Publicado por: MontePituco | 10/12/2013

ASEMBLEA SOBRE O CANON DA BRILAT: 22 DE DECEMBRO

ENTERÁMONOS POLA PRENSA DA DATA da asemblea que se vai celebrar na Comunidade de Montes de San Xulián para someter a votación o preacordo para a cesión de 18,5 hectáreas de superficie veciñal para a base militar da Brilat.

NIN RASTRO DE AVISOS nos paneis informativos da Comunidade de Montes de San Xulián.

NIN RASTRO DE CARTA OFICIAL no buzón dos comuneiros da parroquia, tal e como estipulan os estatutos. Capítulo IX, artigo 50, punto 4: “A convocatoria da Asemblea Xeral farase cun mínimo de 10 días de antelación, mediante notificación escrita a todos os comuneiros, e coa orde do día dos asuntos que se van tratar, e estará exposta durante o mesmo prazo no taboleiro de anuncios do Concello, así como nos lugares de costume da Entidade onde radique a Comunidade”. Quedan 2 días para que a directiva da Comunidade de Montes cumpra co regulamento no que respecta á convocatoria desa xuntanza.

ELIXEN O DOMINGO 22 DE DECEMBRO PARA DEBATER UN ASUNTO DE VITAL TRASCENDENCIA para a Comunidade de Montes, coincidindo co día do sorteo da Lotería de Nadal. Acaso porque esa é precisamente a mensaxe que pretenden transmitirlles aos comuneiros: que a sinatura dese convenio co Ministerio de Defensa é unha “lotería” que lle cae á Comunidade, que poderá ingresar nas súas contas 33.300 euros anuais sen facer absolutamente nada. O que semella unha medida oportunista buscada a mantenta para captar a complicidade dos comuneiros non deixa de ser unha decisión cargada de frivolidade, de falta de seriedade, de total desacerto e dunha pésima imaxe de cara aos responsables dun Ministerio de Defensa que non deben estar quedando cunha boa impresión da súa experiencia negociadora coa Comunidade de Montes de San Xulián. Unha Comunidade que “xoga” o seu monte á lotería, que pon o debate sobre o futuro dunha parte do seu territorio ao mesmo nivel que o xiro das bolas nun bombo, que xa conta con “cantar” o premio gordo dando por feito que se vai aprobar o preacordo, que converte a Casa de Montes no seu Colexio de San Ildefonso particular como cando os seus salóns eran escenario de partidas de bingo.

COMEZA A CONTA ATRÁS para acabar coñecendo por fin os termos do acordo que Defensa lle pon á Comunidade de Montes de San Xulián, posto que en todo este tempo non houbo nin unha soa reunión informativa, a diferenza das Comunidades de Salcedo, Vilaboa e Figueirido, cuxos directivos si deron conta dos pasos dados durante as entrevistas cos mandos militares e cos seus interlocutores ministeriais. Agora cómpre saber tamén se a directiva de San Xulián lles permitirá aos comuneiros coñecer o contido dese acordo con antelación á celebración da asemblea -como fixo, por exemplo, a Comunidade de Montes de Salcedo- ou se haberá que conformarse coa lectura fugaz que se faga durante a xuntanza do 22 de decembro.

FARODEVIGO

Defensa firmará el convenio de la Brilat en enero, tras la asamblea de San Xulián

La comunidad de montes de Marín se reunirá el domingo 22 para decidir si se adhiere al acuerdo – Salcedo, Vilaboa y Figueirido ya han aceptado el contrato de alquiler del monte

Faro de Vigo | F. Martínez | Pontevedra 10.12.2013

Los comuneros de Salcedo, Vilaboa, Figueirido (y previsiblemente también San Xulián de Marín) firmarán con el Ministerio de Defensa el convenio de cesión del monte que ocupa el cuartel de la Brilat en los primeros días de enero. Lo harían antes de que concluya el año -explicaron fuentes de la negociación-, pero tendrán que esperar a que San Xulián se una -o no- al acuerdo que ya han firmado el resto de parroquias afectadas.

La comunidad de San Xulián de Marín ha convocado su asamblea para el domingo 22 de diciembre y dado que posteriormente el calendario estará salpicado de varios días inactivos en la Administración pública, la firma se pospondrá a las fiestas navideñas.

En San Xulián están el liza 18,5 hectáreas de terreno, poco más que en la comunidad de Vilaboa, que se alquilarían en las mismas condiciones que en el resto de comunidades, 1.800 euros por hectárea y año, en un período de 75 anualidades. Aunque será la asamblea quien decida, sus representantes prevén que el convenio será aprobado, porque “es ventajoso” para la comunidad y porque así lo han hecho ya el resto de parroquias afectadas. Un resultado contrario al convenio dejaría a San Xulián fuera de este acuerdo con Defensa.

El texto aprobado por Salcedo, Vilaboa y Figueirido establece que los comuneros son los propietarios de las 172 hectáreas de monte comunal que viene utilizando Defensa y que cederán al ministerio en régimen de alquiler 72, de las que 30,1 están destinadas al acuartelamiento y 41,9 serán para un campo de maniobras. Por esta cesión las comunidades de montes cobrará un canon anual de 1.800 euros por hectárea a partir del próximo enero. Además, el Ejército debe liberar el actual campo de maniobras, así como 100 hectáreas de terreno para uso exclusivo de Salcedo. Esta comunidad recibirá también, mediante una permuta, el terreno conocido como Cachada de Salgueiro, de 3,8 hectáreas.

En el caso de Vilaboa, Defensa solicitó a esta comunidad de montes la cesión de una superficie de 18 hectáreas. Esto supondría unos 32.400 euros a sumar a otros tantos de la comunidad de San Xulián de Marín, los 129.600 euros que deberán pagar por las 72 hectáreas que solicitan a Salcedo y algo más de 11.000 euros por las poco más de 6 hectáreas que ocupa en Figueirido.


Responses

  1. […] datas, levaba días contactando cos directivos para publicar o dato e non foi ata o día 10 cando o Faro de Vigo cando o […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: