Publicado por: MontePituco | 24/02/2020

DÍA DE ROSALÍA

"Rosalía de Castro, escolma poética" (Faktoría K)

“Din que non falan as plantas, nin as fontes, nin os paxaros…”

Rosalía de Castro deulle voz á natureza e á paisaxe. Nos seus versos están os regatos, os outeiros e as arboredas, as criaturas silvestres que habitan cada humilde recuncho desta terra, tan empobrecida antano, tan maltratada na actualidade. Esta escolma poética ilustrada pola pontevedresa Belén Padrón, no catálogo do selo editorial Faktoría K de Libros, asómase entre o verdor do brión e do fento, empápase cun eco ancestral no rego da Grela, atrapa a luz do solpor que se filtra polos carballos neste pequeno oasis entre o abafante cerco do eucalipto invasor. Pasan 183 anos do nacemento da poeta nacional, inspiradora, loitadora e feminista.

O Monte Pornedo alenta cara ao futuro porque a literatura e a cultura foron balsa salvavidas de quen turrou incansablemente por salvalo do cemento, do asfalto e do formigón. A recompensa ao esforzo e ao desgaste causados pola loita desigual que enfrontou a razón e a paixón contra os intereses e a cobiza está, día a día, en seguir desfrutando do ímpetu da vida a través das estacións, en que sexan cada vez máis as persoas que se achegan ao ‘balcón da ría’ para admirar os seus encantos naturais e culturais, en atopar a marabilla no máis insignificante do camiño. Velaí a satisfacción polo deber cumprido.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: