Publicado por: MontePituco | 17/05/2018

DÍA DAS LETRAS GALEGAS NO ‘BALCÓN DA RÍA’

Día das Letras Galegas con María Victoria Moreno

Fai como Iván:

busca o amor nos ollos

doces dun can.

Un ‘poema viaxeiro’ chegou ao Miradoiro do Pornedo, o ‘balcón da ría’, neste Día das Letras Galegas dedicado á profesora e escritora María Victoria Moreno.

Nenas e nenos da Escola de Educación Infantil Nosa Señora do Carme, de Marín, ceibaron textos da autora homenaxeada en diversos puntos da vila. Seguindo as instruccións que figuran no reverso do poema, gozamos da súa lectura e logo achegámonos ata o Monte Pituco (Pornedo) para que as palabras se enchouparan das cores do solpor. Agora, estes versos emprenden un novo tránsito para chegar -ogallá- a outras mans que os aprecien e sigan contribuíndo a que a literatura, a educación e a cultura flúan entre a veciñanza.

Grazas ao profesorado, o alumnado e a asociación de nais e pais da EEI Nosa Señora do Carme por poñer en marcha esta fermosa iniciativa. Grazas á pequena  Alexandra polos debuxos que acompañan a historia de Iván.

“Escribo en galego porque amo Galiza, porque Galiza me deu moito, porque penso en galego”

María Victoria Moreno

Día das Letras Galegas con María Victoria Moreno

 

 


Respostas

  1. […] a carballeira de Famelga levamos un Poema Viaxeiro elaborado -xa no 2017 dedicado a Mª Victoria Moreno se organizara esta iniciativa- por alumnas e alumnos da Escola de Educación Infantil Nosa Señora […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: