Voltamos a Guidoiro Areoso, na Ría de Arousa, a finais deste mes de agosto, respectando o periodo de cría da fauna avícola que habita ao sur do illote. Diversos carteis prohiben acceder a este espazo ata pasada a primeira quincena, malia que na primeira visita comprobamos con indignación que varios usuarios facían caso omiso da advertencia.
A existencia de túmulos funerarios que daquela non se puideran coñecer sobre o terreo xustificaron esta nova travesía -desta volta dende o peirao do Campo- ata unha paraxe idílica, un auténtico privilexio nas Rías Baixas para quen apreza e goza da natureza e mais da historia.
Todo canto cómpre saber sobre o valioso pasado que atesoura este enclave insular, os seus xacementos arqueolóxicos e as sucesivas campañas de prospección que os investigaron, está publicado na web científica Guidoiro Dixital, que recomendamos consultar en todos e cada un dos seus numerosos e completos apartados informativos.
Planos do illote Guidoiro Areoso e da Illa de Arousa, por Paulo Troitiño
Mámoa nº1
“Seguramente estaba formada por seis lousas, das que só tres, de granito, permanecen na súa posición orixinal. A erosión do mar fixo desaparecer case a metade do túmulo” [GuidoiroDixital]
Mámoa nº3
“Este pequeno dolmen está situado a carón da mámoa 2, a só 4,50 m do borde da escavación realizada nos anos 80 do século XX, pero non foi coñecido ata datas recentes, o que dá idea da cantidade de area que desapareceu nos últimos anos” [GuidoiroDixital]
Mámoa nº4
“En setembro de 2011 o Servizo Provincial de Costas de Pontevedra do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente construíu un muro de contención para protexer o monumento da acción do mar” [GuidoiroDixital]
Posibles restos da cista nº1, no ‘paleosolo’ do illote
“Durante a Idade do Bronce tamén parece que se realizaron enterramentos no illote. Á parte de que algunha das mámoas podía seguir en uso, localizáronse dúas pequenas cistas, caixas feitas con lousas de pedra que son utilizadas como sartego. Orixinalmente estarían sepultadas baixo o terreo”. [GuidoiroDixital]
Marcas de canteiría, coviñas prehistóricas ou erosión natural?
Vestixios contemporáneos da canteiría tradicional
“A finais dos anos 80 do século XX o arqueólogo José Manuel Rey localizou na súa superficie tres estruturas megalíticas, das que escavou dúas, así como un asentamento de comezos da Idade do Bronce, no que xunto a cerámicas e outras pezas se recuperaron abundantes restos de fauna doméstica (vacas, porcos e ovellas ou cabras). Non semella haber ocupacións humanas posteriores a esa data. Unicamente atopou restos dunha ánfora romana que seguramente procede dun pecio afundido nas proximidades. Aínda así, O Areoso seguiuse frecuentando tanto para o marisqueo como para a extracción de granito para a cantería”. [GuidoiroDixital]
Marcas das cuñas dos canteiros nun penedo que evoca a cabeza dun peixe ou dunha balea, coa oquedade lateral a modo de ollo
Máis pedras de sorprendente fisonomía, cons cubertos de liques e contorna rochosa do illote. Graníticas paisaxes nunha contorna paradisíaca e chea de historia
Formacións salinas nas oquedades das rochas
E máis sorprendentes formacións rochosas que suxiren parecidos máis ou menos razoables
Fauna e flora de Areoso
O istmo que une Guidoiro Areoso, coa zona dunar ao fondo
Un lugar marabilloso para o coñecemento sobre o pasado, sobre a biodiversidade; un espazo para o lecer… e tamén para a creatividade…
…nunha paraxe de augas con tonalidades paradisíacas que van dende o azul turquesa, ao verdoso e as transparencias cristalinas.
Despedímonos de Guidoiro Areoso con sensacións contrapostas: por unha banda, desexando ter novamente a oportunidade de repetir unha experiencia tan intensa e marabillosa; doutra parte, observando con preocupación -na lonxanía- a ‘presión’ humana á que se ve sometido o illote. Sería oportuno que as autoridades en materia de medio ambiente e de patrimonio artellen urxentemente algún tipo de regulamento sobre o acceso a este espazo natural para amortiguar o impacto das visitas, que se suma ao proceso -irreversible, segundo os expertos- de progresiva desaparición deste enclave, pola acción das mareas.
La zona dunar del norte de Areoso inicia un camino irreversible hacia su desaparición
La fuerza de las mareas que soporta, la presión turística y otros factores menores han provocado que esa duna retroceda más de diez metros en el último lustro – El Concello aguarda por el plan de usos para la primavera
Una riqueza arqueológica en peligro
Control y multas para los que incumplan las normas
Desaparición del paleosuelo en el oeste
Espacio de cría para gavitas y gaviotas
Redes y artes de pesca, principales residuos que se encuentran en los arenales del islote
Operarios de Concello, Cofradía y Medio Ambiente participaron ayer en la retirada de elementos contaminantes de Areoso
Deixar unha resposta