Publicado por: MontePituco | 06/10/2019

ASÍ FOI A ANDAINA POLO MONTE PITUCO AO SOLPOR (I)

Se dedicamos dez longos anos de intenso traballo para defender un pedaciño de terra, o seu patrimonio natural e cultural… Se investimos moitos recursos económicos e personais en salvagardar o ‘balcón da ría’ da depredación urbanística e do enriquecemento ilícito… Se fixemos todo iso -e, por riba, gañamos!- foi para compartir tan gratos momentos como os de onte, con amigas e amigos que se sumaron á ANDAINA POLO MONTE PITUCO AO SOLPOR.

Con elas e eles quixemos compartir que vimos de presentar unha queixa perante a Valedora do Pobo contra o Concello de Marín e contra a Xunta pola demora no cumprimento das dúas sentenzas firmes e irrevocables que obrigan a estas dúas Administracións a anular a clasificación do Monte Pituco como solo urbanístico no PXOM e a retiralo do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais.

Andaina polo Monte Pituco ao solpor, outubro 2019

Andaina polo Monte Pituco ao solpor, outubro 2019

Andaina polo Monte Pituco ao solpor, outubro 2019

Andaina polo Monte Pituco ao solpor, outubro 2019

Andaina polo Monte Pituco ao solpor, outubro 2019

Andaina polo Monte Pituco ao solpor, outubro 2019

Andaina polo Monte Pituco ao solpor, outubro 2019

Moitas grazas a todas e todos por participar nesta ruta. Agardámosvos na próxima convocatoria: as III Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián, este vindeiro mes de novembro.


Responses

  1. […] do voceiro da Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, Cándido Martínez, quen na recente Andaina polo Monte Pituco ao solpor, ao comprobar sobre o terreo a desfeita da tala a matarrasa realizada pola Comunidade de Montes de […]


Deixa unha resposta a TRALA CORTA A MATARRASA, A REFORESTACIÓN | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: