«Os esforzos mundiais por protexer a vida silvestre están cobrando forza. O ano pasado, os Estados Membros das Nacións Unidas aprobaron os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que inclúen metas específicas para pórlle fin á caza furtiva. A Asemblea Xeral tamén acordou por unanimidade unha resolución para limitar o tráfico ilícito de fauna e de flora silvestres. Estas elocuentes expresións da vontade política de poñer fin a eses crimes sumamente destrutivos comezan a traducirse en medidas sobre o terreo que se poñen en práctica mediante esforzos colectivos de países de todo o mundo.
Sen embargo, para protexer ese patrimonio natural esencial para esta xeración e as xeracións futuras, os principais axentes deben facer moito máis, en todos os continentes e en todos os sectores. En particular, é preciso incorporar nos esfuerzos de conservación as comunidades que viven en estreita proximidade coa vida silvestre.
Estase acabando o tempo de poñerlle fin á crise da caza e da pesca furtivas que ameaza a algunhas das especies máis emblemáticas do mundo. Para combatir a caza e maila pesca furtivas e o tráfico de especies protexidas é fundamental encarar tanto a oferta como a demanda de produtos ilícitos da fauna e da flora silvestres mediante os obxectivos, as metas e os instrumentos internacionais convidos, como a Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres (CITES).
Durante demasiado tempo, o mundo viu imaxes desgazadoras da matanza masiva de elefantes para obter os seus cabeiros. Segundo a CITES, a matanza de elefantes africanos e a trata do seu marfil seguen sendo alarmantemente frecuentes. Os elefantes asiáticos tamén son obxecto dunha caza furtiva cada vez maior.
Moitas outras especies, como chitas, pangolíns, rinocerontes, tartarugas de mar, quenllas, tigres, baleas e madeiras nobres, vense expostas a unha variedade de problemas diferentes, derivados de, entre outros factores, o cambio climático, a sobreexplotación ou o tráfico ilícito.
Neste Día Mundial da Vida Silvestre, emprazo a todos os cidadáns, empresas e gobernos a desempeñar o papel que lles corresponde na protección dos animais e das plantas silvestres. As medidas que adoptemos cada un de nós determinarán o destino da fauna e da flora silvestres do mundo. O futuro da vida silvestre está nas nosas mans!»
Mensaxe de Ban Ki-moon, Secretario Xeral das Nacións Unidas, co gallo do Día Mundial da Vida Silvestre, neste 3 de marzo de 2016.
Publicado por: MontePituco | 03/03/2016
3 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA VIDA SILVESTRE
Publicado en Imaxes, Xeral | Etiquetas: Medio ambiente
Deixar unha resposta