Publicado por: MontePituco | 09/03/2016

ACTIVIDADES DE ALMUINHA SOBRE O LAGO DE CASTIÑEIRAS

Actividades sobre o Lago de Castiñeiras

Nesta semana sucédense as actividades encol da situación actual do Lago de Castiñeiras e do seu futuro, cando se consume o anunciado traslado do Centro de Fauna Silvestre.

O Bng de Marín vén de organizar unha xuntanza na Casa de Montes de San Xulián motivada pola súa oposición á marcha do Centro de Fauna, por máis que na última asemblea da Comunidade de Montes de San Xulián a directiva xa informou que esa decisión non ten volta atrás. Segundo o acordado polos comuneiros e comuneiras nesa asemblea, a xunta rectora da Comunidade de Montes vai ampliar a cesión das instalacións á Xunta durante un periodo transitorio a cambio de que a Administración autonómica asuma os custes de construir un peche perimetral do futuro parque forestal e xardín botánico proxectado pola Fundación do Lago de Castiñeiras.

Lonxe das lerias políticas promovidas polo Bloque de Marín e das que tampouco o Psoe -tarde, mal e a rastro- se abstrae, porque neste ‘río revolto’ todos os ‘pescadores’ queren pescar, hai outras formas de abordar a problemática, informar a cidadanía e sensibilizar sobre a importancia de mellorar, conservar e impulsar este espazo natural.

Como xa ten anunciado a Comunidade de Montes de San Xulián, entre os proxectos contemplados nun futuro próximo estarían a conexión do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños que parte do Monte Pituco (Pornedo), co Lago de Castiñeiras a través da posta en valor dos conxuntos rupestres da Carrasca e Champás.

Precisamente, sobre o patrimonio histórico e cultural existente en Castiñeiras, a Asociación Cultural Almuinha quere achegar o seu “gran de area”, en palabras da propia entidade, para que “o Parque da Natureza de Cotorredondo sexa tomado en serio por parte das distintas Administracións e se inicie o proceso de recuperación deste privilexiado lugar”.

A primeira acción será unha charla-coloquio que se celebrará mañá xoves, 10 de marzo, ás 20:30h no Museo Manuel Torres de Marín, coa participación do presidente da Comunidade de Montes de San Tomé, Daniel Rosales, e do arqueólogo Juan Carlos Castro, que dirixiu as excavacións das mámoas situadas na contorna do lago.

No marco do seu programa “Coñecendo o noso entorno”, Almuinha tamén celebrará este domingo o Roteiro das mámoas, que partirá ás 10:30 horas dende o Lago de Castiñeiras e contará cos ponentes na sesión do xoves. A ruta, cunha doración estimada de 3 horas, percorrerá a Mámoa do Rei (Vilaboa), a Mámoa de Chan de Armada (Marín) e a Mámoa de Chan de Arquiña (Domaio, Moaña). Esta andaina non é circular, polo que aconséllase deixar un vehículo en Chan de Arquiña para facilitar o retorno ao punto inicial.

Almuinha critica que, malia tratarse dun espazo “cun atractivo turístico de primeiro nivel” e cunha “potencialidade inmensa”, ese interese vese “reducido de xeito notable” como consecuencia do “importante deterioro” e do estado de “abandono” que presenta.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: