Publicado por: MontePituco | 01/02/2016

A DEFENSA DO MONTE PITUCO, NAS PRIORIDADES DAS ‘MAREAS DA RÍA’

  • Paralización da A57
  • Protección Xunqueira da Gandarela
  • Defensa do Monte Pornedo (Pituco)
  • Tren e o nó de Praceres
  • Cumprimento das sentenzas de EDAR, dos recheos do porto e de Elnosa
  • Saneamento integral da Ría
  • Defensa do sector pesqueiro-marisqueiro
  • Mellora da Protección das Illa de Ons e Tambo

Xuntanza das 'Mareas da ría'

Estes son os “temas prioritarios” que conformarán a axenda institucional das ‘Mareas da ría’, que agrupa a Marea Veciñal de Marín, Marea Pontevedra e Alternativa Cidadá de Bueu. As tres ‘mareas’ reuníronse o pasado venres en Pontevedra coa deputada Ángela Rodríguez e coa senadora Vanessa Angustia.

A xuntanza coincidía co día no que se celebraba a manifestación contra a prórroga da concesión a Ence, así pois o tema central da xuntanza foi abordar a situación global da ría de Pontevedra para coordinar un “paquete de medidas que se levarán ao Congreso e ao Senado a través de En Marea”, contaron as organizacións nun comunicado.

Este encontro serviu para que as ‘Mareas da ría’ estableceran una “rede para coordinar iniciativas institucionais e accións sociais conxuntas”. Grazas á presenza de Vanessa Angustia e Ángela Rodríguez nas Cortes, as ‘mareas’ comprometéronse a converter en “cuestión de Estado” compromisos electorais que figuraban no seu programa, como o rexeitamento ás agresións no monte da Fracha a conta das obras de construcción da A-57 ou os problemas asociados á ría de Pontevedra: a sentenza sobre os recheos ilegais do porto de Marín, a prórroga a Ence, o ramal ferroviario que atravesa a Praza dos Praceres…

As ‘Mareas da ría’ tamén apostaron por xerar sinerxias cos representantes de AGE e Podemos na Unión Europea para que estes asuntos teñan unha dimensión e un tratamento máis amplo. Dende Marea Pontevedra eloxiaron a fronte xudicial emprendida nos últimos anos pola asociación Salvemos Pontevedra e apostaron por “recuperar integramente” a ría de Pontevedra, por impulsar un “modelo produtivo alternativo” baseado na “defensa do sector primario pesqueiro/marisqueiro”. Tamén amosaron o seu “rexeitamento” á prórroga concedida a Ence, que atribuíron “ao proceso de privatización da empresa e a posibles interses ligados á corrupción económica”.

Xuntanza das 'Mareas da ría'

Mari Carmen Moreira (concelleira de Marea Pontevedra), Vanessa Angustia (senadora por En Marea), Ángela Rodríguez (deputada no Congreso por En Marea), Luís Rei Núñez (voceiro municipal de Marea Pontevedra), Julio Villanueva (Alternativa Cidadá de Bueu), Jaime Acuña e Sofía Abal (Marea Veciñal de Marín).

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: