Publicado por: MontePituco | 06/02/2016

EXCAVACIÓN NO CASTRO ALOBRE (VILAGARCIA)

Castro Alobre (Foto, Deputación de Pontevedra).

O 1 de febreiro comezou a intervención arqueolóxica no Castro de Alobre de Vilagarcía de Arousa, enmarcada no protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos galaico-romanos na provincia de Pontevedra. Esta escavación, que se estenderá durante catro meses, busca propiciar a transmisión do coñecemento do ben arqueolóxico á sociedade, a súa valorización e o impulso do aproveitamento turístico do mesmo.

En concreto, as tarefas que se realizarán teñen por obxectivo o acondicionamento do sector visible e o seu contorno inmediato así como actuacións encamiñadas a evitar alteracións das estruturas; a consolidación e restauración dos restos exhumados; a recreación de elementos singulares; a instalación de elementos adecuados para facilitar a circulación do visitante polo xacemento, impulsando a accesibilidade; a instalación de elementos explicativos que contribúan a explicar o xacemento e a iluminación da área de intervención.

A través da escavación, se prevé a aparición de estruturas e materiais arqueolóxicos que permitirán afondar no coñecemento do xacemento do Castro de Alobre. Para elo aplicarase metodoloxía arqueolóxica innovadora e a realización de mostras que permitirán descubrir máis aspectos da cultura castrexa. Neste contexto, preténdese aportar datos para o mellor coñecemento das relacións comerciais da fase final da cultura castrexa no seu tránsito de cara a outras formas de ocupación do territorio nas Rías Baixas, así como comprender como a proximidade do medio marítimo e a pesca era a base da súa economía e subsistencia. 

A nova campaña arqueolóxica que se vai poñer en marcha no xacemento vilagarciá prevé escavar 400 metros cadrados máis de superficie. Os traballos, que terán unha duración de catro meses, comezarán a realizalos inicialmente 12 persoas: 3 arqueólogos, 8 auxiliares e 1 restaurador. O equipo irase incrementando paulatinamente con máis persoal a medida que a empresa contratada pola Deputación de Pontevedra remate os traballos que están a realizar en Santa Tegra.

As escavacións financiadas polo organismo provincial intégranse nun proxecto máis amplo promovido polo Concello de Vilagarcía para poñer en valor o enclave arqueolóxico e histórico máis importante da vila. Cun investimento superior ós 600.000 euros serán tres os proxectos a realizar, xa que ademais desta campaña arqueolóxica, levarase a cabo a musealización do xacemento, a mellora do acceso dende Vista Alegre e o acondicionamento da zona de esparexemento do parque.

O Castro de Alobre, de titularidade do Concello de Vilagarcía de Arousa, atópase en mal estado en pleno casco urbano da localidade. As investigacións realizadas ata o momento sinalan que o castro estivo ocupado entre os séculos I a.C. e o II d. C, acadando o máximo apoxeo durante o imperio de Augusto e a dinastía Xulio ¨C Claudia.Trátase dun castro de importantes dimensións emprazado nunha punta costeira, que estaba defendido polo mar e as marismas da desembocadura do río Con, nun rico contorno con recursos agrícolas e pesqueiros. 

Durante a vixencia das escavacións, o Concello de Vilagarcía de Arousa organizará visitas guiadas por técnicos para os colexios e incorporará a escavación como un dos recursos a visitar nos itinerarios turísticos da localidade.

As actuacións no castro de Alobre forman parte dunha serie de intervencións que a Deputación de Pontevedra está a desenvolver en 18 xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra entre os que se atopan, ademais de Alobre, o Castro de Santa Trega en A Guarda, Castro de Facho de Donón en Cangas, Castro de A Lanzada en Sanxenxo, Porta de Arcos en Rodeiro, Mercado dos Mouros en Valga, Igrexa Vella en Valga, Monte do Castro en Ribadumia, Adro Vello en O Grove, Castro de Troña en Ponteareas, A Cabeciña en Oia, Castrolandín en Cuntis, Alto da Cruz do Castro en Cotobade, Castro de A Subidá en Marín, Castro de Toiriz en Silleda, Coto de Altamira en As Neves, Alto dos Cubos en Tui, Castro de Penalba en Campo Lameiro.

[Nota informativa da Deputación de Pontevedra]

Castro Alobre (Foto, Deputación de Pontevedra).

. . . . . . . . . . . .

DiarioDePontevedra

Diario, 31 xaneiro 2016

Las excavaciones en el Castro Alobre abarcarán 400 metros

Castro Alobre (Foto, Deputación de Pontevedra).

Castro Alobre (Foto, Deputación de Pontevedra).


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: