Texto e fotos de Antonio Costa (*)
Coa construcción da A57 promovida polo PP e apoiada polo BNG estase a perpetrar o maior atentado aos nosos sinais de identidade na contorna de Pontevedra: un atentado paisaxístico, ao patrimonio etnográfico, cultural e arqueolóxico, de dimensións só comparables á desfeita que está provocando nos nosos montes a permanencia de ENCE. Os bosques de ribeira dos nosos ríos -coa súa fauna e flora- están sendo arrasados diante da deixadez dos veciños, se exceptuamos un feixe de loitadores que non se dan por vencidos. O alcalde -se fose consecuento co que predica (dise de esquerdas e nacionalista)- non debería permitir que no seu concello se levase a cabo unha obra tipicamente de dereitas que ten, como único obxectivo, non mermar os beneficios da AP-9. E se se di nacionalista, como pode consentir, sen inmutarse, que se desfagan algunhas das señas de identidade que temos como galegos?
…Un pequeno exemplo son estes anacos de cerámica da Idade do Bronce recollidos este pasado fin de semana nas obras que se están a levar a cabo para a construcción da A-57 a costa da destrucción da nosa historia. É preceptivo que a empresa que fai as obras teña un grupo de arqueólogos traballando por diante das pas; neste caso parece que “esqueceu” contratalos. O Concello, en mans dun partido (BNG) que se di nacionalista, permite impunemente que esta desfeita se leve a cabo. Deberían estar diante do SEPRONA, denunciando os feitos e instando á paralización das obras, agora que a desfeita aínda non está consumada, pero parece que non vai ser así. Estes que se din detentadores en exclusiva do nacionalismo galego están colaborando cos nosos inimigos, como o goberno de Petain en Francia colaboraba cos nazis… Vergoña lles debería dar.
Mentres, a gran navallada ás parroquias de Marcón, Mourente, Tomeza, Bértola e Figueirido segue cada día imparable. A empresa San José, que está realizando as obras, traballa impunemente na destrucción do noso Patrimonio. Ducias de mananciais, regos, pozos de regar, camiños e espazos de grandísimo interese paisaxístico son arrasados. Se o pobo de Pontevedra fose consciente do que supón esta desfeita, non dubidaría en declarar persoa non grata a ministra Ana Pastor, pontevedresa -disque- que vai deixarnos unha herdanza peor que ENCE. Porque ENCE poderá ser trasladada o día de mañá, pero a destrucción que conleva a A-57 perdurará eternamente.
(*) Antonio Costa é coautor de “Novos gravados rupestres na península do Morrazo” e “Prospeccións arqueolóxicas na Torre de Meira”, antigo membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e colaborador do Museo de Pontevedra.
Solicitan la paralización cautelar de la A-57 tras hallar restos arqueológicos
Anova Terra afirma que ha encontrado verigios en Pintos, donde están trabajando las máquinas
Denuncian que varios enclaves arqueológicos de Marcón están siendo pasto de la cirvalación
Anuncian la interposición de denuncias e instan la paralización
Deixar unha resposta