CABALOS CON PEXAS, LACRA SEN FRONTEIRAS
Publicado en Denuncias, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Prensa
BEN VEÑAS, MAIO

…Sinto nos ósos a humidade desta terra de auga,
apalpo os liquens ancestrais,
máis vellos que o mundo,
máis vellos que toda forma viva
e véxome no centro do arcano
sin máis misión que ollar,
ou cecais que cantar,
para que o malvís exista,
para que o piorno, o sabugo,
a abrótega, a xesta…
poidan ser nomeados;
para que a rela, a carqueixa, a silva…
poidan ser nomeadas;
para que o ameneiro, o carballo, o sanguiño…
poidan ser nomeados.
Para que poidan ser nomeados o cerne i o sámago:
aquelo que pervive
e todo o que se vai.
[Ánxeles Penas: “Territorio”]
PSOE: DEFENDEN NUN LADO O QUE DESTRÚEN NOUTRO
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Patrimonio rupestre, Política, Prensa
NOVO CAPÍTULO DO POLÍGONO DESÉRTICO DE NANTES
Publicado en Denuncias, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Chan industrial
PROXECTAN UN PUNTO LIMPO EN MARÍN


Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Concello de Marín, Monte veciñal, Prensa
NA DEFENSA DO MONTE PITUCO, CONTRA O TRAZADO DE ACUANORTE
Publicado en Accións, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Auga, Concello de Marín, Prensa
APROBACIÓN PROVISIONAL DO PLAN ESPECIAL DO PORTO
Publicado en Denuncias, Hemeroteca | Etiquetas: Porto de Marín, Prensa, Xunta
PARABÉNS A AIRIÑOS DE SAN XULIÁN
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Cultura, Parroquia de San Xulián
NON HABERÁ MÁIS CANTEIRAS EN COTOBADE
Publicado en Denuncias, Xeral | Etiquetas: Medio ambiente
VERQUIDOS ILEGAIS: ACTOS DE COBARDES

Un mes si e outro tamén hai que estar criticando a proliferación de verquidos incontrolados no Monte Piruco. Á parte dun grave problema de mala educación e de insensibilidade por parte de quen provoca estes depósitos ilegais, trátase dunha práctica que aparentemente provoca o rexeitamento da veciñanza, pero ese reparo non se traduce en denuncias: ninguén ve nada, ninguén dá a voz de alarma. Por riba, o Concello que ten competencias no mantemento das vías públicas, excúsase na falta de recursos para actuar en todas estas frontes. E na Comunidade de Montes de San Xulián, como xa se ten exposto neste mesmo blogue, encóllense de ombros, non fan nada para incrementar a vixiancia nas zonas de maior conflictividade, só atinan a respostar que os directivos “non van ir durmir ao monte” para controlar o que pasa, pero ben que se queixan logo cando teñen que facer fronte a unha sanción pola presenza destes verquidos que non é que fagan dano á vista, é que por riba -na maior parte dos casos- son contaminantes e perigosos: cinzas de dubidosa procedencia, materiais de obra, madeiras con cravos que sobresaen, uralitas, rodas, revestimentos, plásticos…

O acceso ao túnel baixo a variante, entre A Pena e O Caeiro, e a propia pista de acceso ao monte Pituco levan tempo sendo a diana dos desaprensivos. E segundo a cantidade de cascallos e lixo vai medrando, o foco de insalubridade tamén se acrecenta. Nestes lugares abundan os mananciais subterráneos que se contaminan por mor das filtracións. Cómpre unha actuación urxente de acondicionamento da pista forestal para evitar que os túzaros dos escombros sigan volcando as súas gabetas cheas de vergoña e miseria moral. Reparando o firme, homoxeneizando a superficie da pista para corrixir os socavóns, estarase privando aos malfeitores da “excusa” para que chimpen cascallos e outros residuos. Limpando as marxes e desatascando os regos non haberá vexetación na que se poidan disimular os verquidos. Un monte limpo é a mellor arma para loitar contra esta lacra; un monte descoidado é un imán para quen non ten reparo en seguir deteriorando un ben común.

Publicado en Denuncias, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Monte veciñal, Seprona
SOBRE A CANCEIRA DE MEIS
Publicado en Denuncias, Hemeroteca | Etiquetas: Deputación, Fauna
POLOS SETE CAMIÑOS CON QUEREMOS GALEGO MARÍN

Hoxe anunciamos unha moi boa nova para a comisión técnica do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños e para DEFENDE O MONTE PITUCO: a Asociación Queremos Galego Marín vai subscribir o documentol a prol da creación do Espazo Sete Camiños, sumándose á vintena de colectivos que xa apoiaron esta iniciativa.
A andaina partiu da área de lecer situada a carón do Monte Pituco que, dende que foi desbrozada a petición de Defende o Monte Pituco, presenta un mellor aspecto e recibe moitas máis visitas.

Unha trintena de persoas participaron no roteiro, que seguiu pola pista forestal do Monte Pituco. O firme do camiño está bastante deteriorado e hai varios verquidos incontrolados de cascallos, restos de poda e lixo. O último, un montón de terra con restos dunha queima.
…Pero tratábase de gozar da xornada, da natureza e do patrimonio. A primeira parada foi nos petroglifos dos Sete Camiños, que destacan pola representación duns cérvidos. Neste punto cómpre unha actuación para desbrozar a laxe e acondicionar un pequeno sendeiro para facilitar o acceso.

Tamén visitamos a mámoa de Sete Camiños, recentemente descuberta; proba da importancia patrimonial deste espazo. A instalación dun polígono industrial que, dende o Monte Pituco, extenderíase ata máis aló de Sete Camiños, estragaría este legado ancestral que está protexido por lei. O perímetro de seguridade dos xacementos arqueolóxicos non se respecta co rigor que corresponde.

Ademais do patrimonio herdado dos primeiros poboadores destes montes, outros elementos de interese teñen a súa orixe no pasado máis recente: no século XX ou acaso no anterior. Das canteiras saíu a materia prima coa que se construíron moitas das vivendas do Marín antigo e das aldeas próximas. O método de traballo nestes outeiros de pedra tamén é digno de estudo e difusión para coñecer mellor a nosa historia.


No monte de Salcedo atopamos un espeso bosque de acacias, unha especie invasiva que resulta moi difícil e custoso erradicar. Agora que a Comunidade de Montes de Salcedo vai recuperar o uso de 80 hectáreas que ata o momento viña ocupando a Brilat, poderase abordar de maneira urxente e directa a eliminación desta lacra.


E así como hai aspectos mellorables, o monte tamén nos ofrece espazos agradables que deberían perdurar, como un nacemento de auga, ao pé dun robusto carballo.



Permaneceron “secuestrados” durante anos debido a que se atopan nun espazo militarizado. Pero os petroglifos de Regato dos Buratos/Outeiro da Mina, do Outeiro dos Apañados e a Pedra do Fundamento, xa se poden volver visitar con normalidade.





Outros elementos, por desgraza, son irrecuperables: a construcción da aldea afgana arrasou a mámoa de Louredo.

E preto do Monte Catadoiro, en Lourizán, destacan o miradoiro dende o que se divisa parte da ría, coa illa de Tambo como elemento central. Tamén se atopa a pedra “escorregadoiro” na que moitos rapaces xogaban antano a deslizarse pola súa superficie, e unha laxe gravada cuns aliñamentos de coviñas.



A mámoa de Catadoiro tamén foi agredida co paso do tendido la liña de alta tensión. No chan pódense apreciar aínda os restos dalgúns ortostatos que formarían parte da cámara funeraria. Outros, polos saqueos, acabarían converténdose nos lindeiros dos matos privados dos arredores. Pero sábese da existencia doutras mámoas catalogadas como Chan de Lagoa.

Outro elemento interesante do Espazo Sete Camiños é a Pedra do Sapo: un penedo zoomorfo que na parte superior presenta varias pías fondas e que na parte inferior ten un abrigo que posiblemente servira de refuxio para pastores ou para canteiros. Porque neste outeiro tamén hai vestixios dunha vella canteira e hai pedras que aínda conservan as marcas das ferramentas utilizadas para desprender os bloques graníticos ou perpiaños.



O tempo foi bastante agradable durante a andaina a pesar de que o pronóstico non era favorable. As nubes non dificultaron en exceso a observación dos gravados e o único treito no que a chuvia estivo presente foi atravesando un bosque de piñeiros no monte de Lourizán.

E no treito final da andaina, cunha luz espléndida, os participantes no roteiro chegaron ao Monte Pornedo, onde se atopa un conxunto de arte rupestre bastante ben conservado, a carón dun val no que medra a herba e onde é habitual ver cabalos pastando e veciños recollendo fento e toxo.
A pesar do seu valor arqueolóxico, da súa ubicación en plena fachada da ría, da pendente do terreo e da beleza desta extensión, o Monte Pornedo sairía moi mal parado se prospera o proxecto do Concello de Marín de instalar nesta zona un polígono industrial.



Os petroglifos do Pornedo pódense apreciar con moita claridade cando a luz rasante do solpor ilumina a pedra e as sombras delimitan os surcos dos gravados. Hai varias teorías sobre os motivos polos que os primitivos habitantes desta zona representaban figuras xeométricas. Neste caso son círculos concéntricos, aínda que nesta laxe tamén se aprecia a forma dunha arma alongada e rectangular, tal vez unha espada.


“Solpor nos Sete Camiños” era o lema -nada casual- desta andaina organizada por Queremos Galego Marín no marco das I Xornadas sobre Patrimonio, co presidente da Sociedade Antropolóxica Galega, Rafa Quintía, como guía e intérprete de todos os elementos históricos e etnográficos que abundan no Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.
…Un proxecto que é incompatible coa instalación do polígono proxectado no planeamento urbanístico marinense. A súa ubicación é absolutamente desaconsellable por razóns técnicas, económicas, patrimoniais, medioambientais, mesmo legais. É inconcebible que poidan convivir neste contorno dúas actividades tan antitéticas: o uso industrial e a apreciación dos bens arqueolóxicos, a protección da fachada litoral marinense que se pode estragar de forma irreversible, por non falar dos mananciais que suministran as traídas de augas das vivendas próximas e das veigas.
Non é cuestión de máis ou menos sensibilidade, senón de sentido común. POLÍGONO NO PITUCO, NON.



“…A alma anda nestes inve
ntos porque non lle abonda
o que é como é do mundo
quixer facer pombas con auga e amieiros de pruma
e en vez de carro que polos camiños do monte
baixase cantando a lúa arrastrada
por un tiro de peixes prateados…”
Álvaro Cunqueiro: Herba de aquí ou acolá, 1980.
Publicado en Accións, Hemeroteca, Imaxes, Xeral | Etiquetas: 7Camiños, Colectivos sociais, Medio ambiente, Patrimonio rupestre, Prensa
PORTO: PRESUNTO USO FRAUDULENTO DE FONDOS EUROPEOS
Publicado en Denuncias, Hemeroteca | Etiquetas: Colectivos sociais, Concello de Marín, Concello de Pontevedra, Medio ambiente, Porto de Marín, Prensa
O PORTO DE MARÍN SEGUE “APROBANDO”
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Porto de Marín
CANDO NON QUEDE NIN UN CENTO DE SARAMAGANTAS
Publicado en Denuncias, Hemeroteca | Etiquetas: Fauna, Medio ambiente, Prensa
O CONCELLO ANALIZARÁ AS FONTES
Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Auga, Concello de Marín
IMPRESIÓNS PROPIAS E ALLEAS SOBRE O DOCUMENTAL DOS SETE CAMIÑOS

Faga sol ou chova, este sábado ás 17:00 horas participaremos na andaina polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños que organiza Queremos Galego Marín no marco das I Xornadas sobre Patrimonio.
Hoxe falouse da teoría, coa presentación do documental “Espazo Sete Camiños: encrucillada do tempo”, con guión e dirección de Lukas Santiago e Rafa Quintía. Dos motivos polos que un grupo de persoas de procedencia e formación académica dispar se xuntaron hai tres anos para botar a andar esta iniciativa: a abundancia de petróglifos e mámoas -e outros que se foron descubrindo nos últimos meses a base de percorrer o monte- nunha área tan reducida entre as parroquias de San Xulián, Salcedo e Lourizán, a existencia de vestixios de interese etnográfico -antigas canteiras, pías, refuxios, valados, penedos zoomorfos- e lendas asociadas a eses enclaves, unha situación xeográfica privilexiada e a localización de varios miradoiros naturais que permiten gozar dunhas vistas e dunha paisaxe espléndida…
A estas razóns obxectivas cabía sumar que a conservación deste espazo corría serio perigo ante unha serie de ameazas: a franxa de seguridade da Brilat é unha pantasma que, tres anos despois, disipouse pola presión veciñal, por máis que a Comunidade de Montes de Salcedo vén de recuperar nos tribunais a titularidade dos terreos. Sen embargo, queda a incertidume sobre o impacto que poida ter o trazado dunha estrada que pretende comunicar a base militar coa variante de Marín.
Pero é o proxecto de construcción dun polígono industrial no Monte Pornedo, recollido no planeamento urbanístico, o principal atranco para que o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños poida ser unha realidade en toda a súa extensión.
Moito lles proe a certos cargos políticos que se critique publicamente a intención manifestada polo anterior goberno municipal de desafectar o Monte Pornedo do Espazo Natural Protexido dos Montes do Morrazo con argumentos tan ruíns como que o Pornedo xa foi agredido coa construcción da variante ou coa instalación da liña de alta tensión que atravesa preto de Sete Camiños. E teñen máis que dicir, xustificando o inxustificable: que como a Xunta do PP rexeitou micropolígonos como o da Brea, nalgures se tivo que ubicar o solo empresarial, a pesar dos inconvintes ambientais.
…Volver remexer nun pasado que puido ter sido pero que non foi, simplificar ata extremos ridículos un problema de xestión urbanística que vén de tan longo e, por riba, apuntarse agora ao carro do interese polo patrimonio cultural cando, no seu día, eses mesmos cargos políticos rexeitaron apoiar o proxecto do Espazo Sete Camiños, é unha manobra cargada de hipocresía e, se pretenden lavar así a súa imaxe e a súa mala conciencia, están errados. Benvidos sexan, en todo caso, aínda que sexa tarde, mal e a rastro. O tempo dirá se ese interese repentino polo patrimonio antano desprezado é real ou ficticio, se existe un compromiso verdadeiro ou non é máis que unha pose para a galería.
Que somos un fato de románticos empedernidos e de bágoa fácil ante unha simple posta de sol? Que o proxecto do Espazo Sete Camiños vence pero non convence? Que son argumentos moi respectables mais non abondo consistentes?
Son tan rotundos e aplastantes como que os petroglifos inscritos no ámbito deste proxecto son Bens de Interese Cultural cun rango de protección equiparable ao da catedral de Santiago. Non cabe ningunha xustificación máis convincente que a de respectar escrupulosamente a figura de protección ambiental contemplada nas Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento para boa parte da zona que abarca o Espazo Sete Camiños; o contrario é vulnerar as normas de xogo para que prevalezan os intereses especulativos e políticos, esmagando os dereitos dunha serie de colectivos que, aínda que non representen á maioría da sociedade, defenden unha causa xusta.
E son unha vintena as entidades sociais e culturais da contorna que se adheriron ao proxecto porque entenden que nos montes de San Xulián, Salcedo e Lourizán hai unha riqueza histórica, cultural e natural -e cun potencial económico- que merece ser defendida de posibles destrozos no futuro, e conservada en beneficio das xeracións vindeiras.
Que diferenza hai entre admirar un gravado rupestre de 3000 anos de antigüidade e non pasar de ver unha simple pedra? Que diferenza hai entre referirse a un lugar polo seu nome tradicional -Pornedo, Sete Camiños, Catadoiro, Champás, Pedra do Sapo…- e descoñecer a súa denominación? Que diferenza hai entre contemplar un solpor rodeados de natureza e aire limpo, ou decantarse por un mazacote de formigón en plena fachada da ría?
Cuestión de sensibilidade, de cultura e de educación. Porque non sempre han mandar os números, nin os euros. Porque non todo vale.
Publicado en Accións, Denuncias, Xeral | Etiquetas: Chan industrial, Colectivos sociais, Pensamentos, Política
SETE CAMIÑOS: XOVES PROXECCIÓN E SÁBADO ANDAINA
Mañá ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal de Marín proxectarase o documental “Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños: Encrucillada do tempo”. Trátase dun traballo audiovisual que pretende defender e poñer en valor o patrimonio histórico, cultural e medioambiental dunha área xeográfica que abarcan os montes de Salcedo e Lourizán en Pontevedra, e San Xulián en Marín. Nesta última zona, como vimos denunciando nos últimos anos, está proxectada a instalación dun polígono industrial que lle afecta ao Monte Pornedo (ou Pituco), incluido nos Montes do Morrazo, catalogados como Espazo Natural Protexido. Lonxe de preservalo e coidalo como lle correspondería ao rango de protección que se lle deu a través das Normas Subsidiarias e Provinciais de Planeamento; lonxe de velar polos petróglifos e mámoas que se atopan na súa contorna e de proxectalos como recurso turístico e educativo; lonxe de desenvolver para este lugar un plan de explotación forestal respectuoso e sostible, o Goberno local e a Xunta pretenden arrasar con toda esta riqueza, destrozando o medio no que habitan especies de fauna e flora protexidas e privando a veciñanza de seguir abastecéndose dos acuíferos naturais existentes no seu subsolo, cunha obra que provocará un impacto visual brutal irreparable en plena fachada litoral de Marín. E co consentimento da Comunidade de Montes da parroquia, que trala excusa demagóxica da crise e do paro, evidencia un afán de enriquecemento que xa vén de tempo atrás: a liña de alta tensión, a variante…
O sábado 27 realizarase unha andaina polos Sete Camiños que partirá ás 17:00 horas do Monte Pornedo, co obxectivo de gozar do patrimonio rupestre coa luz rasante do solpor, que permite apreciar mellor os gravados na pedra.
Grazas a Queremos Galego Marín por incluir estas actividades no programa das I Xornadas sobre Patrimonio.
Publicado en Accións, Imaxes, Xeral | Etiquetas: 7Camiños, Colectivos sociais, Cultura, Patrimonio rupestre
UN MONTE DE LIBROS

“Os petroglifos galegos constitúen un dos sinais identitarios con máis carga simbólica do país, chamados a converterse -en canto se PROMOCIONEN axeitadamente- nun dos grandes ATRACTIVOS de Galicia”.
GUÍA DE PETRÓGLIFOS DE GALICIA: Buenaventura Aparicio – Antonio de la Peña. Edicións do Cumio, 2011.


“…Hai máis terra nas vosas unllas
ca na alma de mil conselleiros.
Hai máis terra nos vosos ollos
que chan para especular…”
Á SOMBRA DE BOUZA PANDA: Rafael Quintía. El taller del poeta, 2013.



“Cuando cortan a un árbol en la selva,
cae una estrella del cielo”.
PALABRAS DE CHAN K’IN: SELVA LACANDONA. Taller Leñateros, Chiapas, México.
Chan K’In Viejo foi un patriarca lacandón que finou o 23 de decembro de 1996 aos 116 anos. Este libro -bautizado polos seus fabricantes como “caixa parlante”- é un produto artesanal maia realizado con papel elaborado a base de flores e fibras renovables da selva: pensamentos, cepa de plátano, rastroxo de milpa, liquen, lianas e xate (un tipo de palma).
RUTA POLO MONTE DE SALCEDO
22 DE ABRIL, DÍA DA TERRA
Amade sempre á terra nosa nai
e cada vez seredes mais humanos
e cecais poderemos comprender
que só o amor nos leva ó éxtase:
único xeito de unión
coa plenitude total do universo.
[“De Compendio de Orballos e Incertezas”, Manuel María, 1991]








































Publicado en Accións, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Brilat, Monte veciñal, Patrimonio rupestre, Veciñ@s
ROTEIROS POR SEIXO, SALCEDO E A SERRA DO GALIÑEIRO

………………………………………………

Salcedo regenerará el monte ´deteriorado´ por el Ejército con el alquiler que pague por su uso
Los comuneros no aclaran todavía qué cuantía reclamarán a Defensa, pero sí afirman que “hay acuerdo” para que la Brilat utilice 92 hectáreas devueltas por el juzgado a los vecinos
18.04.2013
N. D. – PONTEVEDRA El alquiler que pueda llegar a pagar el Ministerio de Defensa por el uso, por parte de la Brilat, de los terrenos de Salcedo que un juzgado devolvió a los vecinos “no se va a meter en una cuenta” sino que se utilizará para poner en marcha un ambicioso plan de regeneración, recuperación y puesta en valor del monte que “durante cincuenta años fue deteriorado” por el Ejército. Así lo anunció ayer el presidente de la comunidad de montes de la parroquia, Fernando Pintos.
Y la primera iniciativa para conseguir ese objetivo de devolver el monte al uso público será el próximo domingo, día 21, con una salida desde el lugar de Armada por el entorno del campo de tiro y la “aldea afgana” para divulgar el patrimonio forestal, arqueológico y etnográfico del monte de San Martiño.
El objetivo de esta ruta es mostrar “los inicios del proyecto que queremos llevar a cabo para actuar en unas cien hectáreas”, en buena parte recuperadas por los vecinos tras una sentencia judicial, un plan que ya comenzó en una franja de 120.000 metros cuadrados con limpiezas, repoblaciones y “restauración de la superficie maltratada”. Todo ello se pretende financiar con los fondos que se obtengan de Defensa una vez que se entablen las negociaciones formales al efecto. Pintos, que ayer mantuvo una reunión con mandos de la Brilat para trasladar de ubicación el campo de tiro, explicó que “ya hay acuerdo para que la base siga donde está y de las 170 hectáreas devueltas por el juzgado, la Brilat mantendría el uso de 92 y el resto volvería a disfrute vecinal”. Es la cuantía del alquiler de las primeras 92 hectáreas la que está sin decidir pero si está claro que esos fondos “volverán al monte” con una actuación en profundidad que incluye el derribo de la polémica “aldea afgana” en la que se entrenaban los militares. Por el momento los comuneros no quieren desvelar qué cantidad pedirán a Defensa, a la espera de unas negociaciones “cara a cara”, si bien confían en que para la asamblea del 1 de junio “ya tengamos avances al respecto”.
Pintos asegura que “la relación está totalmente normalizada, ya que ellos trabajos en una zona más alejada y nosotros actuamos en la mejora del monte”, en especial el que “estuvo durante cincuenta años abandonado y está repleto de especies invasoras” que habrá que eliminar progresivamente.
Una ruta entre petroglifos y molinos
Al margen de las vistas que se pueden apreciar desde el monte de las instalaciones militares y la propia ciudad, el programa que ha preparado la comunidad de Salcedo incluye notables atractivos, como se encargó de recordar Rafael Quintiá durante la presentación de ayer de la ruta, acompañado del concejal Demetrio Gómez y otros directivos comunales.
El paseo por el monte permitirá conocer zonas como el Chan das Mouras o los molinos de Batán. De hecho, Salcedo está considerada como la parroquia con más petroglifos del municipio, además de ofrecer una interesante colección de molinos, algunos de ellos restaurados. Así, está previsto poner alguno a funcionar en el recorrido del domingo. Al término de la caminata se ofrecerá un refrigerio a los más pequeños a base de agua y fruta.
´Que deje de ser zona de maniobras para pasar a uso público´
Mientras la Brilat ceñirá sus maniobras, entrenamientos y prácticas de tiro a las 92 hectáreas que los comuneros están dispuestos a ceder en el monte San Martiño, las 80 hectáreas restantes producto de la sentencia judicial tienen que “dejar de ser zona de maniobras para pasar a uso público y de esparcimiento”, insiste Fernando Pintos, que encuadra la iniciativa del próximo domingo en un movimiento de “Amigos do Monte” en la parroquia de Salcedo.
De hecho, además de implicar a la juventud de la parroquia en el futuro de la zona comunal, esta ruta tiene el objetivo de sensibilizar a los propios comuneros para que “cuando vayamos a negociar el alquiler con Defensa, esté claro que lo que se obtenga se destine a subsanar esos años de abandono”.
El recorrido, que parte a las 9.30 horas del lugar de Armada (origen también de otras marchas más reivindicativas) tiene una longitud de unos dos kilómetros -ida y vuelta- y permitirá visitar el yacimiento arqueológico de Outeiro da Mina, una red vecinal de aguas y tres molinos rehabilitados, entre otros atractivos, además de vislumbrar buena parte de las instalaciones militares que en su día enfrentaron a la Brilat con los vecinos.
A esta iniciativa de recuperación, a largo plazo, se unen otros proyectos de difusión del patrimonio, como el de los “Sete Camiños”, que impulsan conjuntamente las parroquias de Salcedo y Lourizán (Pontevedra) y San Xulián (Marín) desde hace tiempo.

………………………………………………
Publicado en Accións, Xeral | Etiquetas: Brilat, Colectivos sociais, Cultura, Monte veciñal
AFECCIÓN DE ACUANORTE AO MONTE PITUCO
Publicado en Alertas, Imaxes, Xeral | Etiquetas: Auga, Comunidade de Montes de San Xulián, Informes técnicos
EXEMPLOS DE COMO PROTEXEN O PATRIMONIO EN BUEU
Publicado en Hemeroteca | Etiquetas: Cultura, Prensa
COTOBADE CEDE UN PETROGLIFO AO MUSEO

Publicado en Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Deputación, Patrimonio rupestre, Prensa
UN DELITO ECOLÓXICO (MÁIS) IMPUNE
Publicado en Denuncias, Hemeroteca | Etiquetas: Medio ambiente, Prensa
DOSSIER DE PRENSA DO PROXECTO ACUANORTE
…Minte o PP. Cando afirma publicamente que os técnicos de Acuanorte non tiveron en conta o PXOM que entrou en vigor en novembro de 2013, a alcaldesa non di a verdade. E a proba de que os técnicos sabían que o PXOM fora aprobado e en que términos, é que no trazado exposto existe un ramal que sube cara ao Monte Pituco ante a perspectiva futura de subministrarlle auga ao polígono industrial que está proxectado nesa zona. Un polígono industrial que está recurrido por DEFENDE O MONTE PITUCO. Por tanto, se os técnicos de Acuanorte eran coñecedores dese detalle, estaban ao tanto do planeamento urbanístico. Se tenderon as tubarías atravesando fincas particulares foi por outros motivos que ao Goberno local non lle interesa explicar.
Publicado en Alertas, Hemeroteca, Xeral | Etiquetas: Auga, Chan industrial, Concello de Marín, Prensa, PXOM Marín, Veciñ@s
UN INFORME QUE DARÁ MOITO QUE FALAR
“Está claro que no caso de Marín non se ten producido ningunha prospección arqueolóxica exhaustiva para a elaboración do PXOM: isto non sería excesivamente grave se non fose porque nin sequera se soubo compilar con corrección a información xa coñecida. O problema é aínda maior porque no caso de Marín o patrimonio arqueolóxico é un dos mellor coñecidos de Galicia, obxecto de atención científica, mediática e turística dende hai moitos anos: non só non se soubo aproveitar a oportunidade da redacción do PXOM para planificar a posta en valor dese rico patrimonio, senón que ese patrimonio é obxecto de graves omisións e confusións, aparecendo en moitos casos mal descrito, mal ubicado e mal fotografado. En consonancia cunha mala catalogación, dá a sensación de que as teóricas medidas de protección aducidas no documento non son máis que “papel mollado” que provocará que o patrimonio arqueolóxico marinense siga a ser esquecido pola Administración municipal no tempo que dure a vixencia do PXOM”.
Así de crítico e contundente é este mínimo adianto dun completo e documentado informe ao que tivo acceso DEFENDE O MONTE PITUCO sobre a situación do patrimonio arqueolóxico no Concello de Marín e a súa plasmación do Plan Xeral de Ordenación Municipal que entrou en vigor en novembro de 2012. Un informe que cuestiona -con moita máis dureza da que se percibe neste parágrafo- os métodos e os contidos do planeamento, e que advirte moi seriamente sobre a indefensión dos xacementos catalogados e protexidos por lei, canto máis dos elementos que -malia terse probado a súa existencia- non foron documentados ante a falta dun traballo serio e rigoroso por parte do equipo que tiña a responsabilidade de elaborar as actuais normas urbanísticas. Un informe que dará moito que falar cando, no seu momento, trascendan as graves eivas que presenta o PXOM dende o punto de vista da protección e conservación da herdanza prehistórica que recibimos.







…POLÍGONO no Monte Pornedo, NON…
Publicado en Denuncias, Imaxes, Xeral | Etiquetas: 7Camiños, Chan industrial, Patrimonio rupestre, PXOM Marín
REUNIÓN EN SAN XULIÁN SOBRE O TRAZADO DE ACUANORTE
A xuntanza organizada na Casa de Montes de San Xulián pola Plataforma de Macenlle e a Asociación de Veciños de Pardavila, coa asistencia da alcaldesa e varios concelleiros, para explicar as medidas adoptadas polo Goberno local sobre o trazado da rede de abastecemento de auga proxectado por Acuanorte, resultou moi concurrida. Son moitos os veciños e veciñas afectados, xa que os técnicos, como afirmou Lucinda Montenegro no turno de intervencións do público, “atravesaron as fincas pola brava”.
María Ramallo comezou explicando que o Concello de Marín “alegou a todo o proxecto”e que a alegación presentada “está en boas mans, foi aceptada e tida en conta por Acuanorte”. Que os técnicos van desprazarse ata San Xulián “en dúas ou tres semanas para explicar o novo trazado e as afeccións”. Que esa nova xuntanza sería “antes do 5 de maio”, cando remata o prazo de presentación de alegacións. Que en calquera caso o proxecto vaise someter novamente a exposición pública porque o trazado actualmente exposto “non se vai levar a cabo”. E que tamén se poderán presentar alegacións a ese segundo trazado alternativo ao actual.
Ante a pregunta de por que non se retiraba o proxecto, se resultaba tan perxudicial e se contaba coa oposición do Concello, a alcaldesa explicou que o trazado “afecta a tres concellos: Marín, Pontevedra e Vilaboa”, e que nestes dous últimos tamén se están recollendo alegacións. Aínda que se amosou comprensiva co “nerviosismo da xente”, María Ramallo quixo trasladarlle aos habitantes de San Xulián “total tranquilidade”, argumentando que o Concello pediulle a Acuanorte que se estude un novo trazado que faga “o menor dano posible” e que discurra “preferentemente” por viais “xa existentes” de titularidade municipal, provincial, autonómica ou que discurra polas vías de servizo da circunvalación.
En teoría, segundo a alcaldesa, os técnicos xa están “estudando os custes de reposición e as posibles afeccións” do novo proxecto para levar a cabo unha obra que calificou de “importante”, tendo en conta a “dependencia” de Marín con respecto da auga que se nos fornece dende o río Lérez. Que máis do 63% do consumo de auga que se realiza neste municipio subminístrase dende o Lérez. E que o proxecto contempla a construcción dun novo depósito en Cadrelo e a mellora do depósito das Pedreiras. E que se trata dunha obra “a longo prazo” que se vai financiar con fondos europeos “ata 2015”.
O que non soubo explicar a alcaldesa é por que os técnicos de Acuanorte elaboraron un proxecto que “non tivo en conta o novo PXOM” que entrou en vigor o 1 de novembro de 2012, e que lle confire a moitas propiedades unha catalogación diferente que lles vai “valer moito máis do que valían antes”, algo que tamén incrementaría os custes que habería que aboar polas expropiacións.
Logo desta explicación abriuse un turno de preguntas.
Unha veciña queixouse de que a plataforma de afectados de San Xulián e Santomé foran ao Concello para interesarse por esta cuestión, que a alcaldesa non os recibira e que tiveran que facer presión para ser atendidos. Tamén criticou por que o Concello se subscribía a Acuanorte se non estaba de acordo co trazado. E preguntou por que o Concello non explicara nunha nota pública o seu rexeitamento ao itinerario do proxecto.
María Ramallo contestoulle que este colectivo de veciños solicitara unha reunión na que estiveran presentes os técnicos de Acuanorte, que se atopan nas sedes da entidade en Oviedo e Valladolid, pero que estes mesmos ían contestarlle directamente á plataforma de afectados para aclarar as dúbidas. A alcaldesa tamén explicou que o Goberno local xa “antes de Semana Santa” se pronunciara a través dos medios de comunicación para posicionarse “en contra” dese trazado. Pero que tratábase dun plan “positivo de cara ao futuro”, non só para Marín, senón tamén para Sanxenxo, Poio, Pontevedra e Vilaboa, que se adheriran ao convencio.
“Aínda que hai mananciais e subministros propios”, sinalou a alcaldesa, “o porto ten unha maior dimensión empresarial e industrial”. A iso uniríase a perspectiva de desenvolvemento do PXOM e unha maior actividade na construcción de novas vivendas. Por iso apostou por aproveitar o que considera unha “oportunidade”: a Unión Europea financia o 70% da obra e os concellos asumen o 30% restante en proporción ao custe das obras que lles corresponden.
Outra veciña protestou porque o proxecto contemplaba un novo depósito moi preto da súa casa, ao carón da cal xa hai outro depósito que no seu día xa recibira moitas sinaturas en contra. “Se algún día hai algunha desgraza hai moitas casas ao redor, que o leven ao medio do monte, onde haxa menos afectados, sobra monte, que non fagan o tanque no medio das casas”, comentou esta afectada. “Somos catro, pero pagamos igual que os demais o recibo do lixo e outros impostos”. “Pero soamente somos catro votos”, engadiu a continuación otro veciño.
María Ramallo contestoulle que os técnicos de Acuanorte van “explorar todas as posibilidades” e que “estudarán dende o punto de vista técnico onde é posible” instalar o depósito. Aínda así, matizou que “hai outros depósitos en zonas poboadas” e xustificou que “a auga é caprichosa” porque a ubicación dos tanques depende das cotas de altura.
“É como ter unha central nuclear á porta da casa”, replicoulle a veciña, insistindo en demandar un lugar “menos poboado, con menos risco e máis lonxe das casas”.
“Nós non temos ningún capricho”, dixo a alcaldesa sobre a localización dese depósito, “pero que sirva para o que se quere facer”.
Seguidamente falou Daniel Rosales, presidente da Comunidade de Montes de Santomé, que se amosou sorprendido polo feito de que o PXOM recentemente aprobado “non contemplaba o abastecemento de auga”. Tamén cuestionou o trazado elixido polos técnicos que, en vez de discurrir a carón de estradas, “porque é máis caro”, atravesaron fincas privadas. Pero na súa intervención foi máis aló, ao afirmar que a participación de Marín en Acuanorte “vainos ter hipotecados moitos anos para pagar a subvención europea.
María Ramallo captou que as críticas de Daniel Rosales tiñan máis carga política que outra cousa e así o fixo ver na súa réplica: “Comprendo que non todo o mundo estea de acordo”, sinalou a alcaldesa, insistindo novalente en que o Concello na súa alegación plasmara a súa disconformidade “contra o proxecto enteiro, os eixes 6 e 7 que afectan a Marín”. Que adminsitrativamente non era doado retirar o proxecto completo, pero que os técnicos de Acuanorte xa iniciaran a redacción dun novo proxecto. “Non hai outra alternativa para darlle auga a Marín que non sexa o Lérez”, engadiu María Ramallo.
Esa seguinte afirmación deulle pé ao presidente dos comuneiros de Santomé para afondar máis no debate: “Si que a hai, pero non a queren buscar”, contestoulle Rosales, que asegurou que do Monte Xaxán baixan 13 litros e medio por segundo para a Escola Naval”, unha cantidade que “abastecería a todo Marín”.
Entre Rosales e Ramallo estableceuse unha dialéctica semellante aos debates nos que se enzarza a alcaldesa cos concelleiros do BNG nos plenos: “A Escola Naval ten o seu consumo de auga”, apuntou María Ramallo”. “A Escola Naval xa lle cede a Marín máis de 500 toneladas diarias e o resto vai ao mar”, retrucou Daniel Rosales, reiterando que “se a auga vén de arriba para abaixo, só hai que canalizala”.
Rosales pediulle á alcaldesa unha alternativa, argumentando “que sabe unha empresa de Valladolid o que hai aquí”. Para o presidente dos comuneiros de Santomé o que habería que facer é “coller a auga do monte, facer un depósito no monte e abastecer os veciños en vez de fastidiar milleiros de fincas”.
Entre el e mais María Ramallo entablouse unha discusión que por veces era de “besugos”: un dícía que o proxecto de Acuanorte non valía e había que “tiralo abaixo”, e a outra contestaba que, efectivamente, os técnicos “xa están facendo un proxecto novo”. E cando xa non lle daba a cabeza para máis argumentos, Rosales acabou dicindo que co trazado de Acuanorte ía pasar como coa liña de alta tensión ou como o proxecto do parque eólico de Pedras Negras, que a pesar das alegacións, íase facer igual. “Eu comprendo que non lle sirvan as miñas explicacións, nin o proxecto nin nada”, respostoulle a alcaldesa dándoo por imposible.
A partir de aí as preguntas empezaron a repetirse e a xuntanza foise volvendo cada vez máis tediosa a improdutiva. Outra persoa volveu comentar que “se tendo auga en Marín, a obra non era necesaria, por que se embarcaba o Concello en semellante préstamo” cos fondos europeos. María Ramallo respostou que “semellante obra” tiña como obxectivo “dar garantías á auga de todo Marín”, que era preciso dotar o Concello dun “anel circular” para o abastecemento porque o colector da Avenida de Ourense tiña moitos anos, sufría avarías e sufría perdas. Que “a dependencia” da auga procedente do Lérez era “cada vez maior e que Marín non podía quedar “descolgado” do proxecto de Acuanorte.
Otro veciño queixouse de que o Concello tiña fincas ocupadas con depósitos que non se usaban mentres había moita auga “tirada polo monte”.
E entón tomou a palabra Esther Crespo. A concelleira do BNG, que nos plenos da Corporación non abre a boca, que semella estar de corpo presente e alma ausente, nada máis que para erguer e baixar o brazo cando toca, que endexamais intervén no apartado de rogos e preguntas sequera para plantexar a demanda dun servizo para a parroquia na que vive ou para alertar dalgunha deficiencia, que as hai. Por uns minutos pensou Esther Crespo que a Casa de Montes era o Salón de Sesións do Concello e aspirou a gañar uns puntos frente a María Ramallo, xogando “na casa”. Total, para dicir, que? Que o Concello ten auga, que a Escola Naval non ten a xente que tiña antano para xustificar o actual nivel de consumo, que os técnicos van “ao cómodo” e que tiñan que buscar unha “solución mellor”, que había “moita xente afectada sen necesidade” e que o PXOM “xa se aprobara antes de presentarse o proxecto de Acuanorte”. Para tal camiño non facían falta alforxas e máis lle valía á concelleira do Bng ter seguido no letargo que a caracteriza a nivel municipal.
Otro veciño comentou que “a mediados do ano pasado” uns técnicos estiveran facendo “probas na terra”. María Ramallo atribuiu eses traballos a unha empresa que fora contratada por Acuanorte cando no ano 2010 se comezaron a facer o que denominou “estudos técnicos de base”.
Lucinda Montenegro, da Asociación de Veciños de San Xulián, foi a máis práctica de todos cantos falaron: “Como pode presentar Acuanorte un proxecto sen contar con que o PXOM está aprobado, así xa se empeza mal”. María Ramallo non atinou máis que a dicirlle que malia que xa levaban tempo traballando no proxecto, o caso é que “non tiveron coñecemento do plan”. Lucinda tamén pediu, con bo criterio, que algún técnico municipal intermedie cos de Acuanorte para advertilos de posibles deficiencias do novo proxecto que supostamente se estea elaborando, tendo en conta que o trazado inicial “crúzase” coa antiga tubaría da rede de abastecemento existente. E queixouse moi atinadamente de que a lista de afectados que se publicou “mesturaba” afectados duns lugares e doutros, e que omitía nomes de persoas que sobre o mapa están afectadas a pesar de que non figuran na relación publicada. A alcaldesa contestou que “co novo trazado volverase abrir otro prazo para poder alegar con anticipación”.
Outoro veciño volveu repetir o argumento de que “hai lugares máis adecuados onde facer o depósito, que no monte comunal hai espazo suficiente” e pediulle a María Ramallo “que se molle” para conseguir unha alternativa “coa que todos esteamos contentos perxudicando o menos posible”. Este afectado insistiu en que a alcaldesa “presione para que leven o depósito á parte de arriba” porque na parte de abaixo “afea a paisaxe e rebaixa o valor das fincas”..
Outro veciño amosouse partidario de que, con cota ou sen cota, que se fixera todo polo monte, “que para iso hai bombas”.
E xa no treito final da reunión informativa, volveu interviu Daniel Rosales, que leu un fragmento do BOE no que se xustificaban as obras de xeito que a rede de subministro de auga tiña como obxectivo satisfacer “as cotas máis altas que non poden acceder aos depósitos existentes”, un documento no que tamén se aludía a que neses núcleos rurais a poboación surtíase de mananciais nos que podía darse “un problema pola falta de seguridade na calidade das augas”. Na súa argumentación para reiterar a súa oposición á adhesión de Marín ao convenio de Acuanorte, o presidente da Comunidade de Montes de Santomé expuxo que se o porto precisaba auga, que lla cedera a empresa Ence. Tamén reivindicou a elaboración dun estudo para “recuperar a auga dos montes e dar servizo así á poboación do rural”.
María Ramallo replicou que esta obra non se realizaba “polo porto, senón en xeral”. Pero Rosales seguía insistindo en que lugares como Santomé seguían “sen auga” e por iso a “alternativa” que reclamaba consistía en “recoller a auga do monte, abastecer con ella o rural e que o sobrante vaia para Marín”. A alcaldesa lanzoulle unha directa-indirecta comentando que “foi unha pena que cando houbo diñeiro o concello non arranxara os depósitos que había”, nunha clara alusión ao bipartito, e emprazou o presidente dos comuneiros de Santomé a expoñerlle as súas alternativas aos técnicos de Acuanorte cando se despracen a San Xulián para expoñer o novo trazado da rede.
Unha veciña preguntou por que o Concello de Marín non elaboraba un estudo con técnicos municipais en vez de someterse ao dictame duns técnicos de Valladolid. María Ramallo explicou que no ano 2008 elaborárase un “estudo básico” que xa daquela apuntaba a unha solución nos termos que se plantexaban as obras de Acuanorte. “Non somos quen de servir a toda a poboación cos depósitos, e menos no verán”, recalcou a alcaldesa. “Hai que ir a un sistema de cara ao futuro, pensando en que os núcleos se desenvolvan e haxa máis turismo”.
Por último, tomou a palabra a voceira dos colectivos veciñais que organizaron a reunión para agradecer a asistencia e as explicacións da alcaldesa, que agora non se trataba de buscar culpables sobre por que non se adoptaron medidas no pasado, para xustificar a adhesión do Concello ao convenio de Acuanorte argumentando que “ahora non se pode sacar diñeiro de onde non o hai” e que por iso conviña acollerse á subvención europea, e para anunciar que se presentarían alegacións, ben a título colectivo das plataformas de afectados ou ben a título particular.
…En resume? Hai plataformas e plataformas: unhas para darlle caña ao Concello e outras para apaciguar o ambiente cando -nunca mellor dito- as augas andan axitadas. Neste caso, que ninguén se leve a engano, a asemblea veciñal non tiña otro obxectivo que intentar calmar os ánimos da xente. Outra cousa é que houbera veciños e veciñas que aproveitaran a ocasión para “pillar” e para deixar en mal lugar a quen dirixe o Goberno local. Pero María Ramallo ten moitas táboas e aínda que sexa subida a un tablón é capaz de navegar no medio dun temporal: con respostas que din o mesmo unha e outra vez aínda que sexa con diferentes palabras, con argumentos pseudo-técnicos sacados da manga ou da lóxica que lle serven para tapar un roto cun descosido, e cunha actuación que aínda que non convenza a unha minoría crítica ben vale para transmitir unha imaxe dialogante que lle satisfai a unha maioría conformista e maleable.
O caso é que a adhesión de Marín ao convenio de Acuanorte é unha decisión política, e punto. Que non hai volta atrás por moito que unha veciña suxira inxenuamente que a subvención europea se destine a facer un estudo exhaustivo das necesidades do consumo de auga en Marín. Está decidido e non hai máis volta que darlle porque o PP de Marín goberna con maioría absoluta.
A anunciada reunión cos técnicos de Acuanorte fainos lembrar a presentación do PXOM polas parroquias, vendido como un éxito do PP, igual que agora ese suposto novo trazado se vende tamén como un logo do grupo de Goberno. Ao igual que os de Acuarnorte, cuxa sede central está en Valladolid, aínda que teña delegacións en Oviedo e Vigo, a empresa que elaborou o adefesio de PXOM tampouco é galega. Ao igual que o PXOM, que se aprobou porque si, porque había que aprobalo polo civil ou polo criminal, o trazado de Acuanorte tamén se vai aprobar, vaia campo a través ou vaia a carón de estradas.
Non son realistas os comentarios dos que piden que o dano sexa “o menor posible”, porque dano vai haber sempre e resulta inevitable que alguén non resulte afectado. Por iso non deixa de ser paradóxico o caso deses poucos veciños que se queixan de que o depósito está preto das súas casas. Eles son a proba de que, aínda sendo poucos, son afectados, cos mesmos dereitos que os demais a que se teñan en conta as súas demandas.
Por iso as reivindicacións de DEFENDE O MONTE PITUCO en contra do polígono industrial contemplado no PXOM son tan lexítimas como as desa suposta maioría que reclaman a súa construcción. E para dirimir ese choque non queda otro argumento que o sentido común, os criterios técnicos e a lexislación sempre na man. Porque, como se ten repetido nesta páxina, se ter un depósito de auga ao carón da casa é como ter unha central nuclear, construir un polígono industrial no Monte Pituco é como cimentar as dunas de Corrubedo: unha agresión inxustificable dende calquera punto de vista racional e legal.
Por outra banda, non todo o monte é ourego. Moitos veciños argumentaron que a auga corría polo monte abaixo, desperdiciada. E que calquera lugar do monte sería óptimo para instalar un depósito: craso erro. Por falta de sensibilidade, formación ou educación, hai certa tendencia a considerar o monte como a escombreira de todo o que sobra ou que molesta: velaí os verquidos ilegais de lixo. Se, como dixo un veciño, un depósito “afea a paisaxe” no medio das casas, dependendo de onde se instale un tanque desas características no monte tamén pode causar un impacto igual ou mesmo maior a nivel paisaxístico e visual.
E que pasa cos mananciais naturais que actualmente abastecen os habitantes do rural? Traídas de augas comunitarias, como as que abastecen os veciños de Pena e Caeiro, A Laxe e O Casal? Algúns deles teñen unha antigüidade documentada que se remonta ao século XIX, como se demostrou con algúns dos que están catalogados e mesmo perfectamente legalizados ante o organismo Augas de Galicia, coas súas comunidades de propietarios/usuarios/regantes. É obrigatorio respectar de xeito escrupuloso eses mananciais, garantir a súa pervivencia para non privar do servizo que prestan ás familias que se abastecen deles.
Unha pervivencia que, por suposto, se puxo en perigo cando se construiu a Variante de Marín a causa das sucesivas detonacións que practicaron os operarios con cargas de dinamita para modificar a orografía do terreo. Unha pervivencia que se volverá poñer en perigo se cómpre volver obrar nas vías de servizo que discurren paralelas á circunvalación. Unha pervivencia que, no caso de construirse o polígono industrial, vai significar que eses mananciais van ser directamente arrasados.
DEFENDE O MONTE PITUCO vai presentar alegacións ao trazado proposto por Acuanorte.
…Por unha razón da que non se falou en ningures pero que foi recoñecida no ámbito do Goberno local. A canalización entra no termo municipal marinense procedente do concello veciño de Pontevedra e, dende as inmediacións do Monte Pituco, diríxese cara ás Pedreiras e cara á zona de Pardavila. Pero o proxecto contempla un pequeño ramal que sube por un trozo de monte, a carón da estrada, en fronte da área arborada que hai antes de acceder ao Monte Pituco pola pista forestal. Nese pequeño anaco de monte, entre a estrada de Figueirido e a pista, os técnicos de Acuanorte pintaron no mapa unha liña ascendente que se interrompe. Con que función? Supostamente, abastecer o hipotético polígono industrial que se proxecta no PXOM cos construcción dun depósito que ocuparía algún punto desa contorna.
…Un polígono e un PXOM que están recurridos. Un depósito que pode non ter xustificación no actual contexto de crise económica cando o conflicto polo desenvolvemento do solo industrial aínda non se dirimiu. A previsión dese ramal na rede de abastecemento é un abuso e unha ofensa ao dereito duns veciños a loitar por unha causa -a defensa dun monte comunal protexido- que cremos xusta e fundamentada.
DEFENDE O MONTE PITUCO alegará ao proxecto de Acuanorte antes do 5 de maio e volverá alegar no segundo periodo de exposición se non se suprime ese ramal e se non se desbota a posibilidade de instalar un depósito no Monte Pituco para abastecer o cuestionado polígono industrial.
Publicado en Alertas, Xeral | Etiquetas: Auga, Concello de Marín, Parroquia de San Xulián
‘PAXAREANDO’ POLO GAFOS CON VAIPOLORÍO

Chegamos á Ponte da Condesa, en Tomeza, nunha mañá luminosa e primaveral. Vaipolorío organizaba unha andaina polo Gafos para observar a avifauna deste río, para aprender a identificar o canto dos paxaros que habitan neste ecosistema privilexiado, con dous guías de excepción, Víctor Cabaleiro, biólogo e membro do Grupo de Anelamento Anduriña, autor de senllas guías de aves e de anfibios pertencentes ao Espazo Natural de Interés Local da Xunqueira de Alba, e Ramón Sineiro, do Grupo Naturalista Hábitat, que catalogou para Vaipolorío as aves que habitan no contorno do Río Gafos e que tamén colaborou no documental “Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños: encrucillada do tempo”.

Ata 26 especies de aves se puideron distinguir ao longo do paseo, que discurriu por espazos de topónimos tan suxerente como As Brañas, a Poza da Moura ou a canle do Muíño de Cabanas. Pero neste territorio fluvial hai uns 80 tipos de paxaros distintos. Entre as pólas das árbores, voando polas copas dos ameneiros ou cruzando o ceo, atopamos o xirín, o ferreiriño, o carrizo, o pimpín, o tordo, a pomba torcaz, o corvo pequeno, o paporrubio ou a papuxa das amoras emitindo ese característico tac-tac como canto de alarma.
Tamén puidemos admirar a vitalidade do río en toda a súa extensión: as augas que aínda non flúen con nitidez abondo polas enchentas dos últimos días de chuvia, a fauna de insectos e de anfibios que habitan na ribeira e nas charcas, entre os que non faltaron bolboretas, cabaliños do demo ou crías de ra patilonga. E a flora, da que son maxestuosos exemplos o loureiro, o estripeiro ou o carballo.





Unhas trinta persoas participaron nesta interesante iniciativa que cómpre repetir para seguir descubrindo o Gafos nas súas facetas diversas: a súa función ecolóxica, a súa biodiversidade, o valor etnográfico das súas pontes e muíños, a importancia do patrimonio inmaterial dos topónimos e das historias que foron xurdindo dende tempo ben antigo.
E a pesar das agresións dos que foi vítima o río -as obras do AVE, as arquetas que aínda rebordan de cando en vez, os verquidos de fecais esporádicos- e das ameazas -o parque loxístico- que preocupan a quen leva tanto tempo traballando a prol da súa recuperación, o Gafos ten a sorte de contar cun equipo de valedores que para si querería o Pituco, sobre o que tamén pesa a lousa dun aberrante proxecto de polígono industrial.
Grazas a esta visita ornitolóxica aprendemos a ollar a natureza non só coa vista, senón tamén co oído. A buscar o chío das rapaces que sobrevoan este monte, a reparar no peto que -máis que voar- deslízase polo aire. E a descubrir que as silveiras e as toxeiras non son maleza, senón “bueneza”: eses lugares case inaccesibles, cheos de pinchos, raíces e tallos que se entrelazan uns cos outros formando unha tupida rede están cheos de vida, porque é onde aniñan as aves, ou onde procuran o seu sustento… Biotopos que non deben desaparecer baixo as hélices da desbrozadora.


Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Colectivos sociais, Concello de Pontevedra, Fauna, Flora, Medio ambiente
FUTURO POLÍGONO COMERCIAL EN PONTEVEDRA
Publicado en Alertas, Hemeroteca, Xeral
























































Comentarios recentes