Publicado por: MontePituco | 08/12/2013

SOBRE A CESIÓN DE TERREOS DA BRILAT

Mapa do preacordo con Defensa aprobado pola Comunidade de Montes de Salcedo.

SALCEDO: 30,5 hectáreas (base militar) + 34,10 (campo de manobras) + 7,4 = 72 hectáreas = 129.600 euros/ano

VILABOA: 15,89 + 1,58 = 17,47 hectáreas = 31.446 euros/ano

FIGUEIRIDO: 6,36 (base militar) + 1,48 + 2,30 + 1,6 = 11,74 hectáreas = 21.000 euros/ano

SAN XULIÁN: 9,2 + 9,3 = 18,5 hectáreas = 33.300 euros/ano

“O éxito voso ante os militares, os xuices e a sociedade é que negociamos de ti a ti. As imposicións saíronlles mal”.

Nestes termos dirixiuse o avogado Calixto Escariz aos comuneiros de Salcedo durante a asemblea extraordinaria celebrada o pasado 30 de novembro na que aprobaron -con 119 votos a favor, 4 abstencións e 1 en contra- o preacordo co Ministerio de Defensa para a cesión de 72 hectáreas para a base militar da Brilat. Tamén aprobaron o seu correspondente preacordo as comunidades de montes de Figueirido e Vilaboa.

Asemblea extraordinaria de comuneiros de Salcedo.

A única comunidade pendente da celebración desa asemblea tan importante é a comunidade de montes de San Xulián (que ademais conta coa masa social máis ampla das catro), que xa acumula máis dunha semana de retraso con respecto das súas homólogas, co agravante de que os comuneiros marinenses non foron convocados a ningunha reunión informativa previa en todo o ano dende que comezaron as negociacións co Ministerio de Defensa, como si aconteceu nas outras tres.

Nos paneis informativos da Comunidade de Montes de San Xulián non hai rastro de ningunha convocatoria, nin tampouco apareceu de momento ningunha carta oficial da directiva no buzón dos comuneiros. Os comuneiros de Salcedo foron convocados por escrito, como establece os seus estatutos. Xa no seu día o presidente dos comuneiros de Salcedo, Fernando Pintos, instou as demais directivas a “facer as cousas ben” para evitar disconformidades ou posibles impugnacións.

Convocatoria oficial da Comunidade de Montes de Salcedo aos comuneiros para a asemblea extraordinaria do 30 de novembro.

Durante a asemblea de Salcedo, Fernando Pintos explicou que o CAMPO DE TIRO o instalaríase en terreos de Salcedo, LINDANDO CON SAN XULIÁN. [Na imaxe, o campo de tiro corresponde cunha parte da zona raiada en vermello]. “O que non se me ocorre é admitir sacar o campo de tiro de diante das casas de Salcedo e poñelo diante das casas de Postemirón”, explicou Fernando Pintos para xustificar o feito de que ese recinto seguise no ámbito do monte veciñal de Salcedo en vez de traspasarlle o “problema” a outra comunidade veciña.

Na asemblea extraordinaria dos comuneiros de Salcedo.

O avogado Calixto Escariz explicoulle os termos do preacordo aos comuneiros de Salcedo.

A única asemblea na que a Comunidade de Montes de San Xuliñan abordou este asunto foi en xaneiro deste ano, moito antes de que se iniciasen os contactos cos representantes do Ministerio de Defensa. Daquela, a directiva contaba con negociar unha superficie de 35 a 38 hectáreas. Finalmente, semella que non van ser máis de 18,5 hectáreas, que -a partir de xaneiro de 2014- reportaríanlle á Comunidade de Montes de San Xulián uns ingresos anuais de 33.300 euros, a 1.800 euros por hectárea. Un canon, por certo, que se debe en boa parte á tenacidade e á firmeza coa que negociou a directiva de Salcedo.

Precisamente, Fernando Pintos queixouse de que a actitude dos directivos das demais comunidades de montes non foi en absoluto favorecedora para acabar acadando un valor axeitado; ao contrario, acusounos de non estar abondo á altura coas súas declaracións aos medios de comunicación, nas que parecían estar dispostos case a “regalar” o monte veciñal.

Pintos prevé que o campo de tiro da Brilat ocupe sobre 3 hectáreas, nunha planicie situada no contorno do chamado Chan das Mouras, preto da fronteira con San Xulián e Vilaboa. O presidente da Comunidade de Montes de Salcedo agarda que a Brilat non volva realizar obras da envergadura da aldea afgá; unha medida “de forza” coa que os mandos militares escenificaron a súa “toma de posesión” do monte.

Pero semellante obra levouse a cabo de xeito ilegal antes de que os tribunais determinasen que os comuneiros de Salcedo eran os propietarios desa parcela de monte. A partir de agora, ao existir un convenio de cesión en beneficio do Ministerio de Defensa, os inquilinos estarán facultados para actuar e intervir nel, modificar a súa fisonomía e construir ou deconstruir como lles conveña por un longo periodo de 75 anos.

Posto que o máis probable é que San Xulián tamén acabe aprobando o preacordo, as cláusulas do convenio deben estar moi claras para evitar novos conflictos.

Vista en Google Earth dos montes de Salcedo, Vilaboa, Figueirido e San Xulián.

A liña vermella indica o terreo susceptible de cesión por parte de San Xulián.

Advertisements

Responses

  1. […] [Máis información, artigo titulado: SOBRE A CESIÓN DE TERREOS Á BRILAT] […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: