Atención ao problema serio e gran calado que se aveciña no Monte Pituco pola crecente presenza de acacia. Polo momento, trátase dunha área de reducidas dimensións -a carón da pista forestal, á altura do sendeiro que conduce ao conxunto rupestre do Pornedo- na que sería doado actuar se a Comunidade de Montes de San Xulián tomase conciencia da importancia de atallar esta praga cando aínda . Na veciña Comunidade Montes Salcedo saben moi ben deste asunto e foron quen de -a base de determinación e constancia- actuar para erradicar a súa presenza.
Dende a asociación Amigos da Terra xa veñen advertindo hai anos da necesidade de afrontar este desafío para protexer o monte dunha ameaza, que ademais se agrava polo potencial pirófito desta especie invasora:
“Al ser una especie exótica carece de enemigos naturales que limiten su expansión y al ser un árbol extraordinariamente eficiente, de crecimiento muy rápido, inhibe cualquier posible competencia con la vegetación autóctona. Esa eficiencia se traduce a su tejido germinal (aunque se corte, rebrota de sus raíces hasta un metro de profundidad) y a sus semillas, diez mil por árbol, que mantienen su potencial de germinación en el suelo durante cinco años. Encima, las favorece el fuego. Es un problema serio porque además del empobrecimiento ecológico general, las acacias aumentan la acidez del suelo y desplazan a todo el resto de especies, de flora y fauna”.
Obsérvese na imaxe que as dimensións das árbores son ‘asequibles’, se ben empezan a agromar numerosas plantas novas, con raíces fortes e moi ramificadas! Abonda intentar arrancar unha para comprobar como se expanden, a través dun intrincado sistema reticular.
Obviar este asunto sería tan inxustificable como irresponsable por parte de quen ten a obriga de velar pola conservación e mantemento do monte veciñal.
Deixar unha resposta