Durante este último mes permaneceu exposta -nunha carpa instalada na Praza de España en Pontevedra- unha exposición sobre o Neolítico, con reproducións de pezas arqueolóxicas atopadas en xacementos de Oriente Próximo e de Oriente Medio.
Abarca un período de entre 13.000 e 5.000 anos, dende os últimos cazadores ata as primeiras sociedades urbanas. A través dun conxunto de materiais representativos –como vasos cerámicos, ferramentas de pedra tallada e pulida, ilustracións de poboados, escenografías de covas e casas ou esculturas humanas e animais- desvélanse os fitos culturais que marcaron o camiño cara á civilización: a agricultura, a gandeiría, a cerámica e a escritura. A aparición destes avances supuxo un cambio decisivo na evolución cultural do ser humano, que pasou de ser nómada a sedentario.
[Exposición “Neolítico: de nómadas a sedentarios”: Obra Social La Caixa]
DOSSIER DA EXPOSICIÓN (en pdf)
Deixar unha resposta