Publicado por: MontePituco | 28/08/2018

DE AREOSO… Á ILLA DE AROUSA

A Illa de Arousa, agosto 2018

O número 7 -que na tradición literaria representa a sorte- é o talismán de A Illa de Arousa: a súa fisonomía evoca un perfecto número 7, ten unha extensión de 7 quilómetros cadrados e conseguiu o estatus de concello propio en 1997.

Visitamos algúns dos seus pecualiares recunchos de regreso do illote Areoso…

A Illa de Arousa, agosto 2018

A Illa de Arousa, agosto 2018

“Os recursos mariños son a principal fonte de ingresos de A Illa, destacando o sector mexilloeiro, o marisqueo a pé e a flote, ademais doutras artes menores de pesca. Conta con catro portos: o Porto do Xufre, o Porto da Ribeira do Chazo, o Porto do Cabodeiro e o Porto do Naval, todos eles destinados a actividades relacionadas co mar, principalmente a carga e descarga de mexillón, ameixa e peixe”. 

 

Itinerario pola costa d'A Illa ata o illote Areoso

“As bateas para o cultivo de moluscos dominan a paisaxe que rodea A Illa de Arousa. Nesta ría hai arredor de 2.000 plataformas que producen arredor do 70% do mexillón que Galicia exporta”.

Peirao do Campo

A Illa de Arousa, agosto 2018

Vista cara ao paseo do peirao do Xufre

Retorno ao porto de Xufre

“Na década de 1770 chegan empresarios cataláns ás Rías Baixas; comeza a conversión das vilas mariñeiras en núcleos preindustriais. En 1843 Juan Goday Gual instala a primeira fábrica de conserva de peixe de Galicia, na Illa de Arousa, sendo nomeada -en 1881- provedora oficial da Casa Real. Entre finais do século XIX e principios do XX, A Illa chega a contar con 11 fábricas, entre conserveiras e factorías de salga”.

Na Illa consérvanse as chemineas das conserveiras de Odosa, Francisco Otero, Dardo, Goday e O Charco

A Illa de Arousa, agosto 2018

En xaneiro deste 2018 a prensa local anunciaba un impulso na intención do Goberno local de A Illa para rehabilitar as casas modernistas situadas na rúa Marqués de Bradomín, onde residían os antigos empresarios conserveiros. Trátase da casa de Goday, construída preto da primeira fábrica de conservas, onde actualmente se ubica o centro de interpretación da conserva, e que trala remodelación converterase na futura biblioteca municipal; da casa do Campaneiro e da casa de Dona Tomasa, adquiridas en 2010,  que se destinarán a centros socioculturais. Está previsto que a Deputación de Pontevedra vaia contribuír a estas obras arquitectónicas cunha achega de 1,5 millóns de euros.

Casa do Campaneiro

A Illa de Arousa, agosto 2018

Casa de Dona Tomasa

A Illa de Arousa, agosto 2018

Vestixios da arquitectura modernista nas rúas d’A Illa

A Illa de Arousa, agosto 2018

Enseada da Brava, a carón do muíño de mareas

A Illa de Arousa, agosto 2018

Muíño de mareas da Seca

“É unha construción de pedra á que se accede por unha pequena ‘ponte’, tamén de pedra. Aprovéitase de pleamares e baixamares e ten tres moas; unha delas para moer exclusivamente trigo, e as outras dúas, para o millo”.

A Illa de Arousa, agosto 2018

Demarcación da Rede Natura, en Enseada Brava

A Illa de Arousa, agosto 2018

Ao fondo, o Espazo Natural de O Carreirón

“Situado na cara sur de A Illa de Arousa, o Parque do Carreirón é unha das tres brañas que conforman o Complexo Intermareal Umia – O Grove – A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira, zona protexida declarada Zona Húmida de Importancia Internacional polo Convenio RAMSAR e Zona de Especial Protección de Aves. Nos seus 1,3 km² de extensión, consta de diversos ecosistemas de rochedos, lagoas, marismas, piñeirais, matos e áreas dunares. Habitan nel multitude de aves que paran a descansar ou a criar alí no seu paso migratorio. Destacan varias especies de ánades, garzas e especies limícolas como o pilro”.

A Illa de Arousa, agosto 2018

[En azul e cursiva, información turística do Concello de A Illa]

 

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: