Publicado por: MontePituco | 07/03/2016

NOVAS PLANTACIÓNS DE OLIVEIRA EN MONTES DE PONTEVEDRA

La Voz, 7 marzo 2016

Pontevedra quiere producir aceite gallego

Nuevas plantaciones extienden por la provincia la recuperación del olivo como recurso

“…Con estas cuatro hectáreas, Pontevedra se sumará a una tendencia que está llevando a que el olivo se extienda por toda la provincia. Comunidades de montes y propietarios particulares ya han conseguido que esté presente en áreas de Tomiño, Covelo, Salceda, O Rosal, la península de O Morrazo u O Porriño, entre otros. Y así, Galicia se ha ido poblando de olivos más allá de su función ornamental en parques y jardines. Para el proyecto de Cerponzóns se ha hecho una apuesta por una de las tres variedades autóctonas gallegas…”

Publicado por: MontePituco | 07/03/2016

COMUNEIROS DE SAN PEDRO DE CEA, VILAGARCÍA

La Voz, 29 febreiro 2016

Estos son los verdaderos señores del bosque

Los comuneros sudan tinta china sin retribuciones económicas para explotar y cuidar los montes

 

Publicado por: MontePituco | 06/03/2016

LIBERA SEGUE LOITANDO CONTRA AS PEXAS

Diario, 6 marzo 2016

Libera advierte del alto número de quejas por maltrato animal

La asociación destaca que Pontevedra es la provincia con más casos y que O Morrazo está entre las zonas con una mayor incidencia

“…Los animalistas recuerdan que tienen en marcha dos campañas para detectar situaciones de malos tratos hacia animales. Una de ellas se refiere a los caballos con ‘pexas’ o cadenas, a través de la línea de denuncia www.senpexas.info, puesta en marcha a finales de 2011 y que ya ha registrado 149 sucesos, de los que más de la mitad corresponden a zonas situadas en la provincia pontevedresa, y en especial a la zona comprendida entre la ciudad del Lérez y Moaña, donde existe la mayor concentración de estos casos…”

 

Publicado por: MontePituco | 05/03/2016

STOP EUCALIPTO NITENS

La Voz, 1 marzo 2016

La Audiencia Nacional pone freno a la especie de eucalipto resistente al frío

“…En la sentencia de la Audiencia Nacional se avala la decisión del Ministerio de Medio Ambiente de prohibir la plantación de un vivero de nitens -cuatro millones de plantones- en una parcela concesionada situada en dominio público marítimo-terrestre en Navia, promovido por la papelera de Ence en Asturias. Y se hace en base a dos informes técnicos, uno del Principado de Asturias y otro del Comité Científico del ministerio, que elaboró un dictamen demoledor sobre esta especie, destinada a conquistar zonas hasta ahora relativamente libres de plantaciones de eucalipto como Terra Chá, en Lugo. Allí a menudo sustituye -ilegalmente, según colectivos ecologistas- a especies autóctonas caducifolias. La propia Xunta está elaborando una normativa para regular este tipo de repoblaciones y limitar geográficamente el uso del nitens”.

 

Publicado por: MontePituco | 04/03/2016

MANS CATIVAS PLANTAN CASTIÑEIROS EN CAMPAÑÓ

Diario, 1 marzo 2016.

Una plantación de castaños para Campañó

La Voz, 1 marzo 2016

Castaños para repoblar el monte en Campañó

 

Publicado por: MontePituco | 03/03/2016

3 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA VIDA SILVESTRE

Abellón nun cardo, no Alto do Pornedo.

Cabalos ceibes no Monte Pituco.

Barbantesa no Alto do Pornedo.

«Os esforzos mundiais por protexer a vida silvestre están cobrando forza. O ano pasado, os Estados Membros das Nacións Unidas aprobaron os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que inclúen metas específicas para pórlle fin á caza furtiva. A Asemblea Xeral tamén acordou por unanimidade unha resolución para limitar o tráfico ilícito de fauna e de flora silvestres. Estas elocuentes expresións da vontade política de poñer fin a eses crimes sumamente destrutivos comezan a traducirse en medidas sobre o terreo que se poñen en práctica mediante esforzos colectivos de países de todo o mundo.

Sen embargo, para protexer ese patrimonio natural esencial para esta xeración e as xeracións futuras, os principais axentes deben facer moito máis, en todos os continentes e en todos os sectores. En particular, é preciso incorporar nos esfuerzos de conservación as comunidades que viven en estreita proximidade coa vida silvestre.

Estase acabando o tempo de poñerlle fin á crise da caza e da pesca furtivas que ameaza a algunhas das especies máis emblemáticas do mundo. Para combatir a caza e maila pesca furtivas e o tráfico de especies protexidas é fundamental encarar tanto a oferta como a demanda de produtos ilícitos da fauna e da flora silvestres mediante os obxectivos, as metas e os instrumentos internacionais convidos, como a Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES).

Durante demasiado tempo, o mundo viu imaxes desgazadoras da matanza masiva de elefantes para obter os seus cabeiros. Segundo a CITES, a matanza de elefantes africanos e a trata do seu marfil seguen sendo alarmantemente frecuentes. Os elefantes asiáticos tamén son obxecto dunha caza furtiva cada vez maior.

Moitas outras especies, como chitas, pangolíns, rinocerontes, tartarugas de mar, quenllas, tigres, baleas e madeiras nobres, vense expostas a unha variedade de problemas diferentes, derivados de, entre outros factores, o cambio climático, a sobreexplotación ou o tráfico ilícito.

Neste Día Mundial da Vida Silvestre, emprazo a todos os cidadáns, empresas e gobernos a desempeñar o papel que lles corresponde na protección dos animais e das plantas silvestres. As medidas que adoptemos cada un de nós determinarán o destino da fauna e da flora silvestres do mundo. O futuro da vida silvestre está nas nosas mans!»

Mensaxe de Ban Ki-moon, Secretario Xeral das Nacións Unidas, co gallo do Día Mundial da Vida Silvestre, neste 3 de marzo de 2016.

Publicado por: MontePituco | 02/03/2016

ATA SEMPRE, XESTIÑA LINDA

Xesta-RIP5feb16

[Xesta, foto de M. Franco]

O que a extraño! Fáltanme os seus pasiños pola casa, tela na camiña no salón pendiente de min… Era unha cadeliña moi boa e moi agradecida. En fin, foise como merecía, tranquiliña, sen agonía e coa salchicha de cando chego de traballar na barriguiña…

O pasado 5 de febreiro, Manu Franco dábanos unha triste noticia. A súa “velliña preciosa” cruzara o “arco da vella dos peludos”. Moito sentimos a perda desta cadeliña! Moito botamos en falta ver fotos súas, das longas sonecas que botaba na súa cesta, das cariñas pachorrentas que poñía diante da cámara, das boas migas que facía cos outros cans cos que convivía…

Manu Franco foi a xenerosa artífice dos dous anos de vida extra que tivo Xesta, no seu fogar de Poio. Na Asociación Monte Pituco nunca xuntaremos palabras abondo para agradecerlle ese regalo, esa nova oportunidade para unha cadeliña que tiña os días contados se seguira tirada unhas poucas horas máis nunha cuneta da Variante de Marín, onde a atopamos un 28 de abril de 2014.

A súa ollada cansa, o seu precario aspecto provocado polos parásitos e as enfermidades, o seu xesto de derrota vital e decepción polo maltrato humano, non botaron para atrás a Manu Franco no seu firme propósito de atopar a Xesta entre as numerosas mascotas que chegaban ao Centro de Acollida de Animais da Deputación, onde a identificaron como Olgama.

Moi ao contrario, o temor a que o seu caso tivera un drástico e precipitado final, foron o acicate para que se interesara tanto na súa adopción, para que agardara con ansia o cumprimento dos prazos estipulados na canceira para por fin sacala de aquel terrible destino de olvido e decadencia que lle agardaba entre os muros desa instalación.

…E funcionou! Xesta encaixou perfectamente na vida -e nas circunstancias- de Manu. Porque Xesta daba moito máis do que precisaba. E iso sábeno a inmensa maioría das xentes de ben que pasaron pola experiencia da adopción ou do acollemento: a ledicia contaxiosa que transmite un animal que cambia o abandono e a fame por un teito e un prato de comida; o agarimo co que premian que lles permitas compartir o teu tempo.

Quen se desfixo de Xesta porque era vella, porque non lle servía para nada ou porque lle estorbaba -calquera excusa bochornosa- ten que saber que por cada minuto de sufrimento que lle causou, os dous anos seguintes foron un bálsamo reparador que lle devolveu a felicidade e o benestar perdido. Ogallá por cada un deses malvados maltratadores houbera dez Manus. O mundo sería, sen dúbida, un lugar moito máis habitable.

Ata sempre, Xestiña linda.

Publicado por: MontePituco | 01/03/2016

NA ÁREA ARQUEOLÓXICA DA CAEIRA, EN POIO

Área arqueolóxica da Caeira.

A Área Arqueolóxica da Caeira, no Concello de Poio, conta cunha vintena de gravados cuxa existencia se coñece dende o pasado século XX grazas ao labor de Ramón Sobrino Buhigas. Dos conxuntos rupestres dos que consta, tres están catalogados como Monumento Histórico Artístico: Pedra Grande de Montecelo, Laxe das Lebres e Laxe do Xugo.

Entre os motivos que predominan destes xacementos hai figuras naturalistas (cervos) e formas xeométricas (combinacións circulares, cazoletas) e trazos antropomórficos.

Área arqueolóxica da Caeira.

20160301_191711

Pedra Grande de Montecelo:

Pedra Grande de Montecelo (Área Arqueolóxica da Caeira).

Pedra Grande de Montecelo (Área Arqueolóxica da Caeira).

Pedra Grande de Montecelo (Área Arqueolóxica da Caeira).

Área Arqueolóxica da Caeira.

Área Arqueolóxica da Caeira.

Laxe das Lebres:

Laxe das Lebres: Área Arqueolóxica da Caeira.

Laxe das Lebres: Área Arqueolóxica da Caeira.

Laxe das Lebres: Área Arqueolóxica da Caeira.

[Detalle da Laxe das Lebres, coa marca dunha cuña de canteiría]

Área Arqueolóxica da Caeira.

[Reposición da pasarela de madeira que conduce aos distintos petroglifos]

Área Arqueolóxica da Caeira.

Chama a atención o preto da Área Arqueolóxica que se atopan as vivendas da urbanización elitista da Caeira. De feito, un segundo grupo de gravados están ao pé da rúa inferior, entre dous chalets, o que faría pensar que na construcción destas edificacións moito material prehistórico puido terse perdido baixo a piqueta.

Área Arqueolóxica da Caeira.

A pesar dos sinais de advertencia, non son poucas as mostras de incivismo: dende excrementos a latas, pasando por pintadas, paneis deteriorados e luminarias arrancadas. Hai humanos con moito parecido a Atila no seu lamentable comportamento…

Área Arqueolóxica da Caeira.

Área Arqueolóxica da Caeira.

Área Arqueolóxica da Caeira.

Ademais dun valioso patrimonio cultural, a Área Arqueolóxica da Caeira ofrece unhas fermosas vistas de Pontevedra.

Área Arqueolóxica da Caeira.

Área Arqueolóxica da Caeira.

Área Arqueolóxica da Caeira.

[Detalle da empalizada de madeira que salva o desnivel da zona, nun dos accesos á Área Arqueolóxica]

Área Arqueolóxica da Caeira.

:: Próxima ampliación con material gráfico do segundo conxunto de gravados e da área de recepción de visitantes, a carón do Casal de Ferreirós.

 

 

 

 

Publicado por: MontePituco | 29/02/2016

ENTREVISTA A XOSÉ CARLOS MORGADE

Diario, 29 febreiro 2016

“A reclamación sobre os terreos non afectará ao funcionamento do Hospital Montecelo”

Que se recoñeza oficialmente que a parcela na que está situado o Hospital Montecelo é de titularidade veciñal é o obxectivo que queren lograr os comuneiros de Mourente acudindo á vía xudicial. Trátase do mesmo camiño que percorreu a Comunidade de Montes de Salcedo, co que logrou recuperar a propiedade dos terreos nos que está a base da Brilat.

“O monte veciñal é un monte aberto e pode ser usado pola poboación en xeral sen causar danos e respectando aos outros usuarios. Os ciclistas tamén teñen acceso libre, sen prexuízo de que unha comunidade de montes poida pechar provisionalmente algunha parcela, para unha plantación ou calquera outro uso, coa autorización da Administración forestal. Pero o número de ciclistas medrou exponencialmente nos últimos anos e algúns andan a facer carreiras. Nós animámolos a que gocen do monte, pero de xeito prudente e responsable”. 

Reunión organizada pola Asociación de Propietarios de Monte Privado.

A Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo constituíuse o 28 de xuño de 2015. Dende entón procuran axustar os seus estatutos aos requerimentos da Administración autonómica. Mentres acadan a súa legalización oficial, este colectivo xa suma 60 propietarios de Marín e Bueu (San Tomé, Ardán, Cela, Beluso…) que posúen unhas 450 parcelas cunha extensión global de 30 hectáreas.

Na primeira xuntanza que organizaron na Casa de Montes de San Xulián -con arredor de 50 asistentes- o presidente da Asociación de Propietarios de Monte Privado do Morrazo, Chano Guimeráns, lembrou que antano o monte era “unha riqueza fundamental para a economía dos nosos pais e avós”; un espazo ao que se acudía a cotío para obter broza, madeira, froitos, auga, caza…

Daquela, as familias eran numerosas e os pais e as nais dividían as cachadas en pequenas parcelas para deixarlle un anaco a cada fillo ou filla.

…Esa realidade mudou. Coa industrialización nos anos 60-70 produciuse un “cambio de ciclo económico” que se plasmou no desprazamento da poboación ás cidades, na emigración a outros países, no emprego na pesca de altura. Como consecuencia dese novo modelo produtivo, a sociedade actual vive “de costas ao monte”, lamentou Guimeráns.

Esta Asociación xorde co propósito de “restaurar” o monte, “igual que coas casas antigas”, comparou o presidente desta entidade. Dos castiñeiros, dos piñeiros e dos carballos pasouse ao eucalipto, criticou Chano Guimeráns, atribuíndolle á implantación de Celulosas a intención de “convertir o monte galego nun eucaliptal”.

Entre as desvantaxes desta especie invasora, fixo fincapé na proliferación de incendios forestais. E aínda recoñecendo a súa maior rendibilidade polo seu rápido crecemento, advertiu que os prezos que a industria paga actualmente pola madeira de eucalipto son moi baixos; non compensa.

En todo caso, Guimeráns expuxo que a Asociación está para orientar -co asesoramento dos técnicos que colaboran- e que a decisión sobre os posibles cultivos correspóndelle aos propietarios dos terreos.

Reunión organizada pola Asociación de Propietarios de Monte Privado.

“Auga, aire saudable, vida…” son algunhas achegas do que o monte nos proporciona pero, ademais do “enfoque medioambiental e sostible” desta nova proposta de xestión, outro factor sobre o que chamou a atención foi a posibilidade de creación de emprego: “Un monte ordenado, activo e ben programado pode xerar riqueza para os propietarios e dárlle saídas laborais aos mozos e mozas”, explicou Guimeráns.

Entre os primeiros obxectivos da Asociación figuran “recuperar as fincas perdidas” e os lindantes actuais; saber canto miden as tomadas para discernir cal é a súa extensión concreta: a que figura no catastro ou a declarada nas escrituras.

Tamén se avaliará a que se poderían destinar eses matos, unha vez limpos, contando coa orientación de especialistas que indiquen “que se daría mellor” nesas terras.

Malia que podería estar entre as súas competencias, as Administracións non están polo labor de implicarse nun proceso longo, complexo e costoso.

Por outra parte, está a deixadez dos propietarios: “O monte está aí, non dá traballo; se hai madeira, córtase, pero que o lindante non mova os marcos”, apuntou Guimeráns sobre a mentalidade da veciñanza.

A Asociación pretende optar ás axudas da Administración para levar a cabo accións de mellora. Axudas que agora están acaparando as corporacións empresariais, “ben organizadas” e asesoradas.

Conseguir mellores prezos pola madeira que se corte é outro dos retos desta organización. Neste momento os madeireiros “conseguen a madeira case regalada”. O propósito deste colectivo é sensibilizar os propietarios para que recuperen a confianza nas posibilidades dos seus matos; devolverlle á madeira o seu valor para que os donos poidan obter prezos de mercado.

“O labor das comunidades de montes é encomiable pero de nada vale que o monte público estea limpo se o privado segue abandonado”, resumiu Guimeráns. A Asociación precisa fortalecerse con máis socios/as e incrementar a extensión de monte agregado; mentres os seus directivos seguen cos contactos, tanto a nivel institucional -xa celebraron reunións coa alcaldesa de Marín e co seu homólogo de Bueu- e coa veciñanza do Morrazo.

A xuntanza en San Xulián foi satisfactoria e produtiva, con intervencións que destacaron polo interese dos propietarios en clarificar dúbidas e problemas: dende a situación confusa dos lindes das súas parcelas ata as responsabilidades dos propietarios con matos nos que se localizan xacementos arqueolóxicos. Dentro dun mes celebrarase un novo encontro en San Xulián para concretar as adhesións. A medida que se vaian incorporando propietarios de novas zonas, a directiva da Asociación irá incorporando a representantes deses lugares que sirvan de nexo e referencia aos socios/as.

Asociación de Propietarios de Monte Privado.

Asociación de Propietarios de Monte Privado.

Publicado por: MontePituco | 26/02/2016

ASOCIACIÓN DE PROPIETARIOS DE MONTE, EN SAN XULIÁN

Reunión da Asociación de Propietarios de Monte

A Casa de Montes de San Xulián acolle este domingo ás 11:00 horas un encontro organizado pola Asociación de Propietari@s de Monte do Morrazo coa finalidade de dar a coñecer esta entidade na nosa parroquia. Partindo da base de que o monte se atopa nun preocupante e lamentable estado de “abandono”, o que propón esta organización é agrupar o maior número posible de propietarios de monte privado -é dicir, de matos ou tomadas- para, entre todos, procurar clarificar lindes entre parcelas que, en moitos casos, se descoñecen, son confusos ou foron alterados.

Coa unión dos propietarios, sería posible comezar a poñer en marcha accións conxuntas: a máis urxente de todas, a limpeza dos terreos para minimizar os riscos dos temidos e terribles incendios forestais. Contratando os traballos necesarios de forma colectiva lograríanse mellores prezos e o importe poderíase repartir entre os beneficiarios, disminuíndo a carga económica que lle corresponda a cada propietari@ individualmente.

Tendo en conta o desleixo histórico que arrastran os montes, o seu valor actual non corresponde para nada co valor potencial que atesouran. Cómpre ser realistas: a extensión descontrolada do eucalipto empobreceu notablemente as terras e, agás contados espazos que conservan aínda as súas cualidades naturais. Nos matos ou tomadas da parroquia hai un elevado volume de paus de eucalipto con máis ou menos taxación. Que un propietario/a -pola súa conta- venda uns poucos vaille repercutir dun xeito moi discreto no seu peto; pola contra, xuntándose con outros lindantes, a cantidade de madeira increméntase e aumenta a capacidade para negociar mellores prezos cos empresarios do sector.

Mudando o modelo produtivo, ata agora practicamente inexistente pola despreocupación ou descoñecemento dos propietarios/as, o monte pode dar máis que eucaliptos ventureiros: pode diversificarse o uso dos terreos con novos aproveitamentos, dende arborado autóctono que ten máis valor no mercado ata mel, froitos silvestres ou gando… A máis variedade (dentro duns criterios de sostibilidade), máis ingresos para todos/as.

Para ter un monte coidado, saneado e dando rendemento, haille que dedicar moito tempo e traballo. Actuando pola súa conta en cadansúa parcela e de forma desorganizada, cada propietario/a estaría facendo un esforzo inmenso en termos físicos e económicos; inasumible en moitos casos por razóns laborais, familiares ou de saúde. En cambio, poñéndose de acordo para agrupar as súas parcelas e contratar a súa limpeza de xeito global, non só estarían aforrando cartos, senón que estarían xerando oportunidades de emprego para outras persoas que o necesitan.

Cun monte privado “funcionando”, ordenado e identificado cos seus lexítimos propietarios pódense xerar tamén dinámicas enfocadas a que os donos dos terreos cheguen a acordos para permutarse os matos en función dos seus intereses: proximidade ás vivendas, a outras tomadas coas que poderían dotarse de parcelas máis grandes… Tamén se podería dinamizar a compra/venda desas terras, coa posibilidade de revitalizar e incorporar novos propietarios ou xente nova, nunha parroquia onde estas preocupacións recaen en persoas de idade avanzada.

Cunha Asociación de Propietari@s de Monte forte e ben organizada pódense abrir canles de interlocución coas Administracións a nivel local, provincial e autonómico, optar a axudas institucionais e demandar colaboración para a mellora destes espazos.

En definitiva, dende a Asociación Monte Pituco facemos un chamamento para que a veciñanza se implique, xa non só no coidado do monte comunal, senón tamén do monte privado, tan importante coma a propiedade colectiva. Que da desorganización actual se dea un cambio de mentalidade; que se impulse unha revolución social na que os montes deixen de ser o ‘cuarto de atrás’ para situarse na vangarda da xeración de riqueza na nosa comunidade, que redunde nunha maior calidade de vida para tod@s en tanto coidar do monte é defender tamén a natureza, a biodiversidade e o patrimonio dos nosos montes.

Publicado por: MontePituco | 24/02/2016

NUN ANTIGO REXISTRO DE DEFUNCIÓNS DE SAN XULIÁN

La Voz, 24 febreiro 2016

Cuando Moby Dick se paseó por Marín

Un registro antiguo revela un naufragio en la ría por el ataque de una ballena como el buque del mítico capitán Ahab

“…Una extensa anotación en el libro de defunciones de la parroquia de San Xulián de Marín, realizada por el sacerdote Francisco Fragueiro, preserva la historia de esta embestida de una ballena que precede en algo más de un siglo al ataque por el cachalote que acabó con el Essex, el barco en que se inspiró Melville y que se hundió en 1820. La tragedia marítima marinense debió marcar una época en las comunidades pesqueras pontevedresas, o al menos entre los marinenses. De otra forma, no se entiende que Fragueiro, que solía ser muy parco en sus anotaciones, se explayase en explicar por qué dos de sus vecinos habían fallecido sin recibir los sacramentos. El paso del tiempo fue borrando la historia de la memoria colectiva de los marinenses hasta que se olvidó por completo. Hasta ahora…”

Publicado por: MontePituco | 23/02/2016

PETO DESTROZADO EN COTOBADE

La Voz, 23 febreiro 2016

Vecinos de Cotobade encuentran destrozado el Peto de A Godela

Diario, 23 febreiro 2016

Actos vandálicos destrozan un peto de ánimas de gran valor en Augasantas, Cotobade

Publicado por: MontePituco | 23/02/2016

RUTAS DE SENDEIRISMO EN GALICIA

La Voz, 21 febreiro 2016

Un grupo de aficionados crean una plataforma web sobre rutas de senderismo en Galicia

 

Publicado por: MontePituco | 22/02/2016

ENTREVISTA A CLAUDIO QUINTILLÁN

Faro, 21 febreiro 2016

“Voume coa sensación de que os comuneiros non están suficientemente ligados ao monte”

“…Os comuneiros deberiamos mirar para os montes (…) É algo que non é só unha cuestión das mancomunidades. Tampouco se pode facer sen o apoio das Administracións como a Xunta, que podería asesorar máis, formar… En xeral o que hai máis falta é máis educación para poñer en valor os montes. E non só os montes; ese modelo de propiedade especial, de compartir, do comunitario”.

Publicado por: MontePituco | 21/02/2016

O CONCELLO DE CALDAS COLABORA COS COMUNEIROS

Diario, 21 febreiro 2016

Caldas promueve la organización de un frente común del sector maderero

“…La generación de recursos naturales de forma sostenible y respetuosa con el medio ambiente es una premisa que fue abordada en la reunión, y en ese apartado los participantes hablaron de resinas naturales, la plantación de nuevas especies como olivos, la ampliación de las superficies dedicadas al castaño y la venta de madera certificada”.

 

Publicado por: MontePituco | 20/02/2016

COMUNEIROS DE CALDAS SOBRE O PREZO DA MADEIRA

La Voz, 20 febreiro 2016

Comuneros de Caldas de Reis estudian unirse para vender mejor su madera

A un encuentro convocado por el Concello asistieron comuneros de Santa María de Tivo, San Clemente, Carracedo, Bemil, Paradela, Godos, Saiar y San Andrés de César

“…La fórmula que se propone es formar un frente de comercialización que incida en el mercado maderero. «Baixo este sistema tratarase de ofertar un gran volume e negociar prezos e condicións vantaxosas de venda», apuntó el Concello. La Administración local también ofreció a los comuneros apoyo para la realización de proyectos de ordenación y planes técnicos de gestión de sus montes. El regidor entiende que esta vía es el camino para la preservación y mejora de sus masas arbóreas, garantizando la sostenibilidad de sus aprovechamientos. Entre esos aprovechamientos están las resinas naturales, la plantación de nuevas especies como olivos, la ampliación de las superficies de castaños o la venta de madera certificada…”

Publicado por: MontePituco | 19/02/2016

A XUNTA ANTE A SITUACIÓN DO LAGO DE CASTIÑEIRAS

La Voz, 18 febreiro 2016

Los comuneros contarán con la ‘colaboración’ de la Xunta en el lago de Castiñeiras

“…La conselleira confirmó que el Centro de Recuperación da Fauna Silvestre dejará de estar ubicado en sus actuales dependencias en San Xulián, junto al lago. La intención de la Xunta es crear un centro integrado en Cotobade, aprovechando que el departamento autonómico dispone allí de otra instalación ligada a una piscifactoría para la repoblación de los ríos de la provincia. Mientras este traslado no se produce, Medio Ambiente seguirá utilizando las dependencias de Castiñeiras, una vez que se alcanzó este acuerdo con los titulares del monte, los comuneros de San Xulián”.

Publicado por: MontePituco | 18/02/2016

TRABALLOS DA DEPUTACIÓN EN 18 CASTROS

Diario, 18 febreiro 2016

A recuperación do orgullo propio

A Deputación de Pontevedra presentou o proxecto de posta en valor de 18 xacementos arqueolóxicos da provincia

La Voz, 18 febreiro 2016

La excavación de los yacimientos de la provincia reporta ya más de 40.000 piezas

Los trabajos se están centrando en seis castros de la provincia, mientras que en los otros doce se está haciendo solo limpieza

Publicado por: MontePituco | 16/02/2016

DESCUBERTA DUN PETROGLIFO CON ARMAS EN BORA (PONTEVEDRA)

La Voz de Pontevedra

La Voz, 14 febreiro 2016

Descubren un petroglifo en Bora reciclado en un cierre en el monte

“Costa conocía la existencia del petroglifo desde hacía cinco años, pero él mismo confiesa que en aquella ocasión solo se fijó en las dos cruces que se ven más prominentes en la piedra. El puñal, que se encuentra en el extremo inferior de una de estas cruces, lo desveló una visita que hizo recientemente a este entorno del rural pontevedrés. Era de día y se dio cuenta de que sobre la roca se dibujaba «a pequena folla dun coitelo». Por si era una falsa impresión o una ilusión óptica volvió al anochecer y una vez más el puñal sobresalió ante sus ojos. «Volvín a velo con luz indirecta e se apreciou claramente que estaba alí, podía chamar a engano de día, pero de noite non», describe”.

Publicado por: MontePituco | 15/02/2016

XORNADAS SOBRE OS MONTES, EN VIGO

CharlasMonte_Vigo_feb16

O centro socio-cultural A Cova dos Ratos, en Vigo, organiza esta semana unhas xornadas sobre as ameazas que afectan aos montes do Morrazo, de Vigo e á serra do Galiñeiro. O voceiro da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Cándido Martínez, intervirá na primeira sesión, este mércores ás 20:30h para expoñer as principais alertas que poñen en risco a conservación dos montes da nosa bisbarra, entre proxectos industriais, eólicos e de explotación mineira.

Publicado por: MontePituco | 14/02/2016

PAVIMENTACIÓN DE CAMIÑOS EN SAN XULIÁN

Faro de Vigo

Faro, 14 febreiro 2016

El Concello proyecta la mejora de once viales en las parroquias

Los caminos a mejorar son los viales en Malvido y A Teoira, ambos en la parroquia de Ardán; el de A Cova, en Loira; Ameal, en O Campo; el camino de Castro, en Seixo; vial en Raposeiras, Mogor; Costa Landeira y los viales de Viñas Blancas, Carballal y Arealonga, todos ellos en la parroquia de San Xulián; y el de Pereiro, en Santomé.

 

Publicado por: MontePituco | 12/02/2016

SOLO INDUSTRIAL… A PUNTA PALA!

La Voz de Pontevedra

La Voz, 12 febreiro 2016

Pontevedra y Arousa tienen tanto suelo industrial sin vender como tres islas Tambo

El polígono Barro-Meis es el que oferta más terreno a los empresarios, seguido del de Baión

La Voz, 31 xaneiro 2016

Suelos urbanizables de Sanxenxo cubiertos de maleza y abandono

 

 

Publicado por: MontePituco | 07/02/2016

FUTURAS PLANTACIÓNS DE OLIVO NO CASTROVE

Faro de Vigo

Faro, 31 xaneiro 2016

Los comuneros, a un paso del aceite 100% de O Castrove

“La Xunta ya tramita las solicitudes de las comunidades de montes de San Xóan y de A Regra dos Agros de Combarro para cultivar entre 41 y 31 hectáreas de olivares en O Castrove, que a través de un convenio con la firma ourensana Aceites Abril, comercializarán el aceite 100% de origen gallego. Por lo pronto los comuneros de San Xoán son los que más avanzados tienen el proyecto. “Se aprobó en asamblea, por lo que ahora depende de los permisos de la Xunta”, señala su presidente, José Rodríguez. “Los montes desde los incendios de 2006 ya no son lo que eran y con un técnicos vimos que los pinos requieren 40 o 50 años para su venta y la opción del olivar se estudió y es más rentable porque es una producción anual” (…) También con entusiasmo lo ve su homónimo en A Rega dos Agros, Manuel Carramal. En Combarro la asamblea autorizó las negociaciones con la empresa sobre una superficie de entre 10 y 20 hectáreas. “Después del acuerdo se expondrá al público y se someterá a votación definitiva”.

Publicado por: MontePituco | 06/02/2016

EXCAVACIÓN NO CASTRO ALOBRE (VILAGARCIA)

Castro Alobre (Foto, Deputación de Pontevedra).

O 1 de febreiro comezou a intervención arqueolóxica no Castro de Alobre de Vilagarcía de Arousa, enmarcada no protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos na provincia de Pontevedra. Esta escavación, que se estenderá durante catro meses, busca propiciar a transmisión do coñecemento do ben arqueolóxico á sociedade, a súa valorización e o impulso do aproveitamento turístico do mesmo.

En concreto, as tarefas que se realizarán teñen por obxectivo o acondicionamento do sector visible e o seu contorno inmediato así como actuacións encamiñadas a evitar alteracións das estruturas; a consolidación e restauración dos restos exhumados; a recreación de elementos singulares; a instalación de elementos adecuados para facilitar a circulación do visitante polo xacemento, impulsando a accesibilidade; a instalación de elementos explicativos que contribúan a explicar o xacemento e a iluminación da área de intervención.

A través da escavación, se prevé a aparición de estruturas e materiais arqueolóxicos que permitirán afondar no coñecemento do xacemento do Castro de Alobre. Para elo aplicarase metodoloxía arqueolóxica innovadora e a realización de mostras que permitirán descubrir máis aspectos da cultura castrexa. Neste contexto, preténdese aportar datos para o mellor coñecemento das relacións comerciais da fase final da cultura castrexa no seu tránsito de cara a outras formas de ocupación do territorio nas Rías Baixas, así como comprender como a proximidade do medio marítimo e a pesca era a base da súa economía e subsistencia. 

A nova campaña arqueolóxica que se vai poñer en marcha no xacemento vilagarciá prevé escavar 400 metros cadrados máis de superficie. Os traballos, que terán unha duración de catro meses, comezarán a realizalos inicialmente 12 persoas: 3 arqueólogos, 8 auxiliares e 1 restaurador. O equipo irase incrementando paulatinamente con máis persoal a medida que a empresa contratada pola Deputación de Pontevedra remate os traballos que están a realizar en Santa Tegra.

As escavacións financiadas polo organismo provincial intégranse nun proxecto máis amplo promovido polo Concello de Vilagarcía para poñer en valor o enclave arqueolóxico e histórico máis importante da vila. Cun investimento superior ós 600.000 euros serán tres os proxectos a realizar, xa que ademais desta campaña arqueolóxica, levarase a cabo a musealización do xacemento, a mellora do acceso dende Vista Alegre e o acondicionamento da zona de esparexemento do parque.

O Castro de Alobre, de titularidade do Concello de Vilagarcía de Arousa, atópase en mal estado en pleno casco urbano da localidade. As investigacións realizadas ata o momento sinalan que o castro estivo ocupado entre os séculos I a.C. e o II d. C, acadando o máximo apoxeo durante o imperio de Augusto e a dinastía Xulio ¨C Claudia.Trátase dun castro de importantes dimensións emprazado nunha punta costeira, que estaba defendido polo mar e as marismas da desembocadura do río Con, nun rico contorno con recursos agrícolas e pesqueiros. 

Durante a vixencia das escavacións, o Concello de Vilagarcía de Arousa organizará visitas guiadas por técnicos para os colexios e incorporará a escavación como un dos recursos a visitar nos itinerarios turísticos da localidade.

As actuacións no castro de Alobre forman parte dunha serie de intervencións que a Deputación de Pontevedra está a desenvolver en 18 xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra entre os que se atopan, ademais de Alobre, o Castro de Santa Trega en A Guarda, Castro de Facho de Donón en Cangas, Castro de A Lanzada en Sanxenxo, Porta de Arcos en Rodeiro, Mercado dos Mouros en Valga, Igrexa Vella en Valga, Monte do Castro en Ribadumia, Adro Vello en O Grove, Castro de Troña en Ponteareas, A Cabeciña en Oia, Castrolandín en Cuntis, Alto da Cruz do Castro en Cotobade, Castro de A Subidá en Marín, Castro de Toiriz en Silleda, Coto de Altamira en As Neves, Alto dos Cubos en Tui, Castro de Penalba en Campo Lameiro.

[Nota informativa da Deputación de Pontevedra]

Castro Alobre (Foto, Deputación de Pontevedra).

. . . . . . . . . . . .

DiarioDePontevedra

Diario, 31 xaneiro 2016

Las excavaciones en el Castro Alobre abarcarán 400 metros

Castro Alobre (Foto, Deputación de Pontevedra).

Castro Alobre (Foto, Deputación de Pontevedra).

Publicado por: MontePituco | 05/02/2016

AMOR A GALICIA, O FUTURO DOS NEN@S, ESPERANZA

20160204_195750

O antropólogo Buenaventura Aparicio Casado xustificou no seu “aprezo” por Galicia a iniciativa de crear un conto infantil inspirado no petroglifo da Pedra do Cervo. Máis que aprezo, o que hai nesa acción é auténtico amor por esta terra, pola súa historia e polo seu patrimonio. É comprensible e louvable a discreción, a humildade, a modestia e a moderación do autor nas súas palabras, pero cómpre recoñecerlle o esforzo na súa xusta medida.

“A pedra do cervo” presentouse na Casa da Cultura de Salcedo, coa presenza do antropólogo e director da SAGA. Rafael Quintía, e mais do editor Cándido Meixide, de Edicións Do Cumio. Entre o público, persoas ben significadas pola súa pertenza á Asociación de Veciños Heroes do Campo da Porta e da Comunidade de Montes de Salcedo. Non en van, Buenaventura Aparicio louvou o traballo a prol da recuperación do patrimonio material e inmaterial que veñen realizando estas entidades.

A traxectoria de Aparicio como profesor, estudoso e divulgador é ampla e incuestionable. Coñececiamos del a súa faceta como guía de rutas culturais, entre as que destacan a Pedra do Cervo, en Ponte Caldelas; como investigador dos factores que permitiron que uns cantos gravados prehistóricos chegaran ata os nosos días grazas aos canteiros que os “indultaron” polas crenzas que había asociadas a esas figuras de antigüidade milenaria; agora sumamos unha cualidade máis, como autor dun libro infantil.

A importancia da educación, de inculcarlles aos máis novos -e dende idade temperá- a curiosidade, o interese e a sensibilidade polo legado dos nosos antergos, está tamén no cerne desta historia: “Polo futuro dos rapaciños”, dicía o autor na presentación, lamentando que o desleixo das Administracións e dos políticos que as colonizan teña o patrimonio arqueolóxico nunha situación de abandono, de estigmatización e burocratización permanente que deriva na desafección da propia sociedade galega, desentendida xa duns Bens de Interese Cultural practicamente únicos no mundo que para si quiexeran noutros países onde se apreza o potencial cultural, económico e social destes recursos e se xestionan como corresponde para garantir a súa conservación.

Pilar Castro Caamaño ilustra o relato construído por Buenaventura Aparicio, que fai un percorrido histórico dende aquel poboador da Idade do Bronce que dá en trazar a figura monumental dun cervo nunha laxe prominente, ata a decisión que permitiu poñer en valor este xacemento, pasando por outros avatares como o dos canteiros que a piques estiveron de provocar a desaparición deste petroglifo facendo estourar un cartucho de dinamita, do que se librou por unha sorte de “milagre”.

…Poucas veces unha ficción se parece tanto á realidade. Con este conto, Aparicio intenta o difícil reto de poñerse á altura dos nenos e das nenas, petar na porta da súa imaxinación para contarlles unha historia que ten que ver coa súa propia Historia, a través do fío condutor dunha fada, dunha sorte de “moura”, que é o elemento fantástico sobre o que xira o relato.

Un libro que acrecenta a súa dimensión educativa cun anexo de actividades nas que o autor apela á conciencia lúdica, crítica e interpretativa dos máis novos: propoñéndolles xogos como unha sopa de letras, invitándoos a debuxar, a buscar posibles significados desas misteriosas figuras gravadas nas pedras, ou mesmo a crear unha  obra de teatro a partir do conto. Tamén aos maiores -docentes, nais e pais…- son invitados a descubrir o mundo da arte rupestre, a coñecer outras estacións arqueolóxicas situadas no resto de Galicia, a pescudar noutros libros informativos que amplían información nesta apaixoante materia.

“Gozade da natureza galega e das obras de arte que atesoura” é a mensaxe coa que remata a obra. Unha frase cargada de esperanza, que é o terceiro leit-motiv que guía os pasos e as ansias de Buenaventura Aparicio na súa constante busca de adeptos e adeptas pola nobre causa da defensa do patrimonio galego.

O amor por Galicia. O futuro da infancia. A esperanza.

…Case nada!

20160204_210150

“Para o Monte Pituco, o balcón da ría, para que conserve sempre a súa beleza. Con agarimo”

Buenaventura Aparicio

20160204_210203

 

Publicado por: MontePituco | 04/02/2016

O LIBRO DA PEDRA DO CERVO, DE BUENAVENTURA APARICIO

"A pedra do cervo", de Buenaventura Aparicio

Petroglifo de Monte de Cuñas, en Pontecaldelas.

pontecaldelas3

Outros libros do autor:

"Arte rupestre en Galicia": Buenaventura Aparicio, Fernando Carrera, Antonio de la Peña. Edicións do Cumio, 2013.

"Guía de petróglifos de Galicia": Buenaventura Aparicio & Antonio de la Peña.

 

Publicado por: MontePituco | 03/02/2016

POSTAL DO PORNEDO FECHADA EN 1956

Monte Pornedo: postal de Maki, 1956

…Canto choveu dende esta imaxe, plasmada nunha postal de Maky con data de 1956!

Daquela o Monte Pornedo (Pituco) tiña un perfil ben distinto mais, en esencia, hoxe en día segue conservando os seus valores paisaxísticos e naturais: a veciñanza logrou que o alto do Pornedo non se repoboara masivamente -como aconteceu cos montes de Figueirido ou do Castrove…- con eucaliptos nin piñeiros, favorecendo así que a poboación rural tivera un espazo aberto no que seguir realizando tarefas tradicionais como a recollida de estrume para as cortes, toxo, varas…

Deste xeito foi posible conservar o hábitat da matogueira, tan importante para o equilibrio biolóxico e para a biodiversidade.

NO-DO: Repoblación Forestal

Vídeo da FILMOTECA ESPAÑOLA: NO-DO sobre “Repoblación forestal” (xaneiro 1954)

A imaxe anterior é un fotograma dun vídeo da Filmoteca Española sobre a repoboación forestal que se levou a cabo durante a ditadura franquista, no decenio 1944-1953, no que a Dirección General de Montes investiu 1.000 millóns das antigas pesetas para plantar eucaliptus globulus, pinus pinaster e outras especies exóticas como a acacia. En Lourizán, onde se radicaba o antigo Centro Regional de Enseñanzas, Investigaciones y Experiencias Forestales, levábanse a cabo os estudos científicos e as plantacións experimentais.

Chama a atención a presenza de man de obra feminina no centro de investigacións de Lourizán, onde a reportaxe do NO-DO alude a “la finura y el tacto casi maternales de la mano de la mujer” para plantar os viveiros. Os homes aparecen nunha fase posterior dos traballos, en pleno monte, onde se lles exhibe con azadóns, facendo labores que requiren dureza física. E malia que o Réxime fai fincapé nos adiantos da mecanización, aquelas máquinas contrastan co precarísimo calzado que levan os operarios.

Tamén resulta chamativa a consideración que fai a redacción do NO-DO sobre a “maleza que recubre” o monte para referirse aos espazos cubertos pola matogueira natural, considerados “tierras estériles” e “improdutivas” polo mero feito de non xerar beneficios económicos ante a ausencia de arborado. Non menos sorprendente, visto con esta perspectiva temporal, é identificar a natureza coa “anarquía”, xustificando así o plan de repoboación, a realización de traballos de poda, de selección de especies fortes e de eliminación de exemplares raquíticos.

No documental aparecen tamén imaxes do Lago de Castiñeiras e do miradoiro de Cotorredondo; fálase da construcción de pistas forestais coa función de dispór de vías de saca da madeira producida e de actuar como cortalumes en caso de incendio.

Os datos oficiais apuntaban a máis de 100.ooo hectáreas repoboadas en 1953, con máis de 500.000 millóns de árbores. O que se cualificou daquela como “la obra más grande” de Franco, cifraba a extensión repoboada entre 1940 e 1953 en 503 mil hectáreas de terreo, que serían 1 millón de hectáreas máis ao cabo de 10 anos.

Publicado por: MontePituco | 02/02/2016

2 DE FEBREIRO: DÍA DOS HUMIDAIS

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

O mestre Amancio Castro, de Vaipolorío, guiou a andaina organizada hoxe por este colectivo ambiental pontevedrés -co gallo do Día dos Humidais- para amosar a riqueza biolóxica do Gafos, e máis concretamente da parte denominada As Brañas.

Río Tomeza, As Brañas

As Brañas -situado en Salcedo, onde o Gafos recibe o nome de río Tomeza- é un dos dous humidais de terreo baixo que existen neste cauce fluvial. O outro, denominado A Fonteiriña, está en Bértola, onde o río se chama Toxal.

Amancio Castro explicou que antano, por descoñecemento ou por precaución, as poboacións tiñan tendencia a denostar e a demonizar estes espazos naturais. Eses temores xa se remontan á antigüidade: os gregos falaban das aves da lagoa de Estínfalo; nos traballos de Heracles cítase a Hidra de Lerna.

Na mitoloxía galega tamén están presentes as pozas das mouras, das que se contan vellas lendas; unha delas recollida na contorna de Tomeza:

A historia fala dunha moura que se lle apareceu a un home que levaba un carro de vacas, unha das cales lle anunciou que tería crías. A que fose femia tería que levarlla ao río, pediulle á moura. Así aconteceu e, ao cabo dun tempo, naceron un becerriño e unha becerriña. Sen embargo, o home faltou á palabra que lle dera á moura e, no canto da femia, levoulle o macho. Daquela, diante do home apareceu unha grade de madeira. Como lle dixo despois a moura, se tivera cumprido o prometido, en vez dunha grade de madeira tería sido recibido cunha de ouro.

A falta de información entre os que pensaban que eran terreo inservible, motivou que os humidais foran desaparecendo ou se foran desecando. Uns foron apropiados para convertelos en solo industrial ou instalar equipamentos deportivos ou doutro tipo. No caso de Pontevedra foi así na Xunqueira de Alba, que dun tempo a esta parte está sendo recuperada polo Concello de Pontevedra e mais os comuneiros de Lérez.

Amancio Castro reivindicou neste roteiro a importancia ecolóxica dos humidais: neles crece moito plancton que vai dar aos bancos marisqueiros da ría; son fonte de alimento para os paxaros insectívoros; tamén son a despensa da que se nutren as aves que comen landras ou sementes; mesmo aqueles que, como o peto, atopan o seu sustento nas larvas que habitan nos toros e nas pólas das árbores mortas, que non deben ser retirados para que o ciclo natural siga o seu curso…

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

O “Narcissus cyclamineus” -en galego o narciso coñécese co nome de amarelle- é un endemismo galaico-portugués. En Galicia aparece na metade occidental. É a única especie de Narcissus atopada no río dos Gafos. Esta especie considérase vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

[Fonte: “Flora do río dos Gafos”, de Amancio Castro e Francisco Javier Silva-Pando]

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

A “Primula acaulis”, en galego herba de San Pablo ou cáncaro, require lugares frescos, como noiros, prados e bosques caducifolios. En Galicia é frecuente nas catro provincias. Ten propiedades expectorantes  e interese melífero. Tamén é cultivada como planta ornamental.

[Fonte: “Flora do río dos Gafos”, de Amancio Castro e Francisco Javier Silva-Pando]

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

“Galinsoga ciliata” ou botón de ouro.

[Fonte: “Flora do río dos Gafos”, de Amancio Castro e Francisco Javier Silva-Pando]

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

A “Tradescantia flumiensis” é orixinaria do Suroeste de Sudamérica e naturalizouse en moitos lugares do mundo. Na Península Ibérica medra en zonas baixas non lonxe da costa. Está incluída no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras.

[Fonte: “Flora do río dos Gafos”, de Amancio Castro e Francisco Javier Silva-Pando]

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Contemplando ‘o avó’, un dos carballos senlleiros que medran na ribeira do Gafos. Ten una altura de 35 metros e calcúlase que a súa idade ronda os 150 anos.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

“Sarcoscypha coccinea”, coñecida como Peziza escarlata: é un fungo carpóforo -con forma de copa- que medra en pólas caídas na época que vai dende o inverno ata principios da primavera. Non ten valor culinario.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Amancio Castro é co-autor, xunto con Francisco Javier Silva-Pando, doutor en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e xefe do departamento de Ecosistemas Forestais do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dun interesante libro que se presentou a finais de xaneiro: FLORA DO RÍO DOS GAFOS, editado pola Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

Día dos Humedais nas Brañas do Gafos con Vaipolorío.

“A Monte Pornedo, con afecto” (F.J. Silva-Pando)

“Aos compañeiros de Monte Pituco, cos que temos dende Vaipolorío, una sintonía total. Saudiña” (A. Castro)

Presentación do libro "Flora do río Gafos".

Presentación do libro "Flora do río Gafos".

Nunha multitudinaria presentación na Casa da Luz, en Pontevedra, os artífices deste laborioso traballo ao que lle dedicaron dez anos de recollida de material, investigación e composición da obra, debullaron os seus contidos: a situación xeográfica do río, os nomes cos que se denomina segundo as zonas polas que discorre o cauce fluvial, datos climáticos, a relación entre o clima e a flora, as plantas e as árbores ordenadas en cadanseu apartado (árbores, arbustos e lianas, fentos, herbas, plantas cultivadas ou escapadas dos cultivos, e outras plantas).

Inclúe ademais un anexo con información sobre as formas biolóxicas vexetais, a morfoloxía das plantas con flores, os tipos de follas, un glosario, bibliografía botánica sobre Pontevedra e a súa contorna, e un índice de nomes científicos e populares.

En suma, unha obra moi completa, moi interesante e que será moi útil na biblioteca do Monte Pituco. Parabéns aos autores e a Vaipolorío por esta iniciativa!

 

  • Paralización da A57
  • Protección Xunqueira da Gandarela
  • Defensa do Monte Pornedo (Pituco)
  • Tren e o nó de Praceres
  • Cumprimento das sentenzas de EDAR, dos recheos do porto e de Elnosa
  • Saneamento integral da Ría
  • Defensa do sector pesqueiro-marisqueiro
  • Mellora da Protección das Illa de Ons e Tambo

Xuntanza das 'Mareas da ría'

Estes son os “temas prioritarios” que conformarán a axenda institucional das ‘Mareas da ría’, que agrupa a Marea Veciñal de Marín, Marea Pontevedra e Alternativa Cidadá de Bueu. As tres ‘mareas’ reuníronse o pasado venres en Pontevedra coa deputada Ángela Rodríguez e coa senadora Vanessa Angustia.

A xuntanza coincidía co día no que se celebraba a manifestación contra a prórroga da concesión a Ence, así pois o tema central da xuntanza foi abordar a situación global da ría de Pontevedra para coordinar un “paquete de medidas que se levarán ao Congreso e ao Senado a través de En Marea”, contaron as organizacións nun comunicado.

Este encontro serviu para que as ‘Mareas da ría’ estableceran una “rede para coordinar iniciativas institucionais e accións sociais conxuntas”. Grazas á presenza de Vanessa Angustia e Ángela Rodríguez nas Cortes, as ‘mareas’ comprometéronse a converter en “cuestión de Estado” compromisos electorais que figuraban no seu programa, como o rexeitamento ás agresións no monte da Fracha a conta das obras de construcción da A-57 ou os problemas asociados á ría de Pontevedra: a sentenza sobre os recheos ilegais do porto de Marín, a prórroga a Ence, o ramal ferroviario que atravesa a Praza dos Praceres…

As ‘Mareas da ría’ tamén apostaron por xerar sinerxias cos representantes de AGE e Podemos na Unión Europea para que estes asuntos teñan unha dimensión e un tratamento máis amplo. Dende Marea Pontevedra eloxiaron a fronte xudicial emprendida nos últimos anos pola asociación Salvemos Pontevedra e apostaron por “recuperar integramente” a ría de Pontevedra, por impulsar un “modelo produtivo alternativo” baseado na “defensa do sector primario pesqueiro/marisqueiro”. Tamén amosaron o seu “rexeitamento” á prórroga concedida a Ence, que atribuíron “ao proceso de privatización da empresa e a posibles interses ligados á corrupción económica”.

Xuntanza das 'Mareas da ría'

Mari Carmen Moreira (concelleira de Marea Pontevedra), Vanessa Angustia (senadora por En Marea), Ángela Rodríguez (deputada no Congreso por En Marea), Luís Rei Núñez (voceiro municipal de Marea Pontevedra), Julio Villanueva (Alternativa Cidadá de Bueu), Jaime Acuña e Sofía Abal (Marea Veciñal de Marín).

 

« Newer Posts - Older Posts »

Categorías