Se dedicamos dez longos anos de intenso traballo para defender un pedaciño de terra, o seu patrimonio natural e cultural… Se investimos moitos recursos económicos e personais en salvagardar o ‘balcón da ría’ da depredación urbanística e do enriquecemento ilícito… Se fixemos todo iso -e, por riba, gañamos!- foi para compartir tan gratos momentos como os de onte, con amigas e amigos que se sumaron á ANDAINA POLO MONTE PITUCO AO SOLPOR.
Con elas e eles quixemos compartir que vimos de presentar unha queixa perante a Valedora do Pobo contra o Concello de Marín e contra a Xunta pola demora no cumprimento das dúas sentenzas firmes e irrevocables que obrigan a estas dúas Administracións a anular a clasificación do Monte Pituco como solo urbanístico no PXOM e a retiralo do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais.
Moitas grazas a todas e todos por participar nesta ruta. Agardámosvos na próxima convocatoria: as III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián, este vindeiro mes de novembro.
[…] do voceiro da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Cándido Martínez, quen na recente Andaina polo Monte Pituco ao solpor, ao comprobar sobre o terreo a desfeita da tala a matarrasa realizada pola Comunidade de Montes de […]
By: TRALA CORTA A MATARRASA, A REFORESTACIÓN | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 09/11/2019
at 00:06