En 2010 o Concello de Pontevedra publicou o libro “Pontevedra: as árbores da cidade“, elaborado por Amancio Castro e Jaime Blanco. Do primeiro destaca o seu papel en colectivos como Vaipolorío e Andaríns do Val do Lérez; do segundo, presidente da asociación micolóxica Brincabois, a súa contribución ao descubrimento de cogomelos.
“Pontevedra: as árbores da cidade” é un amplo inventario da flora arborescente e ornamental do municipio veciños, con fotografías das plantas máis representativas de cada especie, descricións e curiosidades sobre a súa procedencia, a localización nas rúas, prazas e xardíns, ademais dun plano para situalas. Seis anos despois, certamente, algunhas árbores ou arbustos referidos neste libro desapareceron a causa de enfermidades ou pola incidencia dos temporais. En todo caso, trátase dunha obra moi interesante para coñecer esoutros ‘habitantes’ urbanos, que osixenan o aire que respiramos, que compensan con colorido, sombra e frescura o efecto do asfalto e do formigón.
Nunha época na que moitos mozos e mozas, nenos e nenas, non saben citar polo seu nome a araucaria, o fresno ou o xingko, por poñer algúns exemplos exóticos, mais tampouco outros máis comúns como o bidueiro, a cerdeira ou o o carballo, cómpre achegar materiais informativos que estean ao seu alcance nas escolas, nas bibliotecas, nos centros culturais.
Neste Día Forestal Mundial, estreando a primavera, paseamos as páxinas deste exhaustivo catálogo polo Monte Pituco: subímolo ás pólas do abeto de Douglas, do castiñeiro, do piñeiro… e desexamos que ogallá algún día no Concello de Marín poidamos presumir dunha publicación semellante, útil e interesante para a veciñanza.
[…] semellan lonxanos, e queremos aportar tamén algo máis próximo, sumándonos á proposta do blog ‘Defende o Monte Pituco (Pornedo)’, difundindo a publicación “Pontevedra: as árbores da cidade“, elaborado por Amancio Castro […]
By: Día Internacional dos Bosques | ANPA Mariñán on 22/03/2016
at 10:18