Publicado por: MontePituco | 03/04/2014

OS PETROGLIFOS DE CHAMPÁS, EN SAN XULIÁN

Conxunto rupestre de Champás, en San Xulián (Foto, Paulo Troitiño]

Dende 2011 non volveramos repasar a situación dos petroglifos de Champás, situados na parroquia de San Xulián. Hai tres anos seguiamos a Rafa Quintía na súa bitácora, Á sombra de bouza panda, cando visitaba este conxunto arqueolóxico coñecido -por razóns morfolóxicas obvias- como “A silla”. Nesta ocasión son as fotografías do marinense Paulo Troitiño Iglesias as que nos transportan ata este xacemento que, pola súa singularidade, chegou a ser motivo de estudo por parte do historiador Antonio Blanco Freijeiro nos anos 50.

Conxunto rupestre de Champás, en San Xulián (Foto, Paulo Troitiño]

Cazoletas e círculos concéntricos son algúns dos motivos destes petroglifos datados na Idade do Bronce. Neste santuario pétreo destaca tamén a presenza de varias pías.

Conxunto rupestre de Champás, en San Xulián (Foto, Paulo Troitiño]

Conxunto rupestre de Champás, en San Xulián (Foto, Paulo Troitiño]

Como ocorre con TODO o patrimonio arqueolóxico situado na parroquia de San Xulián, os petroglifos de Champás están nun estado de conservación moi precario, cando non nulo, tendo en conta que non se realiza neles ningún traballo de limpeza, mantemento ou posta en valor. A única actuación que se anunciou, por parte da Consellería de Cultura, remóntase ao ano 2008, sen que teñamos constancia de que finalmente se levou a cabo.

[Ver a noticia publicada por La Voz de Galicia en decembro de 2007: “Arqueólogos hacen un lavado de cara a los petroglifos de Mogor“]

Conxunto rupestre de Champás, en San Xulián (Foto, Paulo Troitiño]

Conxunto rupestre de Champás, en San Xulián (Foto, Paulo Troitiño]

Conxunto rupestre de Champás, en San Xulián (Foto, Paulo Troitiño]

…E iso que os gravados rupestre de Champás -ao igual que os de Pornedo, afectados polo proxecto do polígono industrial- forman parte da relación de petroglifos que o Concello de Marín “promociona” na súa páxina web:

Llamados también grabados rupestres o insculturas,  se extienden por toda la Edad de Bronce (1800 – 600a.C.).
Situados cerca de los grandes cursos de auga y del mar, encima de pequeñas rocas y en los valles fluviales, la mayor concentración la tenemos en la zona costera de la provincia de Pontevedra (curso bajo del río Lérez y en las márgenes de las rías de Marín y de Vigo).
Las tipologías son diversas: desde los más simples agujeros (cazoletas), pasando por combinaciones circulares, espirales, armas, hasta animales (cérvidos, caballos, serpientes) y representación humana. Menos frecuentes serían los laberintos, las esvásticas, los ídolos y los zigzag.
No se sabe con exactitud cual podría ser su finalidad, si bien son muchas las especulaciones: magia, religión, ritos propiciatorios para la caza…
El Concello de Marín cuenta con una densidad muy alta de petroglifos, repartidos en doce estaciones (concentración de grabados) compuestas a su vez por treinta y cuatro grupos o piedras grabadas, localizadas fundamentalmente en las parroquias de Mogor y San Xulián.
Además de los conocidos y afamados petroglifos de Mogor objeto de estudio  de numerosos investigadores a nivel mundial, tenemos grabados en Cachada Grande, Carballás, Champás, Chan da Lagoa, Cadro, y Pornedo (en la parroquia de San Xulián de Marín), y en Godalleira y Siete Espadas (en la parroquia de San Xurxo de Mogor).  Su estado de conservación, en general, y a pesar de ser declarados monumentos histórico artísticos, no es el adecuado, pero tuvieron mejor suerte que otros que desaparecieron como los de la Teixugueira, los de la Laxe, a Pedra dos Namorados o el grabado de un cérvido al que le puso fin al vial de playas.
Y no nos olvidemos de los “petroglifos” contemporáneos que tenemos en el Concello, los de Pepito Meijón, personaje que llenó con graburas infinidad de piedras, muros, puentes, casas,  y otros lugares, con motivos de lo más inverosímil, que también forman parte de nuestro patrimonio y de los que sería también interesante hacer una catalogación.

A relación de petroglifos que se cita na web do Concello de Marín é incompleta, posto que obvia citar gravados rupestres como os de Pinal de Caiero e Sete Camiños, situados tamén no Monte Pituco.

Sería moi oportuno que o Goberno local -da man da Xunta- tomara a iniciativa para ir recuperando este patrimonio prehistórico, Bens de Interese Cultural que están ao mesmo nivel que os de Mogor, nos que se centran en exclusiva os contados “esforzos” que realizan estas Administracións públicas, como se non houbera outras necesidades. No caso dos xacementos ubicados no monte veciñal de San Xulián, a Comunidade de Montes está na obriga legal -como propietaria dos terreos- de contribuir á súa protección.

Na primeira e única visita que unha parte do actual equipo de goberno -coa alcaldesa María Ramallo á fronte- se achegou ao Monte Pituco para coñecer os petroglifos do Pornedo, apelaron á colaboración económica da Comunidade de Montes. Agora que esta entidade ten fontes de ingresos ben sustanciosas -como as indemnizacións pola expropiación de terreos polas obras da Variante, da liña de alta tensión ou dos terreos cedidos á Brilat- non cabe ningunha excusa obxectiva, agás que a negativa sexa a insensibilidade, a incultura ou a inquina contra a asociación Defende o Monte Pituco na súa insistente demanda para que se recuperen estes monumentos.

Conxunto rupestre de Champás, en San Xulián (Foto, Paulo Troitiño]

Conxunto rupestre de Champás, en San Xulián (Foto, Paulo Troitiño]

[Fotos de Paulo Troitiño Iglesias]


Deixar un comentario

Categorías