Constatamos que cada vez son máis as persoas que se achegan ata o miradoiro do Pornedo para gozar da paisaxe, da natureza, dos xacementos arqueolóxicos… Temos este recuncho singular e emblemático a un pasiño dos centros de Marín e de Pontevedra, polo que resulta un destino cercano e moi accesible. Invitámoste a compartir en Facebook a túa foto tomada neste BALCÓN DA RÍA, a comentar o momento, a sensación ou o recordo que che trae, e a etiquetar a @Monte Pituco ou a @Salvemos o Monte Pituco (Pornedo). Compartiremos as imaxes neste blog.
Velaquí os primeiros froitos desta campaña. Moitas grazas por participar nesta iniciativa.
“Era unha solleira tarde no mes de febreiro, un grupo de buscadores de petróglifos chegou a Pornedo. As raiolas do sol de media tarde tinguían de ouro a arboreda e as pedras, coas súas milenarias inscripcións. E sucedeu que ficaron abraiados polo espectáculo que lles servía o balcón de Pornedo sobre a ría, día inesquecible para todos eles, todos nos”.
[Mensaxe e imaxes de Gloria Xoaniña]
“Esta fotografía es de la primera vez que visité el Monte Pituco – Pornedo. Nunca había visto la ría desde esta perspectiva, ni tampoco mis dos pueblos Mogor y Marín en una sola imagen. No hay cámara que le haga justicia a a estos lugares tan maravillosos, la naturaleza hay que verla en 360º.
Espero que triunfe el sentido común y no se les ocurra colocar aquí un polígono industrial, porque sería un error tremendo estropear este espacio natural y arqueológico”.
[Mensaxe e imaxe de María López]
[…] Amig@s do balcón da ría (I) […]
By: AMIG@S DO ‘BALCÓN DA RÍA’ (II) | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 05/04/2016
at 23:27