Publicado por: MontePituco | 06/04/2018

MILLO CORVO, EN MEIRO

Victoria Martínez, da Asociación Millo Corvo

Victoria Martínez, da Asociación Millo Corvo

Vinte anos cumpre neste 2018 o Encontro-Degustación do Millo Corvo que organiza a Asociación Cultural de Meiro.

Corría o ano 1997 cando se fundou a Asociación Socio-Cultural, Deportiva e Xuvenil nesta parroquia de Bueu, que vén traballando a prol da recuperación dunha variedade de millo de cor negra e practicando con esta materia prima unha encomiable artesanía agroalimentaria. Ao longo de todo o ano, seguindo o ciclo natural do millo, este colectivo desenvolve diversas actividades de carácter etnográfico, educativo, cultural e gastronómico que converxen no Encontro-Degustación programado para este fin de semana.

Tanto a través da revista A Lingua do Corvo que se publicou anos atrás como coa unidade didáctica “A aventura do millo corvo na aldea de Meiro“, esta asociación fomentou ademais o coñecemento e a posta en valor do seu legado entre a veciñanza. Mais tamén con accións de reconstrucción do patrimonio, restaurando -con fondos europeos do programa Proder II- tres muíños no lugar d’O Canudo: de Vilas, de Santos e da Laxe.

Muíño do Canudo, no regato homónimo que forma parte do rego do Frade e que desemboca en Bueu no treito denominado río Bispo

Muíño do Canudo, en Meiro (Bueu)

Muíño do Canudo, en Meiro (Bueu)

A peza de madeira que está en contacto coa moa e fai caer os grans de millo recibe o nome de ‘cacarexo’ polo son que emite no seu roce coa pedra. Precisamente, o ritmo desta ‘melodía’ durante a moenda inspirou a tradicional muiñeira.

DSC_1294-minMuíño do Canudo, en Meiro (Bueu)

Senda dos muíños do Canudo, A Laxe, Santos e Vilas, en Meiro (Bueu)

“Baixa polo Canudo a moita historia da brétema

a recibir o canto dos choutos no recudio

incesante: na reboreda palabras de auga.

Move a pedra, baila, referve, tragoa o gran

e hai fariña de ouro que se agranda en aloumiño…”

[Fragmento do pregón do escritor Xosé Vázquez Pintor no IV Encontro-Degustación 2002]

Muíño da Laxe

Muíño da Laxe, en Meiro (Bueu)

Muíño da Laxe, en Meiro (Bueu)

Muíño da Laxe, en Meiro (Bueu)

“Dios te aumente

Dios te acrecente

e que o demo arrevente”

[Fonte, Victoria Martínez]

Esta é unha das beizóns que se pronuncia para que a masa levede, mentres se lle fai unha cruz co canto da man e se deixa repousar cuberta cun pano. Saberase que a masa levedou cando esas dúas raias horizontal e vertical cruzadas desaparecen da superficie do bolo.

PROGRAMACIÓN

VENRES, 6 DE ABRIL

18:00 MUIÑADA. Nos muíños do Canudo. Con queimada a partir das 22:00. Actuación do grupo de Gaiteiros Árdelle o eixo.

XX Encontro do Millo Corvo en Meiro (Bueu)

DSC_1290-minXX Encontro do Millo Corvo en Meiro (Bueu)

https://www.facebook.com/plugins/video.php?href=https%3A%2F%2Fwww.facebook.com%2Fmonte.pituco%2Fvideos%2F1837429106289152%2F&show_text=0&width=560

XX Encontro do Millo Corvo en Meiro (Bueu)

XX Encontro do Millo Corvo en Meiro (Bueu)

XX Encontro do Millo Corvo en Meiro (Bueu)

XX Encontro do Millo Corvo en Meiro, Bueu

SÁBADO, 7 DE ABRIL

11:30 Apertura da Ecotaberna, degustación de pratos elaborados con millo corvo. Exposición e venda de alimentos e produtos naturais e orgánicos.

12:00 Roteiro mediambiental de coñecemento do medio: Árbores e plantas silvestres con Gaspar Bernárdez (O Señor das Plantas).
http://turismobotanico.es/

14:00 Actuación do grupo de gaiteiros Seicachove (Catoira).
https://www.facebook.com/seicachove.grupodegaitas

16:00 Obradoiro de encaixe de horquilla (Fina Carrillo, da Academia Agulla e Pincel).
https://www.facebook.com/agullaepincel/

17:00 Obradoiro de elaboración de crema de caléndula e hipérico (Siegrun Bischof, fitoterapeuta e naturópata)

18:00 Charla: Os morcegos no Morrazo (David Álvarez Graña, técnico en recursos naturais e membro das asociacións Drosera e Anduriña)
http://www.morcegosdegalicia.org/index.php?idioma=gl

19:00 Charla: Loita contra a velutina no Morrazo (Asociación Galega de Apicultura no Morrazo). Obradoiro e degustación de productos elaborados con mel: hidromel.
http://www.apiculturagalega.es/aga/dagas

XX Encontro do Millo Corvo en Meiro, Bueu

20:00 Degustando o mirabel do Rosal : A froita galega gourmet. Petiscos e cervexa artesá (Mirabel do Rosal). https://www.mirabeldorosal.com/
https://www.facebook.com/MirabelDoRosalAlenDoVal/

XX Encontro do Millo Corvo en Meiro, Bueu

21:00 Actuación musical do Grupo Virandeira Folk (Vigo)
https://virandeira.jimdo.com/
https://www.facebook.com/virandeirafolk/

DOMINGO, 8 DE ABRIL

11:30 Apertura da ecotaberna, exposición e venda de alimentos e produtos naturais e orgánicos.

12:00 Charla: Álvaro Cunqueiro, millo e cultura do viño (Xavier Castro, historiador).
Cata – degustación da Adega Leive (Manuel Docampo). Inscrición previa.
http://www.aurealux.com/
https://www.facebook.com/LeiveAdegas/

13:00 Obradoiro de elaboración de zume verde de plantas silvestres (Siegrun Bischof, fitoterapeuta e naturópata).

14:00 Actuación musical das Pandereteiras Novas Amizades de Nespereira (Pazos de Borbén).

16:00 Convivium Galicia Litoral – Xantar de vagar de Slow Food.
Obradoiro de cociña con produtos da Arca do Gusto (millo corvo e requeixo), coa colaboración de Campo Capela, S.C.G.
https://m.facebook.com/slowfoodgalicia/?__nodl&_rdr
http://www.coopcapela.com/cooperativa/index.php

17:30 Obradoiro de fiado e tinguido de lá (Alpacas As Bolboretas)
http://alpacasasbolboretas.com/

18:00 Charla: Y se hizo la luz: el maíz como eje de la cultura mesoamericana (Gabriela Gutiérrez Espinosa, antropóloga social).
Obradoiro de cociña mexicana: tortas mexicanas.

19:00 Actuación musical do grupo folk Pe de Pote (Mondariz)
https://www.facebook.com/pedepote.mondariz

20º Encontro-Degustación do Millo Corvo


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: