Publicado por: MontePituco | 17/04/2016

AS OBRAS DO AVE DANARON POZOS DE AUGA EN BARRO

DEFENDAMOS OS NOSOS MANANCIAIS!

NON QUEREMOS PRESCINDIR DUNS ABASTECEMENTOS TRADICIONAIS DOCUMENTADOS DENDE O SÉCULO XIX, A COSTA DUN POLÍGONO INDUSTRIAL QUE AMEACE CON EXTINGUIR OS ACUÍFEROS DO MONTE PITUCO!

Diario, 15 abril 2016

Sacyr avisa a los vecinos de San Amaro de que en dos semanas les cortará el agua

La constructora del Ave secó pozos, realizó una traída deficitaria y dejará de pagar el bombeo

Antes todos tiñamos auga cun pozo artesán. Fai oito anos comezaron coas obras do Ave e todo secou. En principio, ían facer pozos novos para cada un, pero todo quedou no aire. Despois fixeron un depósito e aos máis afectados fixéronlles tamén depósitos para acumular auga preto das casas, pero o problema agora é que queren cortar e deixarnos a cero”. Así explica Sandra Sertal, una vecina de San Amaro, en A Portela, la situación a la que se enfrentan en 15 casas del lugar tras saber que se quedarán sin agua corriente en su casa dentro de dos semanas”.

“…La situación, sin embargo, es desesperada: “destrozaron uns pozos que eran nosos e nos abastecían e montaron isto. Agora déixano sen funcionar e se non temos que pagar 300 euros ao mes, máis as bombas que temos na nosa casa”, denuncian, pidiendo que la empresa rectifique, “ou faremos o que faga falla”. 

 

Publicado por: MontePituco | 16/04/2016

ALMUINHA ORGANIZA UNHA RUTA POLO ESPAZO SETE CAMIÑOS

Espazo Sete Caminhos

Publicado por: MontePituco | 15/04/2016

PLENO DE ABRIL NO CONCELLO DE MARÍN

Diario, 14 abril 2016

El PP aprueba en solitario las cuentas municipales, que ascienden a 12.673.000 

El concelleiro de Facenda, Manuel Santos Costa, defendió que las cuentas municipales reflejan “la realidad económica” del Concello

Los grupos de BNG y Marea Marín presentaron enmiendas al documento económico, que fueron rechazadas

Publicado por: MontePituco | 14/04/2016

O MONTE, FONTE DE RIQUEZA E EMPREGO

La Voz, 14 abril 2016

La protección de los espacios naturales gallegos genera riqueza

La Obra Social ‘la Caixa’ aúna desde el 2007 la conservación del medio ambiente con la inserción de personas excluidas

Al mismo tiempo que se trabaja en la preservación de los ecosistemas galaicos, el programa promueve también la integración sociolaboral de personas con dificultades en el acceso al mercado de trabajo a través del desarrollo y acciones vinculadas a la protección y gestión del medio ambiente, un sector emergente en el campo de la inserción laboral

 

Publicado por: MontePituco | 13/04/2016

‘RESTAURACIÓN’ DA PONTE DO CAMPO

Diario, 12 abril 2016

Facémonos eco dunha queixa veciñal que cuestiona o procedemento que se está a seguir nas obras de “restauración” (sic) da Ponte do Campo. Segundo a información xornalística, tanto Augas de Galicia como Patrimonio autorizaron esta actuación, que conta cun orzamento de 55.652 euros.

As fotografías tomadas ao pé da ponte evidencian que se trata dunha construcción tradicional. Os promotores desta protesta alertan que, se non se toman medidas, o asfalto e o formigón van cubrir a pedra que fai de plataforma para cruzar o río Loira. Segundo fontes da Corporación que accederon ao proxecto, non se contemplaba empregar formigón para a unión das lousas, polo que procedería unha consulta no Pleno do Concello para aclarar que tipo de “restauración” se prevé facer.

Do que se trata, en todo caso, sexa no Monte Pituco, en Seixo, no Campo ou en calquera outra parroquia, é de que se restauren as edificacións tradicionais dun xeito respectuoso, evitando as agresións con materiais nada acordes á feitura orixinal, e tendo sensibilidade co patrimonio cultural e etnográfico.

Ponte do Campo (foto, cedida).

Ponte do Campo (foto, cedida).

Ponte do Campo (foto, cedida).

Ponte do Campo (foto, cedida).

Ponte do Campo (foto, cedida).

Ponte do Campo (foto, cedida).

Ponte do Campo (foto, cedida).

Ponte do Campo (foto, cedida).

[Fotos cedidas]

 

 

Publicado por: MontePituco | 12/04/2016

AMIG@S DO ‘BALCÓN DA RÍA’ (III)

Seguimos sumando ‘amig@s do balcón da ría’. Juan J. Soto e Xosé Luís Alonso achégannos dúas series de fotografías tan distintas -literalmente- como o día e a noite: por unha parte, o miradoiro na súa privilexiada situación xeográfica cos montes de Poio como telón de fondo e un exemplar de bolboreta, como senllas metáforas visuais da grandeza e do minúsculo; por outra, a caída do sol nunha serie de instantáneas de intenso colorido, como mostra da función panorámica que desempeña este espazo natural.

Grazas aos dous! Dende a Asociación Monte Pituco seguimos animando á participación nesta iniciativa social, plural e colaborativa.

 

JUAN J. SOTO

Miradoiro do Monte Pituco, Combarro ó fondo.

Foto: Juan J. Soto

Foto feita no Monte Pituco, o martes pola tarde (5 de abril), dun exemplar de Papilio Machaon, comunmente chamado Macaón ou Cola de Andoriña.

Foto: Juan J. Soto

 


 

XOSÉ LUÍS ALONSO

Solpor dende o balcón da ría de Pontevedra. Monte Pituco (Marín) 1ª de 4.

Foto: Xosé Luís Alonso

Solpor dende o balcón da ría de Pontevedra. Monte Pituco (Marín) 2ª de 4.

Foto: Xosé Luís Alonso

Solpor dende o balcón da ría de Pontevedra. Monte Pituco (Marín) 3ª de 4.

Foto: Xosé Luís Alonso

Solpor dende o balcón da ría de Pontevedra. Monte Pituco (Marín) 4ª de 4.

Foto: Xosé Luís Alonso

 

 

Publicado por: MontePituco | 11/04/2016

CASE 80 SOCI@S NA ASOCIACIÓN DE PROPIETARIOS DE MONTE PRIVADO

Reunión da Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo.

A Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo xa suma 79 socios (principalmente de Bueu e Marín) trala xuntanza celebrada este pasado domingo na Casa de Montes de San Xulián -o segundo encontro trala reunión de presentación do 28 de febreiro-. Neste tempo, a Asociación xa acadou a súa legalización perante a Xunta, co cal a entidade está en plenas condicións de optar ás subvencións que se convoquen para “defender os dereitos dos propietarios”, explicou a directiva.

Segundo os datos expostos polos responsables da Asociación, a parroquia de San Xulián ten 2.470 hectáreas de monte das cales unhas 1.200 hectáreas son de titularidade privada, mentres que a superficie restante sería de propiedade veciñal. Outro apunte chamativo ten que ver co número de propietarios particulares de montes, uns 4.000, que posúen entre todos unhas 20.000 parcelas (tamén chamadas cachadas ou tomadas). Estas cifras dan unha idea do intenso e arduo traballo que hai por diante. 

Reunión da Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo.

Para os veciños e veciñas que acudían por primeira vez a este encontro, a Asociación lembrou os seus principais obxectivos: 

-A ordenación do monte

-Actuar con criterios de sostibilidade

-Contribuír ao desenvolvemento social e medioambiental

-Apostar pola creación de emprego de calidade no sector forestal

Tal e como explicaran o pasado mes de febreiro na súa primeira visita a San Xulián, aos problemas comúns dos propietarios de cachadas ou tomadas non se pode respostar con accións individuais; cómpre actuar de xeito colectivo e organizado: formando parte da Asociación pódense abaratar os custes dos traballos de limpeza do monte, ou mesmo mellorar os prezos da madeira ao incrementarse o volumen das posibles cortas de arborado.

Varios asistentes expuxeron as súas respectivas problemáticas ante o Catastro, tratando de obter información sobre as súas fincas. Pero, como advertiu a directiva da Asociación, no Catastro non garanten en absoluto a fiabilidade dos datos que alí se poidan recabar. Unha posible alternativa para identificar as parcelas cuxos lindes estean sen aclarar radica precisamente en fomentar a afiliación a esta entidade, de xeito que os propietarios se poidan axudar mutuamente no proceso de esclarecer as eivas ou lagoas na localización do seu patrimonio. 

Reunión da Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo.

Outro aspecto sobre o que se fixo fincapé foron as obrigas que presenta a entrada en vigor da Lei de Montes de Galicia, a través do seu artigo 44, relativo ao coidado do monte, á aplicación de tratamentos fitosanitarios, ás medidas para evitar a erosión ou a propagación de incendios forestais.

Os propietarios de tomadas sen limpar arríscanse a ter que responder ás consecuencias legais dunha hipotética reclamación en caso de ocorrer un desastre. De aí a “necesidade de asociarnos para defender os nosos intereses”, insistiron. “A nós deixáronnos un monte coidado e ordeado; temos a obriga de deixarlle o monte coidado e ordeado tamén aos nosos fillos”, reflexionaron os responsables desta organización. En todo caso, neste proceso, “o propietario/a ten a última palabra”, aclararon.

Reunión da Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo.

Á limpeza do monte, ao apoio na localización de tomadas de localización descoñecida, á posibilidade de realizar agrupación de terreos ou permuta de parcelas, e ao asesoramento dos técnicos que colaboran coa Asociación súmase outro factor: a recuperación da microtoponimia tradicional.

Antano, cada recuncho do monte tiña unha denominación concreta que servía para que os usuarios se orientaran na vasta extensión do monte. Eses nomes fóronse perdendo polo desuso, o despoboamento rural e o cambio socio-económico que se foi dando no tránsito do século XX. Hoxe, os planos que presenta a Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo están en branco: son unha sucesión de raias e números impersonais. Pero a medida que se vaian pintando as parcelas localizadas, e se vaian identificando polas súas denominacións, irase configurando un valioso mapa de palabras.

…”Cividad”, “Barroca”, “Casela”, “Means”, “Primadona”, “Parafigueira”, “Castrillón” son algúns topónimos que van saíndo á luz nos planos de Bueu, onde esta Asociación xa ten avanzado algo nas súas actuacións. Agardemos que o monte marinense vaia recuperando a memoria, a identidade e a vida grazas ao interese e ao esforzo dos propietarios que se sumen a este colectivo. 

Diario, 9 abril 2016

 

Publicado por: MontePituco | 08/04/2016

ACUAES: ABRE, PECHA, ABRE… (ACTUALIZADO)

Obras de Acuaes no Caeiro.

Algo falla na planificación e/ou na execución das obras de ACUAES en Marín. No lugar de Caeiro proxectouse pasar a tubaría por debaixo da autovía, realizando unha perforación no terreo a un nivel inferior ao do túnel. Tres meses despois da execución deses traballos e cando xa cubriran de terra os buratos abertos a un e a outro lado do túnel, volvemos atoparnos coa desagradable sorpresa de que os operarios furaron outra vez. Tal vez para resolver algún problema técnico detectado a última hora?

Obras de Acuaes no Caeiro.

Obras de Acuaes no Caeiro.

Moita precaución aos usuarios do monte. A sinalización destes buratos é moi precaria, cando non inexistente no caso do socavón situado na parte do túnel que dá ao directamente ao monte. Non hai ningún valado metálico nin cinta no interior do túnel, co cal existe risco de caída a unha profundidade considerable, tanto para as persoas como para o gando ou as mascotas que transiten pola zona.

Obras de Acuaes no Caeiro.


 

Diario, 13 abril 2016

Las obras de abastecimiento de Acuaes finalizarán en los próximos días

El Concello espera que antes del verano entre en funcionamiento la nueva canalización y el depósito de Pardavila – Los trabajos se centran en la reposición de los viales afectados

 

Reunión organizada pola Asociación de Propietarios de Monte Privado.

A Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo volve convocar a veciñanza de San Xulián a unha nova xuntanza informativa que se celebrará este domingo 10 de abril ás 11:00 horas na Casa de Montes da parroquia.

Neste encontro resolveranse as dúbidas dos asistentes á reunión do pasado mes de febreiro, que poderán inscribirse como socios/as unha vez que a entidade xa obtivo o visto e prace da Xunta aos seus estatutos. Tamén se fai un chamamento á participación doutras persoas que non acudiran á primeira convocatoria para expoñerlles os obxectivos do colectivo e as vantaxes das que se poden beneficiar unha vez que a Asociación comece a dar os seus primeiros pasos.

En febreiro de 2016, a Asociación contaba aproximadamente cuns 60 socios, e uns 300.000 metros cadrados de monte entre un total de 450 parcelas rexistradas. Revitalizar o interese polo monte como un ben a coidar e protexer, polo seu aporte económico, medioambiental e social á comunidade, son os principais obxectivos desta organización.

Asociación de Propietarios de Monte Privado.

Asociación de Propietarios de Monte Privado.

 

Publicado por: MontePituco | 06/04/2016

SINALIZACIÓN SOBRE CONDUCCIÓN DE VEHÍCULOS NO PITUCO

Cartel tirado no camiño do Alto do Pornedo

Hai varios meses desapareceu o cartel de prohibición para circular con vehículos de motor -agás os agrícolas- polo Alto do Pornedo. Este panel informativo instalárase en xuño de 2011 tras reiteradas peticións a raís da protestada presenza de pilotos de motos e quads que, de forma irregular, sen o permiso oficial da Comunidade de Montes de San Xulián, acudían a esta zona para adestrarse e rodar constantemente, causando graves problemas de erosión no terreo.

Non é a primeira vez que a sinalización instalada para advertir contra os vertidos de lixo ou a circulación motorizada sofre agresións e sabotaxes. 

Ao pouco de ser literalmente arrincado, localizámolo a poucos metros da súa ubicación, tirado entre os fentos ao pé do camiño. Coa altura da vexetación, era case imperceptible. Agora que o fento seco quedou a ras do chan e está agromando fento novo, o cartel quedou máis á vista.

A Comunidade de Montes é coñecedora deste desperfecto. Agardamos que poidan repoñelo á maior brevidade posible. Coa progresiva chegada do bo tempo, a afluencia de público ao Monte Pituco é crecente. Non está de máis que os visitantes tomen nota de ata onde poden chegar cos seus vehículos e onde teñen que estacionar para continuar a ruta ou o paseo a pé, respectando non só a actividade agrogandeira dos comuneiros, senón tamén o benestar da fauna e a protección dos xacementos arqueolóxicos catalogados na contorna do miradoiro do Pituco.

Publicado por: MontePituco | 05/04/2016

AMIG@S DO ‘BALCÓN DA RÍA’ (II)

Juan Carlos Epifanio

“Conozco el lugar desde finales de la década 1970, cuando subía siendo niño desde Marín hasta allí motivado, ya entonces, por la observación de las aves. En el entorno del Pituco había Cárabo, Mochuelo, Autillo, Azor, Gavilán, Ratonero, Alcotán, Chotacabras… (la mayoría siguen aún hoy). ¡Todo un lujo! Pero había algo más, muy especial; ni más ni menos que ese pequeño halcón que necesita de los montes y campos abiertos: el Cernícalo. Y ese era sobre todo el objeto de la caminata hasta el Pituco: ver a los cernícalos mientras volaban y cazaban en la pequeña parte llana del monte, justo detrás del alto de Pornedo (foto). Con unos prismáticos y el Cuaderno de Campo nº19 del gran Félix Rodríguez de la Fuente “Halcones y Cernícalos”, ya estaba uno más que listo para pasar una tarde inolvidable de primavera o verano, en el Pituco”.

[Texto e foto de Juan Carlos Epifanio]

 

Jose Álvarez

“…Non pode faltar o famoso solpor dende o penedo. Precioso”.

[Texto e imaxe de Jose Álvarez]

 

Dende o Monte Pituco agradecemos as valiosas achegas de Juan Carlos Epifanio e de José Álvarez á campaña de ‘Amig@s do balcón da ría’. Un por poñer en valor o Pituco como punto de observación ornitolóxica. Outro pola visión poética do crepúsculo dende esta privilexiada atalaia. 

*Anteriores entregas da serie:

Amig@s do balcón da ría (I)

Publicado por: MontePituco | 05/04/2016

MOURENTE PROHÍBE A CAZA NO SEU MONTE VECIÑAL

Diario, 4 abril 2016

Los comuneros de Mourente declaran su monte libre de armas

“O monte é un lugar cada vez máis utilizado por sendeiristas, ciclistas e incluso familias, co cal vimos a necesidade de prohibir a presenza de armas”, explicó el presidente de este colectivo, Carlos Morgade. 

Publicado por: MontePituco | 05/04/2016

PÍRRICO BALANCE DE VISITAS EN MOGOR NA SEMANA SANTA

…Para tan pírrico balance de visitas ao Centro de Interpretación dos Petroglifos de Mogor en toda a Semana Santa, máis lle valía ao Concello de Marín optar pola discreción en vez de facer un barullo mediático innecesario e mesmo contraproducente, en tanto deixa en mal lugar a xestión das Concellerías de Cultura e de Turismo.

Aparencia pura e dura. Ou no Concello pensan que a xente é parva, ou os responsables municipais son tan inxenuos e demasiado conformistas para dan por bos un resultados ben cativos.

DiarioDePontevedra 

Diario, 5 abril 2016

Los petroglifos de Mogor recibieron casi 180 visitantes en Semana Santa

 

Publicado por: MontePituco | 04/04/2016

CAMPAÑA ‘AMIG@S DO BALCÓN DA RÍA’

Amig@s do 'Balcón da ría'.

…Participa na campaña ‘Amig@s do balcón da ría’…
-Fai unha foto no miradoiro do Pornedo: a paisaxe, a flora ou a fauna da zona, os xacementos arqueolóxicos, unha autofoto, unha foto de grupo…
-Compártea en Facebook etiquetando a Monte Pituco ou Salvemos o Monte Pituco (Pornedo) e comentando o momento, recordo ou sensación asociada a esa imaxe.
-Visita o blog do Monte Pituco para ver a túa foto publicada.

Publicado por: MontePituco | 03/04/2016

ALMUINHA PIDE PROTECCIÓN PARA O MENHIR DE CURRÁS

Diario, 3 abril 2016

A asociación Almuinha reclama maior difusión e protección para o mehir de Currás

A entidade solicita que se coloquen paneis informativos nesta pedrafita singular, situada na ruta do Monte Penizas, en San Tomé de Piñeiro

Publicado por: MontePituco | 02/04/2016

MODIFICAN O DESEÑO DUNHA AUTOVÍA PARA PROTEXER UN ARBUSTO

La Voz, 2 abril 2016

Un arbusto único en Galicia obliga a hacer en la A-54 un doble viaducto para que le dé el sol

Fomento tuvo que diseñar un paso elevado para no dañar la «Santolina melidensis», especie protegida en O Careón

«¿Considera la Comisión que un proyecto de estas características puede superar positivamente el estudio de impacto ambiental según la normativa europea establecida en la Directiva 2011/92/UE?». Fue una de las preguntas que hizo la eurodiputada de AGE Lidia Senra, donde advertía del posible daño del trazado a algunas de las especies amenazadas. La Comisión Europea le respondió que la declaración de impacto ambiental cumplía las normas, incluidas las directivas europeas.

Publicado por: MontePituco | 01/04/2016

ERRE QUE ERRE CO POLÍGONO NO PITUCO

A Autoridade Portuaria de Marín paga para facerse publicidade na prensa local. E a alcaldesa de Marín, e ex-presidenta deste organismo, sae a toda plana para cantar as excelencias da rada marinense. 

-¿El puerto seco sigue siendo una demanda?

-La presión disminuyó por la crisis. Hay que hacer una reorganización de qué parques empresariales habría que potenciar. No creo en un puerto seco sino uno mojado, por así decirlo. Con nuestro planteamiento nos resulta muy difícil ofrecer terrenos para una plataforma logística como tal, pero sí alguna zona industrial en el Pituco o en Pastoriza. Pero tendría que haber una demanda real y ahora lo veo en stand by.

La Voz, 31 marzo 2016

Erre que erre María Ramallo…

…DEFENDE O MONTE PITUCO tamén, erre que erre!

Faro de Vigo, 18 de noviembre de 2009: Suárez recuerda a Marín que la propuesta de Monte Pituco fue DESECHADA en 2000.

Publicado por: MontePituco | 31/03/2016

MÁIS DENUNCIAS POR CABALOS CON PEXAS EN DOMAIO

Diario, 30 marzo 2016

Nuevas denuncias sobre caballos con ‘pexas’ en los montes de Moaña

La Asociación Animalista Libera registró otros diez casos de maltrato animal

Publicado por: MontePituco | 30/03/2016

AMIG@S DO ‘BALCÓN DA RÍA’ (I)

Asistentes á ruta polo Monte Pituco.

Constatamos que cada vez son máis as persoas que se achegan ata o miradoiro do Pornedo para gozar da paisaxe, da natureza, dos xacementos arqueolóxicos… Temos este recuncho singular e emblemático a un pasiño dos centros de Marín e de Pontevedra, polo que resulta un destino cercano e moi accesible. Invitámoste a compartir en Facebook a túa foto tomada neste BALCÓN DA RÍA, a comentar o momento, a sensación ou o recordo que che trae, e a etiquetar a @Monte Pituco ou a @Salvemos o Monte Pituco (Pornedo). Compartiremos as imaxes neste blog. 

Velaquí os primeiros froitos desta campaña. Moitas grazas por participar nesta iniciativa.


 

“Era unha solleira tarde no mes de febreiro, un grupo de buscadores de petróglifos chegou a Pornedo. As raiolas do sol de media tarde tinguían de ouro a arboreda e as pedras, coas súas milenarias inscripcións. E sucedeu que ficaron abraiados polo espectáculo que lles servía o balcón de Pornedo sobre a ría, día inesquecible para todos eles, todos nos”.

[Mensaxe e imaxes de Gloria Xoaniña]

Imaxe de Gloria Xoaniña no Pornedo

Imaxe de Gloria Xoaniña no Pornedo

Imaxe de Gloria Xoaniña no Pornedo

Imaxe de Gloria Xoaniña no Pornedo


 

“Esta fotografía es de la primera vez que visité el Monte Pituco – Pornedo. Nunca había visto la ría desde esta perspectiva, ni tampoco mis dos pueblos Mogor y Marín en una sola imagen. No hay cámara que le haga justicia a a estos lugares tan maravillosos, la naturaleza hay que verla en 360º.
Espero que triunfe el sentido común y no se les ocurra colocar aquí un polígono industrial, porque sería un error tremendo estropear este espacio natural y arqueológico”.

[Mensaxe e imaxe de María López]

Maria López desde o miradoiro do Pornedo.

 

 

Publicado por: MontePituco | 28/03/2016

CARLOS PARATCHA NO CONXUNTO RUPESTRE DO PORNEDO

Petroglifos de Pornedo, por Carlos Paratcha (anos 50).

Recibimos con sorpresa e ledicia uns arquivos con imaxes do conxunto rupestre do Pornedo, tomadas nos anos 50. As fotografías representan o momento no que probablemente estes petroglifos están saíndo á luz, porque nunha delas aprécianse ferramentas de traballo e terra amoreada pola beira da laxe descuberta. A súa autoría atribúeselle ao profesor Carlos Paratcha, quen probablemente foi tamén o descubridor deste xacemento. Os orixinais destas reproducións atopáronse na Biblioteca Pública de Marín.

Pero quen foi Carlos Paratcha Vázquez? Na súa recente estancia en Marín, escoitámoslle falar del ao crego e investigador Elixio Rivas, quen compartiu con Paratcha varias andainas na procura de información para a súa tese sobre Toponimia de Marín.

Pescudando na rede averiguamos que Carlos Paratcha tamén impartiu clases entre os anos 1930 e 1940 na escola masculina de Vilar, en Redondela. Tamén foi mestre en Laxe, Moraña. Nesta localidade descubriu, en 1958, a Lapa de Gargantáns, e en 1962, a estatua-menhir Cabeza de San Pedro, situada en Amil-Rebón.

“Con posterioridade á actividade da Sociedad Arqueológica, cómpre que salientemos o paso por Marín de Carlos Paratcha Vázquez, aquel mestre desinteresado e de labor tan fecundo, aquel home bo, que nas súas prospeccións logrou descubrir e dar a coñecer a maior parte das estacións rupestres que hoxe fan de Marín un territorio clave neste fenómeno”.

[Antonio de la Peña Santos, conservador de Fondos Arqueolóxicos do Museo de Pontevedra e Premio Cidade de Pontevedra 2005, no artigo “Marín, no epicentro da Arte Rupestre Galaica”, publicado no nº1 da Revista Labirinto do IES Chan do Monte (2004-2005)]

Efectivamente, atopamos numerosas referencias de Calos Paratcha como colaborador de Alfredo García Alén, de Blanco Freijeiro e de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza. José Carlos Pascual Vázquez tamén fala del como “descubridor das máis emblemáticas estacións rupestres de Campo Lameiro”.

En Marín está documentada a súa contribución ao descubrimento do petroglifo da Moreira, en 1964. Tamén atopou un machado pulimentado en Chan do Monte e obtivo referencias da existencia dun muíño plano. Achegou datos sobre a existencia de petroglifos na Canteira da Laxe e, en Moaña, xa en 1952 contribuída ao descubrimento da mámoa de Chan de Arquiña.

A aparición deste material gráfico dando conta da excavación do conxunto rupestre do Pornedo é un valioso material que o Concello de Marín debería custodiar nas mellores condicións, dándolle mesmo tratamento museísto para garantir a súa conservación.

Petroglifos de Pornedo, por Carlos Paratcha (anos 50).

Petroglifos de Pornedo, por Carlos Paratcha (anos 50).

Petroglifos de Pornedo, por Carlos Paratcha (anos 50).

[Agradecementos: María López, Paulo Troitiño, Antonio de la Peña Santos]

Publicado por: MontePituco | 24/03/2016

IMPROVISADA VISITA NO XOVES SANTO AO ESPAZO SETE CAMIÑOS

Gravados de Sete Camiños.

[En primeiro plano, as figuras zoomorfas do gravado rupestre de Sete Camiños]

Celebramos o Xoves Santo dun xeito alternativo ao das crenzas relixiosas predominantes: procesionamos por pistas forestais e sendeiros, os nosos pasos de Semana Santa foron os petroglifos, as mámoas e a natureza; mudamos o son dos tambores e das cornetas polo canto dos paxaros e polo aire zoando entre as pólas das árbores. Non son celebracións incompatibles; en todo caso, complementarias…

O que ía ser unha visita para dúas ou tres persoas interesadas en coñecer o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños converteuse nun agradable paseo que xuntou a unha ducia de camiñantes, entre os que había varios representantes da Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo, que máis adiante programarán unha visita para os integrantes de toda a organización.

Visita ao Espazo Sete Camiños.

No monte veciñal de Salcedo.

Tralo paso pola mámoa de Sete Camiños, a ruta intérnase -coma sempre- no monte veciñal de Salcedo. Carteles informativos, obras de canalización das augas pluviais e, sobre todo, a erradicación da práctica totalidade da acacia invasora nas cercanías do conxunto rupestre de Chan das Mouras, xunto coa nova plantación de frondosas na área que antano ocupaban as construccións da aldea afgá da Brilat, son as principais novidades coas que nos sorprende esta dinámica e activa Comunidade de Montes.

No monte veciñal de Salcedo.

No monte veciñal de Salcedo.

No monte veciñal de Salcedo.

No monte veciñal de Salcedo.

[Durante o percorrido coincidimos con varios grupos de camiñantes que tamén elixiran o Espazo dos Sete Camiños para pasar esta tarde solleira]

Petroglifos de Regato dos Buratos.

Petroglifos de Regato dos Buratos.

[Conxunto Rupestre do Regato dos Buratos/Outeiro da Mina (Outeiro das Mouras/A Chan das Mouras), Rocha nº5 ]

Petroglifos de Chan das Mouras.

Petroglifos de Chan das Mouras.

[Conxunto rupestre do Regato dos Buratos/Outeiro da Mina (Outeiro das Mouras/Chan das Mouras), Rochas nº 2]

Petroglifos de Chan das Mouras.

[Conxunto rupestre do Regato dos Buratos/Outeiro da Mina (Outeiro das Mouras/Chan das Mouras), Rochas nº 1]

Petroglifos de Chan das Mouras.

No monte veciñal de Salcedo.

[Á dereita da pista, vista da ladeira na que se efectuaron traballos de erradicación de acacia]

No monte veciñal de Salcedo.

Repoboación no monte veciñal de Salcedo.

[Onde antano había unha mesta invasión de acacias, e onde tamén se localizaban as edificacións da aldea afgá da Brilat, agora hai unha plantación de castiñeiros, freixos, acibros, loureiros e outras especies de árbores frondosas, rodeada dun valado de madeira e fío metálico para evitar o acceso do gando cabalar]

Repoboación no monte veciñal de Salcedo.

Repoboación no monte veciñal de Salcedo.

Repoboación no monte veciñal de Salcedo.

Espazo Sete Camiños

Pedra Escorregadoiro

[No petroglifo da Pedra Escorregadoiro]

Descenso ao Alto do Pornedo.

[No descenso ao Alto do Pornedo]

Descenso ao Alto do Pornedo

Descenso ao Alto do Pornedo.

Conxunto rupestre do Pornedo.

[Conxunto rupestre do Pornedo, no monte veciñal de San Xulián]

Descenso ao Alto do Pornedo

No miradoiro do Pornedo

[Solpor dende o miradoiro natural do Pornedo, o ‘balcón da ría’]

Dende a Asociación Monte Pituco animamos a toda a veciñanza a achegarse ata este recuncho do Morrazo para pasar uns momentos en contacto co medio ambiente, admirando paisaxes de gran beleza, coñecendo os recursos forestais da contorna e a fauna autóctona; para coñecer o legado -en forma de mámoas e gravados rupestres- dos primeiros poboadores deste enclave privilexiado, ou as lendas que tamén forman parte da bagaxe cultural da zona. Abondan dúas ou tres horas para percorrer os 7,5 quilómetros deste roteiro de dificultade media pola “encrucillada do tempo”.

Publicado por: MontePituco | 22/03/2016

ARRASAN XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS NAS OBRAS DA A-57

Foto de Antonio Costa.

Texto e fotos de Antonio Costa (*)

Coa construcción da A57 promovida polo PP e apoiada polo BNG estase a perpetrar o maior atentado aos nosos sinais de identidade na contorna de Pontevedra: un atentado paisaxístico, ao patrimonio etnográfico, cultural e arqueolóxico, de dimensións só comparables á desfeita que está provocando nos nosos montes a permanencia de ENCE. Os bosques de ribeira dos nosos ríos -coa súa fauna e flora- están sendo arrasados diante da deixadez dos veciños, se exceptuamos un feixe de loitadores que non se dan por vencidos. O alcalde -se fose consecuento co que predica (dise de esquerdas e nacionalista)- non debería permitir que no seu concello se levase a cabo unha obra tipicamente de dereitas que ten, como único obxectivo, non mermar os beneficios da AP-9. E se se di nacionalista, como pode consentir, sen inmutarse, que se desfagan algunhas das señas de identidade que temos como galegos?

Foto de Antón Costa.

Foto de Antonio Costa.

…Un pequeno exemplo son estes anacos de cerámica da Idade do Bronce recollidos este pasado fin de semana nas obras que se están a levar a cabo para a construcción da A-57 a costa da destrucción da nosa historia. É preceptivo que a empresa que fai as obras teña un grupo de arqueólogos traballando por diante das pas; neste caso parece que “esqueceu” contratalos. O Concello, en mans dun partido (BNG) que se di nacionalista, permite impunemente que esta desfeita se leve a cabo. Deberían estar diante do SEPRONA, denunciando os feitos e instando á paralización das obras, agora que a desfeita aínda non está consumada, pero parece que non vai ser así. Estes que se din detentadores en exclusiva do nacionalismo galego están colaborando cos nosos inimigos, como o goberno de Petain en Francia colaboraba cos nazis… Vergoña lles debería dar.

Foto de Antonio Costa.

Foto de Antonio Costa.

Foto de Antonio Costa.

Mentres, a gran navallada ás parroquias de Marcón, Mourente, Tomeza, Bértola e Figueirido segue cada día imparable. A empresa San José, que está realizando as obras, traballa impunemente na destrucción do noso Patrimonio. Ducias de mananciais, regos, pozos de regar, camiños e espazos de grandísimo interese paisaxístico son arrasados. Se o pobo de Pontevedra fose consciente do que supón esta desfeita, non dubidaría en declarar persoa non grata a ministra Ana Pastor, pontevedresa -disque- que vai deixarnos unha herdanza peor que ENCE. Porque ENCE poderá ser trasladada o día de mañá, pero a destrucción que conleva a A-57 perdurará eternamente.

(*) Antonio Costa é coautor de “Novos gravados rupestres na península do Morrazo” e “Prospeccións arqueolóxicas na Torre de Meira”, antigo membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e colaborador do Museo de Pontevedra.

Foto de Antonio Costa.

Foto de Antonio Costa.

Diario, 18 marzo 2016

Solicitan la paralización cautelar de la A-57 tras hallar restos arqueológicos

Anova Terra afirma que ha encontrado verigios en Pintos, donde están trabajando las máquinas

 

La Voz, 18 marzo 2016

Denuncian que varios enclaves arqueológicos de Marcón están siendo pasto de la cirvalación

Anuncian la interposición de denuncias e instan la paralización

Publicado por: MontePituco | 21/03/2016

NO DÍA FORESTAL MUNDIAL

"Pontevedra: as árbores da cidade"

En 2010 o Concello de Pontevedra publicou o libro “Pontevedra: as árbores da cidade“, elaborado por Amancio Castro e Jaime Blanco. Do primeiro destaca o seu papel en colectivos como Vaipolorío e Andaríns do Val do Lérez; do segundo, presidente da asociación micolóxica Brincabois, a súa contribución ao descubrimento de cogomelos.

“Pontevedra: as árbores da cidade” é un amplo inventario da flora arborescente e ornamental do municipio veciños, con fotografías das plantas máis representativas de cada especie, descricións e curiosidades sobre a súa procedencia, a localización nas rúas, prazas e xardíns, ademais dun plano para situalas. Seis anos despois, certamente, algunhas árbores ou arbustos referidos neste libro desapareceron a causa de enfermidades ou pola incidencia dos temporais. En todo caso, trátase dunha obra moi interesante para coñecer esoutros ‘habitantes’ urbanos, que osixenan o aire que respiramos, que compensan con colorido, sombra e frescura o efecto do asfalto e do formigón.

Nunha época na que moitos mozos e mozas, nenos e nenas, non saben citar polo seu nome a araucaria, o fresno ou o xingko, por poñer algúns exemplos exóticos, mais tampouco outros máis comúns como o bidueiro, a cerdeira ou o o carballo, cómpre achegar materiais informativos que estean ao seu alcance nas escolas, nas bibliotecas, nos centros culturais.

Neste Día Forestal Mundial, estreando a primavera, paseamos as páxinas deste exhaustivo catálogo polo Monte Pituco: subímolo ás pólas do abeto de Douglas, do castiñeiro, do piñeiro… e desexamos que ogallá algún día no Concello de Marín poidamos presumir dunha publicación semellante, útil e interesante para a veciñanza.

"Pontevedra: as árbores da cidade"

"Pontevedra: as árbores da cidade"

"Pontevedra: as árbores da cidade"

Publicado por: MontePituco | 19/03/2016

A ESCOLA DE FORESTAIS SAE Á RÚA

Diario, 18 marzo 2016

Forestais toma la calle

Los principales expertos en el sector de la madera se reúnen por primera vez en un histórico coloquio sobre la importancia del mismo para la provincia y organizado por la EE Forestal

“El sector forestal contribuye a la renta agraria de un modo relevante ya que muchas familias invierten en repoblación, en tener una explotación forestal, y eso genera recursos materiales y monetarios. La industria maderera es rentable y útil medioambiental y económicamente”, asegura Antonio de Ron, responsable de la Misión Biolóxica”.

“Permiten que tengamos agua de calidad y que no se produzca erosión, pero además de todo eso una serie de bienes y servicios de los que la gente disfruta”, señala Enrique Vlero, docente en la Facultade de Forestais”.

“El sector forestal es muy importante para la provincia, tiene una repercusión económica en el agro, como podermos ver en el caso de los viñedos, que es además un ámbito en el que nosotros trabajamos muchísimo. Pero también la industria maderera tiene un gran peso, en el que destaca principalmente el eucalipto”. Pedro Mansilla, director da Estación Fitopatolóxica de Areeiro.

 

…Velaí o problema: o gran peso (tal vez excesivo) do eucalipto…

Diario, 18 marzo 2016

Vecinos de Montecelo avalan en el juzgado que la parcela del hospital es monte comunal

Los comuneros de Mourente reclamaron ayer, en una vista oral, la propiedad de cuatro hectáreas que el Concello cedió al Estado en 1971

“…El proceso judicial es muy semejante al que en su día siguieron los vecinos de Salcedo para reclamar la titularidad de los terrenos en los que está situado el cuartel de la Brilat. El asesor legal de los vecinos de Mourente, Calixto Escariz (el mismo que defendió a los comuneros de Salcedo), señala que si la sentencia resulta favorable a Mourente, “el Sergas o la Tesorería de la Seguridad Social tendrán que llegar a un entendimiento con los comuneros para consolidar su dominio”. En el caso de Salcedo, ese acuerdo tiene carácter económico, con el establecimiento de un canon anual que el Ejército ingresa en la cuenta bancaria del colectivo parroquial…”

Publicado por: MontePituco | 18/03/2016

RUTA POLA PROTECCIÓN DAS CARBALLEIRAS DE ERMELO

roteiro ermelo (2)

A Casa da Aldea de Meiro será o punto de partida, ás 10:00 horas, do roteiro que organiza a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, este domingo 20 de marzo. O percorrido abrangue o rego do Frade, Ermelo, Alto da Esculca, Esperón, Fonte das Augas, Alto do Xestoso, Chans de Ermelo, rego do Frade e Meiro. As carballeiras de Ermelo forman parte desde o ano 1989 do Espazo Natural do Carballal de Coiro, catalogado como solo rústico de especial protección de espazos naturais segundo as Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra.

 

 

Publicado por: MontePituco | 13/03/2016

RUTA DAS MÁMOAS NA CONTORNA DE CASTIÑEIRAS

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

100_4435Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Mámoas de Chan de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Cista de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Mámoa do Rei

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Mámoa de Pedralonga

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Mámoas de Outeiro de Onda

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Restos dunha pexa

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Mámoa de Chan da Armada

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Casa Lagocheiros (Comunidade de Montes de San Tomé)

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Escarabello tigre

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Rego dos Ladróns

Ruta das mámoas na contorna de Castiñeiras

Mámoa de Chan de Arquiña

Charla sobre Castiñeiras organizada por Almuinha.

Esta é unha crónica ‘de urxencia’ sobre a charla organizada no Museo Torres pola Asociación Cultural Almuinha sobre a situación do Lago de Castiñeiras, coas intervencións do presidente da Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo e dirixente dos comuneiros de San Tomé, Daniel Rosales, e do arqueólogo Juan Carlos Castro, aos que se sumou o autor do proxecto do parque forestal e do xardín botánico, Gaspar Bernárdez.

En primeiro lugar, chamaron a atención os ataques lanzadas polos promotores da Fundación contra certos responsables políticos do PP, do Psoe e do Bng por non apoiar en serio a iniciativa; máxime estando presentes na sala a voceira municipal nacionalista Pilar Blanco e os ex-concelleiros Xosé María Vilaboa e Esther Crespo, que non abriron a boca máis que para comentar brevísimamente dous aspectos puntuais e sen importancia, sen entrar a valorar as críticas dirixidas ao seu partido. Canda eles, o edil socialista Iván Pastoriza, que tampouco se fixo notar.

Explicou Daniel Rosales que as Corporacións municipais de Marín e de Vilaboa aprobaron por unanimidade o seu respaldo á Fundación; tamén a Corporación provincial da Deputación de Pontevedra. Que é na Xunta -malia estar implicadas as consellerías de Medio Ambiente, Medio Rural e Cultura- onde non se acada a axuda económica -1,3 millóns de euros é o coste inicial do proxecto- e institucional necesaria.

“Quen son, con nomes e apelidos, os que taponan que isto prospere?”, preguntaba un veciño entre o público. Contestaba o presidente da Fundación que esas persoas están na Administración autonómica, en alusión á directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz, cando hai escasos días contestou -a unha pregunta parlamentaria formulada polo Psoe- que a Xunta non só non ía participar no padroado da Fundación, senón que ademais confirmaba o traslado a Cotobade do Centro de Fauna Silvestre que levaba anos asentado en Castiñeiras, en terreos da Comunidade de Montes de San Xulián.

Máis nomes: na Deputación de Pontevedra, entre os responsables do Psoe e do Bng que, estando na oposición recibiron positivamente a proposta e, unha vez que chegaron ao goberno no Pazo Provincial, comezaron a desmarcarse.

Foi moi gráfica a anécdota narrada por Gaspar Bernárdez: despois de presentar varias veces o mesmo escrito solicitando unha entrevista na Deputación pola que levaban tempo agardando, por fin foron convocados á reunión cando -na mesma instancia que viña reiterando- se engadiu que as comunidades de montes implicadas na Fundación representaban a 1.500 familias. “O que ten cu, ten medo”, queixouse Bernárdez, tildando os políticos de “covardes”.

En segundo lugar, tanto Juan Carlos Castro como Daniel Rosales coincidiron en destacar que o patrimonio cultural e arqueolóxico existente en Castiñeiras, con ata 8 mámoas, enlaza perfectamente con outros xacementos próximos, entre os que citaron os do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Pero non só iso: o valor medioambiental e cultural do Morrazo abrangue dende o Parque Nacional das Illas Atlánticas ata as Salinas de Ulló, pasando pola Costa da Vela “e as praias, a 2 quilómetros do lago”, engadía Rosales, protestando pola “bisoñez” dos políticos, que “non saben aproveitar a riqueza que hai aí”.

…Pero que se pode agardar duns políticos, expuxemos publicamente dende a Asociación Monte Pituco, que foron quen de afirmar -e así tivo que quedar recollido nunha acta plenaria- que cabía a posibilidade de promover a desafectación do Monte Pituco do Espazo Natural dos Montes do Morrazo aos que pertencen en virtude das Normas Subsidiarias e Complementarias de Planeamento da provincia de Pontevedra, para intentar obviar as trabas medioambientais que puidera supoñer a instalación en pleno ‘balcón da ría’ dun polígono industrial. O comentario ía lanzado de cheo contra quen pronunciou esa desafortunada declaración, Xosé María Vilaboa, secundada polos que foron concelleiros do Bng no anterior bipartito. Mágoa que o aludido xa marchara da sala…

E por último, destacar as propostas lanzadas polo público para que se cree un comité cidadá que sirva para presionar as autoridades políticas e lograr que acaben apostando por contribuír á recuperación e revitalización do Lago, para que se organice un macro-encontro de familias e veciñanza de toda a vila reivindicando o uso social do monte, para que os usuarios das redes sociais se mobilicen e visibilicen o seu apego sentimental a Castiñeiras como lugar de encontro e de lecer. 

A charla convocada por Almuinha parece ter sido a semente dun movemento maior a prol de impulsar o Lago. Este domingo ás 10:30 horas hai programada unha ruta para coñecer as mámoas catalogadas nesa área, con especial atención á Mámoa do Rei (Vilaboa), á Mámoa de Chan da Armada (Marín) e á Mámoa de Chan de Arquiña (Moaña). 

Mámoa do Rei, en Vilaboa, de camiño a Cotorredondo.

Mámoa do Rei: ver artigo “Andaina por Castiñeiras“.

Mámoa de Chan de Armada

Mámoa de Chan de Armada: ver artigo “A mámoa de Chan de Armada, rodeada de silvas“.

Mámoa de Chan de Arquiña.

Mámoa de Chan de Arquiña: ver artigo “Roteiro polo Monte Gagán coa Plataforma dos Montes do Morrazo“.

Publicado por: MontePituco | 09/03/2016

ACTIVIDADES DE ALMUINHA SOBRE O LAGO DE CASTIÑEIRAS

Actividades sobre o Lago de Castiñeiras

Nesta semana sucédense as actividades encol da situación actual do Lago de Castiñeiras e do seu futuro, cando se consume o anunciado traslado do Centro de Fauna Silvestre.

O Bng de Marín vén de organizar unha xuntanza na Casa de Montes de San Xulián motivada pola súa oposición á marcha do Centro de Fauna, por máis que na última asemblea da Comunidade de Montes de San Xulián a directiva xa informou que esa decisión non ten volta atrás. Segundo o acordado polos comuneiros e comuneiras nesa asemblea, a xunta rectora da Comunidade de Montes vai ampliar a cesión das instalacións á Xunta durante un periodo transitorio a cambio de que a Administración autonómica asuma os custes de construir un peche perimetral do futuro parque forestal e xardín botánico proxectado pola Fundación do Lago de Castiñeiras.

Lonxe das lerias políticas promovidas polo Bloque de Marín e das que tampouco o Psoe -tarde, mal e a rastro- se abstrae, porque neste ‘río revolto’ todos os ‘pescadores’ queren pescar, hai outras formas de abordar a problemática, informar a cidadanía e sensibilizar sobre a importancia de mellorar, conservar e impulsar este espazo natural.

Como xa ten anunciado a Comunidade de Montes de San Xulián, entre os proxectos contemplados nun futuro próximo estarían a conexión do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños que parte do Monte Pituco (Pornedo), co Lago de Castiñeiras a través da posta en valor dos conxuntos rupestres da Carrasca e Champás.

Precisamente, sobre o patrimonio histórico e cultural existente en Castiñeiras, a Asociación Cultural Almuinha quere achegar o seu “gran de area”, en palabras da propia entidade, para que “o Parque da Natureza de Cotorredondo sexa tomado en serio por parte das distintas Administracións e se inicie o proceso de recuperación deste privilexiado lugar”.

A primeira acción será unha charla-coloquio que se celebrará mañá xoves, 10 de marzo, ás 20:30h no Museo Manuel Torres de Marín, coa participación do presidente da Comunidade de Montes de San Tomé, Daniel Rosales, e do arqueólogo Juan Carlos Castro, que dirixiu as excavacións das mámoas situadas na contorna do lago.

No marco do seu programa “Coñecendo o noso entorno”, Almuinha tamén celebrará este domingo o Roteiro das mámoas, que partirá ás 10:30 horas dende o Lago de Castiñeiras e contará cos ponentes na sesión do xoves. A ruta, cunha doración estimada de 3 horas, percorrerá a Mámoa do Rei (Vilaboa), a Mámoa de Chan de Armada (Marín) e a Mámoa de Chan de Arquiña (Domaio, Moaña). Esta andaina non é circular, polo que aconséllase deixar un vehículo en Chan de Arquiña para facilitar o retorno ao punto inicial.

Almuinha critica que, malia tratarse dun espazo “cun atractivo turístico de primeiro nivel” e cunha “potencialidade inmensa”, ese interese vese “reducido de xeito notable” como consecuencia do “importante deterioro” e do estado de “abandono” que presenta.

Diario, 8 marzo 2016

El director del Jardín Botánico de Gijón elogia la riqueza de Castiñeiras

Álvaro Bueno visitó el espacio natural junto a responsables y técnicos de la Fundación que promueve una instalación similar en la comarca, que sería la primera de Galicia

“Despois de coñecer todas as marabillas do Lago de Castiñeiras-Cotorredondo que é posible amosar nun día, animounos a seguir traballando neste fermoso proxecto e a formar parte da Asociación Ibero-Macaronésica de Jardines Botánicos porque, segundo as súas palabras, non pode ser que Galicia non teña un xardín botánico”.

Daniel Rosales, presidente da Comunidade de Montes de San Tomé e da Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo.

Diario, 8 marzo 2016

Poceiro, en defensa de Cotorredondo: “Non pode perder o centro de fauna silvestre”

El alcalde de Vilaboa pide a la Xunta que rectifique y no derive el ‘hospital’ de animales a Cotobade

 

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías