Publicado por: MontePituco | 02/03/2016

ATA SEMPRE, XESTIÑA LINDA

Xesta-RIP5feb16

[Xesta, foto de M. Franco]

O que a extraño! Fáltanme os seus pasiños pola casa, tela na camiña no salón pendiente de min… Era unha cadeliña moi boa e moi agradecida. En fin, foise como merecía, tranquiliña, sen agonía e coa salchicha de cando chego de traballar na barriguiña…

O pasado 5 de febreiro, Manu Franco dábanos unha triste noticia. A súa “velliña preciosa” cruzara o “arco da vella dos peludos”. Moito sentimos a perda desta cadeliña! Moito botamos en falta ver fotos súas, das longas sonecas que botaba na súa cesta, das cariñas pachorrentas que poñía diante da cámara, das boas migas que facía cos outros cans cos que convivía…

Manu Franco foi a xenerosa artífice dos dous anos de vida extra que tivo Xesta, no seu fogar de Poio. Na Asociación Monte Pituco nunca xuntaremos palabras abondo para agradecerlle ese regalo, esa nova oportunidade para unha cadeliña que tiña os días contados se seguira tirada unhas poucas horas máis nunha cuneta da Variante de Marín, onde a atopamos un 28 de abril de 2014.

A súa ollada cansa, o seu precario aspecto provocado polos parásitos e as enfermidades, o seu xesto de derrota vital e decepción polo maltrato humano, non botaron para atrás a Manu Franco no seu firme propósito de atopar a Xesta entre as numerosas mascotas que chegaban ao Centro de Acollida de Animais da Deputación, onde a identificaron como Olgama.

Moi ao contrario, o temor a que o seu caso tivera un drástico e precipitado final, foron o acicate para que se interesara tanto na súa adopción, para que agardara con ansia o cumprimento dos prazos estipulados na canceira para por fin sacala de aquel terrible destino de olvido e decadencia que lle agardaba entre os muros desa instalación.

…E funcionou! Xesta encaixou perfectamente na vida -e nas circunstancias- de Manu. Porque Xesta daba moito máis do que precisaba. E iso sábeno a inmensa maioría das xentes de ben que pasaron pola experiencia da adopción ou do acollemento: a ledicia contaxiosa que transmite un animal que cambia o abandono e a fame por un teito e un prato de comida; o agarimo co que premian que lles permitas compartir o teu tempo.

Quen se desfixo de Xesta porque era vella, porque non lle servía para nada ou porque lle estorbaba -calquera excusa bochornosa- ten que saber que por cada minuto de sufrimento que lle causou, os dous anos seguintes foron un bálsamo reparador que lle devolveu a felicidade e o benestar perdido. Ogallá por cada un deses malvados maltratadores houbera dez Manus. O mundo sería, sen dúbida, un lugar moito máis habitable.

Ata sempre, Xestiña linda.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: