Custou tanto chegar ata aquí, tantas foron as dificultades e os atrancos impostos dende as Administracións públicas e ata da organización responsable de velar pola conservación do monte veciñal; e malia todo foi tan agradecida a axuda e a solidariedade recibida por parte de persoas expertas en ámbitos diversos da ciencia e da cultura, que cada data conmemorativa arredor da Vida Silvestre, da Natureza e do Medio Ambiente… é motivo de celebración, de ledicia, de satisfacción polo deber cumprido.
solpores aves e flores
regatos incansables de auga fresca
recunchos de verdor afastados do mundanal ruído
pedras riscadas por mans milenarias
tempo compartido con voces amigas
polos camiños do ‘balcón da ría’
Polo traballo feito e polo moito que aínda queda por facer na defensa e na promoción do Pornedo!
Deixar unha resposta