Publicado por: MontePituco | 15/02/2020

MARÍN NA REVISTA SALVAJE

Revista Salvaje nº3

Típico día feúcho de inverno, de manta e lectura. Recén chegado o terceiro número da Revista Salvaje, de entrada chámame a atención a capa; nos créditos pon que é cousa duns tal “Los Bravú”: que ben, soa a galegos… Recoñezo entre os redactores o nome da escritora Sabina Urraca. Medra o interese. Empezo a lectura: unha reportaxe sobre o oso pardo, outro sobre as nodrizas que amamantaban os fillos da aristocracia española, outro sobre a despoboación do interior…

Salto unhas cantas páxinas que reservo para outro momento e chego ao atípico menú dunha cea cos ilustradores da portada. E nisto que leo o nome de Marín nun mapiña que te sitúa xeograficamente na súa procedencia. Brinco no asento: Marín na Revista Salvaje! E aí están, dous artistas de proxección internacional -nin repajolera idea da súa existencia!- á porta da casa. Creadores made in Morrazo, Rías Baixas, Galicia… para seguir e admirar. Vivan os días grises de manta, lectura e grandes descubrimentos.


Deixar un comentario

Categorías