Publicado por: MontePituco | 12/12/2013

O GAFOS, ESPAZO NATURAL DE INTERESE LOCAL. NORABOA, VAIPOLORÍO!

Treito do río Gafos.

Vaipolorío está de noraboa, trala declaración do Gafos como Espazo Natural de Interese Local. A Xunta vén de recoñecer a importancia deste habitat, da súa flora e fauna, dos valores ambientais que posúe. E faino a instancias dunha solicitude de Concello de Pontevedra, cursada en 2011. Vaipolorío xa levaba 11 anos traballando a prol da recuperación do río, retirando toneladas de lixo nas sucesivas campañas de limpeza, catalogando as plantas e a bichería, investigando sobre a toponimia do lugar, rehabilitando muíños e pontes…

Ao principio eran un grupo de veciños e veciñas preocupados por un río que a ningúen lle importaba, comezando polas Administracións: verquidos, fugas polo deficiente funcionamento da rede de saneamento, agresións urbanísticas… Moito tiveron que turrar a nivel social, político e xurídico para defender a causa pola que loitaban. Pero os recoñecementos foron chegando, merecidamente. Primeiro, pola veciñanza das parroquias do rural. Despois polo conxunto da cidadanía. Os Gobernos acabaron por admitir o evidente.

Vaipolorío e o Gafos son un referente para Defende o Pituco e o monte afectado polo proxecto de instalación do polígono industrial previsto no planeamento marinense.

Esta causa só leva catro anos de dura andaina: cun partido de esquerdas que nunca apostou pola conservación deste monte malia pertencer ao Espazo Protexido dos Montes do Morrazo, cun partido nacionalista que chegou a propoñer a súa exclusión da figura de protección que lle daba esa certa cobertura, e agora cun partido conservador que -se ben non promoveu a súa desafección nin actuou de momento para iniciar a súa urbanización- está deixando pasar o tempo porque a situación económica non permite afrontar a construcción dun parque empresarial.

Mentres as máquinas excavadoras non cerquen o Monte Pituco para destruilo, para agredir a área de protección dos xacementos arqueolóxicos que nin sequera a Comunidade de Montes -titular dos terreos- se digna en coidar; mentres non se constrúan os inmensos taludes que se precisarían para salvar o enorme desnivel do terreo, condeando os núcleos de poboación próximos a padecer as consecuencias das riadas; Defende o Monte Pituco seguirá na súa loita xusta, sumando anos e experiencia. Como fixo Vaipolorío. Como seguiría facendo Vaipolorío con ou sen premios, con ou sen ENIL. Parabéns!

LA VOZ DE GALICIA:

El río Gafos, declarado Espacio Natural de Interés Local

Es el segundo ENIL del Concello, tras la Xunqueira de Alba

FARO DE VIGO:

Os Gafos se convierte en el primer río gallego con rango de Espacio Natural de Interés Local

La Xunta publicó ayer el decreto provisional, que se ratificará en dos años si el Concello presenta un plan de conservación – La solicitud oficial se formuló hace casi tres años

DIARIO DE PONTEVEDRA:

La Xunta declara Espazo Natural de Interese Local el río Gafos

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: