Publicado por: MontePituco | 17/05/2011

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

LOIS PEREIRO (Monforte, 1958 – A Coruña, 1996)

“…A loita continúa e somos moitos menos e distintos

e o inferno “son les autres”

tamén nós

tantas derrotas nos libros na alma e nas casoupas

feitas de fatalismo e humildade moral

co mofo dos vencidos

E vestixios visuais dunha procesión xorda de

evidencias marxinais e feridos van comigo sen

esquecer que a vida

esvara a contraodio polo gume da morte o seu coitelo

do que día tras día todos nos esforzamos por salvar”.

(Fragmento do poema “Alerta e vixiante”, de “Poesía última de amor e enfermidade”).


Responses

  1. Lois Pereiro é o mais contemporáneo de todos os agasallados con recoñecemento no día das Letras Galegas.
    Señal de boa saúde para a Academia da Língua.
    Unha boa oportunidade para achegarnos á obra deste “punk calado, irónico e amable” do que tod@s temos moito que aprender.

    • Efectivamente, con Ferrín á fronte da Real Academia Galega, parecen soprar ventos cheos de enerxía para a lingua e cultura galega. Merecida homenaxe a Lois Pereiro neste Día (e por extensión, mes de maio e ano 2011) das Letras Galegas. Feliz descubrimento da figura deste poeta que, non por máis próximo no tempo, era máis coñecido. Abundan na rede os traballos arredor da súa figura e as publicacións que saíron do prelo nestas datas. Velaquí unha mostra, con testemuños de Xosé Manuel Pereiro, Rivas, Patiño…


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: