Publicado por: MontePituco | 11/12/2013

OS ADESTRAMENTOS DA BRILAT NO MONTE VECIÑAL

100_6617

No alto do monte, cerca de onde conflúen os lindes entre as comunidades de Salcedo, Vilaboa, Figueirido e San Xulián, o terreo experimenta un cambio brusco. Non hai toxo, nin fento, nin herba, nin madeira que aproveitar. Non hai tránsito de tractores, nin sendeiristas, nin sequera cazadores. Porque o monte non é monte, tal como se entende esa figura dende o punto de vista forestal, ecolóxico ou socio-económico.

Nesta extensión de terreo non medra nada interesante para a veciñanza das catro parroquias porque os seus inquilinos son profesionais do combate, da estratexia militar; e utilizan esta zona para os seus adestramentos bélicos. A Brilat de Pontevedra conta cunha activa unidade de Zapadores que, armados con máquinas excavadoras, furan a terra para excavar fondas trincheiras que converten postos de observación camuflados.

Este curuto do monte entre Vilaboa, Figueirido, San Xulián e Salcedo parece ter recibido a visita dun exército de toupeiras capaces de construir galerías laberínticas sobre as que non volve medrar a herba.

Os comuneiros de Salcedo tiñan este panorama case ao pé das súas casas e durante moitos anos tiveron que asumir esa realidade; ata que unha sentenza xudicial, precedida dun intenso traballo a nivel documental e legal por parte da xunta rectora, recoñeceunos como propietarios dos terreos. Por fin as manobras militares deixarían de realizarse diante das súas vivendas e leiras, cos ruídos e as molestias que conlevaban.

A Comunidade de Montes de Salcedo actou dun xeito cabal: negociou co Ministerio de Defensa o traslado do campo de manobras a outra parte máis alonxada, pero dentro dos seus límites, para que a problemática non recaese de rebote en calquera das outras tres comunidades.

Sería incomprensible e ilóxico que o que Salcedo non quixo á porta da casa dos veciños, o quixese a Comunidade de Montes de San Xulián a pouca distancia das propiedades dos seus afiliados. Por iso, na asemblea do 22 de decembro haberá que estar moi pendentes das condicións que marque o preacordo co Ministerio a respecto das 18,5 hectáreas do monte de San Xulián susceptibles de cesión: usos que terán esas dúas parcelas de 9,2 e 9,3 hectáreas, distancia deses terreos con respecto ao núcleo habitado máis próximo, orografía da zona polo que poida influir na maior ou menor incidencia do impacto acústico…

Non sexa que se nos “venda” unha lotería que, baixo a aparencia de ser tan “vantaxosa”, como a teñen calificado na xunta rectora, no fondo acabe traendo máis inconvintes que beneficios.

100_6627

100_6620

100_6616

100_6618

100_6619

100_6623

100_6621

100_6622

100_6624

100_6625

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: