos seus intereses. E merece unha marxe de confianza nun proceso negociador que se presume cheo de presións políticas e económicas. Porque onde partidos e cartos, de forma directa ou indirecta mediante emisarios, todo se embarulla e sempre ten máis que dicir quen menos pinta nese “enterro”.

Se algo se lle ten reprochado a Defende o Monte Pituco -con desdén por parte dos que se cren donos do poder e da verdade- é o seu carácter minoritario. Como se o feito de ser unha pequena asociación de xente comprometida, concienciada e convencida fose en detrimento dos argumentos que expón: ambientais, patrimoniais, urbanísticos, legais, económicos… Non ten máis razón quen máis berra, nin quen máis promesas fai, nin quen máis cartos cisca para compensar a flebleza das súas ideas, nin para comprar vontades precisamente dos que menos ideas teñen.

La Voz, 5 de xuño de 2013.

Faro, 6 de xuño de 2013.

Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común subraiou que “a valoración deben facela os comuneiros; é unha decisión democrática de Salcedo” e son eles, mellor que ninguén, os que saben canto vale o seu terreo e que un monte veciñal é por definición, multifuncional”.

Diario, 8 de xuño de 2013.

Diario, 8 de xuño de 2013.

Rueda avanzou que unha comunidade de montes, a de San Xulián, aceptou a proposta do Ministerio e instou a máis reticente, a de Salcedo, propietaria da inmensa maioría dos terreos ocupados polo Exército, a que sexa “razoable”.

…Sen asemblea nin contacto previo cos comuneiros, a Comunidade de Montes de San Xulián xa lle dixo “amén” ao Ministerio de Defensa sobre a cesión dunhas 35-40 hectáreas para a base militar da Brilat. A esta xunta directiva non lle quedaba outra, habida conta da ríxida filiación política dos seus membros máis destacados, que farán o que o PP lles mande sempre e en todo lugar.

Caben dúas posibilidades: en caso de cumprirse as xenerosas expectativas do presidente, xa na asemblea do pasado mes de xaneiro contaban con “arañarlle” á Brilat entre 25.000 e 30.000 euros anuais polo arrendamento: “En madeira non os fariamos nin en 15 nin en 20 anos”, dixo daquela o presidente. Ou o que é o mesmo: diñeiro fácil.

Por unha sinxela regra de tres, o prezo da hectárea rondaría os 700 euros. Nada do outro mundo, por outra parte, tendo en conta que Defensa só lle ofrece 400 euros por hectárea á Comunidade de Salcedo, propietaria de 90 hectáreas en moita mellor situación que as de San Xulián. Por máis que, se Salcedo se negase a rebaixar a súa proposta económica, non habería máis que falar e a Brilat tería que facer as maletas.

Porque se a negociación se produce en termos de igualdade e a cantidade ofertada polo Ministerio fose a mesma para Salcedo que para San Xulián, a comunidade de (des)montes de San Xulián non carretaría máis de 14.000 euros ao ano para as súas arcas. Nin a metade das mellores expectativas que se anunciaran. Non porían o carro antes que os bois no anuncio que fixeron a principios de 2013 ante unha veciñanza que, quen máis quen menos, aplaudía coas orellas? Que opinan en Salcedo de que a Comunidade de Montes de San Xulián xa se adiantara aceptando unha cuantía que deixa a Salcedo nunha posición menos forte, a priori?

Non quedan tan lonxe as manifestacións, pancarta en ristre, da directiva anterior (máis ou menos idéntica á actual en cadros e filosofía) “en defensa dos nosos montes”, facendo alarde de dar pouco menos que o sangue por arredar as propiedades comunais das malvadas poutas dos militares acaparadores. Uns preferían dalas de balde para o polígono antes que a Brilat as levase pola cara. Así de facilmente viraron as tornas, que agora é San Xulián a que se desmarca de Salcedo convertíndose na primeira que lle di “si, bwana” ao Exército que antano tildaba pouco menos que de opresor e ocupador.

As nosas fontes aseguran que os directivos de San Xulián chamaban con moita frecuencia aos comuneiros de Salcedo agardando como auga de maio calquera noticia sobre o comezo das negociacións co Ministerio para saber canto ían pedir, como se aquí non houbera idea de defender o propio e houbera que agardar a que os de fóra deran o primeiro paso. Coa experiencia que teñen os comuneiros maiores de San Xulián negociando expropiacións (liña de alta tensión, variante, etc). Total, para que, á primeira de cambio, xa se pregaran á oferta inicial de Defensa, ou do PP, que tanto monta, monta tanto. Para esta viaxe non cumprían tantas alforxas.

San Xulián, en defensa dos nosos DESmontes.

Diario de Pontevedra, 8 de xuño de 2013.

Publicado por: MontePituco | 07/06/2013

ROTEIRO POR PASTORIZA

Publicado por: MontePituco | 06/06/2013

PSEUDO-SOCIO-ECO-LISTOS

El PSOE impulsa PonteAmbiente, unas jornadas para generar conciencia

C.B. Pontevedra/La Voz. El PSOE de Pontevedra presentó ayer las primeras jornadas de medio ambiente PonteAmbiente, que se desarrollarán esta tarde y mañana en la Casa das Campás de la ciudad a partir de las 19 horas. La diputada y portavoz de Medio Ambiente del PSdeG en el Parlamento de Galicia, Patricia Vilán, y la secretaria de Medio Ambiente de la ejecutiva local, Carmen Casalderrey, detallaron el programa de esta iniciativa que nace con vocación de continuidad y que este año lleva por lema el de Naciones Unidas para el Día Mundial del Medio Ambiente, «Piensa, alimentáte, ahorra».

Vilán aludió a que la campaña de este año busca reducir los residuos y las pérdidas de alimentos, ya que según la FAO cada año se desperdician 1,3 billones de toneladas de comida. La diputada abogó por la protección y defensa del medio ambiente, y aludió a que las políticas del PP, tanto en el Gobierno central como en la Xunta, han supuesto un retroceso en materia medioambiental de 40 años. Como normativas negativas citó la reforma de la Ley de Costas y la nueva Lei de Augas de Galicia.

Casalderrey hizo hincapié en la necesidad de recuperar «una vieja costumbre como ciudad abierta a eventos invitando a especialistas en la materia». La jornada de hoy abordará los usos del monte con Miguel Anxo Vilacoba; el comercio justo, con María Paz; y la función medioambiental de la producción agraria, con Juan Ramón González. Mañana participarán Federico Mallo, Gonzalo Sancho y Elena Espinosa.

 …Cousa hipócrita de partido e dos seus dirixentes! Van de neo-ecoloxistas e pro-verdes. Pero son ambientalistas “de pau”, pseudo-amigos da natureza que o único que pretenden con xornadas do estilo “PonteAmbiente” é proxectar unha imaxe de si mesmos que non se corresponde para nada coa realidade; en resume, captar a atención dos incautos que tragan con esa fachada falsa e demagóxica.

Estamos ante unha organización política que en Pontevedra se afana en aparentar ante a cidadanía a súa preocupación polo desenvolvemento sostible, pola conservación dos montes, pola contaminación. E escenifican ese paripé con actividades que publicitan a base de cartaces cheos de artificio; para o caso, unhas lustrosas mazás.

…Lustrosas por fóra, podres por dentro. Porque como as mazás que ilustran o seu honorable programa de actividades, trátase dun colectivo envelenado. Que o mesmo apostan pola recuperación da ría de Pontevedra e por potenciar a actividade dos bancos marisqueiros, que pola consolidación duns recheos portuarios ilegais.

Teñen tantas caras como lles fagan falta para defender un desenvolvemento urbanístico racional, unha ordenación forestal eficaz ou a posta en valor do patrimonio arqueolóxico, como para cometer unha desfeita paisaxística coa construcción dun polígono industrial en plena fachada marítima, destruir a base de asfalto e formigón o potencial produtivo dun monte veciñal ou afectar de forma irreversible uns xacementos arqueolóxicos catalogados como Bens de Interese Cultural.

Os pseudo-socio-eco-listos que en Pontevedra “venden” PonteAmbiente, en Marín son os principais impulsores dunha plataforma loxística en pleno Espazo Natural Protexido. E se molesta para os seus intereses, que se “desafecte”, e punto. Velaí a súa verdadeira faciana trala máscara de aire puro, árbores, bichiños silvestres e auga fresca coa que ocultan o que son: unha pandilla de falsos e demagogos que, por riba, non teñen a decencia de recibir nin atender a quen lles pediu explicacións polas barbaridades que planificaron cando tiveron responsabilidades públicas.

 

Publicado por: MontePituco | 06/06/2013

PLANTACIÓN ESCOLAR EN COSOIRADO, MORAÑA

Faro, 6 de xuño de 2013.

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías