Dende a Asociación Monte Pituco agradecemos unha vez máis a xentileza da Asociación Queremos Galego Marín por considerar que a Asociación Monte Pituco (Pornedo) fose merecedora do Premio Lingua de Ouro 2017 na categoría de colectivos. Felicitamos novamente o gañador do galardón no apartado individual, o antropólogo Rafael Quintía. E amosamos outra volta a nosa ledicia pola oportunidade de ter compartido estes momentos con amizades e veciñanza na arboreda do Pornedo que, malia non lucir o seu mellor aspecto, foi o marco idóneo para a celebración deste acto no que soou a música do grupo tradicional Picuíña. O taller marinense de cerámica Alén das Olas elaborou as pezas coas que a organización agasallou os premiados.
[O álbum fotográfico é unha recompilación de imaxes tomadas por Francisco Currás, de Queremos Galego Marín, Antonio Costa, María López e a Asociación Monte Pituco]
Fernanda Suárez Briones, de Queremos Galego Marín, presentou o acto
Andrés Gesteiro, de Queremos Galego Marín, presentou o gañador do Premio Lingua de Ouro na categoría individual
Rafael Quintía, Premio Lingua de Ouro 2017
Chon Camaño, de Queremos Galego Marín, presenta a Asociación Monte Pituco (Pornedo)
A Asociación Monte Pituco (Pornedo), Premio Lingua de Ouro 2017 no apartado de colectivos
Rafael Quintía e Asociación Monte Pituco (Pornedo), Premios Lingua de Ouro 2017 de Queremos Galego
Francisco Currás, de Queremos Galego Marín, presentou o Premio Lingua de Trapo. A concellaría de Cultura excusara anticipadamente a súa asistencia.
O grupo de música tradicional Picuíña amenizou a velada
Ata o insecto pau se quiso sumar á festa pousando na lona de Queremos Galego Marín
A organización do acto convidou os asistentes a uns saborosos petiscos
O solpor dende o ‘balcón da ría’ foi o broche final a un serán memorable
[…] con persoal contratado pola Comunidade. Foi no verán de 2017 cando, con motivo da celebración do acto de entrega dos Premios da Lingua de Queremos Galego Marín, esta entidade solicitoulle á Comunidade de Montes de San Xulián que adecentase a arboreda […]
By: POBRE ARBOREDA, CADA VEZ MÁIS ABANDONADA | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 19/03/2019
at 01:55