“Está claro que no caso de Marín non se ten producido ningunha prospección arqueolóxica exhaustiva para a elaboración do PXOM: isto non sería excesivamente grave se non fose porque nin sequera se soubo compilar con corrección a información xa coñecida. O problema é aínda maior porque no caso de Marín o patrimonio arqueolóxico é un dos mellor coñecidos de Galicia, obxecto de atención científica, mediática e turística dende hai moitos anos: non só non se soubo aproveitar a oportunidade da redacción do PXOM para planificar a posta en valor dese rico patrimonio, senón que ese patrimonio é obxecto de graves omisións e confusións, aparecendo en moitos casos mal descrito, mal ubicado e mal fotografado. En consonancia cunha mala catalogación, dá a sensación de que as teóricas medidas de protección aducidas no documento non son máis que “papel mollado” que provocará que o patrimonio arqueolóxico marinense siga a ser esquecido pola Administración municipal no tempo que dure a vixencia do PXOM”.
Así de crítico e contundente é este mínimo adianto dun completo e documentado informe ao que tivo acceso DEFENDE O MONTE PITUCO sobre a situación do patrimonio arqueolóxico no Concello de Marín e a súa plasmación do Plan Xeral de Ordenación Municipal que entrou en vigor en novembro de 2012. Un informe que cuestiona -con moita máis dureza da que se percibe neste parágrafo- os métodos e os contidos do planeamento, e que advirte moi seriamente sobre a indefensión dos xacementos catalogados e protexidos por lei, canto máis dos elementos que -malia terse probado a súa existencia- non foron documentados ante a falta dun traballo serio e rigoroso por parte do equipo que tiña a responsabilidade de elaborar as actuais normas urbanísticas. Un informe que dará moito que falar cando, no seu momento, trascendan as graves eivas que presenta o PXOM dende o punto de vista da protección e conservación da herdanza prehistórica que recibimos.
[…] artigo titulado UN INFORME QUE DARÁ MOITO QUE FALAR, de abril de […]
By: TEMAS PENDENTES CO CONCELLO | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 07/03/2014
at 00:14