A Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo volve convocar a veciñanza de San Xulián a unha nova xuntanza informativa que se celebrará este domingo 10 de abril ás 11:00 horas na Casa de Montes da parroquia.
Neste encontro resolveranse as dúbidas dos asistentes á reunión do pasado mes de febreiro, que poderán inscribirse como socios/as unha vez que a entidade xa obtivo o visto e prace da Xunta aos seus estatutos. Tamén se fai un chamamento á participación doutras persoas que non acudiran á primeira convocatoria para expoñerlles os obxectivos do colectivo e as vantaxes das que se poden beneficiar unha vez que a Asociación comece a dar os seus primeiros pasos.
En febreiro de 2016, a Asociación contaba aproximadamente cuns 60 socios, e uns 300.000 metros cadrados de monte entre un total de 450 parcelas rexistradas. Revitalizar o interese polo monte como un ben a coidar e protexer, polo seu aporte económico, medioambiental e social á comunidade, son os principais obxectivos desta organización.
Deixar unha resposta