Publicado por: MontePituco | 01/04/2018

PARABÉNS, DONA LUCINDA!

Dona Lucinda e Esther, no Monte Pituco

Dona Lucinda, coa súa sobriña Esther e a pequena Carabel, no Monte Pituco, en 2014

O 1 de abril de 1922 viña ao mundo Dona Lucinda, matriarca da brava estirpe dos Montenegro do Carballal. Hoxe cumpre 96 anos sendo un orgullo para a veciñanza de San Xulián, un exemplo de loita, traballo e dignidade. De ningunha outra muller podía ter nacido un ser humán tan íntegro, comprometido e singular como Xan Montenegro, xemio e figura. 

No día do seu aniversario, o Monte Pituco únese á ledicia da súa familia e achegados, desexando que siga connosco, dándonos alento, sendo espello e fonte de sabedoría.

Parabéns! Saúde! Felicidade!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: