Publicado por: MontePituco | 04/08/2019

NIÑO DE VELUTINA NO PITUCO

Niño de vespa velutina no Pituco

En canto poñamos o punto final a este texto e estea publicado, a Asociación ‘Depolgal’ de Defensa dos Polinizadores de Galicia estará recibindo no seu buzón de correo electrónico a ligazón a este artigo con toda a información necesaria sobre a localización dun niño de vespa velutina no Monte Pituco (Pornedo), en San Xulián, preto do nacemento do rego das Presas. 

Advertiunos da presenza deste niño un operario da empresa madeireira que realizou a recente corta do piñeiral na ladeira do Pornedo. Afeitos a atoparse con numerosos avespeiros desta especie invasora orixinaria de Asia, os traballadores forestais semellan ter un ‘ollo’ especial para captalos, pola experiencia acumulada nos últimos anos dende que esta praga chegou ao noroeste peninsular.

Foi en 2015 cando detectamos por primeira vez a presenza de velutina nas leiras do val do Pornedo. Pero trala localización deste niño, o que finalmente nos decidiu a non pospoñer máis a súa notificación é o feito de atopala xa no interior das vivendas próximas, no lugar do Caeiro, introducíndose nelas polas portas e polas ventás abertas. No propio monte é habitual ver vespas velutinas rondando na cortiza dos piñeiros ou nas matas de fiúncho en flor, na procura de alimento.

A dificultade deste niño situado no Pornedo radica na elevada altura á que se atopa, na copa dun dos eucaliptos máis grandes situados nas inmediacións do nacemento do rego das Presas, nun mato privado. A pesar da distancia con respecto do chan, o niño é visible na distancia, o que fai presupoñer que se trata dun avespeiro de gran tamaño.

Niño de vespa velutina no Pituco

Vespa velutina

Hai tan só uns días os especialistas en eliminación de velutina achegáronse ata O Caeiro para erradicar un niño situado nun carballo, aplicando a técnica da explosión cun petardo. No caso do niño situado no alto deste eucalipto, non será tan doado achegarse a el utilizando unha pértiga; en lugares como Mos tense empregado unha escopeta de aire comprimido e mira telescópica que dispara un produto específico para o tratamento desta especie.

Niño de velutina no Caeiro

Dende a Asociación Monte Pituco poñémonos a disposición de Depolgal -ou dos técnicos nos que se delegue esta misión- para colaborar na localización deste novo niño: montepituco@gmail.com 

Asimesmo, nesta época de verán na que se rexistra unha maior proliferación da velutina, facemos un chamamento á veciñanza para que extreme as precaucións durante a realización de tarefas agrícolas como limpeza de fincas ou mantemento nos viñedos, utilizando medios de protección contra posibles picaduras. En caso de atoparse cun avespeiro, pregamos que se lle dea aviso ao 112 ou a Depolgal: depolgal@gmail.com / téléfono 671 379 743.

Características da Vespa Velutina


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: